Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Análise dos modelos de relacións laborais en Europa ao longo do século XX.
- Identificar variables ou forzas institucionais que son chave na determinación dos resultados das relacións entre traballadores e dirección de empresa.
- Proporcionar aos alumnos/as unha visión xeral das teorías e modelos dos sistemas de relacións laborais.
- Estudar os sistemas de relacións laborais dende unha perspectiva histórica, analizando os actores sociais, as súas organizacións, estratexias e actividade.
- Comprender a influencia dos cambios na organización do traballo sobre as relacións sociais e laborais dos axentes participantes no mercado.
1. INTRODUCIÓN: XESTIÓN DO TRABALLO NA INDUSTRIALIZACIÓN
1.1 Estratexias empresariais e relación de emprego
1.2 Poder político e mercados de traballo
1.3 Organizacións obreiras e control dos mercados de traballo
2. O CAPITALISMO INDUSTRIAL E AS RELACIÓNS DE TRABALLO (1870-1914)
2.1. Migracións e impacto sobre os mercados de traballo
2.2. A ruptura industrial: as transformacións no mundo empresarial e o novo proletariado
2.3. Métodos burocráticos e organización científica do traballo
2.4. Estratexias empresariais e sindicais: emprego, salarios e condicións laborais
3. RELACIÓNS LABORAIS NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1919-1939)
3.1. A consolidación da negociación colectiva; a creación dos departamentos de persoal e a xestión das relacións de traballo na gran empresa
3.2. As relación de traballo baixo o corporatismo autoritario: subordinación dos axentes sociais ao Estado
3.3. Concepción leninista das relacións laborais: xestión da produción e do benestar social
3.4. Crise económica e impacto no mercado de traballo
4. REGULACIÓN DOS MERCADOS DE TRABALLO NA ETAPA DOURADA (1950-1973)
4.1. Pleno emprego como obxectivo estratéxico. Migracións, composición sectorial do emprego e políticas de benestar social
4.2 A gran empresa xerencial: consolidación do fordismo
4.3. Segmentación laboral: mercados internos de traballo, desigualdade, discriminación
4.4. Modelos de negociación colectiva: os sindicatos na Europa occidental
4.5. A orientación produtivista do modelo sindical soviético: os sindicatos nas democracias populares
5. GLOBALIZACIÓN, CRISE E MERCADO DE TRABALLO (1973-2018)
5.1. Descentralización empresarial e nova organización do traballo
5.2. Desintegración sindical e novos mecanismos de cooperación entre empresarios e traballadores
5.3. Problemas laborais na actualidade: flexibilidade, temporalidade, segregación, movementos migratorios, crise económica e precarización
ABELLÓ GUELL, T. (1997): El movimiento obrero en España, siglos XIX y XX, Barcelona, Hipótesis.
AGOSTI, A. (1991): “La evolución de los sindicatos europeos”, en Cabrera, M. et al. (comp.): Europa en crisis 1919-1939, Madrid, Pablo Iglesias, pp. 191-224.
ANDREASSI, A. (2004): El trabajo y su organización en el fascismo (Alemania e Italia), El Viejo Topo.
APARICIO, M. A. (1980): El sindicalismo vertical y la aparición del Estado Franquista. Barcelona, Eunibar.
ARENAS, C. FLORENCIO, A. MARTINEZ, J. I. (1999): Mercado y organización del trabajo en España (SS. XIX y XX), Sevilla, Atril.
ARENAS, C. et al. (2001): Trabajo y relaciones laborales en la España contemporánea, Sevilla, Mergablum.
ARRIOLA, J. (2001): Globalización y Sindicalismo, Azira, Germania.
BALDWIN, P. (1992): La política de solidaridad social. Bases sociales del Estado de bienestar europeo, 1875-1975, Madrid, MTSS.
BAGLIONI, G. e CROUCH, C. (1992): Las relaciones laborales en Europa. Madrid. MTSS.
BLANCH RIBAS, J.M. (2001): Teoría de las relaciones laborales, Barcelona, Universitat Oberta de Catalunya.
BOSCH, G. (2003): “La evolución de la negociación colectiva en Alemania: Una descentralización coordinada”, Cuadernos de Relaciones Laborales, pp. 179-214.
CABRERA, M.-DEL REY, F. (2002): El poder de los empresarios. Madrid. Taurus.
CLARKE, S. (2007): “The State of Rusian Unions”, Journal of Labor Research, Vol 28, nº 3, pp. 275-299.
COMÍN, F. (1996): “Las formas históricas del Estado de bienestar: el caso español”, en Dilemas del Estado de Bienestar, Madrid, Fundación Argentaria, pp. 29-58.
CORIAT, B. (1982): El taller y el cronómetro, Madrid, Siglo XXI.
DUNLOP, J. (1978): Sistema de relaciones Industriales, Barcelona, Península.
DUNLOP, J.T.; GALENSON, W. (1985): El trabajo en el siglo XX. Madrid: MTSS.
GALLIE, DUNCAN et al. (1998): Restructuring the Employment Relationship, Oxford.
GALAN GARCIA, A. (coord.) (2000): La intervención pública en las relaciones laborales, Madrid, Tecnos.
GOMEZ URDAÑEZ, G.; GALAN GARCIA, A.; MORENO FERNÁNDEZ, J.R. (2003): Materiales para la Historia de las Relaciones Laborales, Madrid, Tecnos.
GORDON, D., EDWARDS, R., REICH, J.M. (1986): Trabajo Segmentado, trabajadores divididos, Madrid, MTSS.
HERRERO, M. (Coord) (2003): Sociedad del trabajo y sociedad del conocimiento en la era de la Globalización, Buenos Aries, Prentice-Hall.
HOBSWAN, E.J. (1999): “Trabajadores del mundo”, en La era del imperio, 1875-1914, Barcelona, Crítica, pp. 122-151.
HYMAN, R. (1981): Relaciones Industriales, Una Introducción marxista, Barcelona, Blume.
JODAR, P. e MARTIN, A. (1983): Crisis económica y relaciones industriales, Madrid, Zero.
LANGE, PETER et al. (1991): Sindicatos, cambio y crisis, Madrid, MTSS.
MIGUELEZ, F. (1985): “Corporatismo y relaciones laborales en Europa en tiempo de crisis”, Revista española de Investigaciones Sociológicas, nº 30, pp. 149-178
MIGUELEZ, F. e PRIETO, C., dir. (1999): Las relaciones de empleo en España, Madrid, Siglo XXI.
SALORT i VIVES, S. (2012): Revoluciones industriales, trabajo y Estado del Bienestar. La gran ruptura mundial contemporánea. Madrid, Sílex.
SOTO CARMONA, A. (1989): El trabajo industrial en la España contemporánea, 1874-1936, Barcelona, Anthropos.
TOHARIA, L. (1999): El mercado de trabajo: teorías y aplicaciones, Madrid, Alianza.
VAN DER LINDEN, M. (2006): Historia transnacional del trabajo, Alzira, UNED.
XENÉRICAS:
-Capacidade para traballar tanto individualmente como en equipo.
-Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes tipos e fontes de información.
-Aplicar o razonamento crítico no estudio e na análise dun determinado asunto ou tema.
-Expoñer e defensar axeitadamente por escrito ou oralmente temas de carácter xeral ou relacionados ca súa especialidade.
-Aprender autónomamente.
-Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
ESPECÍFICAS:
-Coñecer e comprender o carácter dinámico das relacións laborais no ámbito europeo: etapas e modelos, axentes sociais, papel dos mesmos.
-Coñecer o funcionamento dos mercados de traballo e da xestión dos recursos humanos no pasado e no presente.
-Interpretar distintos indicadores socioeconómicos relativos ao mercado laboral.
-Identificar os aspectos chave nos procesos de negociación laboral.
-Actuar conforme aos códigos de boas prácticas na negociación de conflitos.
-Obter información cualitativa e cuantitativa (de carácter social e laboral) a partir de distintas fontes e tratala de forma autónoma.
-Realizar lecturas críticas de documentos.
-Efectuar traballos e informes a partir da busca de fontes documentais e bibliográficas elacionadas cos distintos aspectos laborais.
- Amosar actitude de seguridade e equilibrio á hora de conciliar posturas diferenciadas.
A metodoloxía do ensino combina a explicación teórica coa realización de clases prácticas, debates, casos prácticos e un traballo de curso titorizado pola profesora. O traballo de curso poderá ter un formato poster (opcional) e deberá ser presentado na aula ao final do semestre.
Como instrumento de apoio ao traballo individual do alumno/a, para cada tema do programa da materia prepararase unha presentación en power point que serva ao alumno/a para selecciona-los aspectos máis relevantes do tema tratado. Asemade, cada tema irá acompañado dunha lectura recomendada que se irá traballando nas aulas prácticas.
Nesta materia realízase un sistema de avaliación continua dos procesos de coñecemento tendo en conta a participación activa do estudiante nas actividades propostas ao longo do curso.
O procedemento para calcula-la nota final será o seguinte:
casos de estudio (30%), traballo de curso/poster (40%), outras actividades prácticas (30%).
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia serán avaliados mediante exame da materia (60%) e un traballo de curso(40%).
TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 48 horas. Distribuídas da seguinte forma:
- Clases expositivas: 30 horas
- Clases interactivas: 14 horas
- Titorías grupo reducido: 4
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A:
102 horas. Distribuídas da seguinte forma:
- Estudio individual ou en grupo: 52 horas
- Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 30 horas
- Lecturas recomendadas: 12 horas
- Preparación de presentacións orais, debates e similares: 4 horas
- Asistencia a conferencias ou outras actividades: 4 horas
TOTAL VOLUME DE TRABALLO: 150 HORAS
Sería recomendable que os alumnos/as tiveran cursada a materia básica “Historia Social e das Relacións Laborais”. Tamén que efectúen as lecturas correspondentes con tempo para poder participar nos debates e actividades prácticas. Asemade, dedicar o tempo de estudio necesario para seguir e complementar as clases expositivas.
Os alumnos/as terán a súa disposición na aula virtual os materiais - esquemas, resumenes, lecturas e exercicios - que complementen os temas a medida que se van impartindo. Para facer uso da mesma deberán estar rexistrados no campus virtual da USC.
MOI IMPORTANTE:
Como consecuencia da situación sanitaria causada pola epidemia de COVID - 19 este programa (pensado para un desenvolvemento presencial - escenario 1: "normalidade adaptada") adaptarase aos escenarios 2 e 3 previstos e aprobados polo Consello de Goberno da USC na súa sesión de 19/6/2020: "Bases para o desenvolvemento dunha docencia prsencial segura. Curso 2020 - 2021" no seguinte sentido:
- Facilitarse aos/ás estudantes os recursos didácticos necesarios (manuais, bibliografía de referencia, textos, material audiovisual, etc.) en formato dixital que posibilite un sistema de formación e avaliación continuadas.
- En caso de atoparnos no escenario 3: "peche das instalacións", as aulas expositivas realizaranse de xeito telemático, preferentemente a través da plataforma de Microsoft Teams. As aulas interacitvas realizaranse do mesmo xeito, facilitando aos alumnos/as os materias dixitalizados por adiantado.
- En caso de atoparnos no escenario 2: "distanciamento", adaptarase a docencia ás medidas que determine a propia USC: redución do número de alumnos/as en aulas expositivas, maior rotación dos mesmos no caso das aulas interactivas, etc.
- En calquera dos tres escenarios, os estudantes deberán estar dados de alta e ter plenamente operativa a Aula Virtual da materia, pois esta será un recurso central para o seguimento cotiá da materia, a interacción entre o alumnado matriculado e a comunicación co docente responsable da materia.
Daniel Lanero Taboas
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812593
- Correo electrónico
- daniel.lanero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Aldara Cidrás Fuentes
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- aldara.cidras.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
22.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
22.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
02.07.2021 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2021 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
02.07.2021 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |