Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Pretendese que o estudante adquira os coñecementos necesarios para a organización e administración dos recursos do Sector Público. Compréndase o funcionamento xeral das finanzas do Sector Público. -Coñecemento da terminoloxía e significado conceptual dos distintos elementos dun imposto. Saber aplicar e resolver as líñas xerais do cálculo e liquidación dos impostos máis relevantes. Empregar os coñecementos adquiridos como base en asignaturas posteriores máis enfocadas á lexislación impositiva actual do noso país.
- Sector Público: Natureza e funcións
- Imposición e eficiencia. Principais distorsións do sistema impositivo: imposto sobre la renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo.
- Estrutura do imposto: imposto sobre a renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo. Sistemas de integración do imposto de sociedades o do imposto sobre a renda.
- Valoración económica da imposición: imposto sobre a renda, imposto de sociedades, imposto sobre o consumo.
- ALBI IBÁÑEZ, E. e GARCÍA ARIZNAVARRETA, J. L., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición.
- CARAMÉS VIÉITEZ, L., Introducción a la hacienda local y autonómica, Civitas, Madrid, 1994.
- COMÍN COMÍN, F., Historia de la hacienda pública, II, Crítica, Barcelona, 1996.
- Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición.
- ORTIZ CALZADILLA, R., Esquemas del sistema fiscal español, , Actualidad, Madrid, última edición.
- PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Civitas, Madrid, última edición.
- Ruiz-Huerta, J. y Villoria, M. (2010). Gobernanza democratica y fiscalidad. Madrid. Tecnos
Bibliografía complementaria:
- PANIAGUA SOTO, f.j. y NAVARRO PASCUAL, R, (2010): Hacienda Pública I. Teoría del presupuesto y gasto público. Madrid. Uned y Prentice Hall.
- PANIAGUA SOTO, f.j. y NAVARRO PASCUAL, R, (2010): Hacienda Pública II. Teoría de los ingresos públicos. Madrid. Uned y Prentice Hall.
Códigos
É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.
Proporcionar ó alumno os coñecementos básicos, desde o punto de vista económico, da organización e funcionamento do Sector Público nas economías de mercado; así como, presentar os instrumentos cós que conta para exercer a súa actividade económica, examinalos problemas e efectos que plantexa o deseño e a utilización de ditos instrumentos e analizar as relacións financeiras entre os diferentes niveis de goberno (descentralización e harmonización).
Para o desenvolvemento do programa da materia conxúgase o método didáctico da clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumnado. Tra-las exposición teóricas plantéxanse diferentes exercicios, algúns dos cais se realizarán con soporte informático no que se pretende conxugar o uso do software co teórico, sen perderse en automatismos.
O alumnado ha de manexar a aplicación da aula virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
Para o curso 2020-2021 están previstos 3 escearios segundo se detalla a continuación:
Esceario 1:Docencia presencial
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos de caso
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, tendo en conta as directrices que establezan tanto o Decanato como a Reitoría e as medidas sanitarias oportunas en cada momento. Para o docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da mesma plataforma, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, ademáis dos traballos individuais, colectivos, clases expositivas e interactivas telemáticas, con distinto peso relativo segundo a altura do curso na que se produza a entrada en vigor deste esceario 3. En todo caso, as titorías será exclusivamente por vía telemática, a través do Teams, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
En tódolos dos escearios é obxectivo potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, o que inclúe elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación activa, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcional á materia. Os materiais empregados deben cumprir a normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
• Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os test de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
• A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguemento indicarase na guía docente da materia, que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final será presencial no esceario 1, presencial ou telemática dacordo coas directrices que establezan o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemáticas no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudelentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40% mentres a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA_______________________________________Horas
Clases expositivas _______________________________________30
Clases interactivas _____________________________________ 15
Clases con ordenador/laboratorio en grupo reducido_________________ 3
Total horas traballo presencial no aula_________________________________ 48
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO______________________________________Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo_________________________________ 55
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos_____________________ 30
Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio__ 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar________________ 12
Total horas traballo persoal do alumno _ ______________________________ 102
O alumno debe ter coñecementos básicos de economía e dereito.
Plan de Continxencia no suposto de que se active o Esceario 2 (docencia presencial e virtual) ou o Esceario 3 (docencia virtual)
- Metodoloxía de ensinanza.
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e as medidas sanitarias establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da misma plataforma, previa cita acordada co profesorado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, combinando traballos individuais e colectivos, clases expositivas e interactivas con distinto peso relativo segundo a algura do curso no que se produza este esceario 3. As titorías será exclusivamente por vía telemática, a través de Teams, previa cita acordado co profesrado da materia.
En calquera dos escearios previstos para o curso 2020-2021 potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado, con elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas periódicas que se reaizarán a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcionado á materia e os materiais empregados deben cumprir coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final ou telemática dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemática no esceario 3. No suposto de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40%, mentres que a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
Alejandro Ballesteros Ron
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811577
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Constenla Acasuso
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- francisco.constenla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Galego | Aula 6 |
20.05.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
20.05.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
20.05.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
20.05.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
20.05.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
20.05.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |
02.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 3 |
02.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 3 |
02.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 5 |
02.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 5 |
02.07.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (M-Z) | Aula 6 |
02.07.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (A-L) | Aula 6 |