Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ó alumnado unha visión o mais completa posible das diferentes alternativas coas que podemos atoparnos na práctica cando se trate de deseñar procesos de traballo.
Adquisición dunha formación básica nas técnicas de estudo do traballo;en particular, aquelas relacionadas co estudo de métodos, xa que estes afectan e determinan, en unha moi boa medida, o grado de productividade do factor traballo nas organización.
TEMA 1.- PRODUCCIÓN E PROCESO DE TRABALLO
1.1.- Produción e cadea de valor
1.2.- A produción como proceso: funcións, tarefas e operacións
1.3.-O deseño de procesos de produción e traballo
1.4.- Os factores condicionantes do proceso de produción e de traballo
1.5.- Clases de procesos de produción
1.6.- Ciclo de vida dos productos
1.7.- Ciclo de vida dos procesos
TEMA 2.- EFICACIA E EFICIENCIA DOS PROCESOS DE TRABALLO
2.1.- A eficacia e a eficiencia: dúas medidas diferentes
2.2.- A produtividade
2.3.- A produtividade e o tempo: o contido básico de traballo
TEMA 3.- TÉCNICAS PARA O DESEÑO E REDESEÑO DE PROCESOS DE TRABALLO: O ESTUDIO DO TRABALLO
3.1.- Concepto e técnicas
3.2.- Normalización
3.3.- Acondicionamento de centros e postos de traballo
3.4.- Manexo de materiais e distribución en planta
3.5.- Estudo e mellora de métodos de traballo
3.6.- Estudo de tempos de traballo
TEMA 4.- O ESTUDO DE MÉTODOS E MOVEMENTOS NO TRABALLO
4.1.- Concepto e obxectivos do estudo de métodos de traballo
4.2.- Procedemento básico para o estudo de métodos
4.3.- A selección do traballo a mellorar
4.4.- O rexistro do método de traballo e as súas técnicas
4.4.1.- Os diagramas de proceso
4.4.1.1.- O cursograma sinóptico
4.4.1.2.- O cursograma analítico
4.4.1.3.- O diagrama de recorrido e o diagrama de fíos
4.4.1.4.- O gráfico de actividades simultáneas e o gráfico de Gantt
4.5.- O estudo de movementos e micromovementos: concepto e técnicas
4.5.1.- O diagrama bimanual
4.5.2.- O simograma
4.6.- Examinar con espírito crítico: a técnica do interrogatorio e os principios de economía de movementos
4.7.- Idear un método mellor
4.8.- Definir o novo método, implantalo e mantelo en uso
TEMA 5.- A MEDICIÓN DO TEMPO DE TRABALLO
5.1.- Concepto e obxectivos do estudo de tempos de traballo
5.2.- Procedemento básico para o estudo de tempos de traballo
5.3.- As técnicas empregadas para o estudo de tempos
5.3.1.- A estimación
5.3.2.- Os datos históricos
5.3.3.- O mostraxe
5.3.4.- O cronometraxe ou medición directa
5.3.5.- Os tempos predeterminados
5.3.6.- Os datos tipo
5.4.- A medición do traballo e os traballadores
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Domíncuez Machuca, J. A. (2005): Dirección de operaciones:aspectos estratégicos en la producción y los servicios, Madrid, McGraw-Hill
Kanawaty, G. (1996): Introducción al estudio del trabajo, Ginebra, OIT
Palacios Acero, L. C. (2014): Ingeniería de métodos, movimientos y tiempos, Madrid, Starbook
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguirre de Mena y otros (2002): Organización y métodos de trabajo, Madrid, Pirámide
Alonso García, A. (1998): Conceptos de organización industrial, Barcelona, MARCOMBO
Arias Aranda, D. y Minguela Rata, B., coords. (2018):Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Madrid, Pirámide
Caso Neira, A. (2003): Técnicas de medición del trabajo, Madrid, Fundación Confemetal
Castanyer Figueras, F. (1993) Control de métodos y tiempos, Barcelona, Marcombo
Cuatrecasas, Ll. (2017): Ingeniería de procesos y de planta, Barcelona, Profit
Chase, R. B. y Jacobs, F. R. (2013): Administración de operaciones, México, Mc Graw-Hill
Fernández Sánchez, Esteban (2006): Estrategia de producción, Madrid, McGraw-Hill
Heizer, Jay (2004): Dirección de la producción: decisiones estratégicas, Madrid, Prentice Hall
Heyzer, J., Render, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas, Madrid, Pearson - Prentice Hall
Martín López, M. y otros (2002): Métodos de trabajo. Casos prácticos, Madrid, Pirámide
Meyers, F. E.; Stephens, M. P. (2006): Diseño de instalaciones de manufactura y manejo de materiales, México, Pearson
Niebel, B: W. (1996): Ingeniería industrial. Métodos y tiempos, Bogotá, Alfaomega
Rodríguez Fernández, M. (2007): Procesos de trabajo. Teoría y casos prácticos, Madrid, Pearson
Sempere Ripoll y otros (2003): Aplicaciones de mejora de métodos de trabajo y medición de tiempos, Valencia, UPV
Velasco Sánchez, J. (2010): Organización de la producción. Distribuciones en planta y mejora de los métodos y los tiempos. Teoría y práctica, Madrid, Pirámide
Contribución a competencias xerais da titulación:
- Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes de información
-Traballar individualmente e en equipo
-Expoñer e defender axeitadamente, de xeito oral y/ou escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
- Traballar e relacionarse cos outros, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Contribución a competencias específicas da titulación
-Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos
Competencias específicas da materia:
-Capacidade para identificar e valorar os diferentes elementos dun proceso de traballo
-Comprensión das diferentes alternativas para a configuración dos procesos de traballo
-Capacidade para valorar a eficacia e a eficiencia dun método de traballo
-Capacidade para propor milloras nos métodos de traballo
-Comprensión da importancia da medición do traballo
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de carácter teórico ou expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo a través da clase maxistral e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. Os desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono e, nalgúns casos, deberán realizarse fora da aula, de xeito asíncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder todo-los matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, será empregada como plataforma para contactar co profesor, para facer consultas ou para acceder ás presentacións e materiais de cada tema, ós enunciados e contidos dos traballos e exercicios a realizar, así como para entregar as solucións ó profesor.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho nº 46 da facultade, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares da metodoloxía da ensinanza no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalacións
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A cualificación final do alumnado será o resultado de dúas valoracións diferentes:
A) Os coñecementos, valorados mediante o exame final da materia que, na súa primeira oportunidade, terá formato test (con diferentes modalidades de preguntas) e, na segunda, consistirá nun conxunto de preguntas tipo tema. O exame pode incluír algún exercicio.
Realizarase un único exame final, de carácter presencial, en cada unha das oportunidades, nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de Centro, ó que poderá presentarse todo o alumnado matriculado na materia, sen condicións previas de ningún tipo.
B) A participación e as intervencións nas clases interactivas, a resolución de exercicios e casos, a presentación de traballos e outras actividades vinculadas. Precisarase, para elo, da asistencia e a participación activa, o que permitirá avaliar, de xeito continuo (avaliación continua), as actitudes e capacidades de cada alumno. Para poder ser avaliado nas clases interactivas, o alumnado deberá asistir como mínimo a un 70% das sesións, salvo que, por causa xustificada, teña permiso do profesorado para asistir a un menor número de sesións, ou porque lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clases pola Xunta de Facultade.
Na cualificación final da materia, o resultado do exame suporá, como máximo, un 70% (nota máxima: 7) e a participación, avaliación na aula, exposicións, resolución de casos, así como os traballos realizados, como máximo un 30% (nota máxima: 3).
Para superar a materia, a suma das dúas cualificacións deberá ser igual ou maior que 5, debendo a nota do exame ser igual ou superior a 2,8 (sobe 7) e a cualificación das clases interactivas igual ou superior a 1,2 (sobre 3). Si non se cumprirse algún destes dous últimos requisitos, a cualificación final será tamén o resultado de sumar as dúas notas, pero, si aquela fose igual ou superior a 5, a cualificación definitiva será 4,5.
En caso de dispensa de asistencia a clases, o alumnado deberá porse en contacto co profesor o mais axiña posible, para recibir as oportunas instruccións. Este tipo de alumnado será avaliado en base ó resultado obtido no exame final e ás solucións dos exercicios e casos que deberá entregar ó profesor antes da realización da proba final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares do sistema de avaliación da aprendizaxe no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalación.
A asistencia ás clases presenciais e interactivas (independentemente da súa obligatoriedade) facilitará, en grande medida, o estudo dos contidos da materia. Se isto fose así, estímase que, para o/a alumno/a tipo da titulación, bastaría cunha media de 3 horas semanais de estudo para poder superar a materia, incluindo neste tempo o que se lle debe dedicar á preparación de traballos que deberán ser realizados fora da aula.
A existencia dun curso de apoio virtual á docencia presencial será unha ferramenta moi util para o alumnado, que deberá preocuparse por manterse ó día respecto dos contidos que no mismo se introduzan, a medida que avance a asignatura. A axeitada utilización dos contidos do curso virtual pode facilitar a superación da materia.
En cualquera caso, a asistencia a clase é un factor decisivo para afrontar con éxito o estudo e superación da asignatura. O curso virtual non sustitue, sinon que complementa, á docencia presencial.
Dado que existe unha importante relación entre as dúas, sería convinte que o alumnado afrontase o estudo da materia despois de haber superado a materia Organización do traballo, do 2º curso do grao.
Aqueles que teñan especial intererese pola materia, atoparán a súa continuidade na optativa de 4º curso Dirección de operacións: programación e control do traballo.
PLAN DE CONTINXENCIA:
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía da ensinanza
En caso de que non puidese asistir a totalidade do alumnado ás sesións expositivas presenciais, a determinación de quen poderá estar presente na aula dependerá dos criterios establecidos pola facultade. Aquel alumnado ó que non se lle permita asistir presencialmente poderá seguir, de xeito telemático, as sesións de clase, de xeito síncrono; para elo, o profesor empregará os sistemas técnicos postos a súa disposición pola facultade.
As sesión interactivas serán preferentemente presenciais, seguindo os mesmos criterios que no escenario 1. Agora ben, se debido á situación sanitaria, todas ou unha parte delas, non puidesen ser impartidas, as actividades a desenvolver realizaranse a distancia, en ocasións de modo síncrono e noutras de modo asíncrono. O profesor enviará as instrucións para a realización das prácticas e exercicios empregando o foro de novas e o servizo de e-mail do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse tamén a través do Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC). Poderán programarse tamén exposicións telemáticas empregando a plataforma Teams. A entrega polo alumnado das actividades requiridas realizarase empregando o campus virtual.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o correo institucional da USC ou o Campus Virtual, no foro para dúbidas e consultas. Para unha atención máis pormenorizada, programaranse titorías colectivas, empregando a plataforma Teams, ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Sistema de avaliación
Se debido á situación sanitaria non se poidesen realizar probas presenciais, manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Exame final sobre coñecementos: A proba final presencial substitúese por unha proba telemática, a realizar nas datas establecidas pola facultade. Consistirá nun exame tipo test, nas dúas oportunidades, , así como na realización dun exercicio, empregándose para elo as ferramentas do campus virtual, debendo permanecer conectados á plataforma Teams, coa cámara activada, todos os alumnos que realicen a proba. No caso de que se realizasen probas parciais de coñecementos, aplicarase este mesmo procedemento.
O alumnado que, xustificadamente, manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática, deberá comunicarllo ao profesor da materia con antelación suficiente.
2)Resto de actividades: Valoraranse do mesmo xeito que no escenario 1, salvo que se dese o caso de suspensión das sesións presenciais. Entón non se considerará a participación na aula. O profesor valorará os exercicios e casos remitidos polo alumnado, asi como as presentacións telemáticas realizadas, si as houbese.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía da ensinanza
As clases expositivas realizaranse telematicamente, de xeito síncrono, empregando a plataforma Teams, tentando respectar os horarios previstos na programación da facultade. Excepcionalmente, poderase desenvolver algunha das sesións de xeito asíncrono. Os materiais, presentacións, etc, estarán dispoñibles, ó igual que no escenario 1 e 2, no campus virtual.
As actividades a desenvolver nas sesións interactivas realizaraas o alumnado dende o seu domicilio, en xeral de xeito asíncrono, proporcionándoselle os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia. O profesor enviará as instrucións para a realización das prácticas e exercicios empregando o foro de novas e o servizo de e-mail do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse tamén a través do Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC). Poderán programarse tamén exposicións telemáticas empregando a plataforma Teams. O alumnado deberá entregar os resultados das actividades requiridas empregando o campus virtual.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o correo institucional da USC ou o Campus Virtual, no foro para dúbidas e consultas. Para unha atención máis pormenorizada, programaranse titorías colectivas empregando a plataforma Teams, ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Sistema de avaliación
Manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Exame final sobre coñecementos: A proba final presencial substitúese por unha proba telemática, a realizar nas datas establecidas pola facultade. Consistirá nun exame tipo test, nas dúas oportunidades, , así como na realización dun exercicio, empregándose para elo as ferramentas do campus virtual, debendo permanecer conectados á plataforma Teams, coa cámara activada, todos os alumnos que realicen a proba. No caso de que se realizasen probas parciais de coñecementos, aplicarase este mesmo procedemento.
O alumnado que, xustificadamente, manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao profesor da materia con antelación suficiente.
2)Resto de actividades: Non se considerará a participación na aula. O profesor valorará os exercicios e casos remitidos polo alumnado, así como as presentacións telemáticas realizadas, si as houbese
Carlos Javier Alvarez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881815144
- Correo electrónico
- carlosjavier.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
11.01.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
11.01.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
11.01.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
11.01.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
11.01.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
11.01.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
06.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
06.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
06.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
06.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
06.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
06.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |