Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición de coñecementos e dos conceptos básicos do ámbito da prevención de riscos laborais, seguridade e saúde no traballo.
Análise do marco lexislativo de prevención de riscos laborais.
Familiarizarse coas principais institucións en materia preventiva.
Coñecer e identificar os distintos factores de risco das condicións de traballo. Coñecer os riscos derivados das condicións de seguridade. Coñecer os riscos derivados das condicións ambientais, así como os relacionados coa organización e ordenación do traballo.
Coñecer os distintos danos profesionais e as técnicas xerais e específicas da prevención.
Coñecer e aplicar a lexislación vixente en materia de prevención de seguridade e saúde no traballo. Coñecemento da xestión da prevención, colaborando na implantación e desenvolvemento da política de seguridade e saúde marcada pola empresa, e participando na planificación da acción preventiva de acordo co marco legal, técnico e organizativo que regula e condiciona a prevención de riscos laborais.
Coñecer as funcións e labores dos organismos públicos e entidades con competencia en materia de prevención de riscos laborais.
Estrutúranse en torno aos seguintes temas:
-Introdución. Conceptos previos, Antecedentes.
BLOQUE 1. -Saúde, traballo e medio laboral. A relación entre saúde e traballo. Medio laboral. Os riscos profesionais. Factores de risco laboral. Factores de risco relacionados coa seguridade. Factores de risco relacionados co medio de traballo. Factores de risco psicosociais. Avaliación de riscos laborais. Metodoloxías de avaliación.
BLOQUE 2. - Incidencia dos factores de risco sobre a saúde. Os danos profesionais. Accidentes de traballo, enfermidades profesionais e enfermidades relacionadas co traballo. Outros danos derivados do traballo.
BLOQUE 3. -Técnicas de actuación fronte aos riscos. Técnicas de "loita". Actuacións e técnicas de prevención, protección e reparación.
BLOQUE 4. -Marco normativo da prevención de riscos laborais. Sistema normativo Internacional e Comunitario. Normativa específica de prevención de riscos laborais. Lei de Prevención de Riscos Laborais. Especial referencia ao ámbito de aplicación. Desenvolvemento regulamentario da LPRL. Análise e comentario do desenvolvemento regulamentario. Especial referencia ás normas que desenvolven os requisitos mínimos de seguridade e saúde que deben reunir as condicións de traballo.
BLOQUE 5. - Política preventiva e administracións Públicas. Actuación das Administracións Públicas en materia de prevención de riscos. Referencia a Galicia. Instituto Galego de Seguridade e saúde Laboral (ISSGA).
BLOQUE 6. -Lei de Prevención de Riscos Laborais. Marco xeral de dereitos e obrigas. Dereitos e deberes de información. Dereitos e deberes de formación. As situacións de emerxencia e os riscos graves e inminentes. Vixilancia da saúde. Documentación. Concorrencia de empresarios e coordinación de actividades. Supostos especiais de protección.
BLOQUE 7. - A organización da prevención na empresa (I): Fundamento e finalidade. As funcións técnico-preventivas. Modalidades e organización: Introdución.
BLOQUE 8. - Representación e participación dos traballadores. Consulta dos trabajadores. Delegados de Prevención. Comité de Seguridade e Saúde.
Para o estudo da materia é precisa a utilización de calquera compilación de normas sobre prevención de riscos laborais.
Recoméndanse, para a súa consulta e manexo, os seguintes manuais ou textos de consulta:
AA.VV. Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, última edición.
AA.VV. Higiene industrial, INSHT, última edición.
AA.VV. Normas Laborales y de Seguridad Social, Netbiblo, última edición
AA.VV. Manual de Prevención de Riesgos Laborales, (director García Ninet, J.I.) Atelier, Barcelona, (última edición).
AA.VV. Salud laboral. Conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales, Elsevier Masson, Barcelona, 2014.
Bernal Herrer, J.: Formación general de Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (Madrid, 1996).
Bestraten B. M.: Seguridad en el Trabajo, MTSS, Barcelona, última edición.
Calatayud Sarthou, Cortés Vizcaíno: Curso de Salud Laboral, Tirant lo Blanch.(última edición).
Código sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Colex, (última edición).
Condiciones de Trabajo y Salud, INSHT, Barcelona, 1988.
Cortés Díaz, J.: Técnicas de Prevención de Riesgos Laborales, Tébar Flores, (Madrid, 2006).
Díaz Moliner, R.: Guía práctica para la prevención de riesgos laborales. Valladolid. Lex Nova.
Fernández Marcos, L.: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales y su Régimen Jurídico Sancionador, Dykinson, 2006.
García Murcia, J.: Responsabilidades y sanciones en materia de seguridad y salud en el trabajo, Aranzadi (Pamplona 2003).
Gómez Etxebarria, B.: Manual para la formación en prevención de riesgos laborales. Editorial Ciss.Madrid.
González Biedma, E.: Prevención de Riesgos Laborales, Técnos, 2004
Iglesias Cabero, M. (Coordinador): Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Civitas, 1997.
Introducción a las condiciones y medio ambiente de trabajo. OIT. Ginebra.
Legislación sobre Seguridad e Higiene en el Trabajo, Técnos, (última edición).
Mateo Floria, P.: Gestión de la Higiene Industrial en la Empresa, F. Confemetal, (Madrid, 2004).
Mateos Beato, A.: Diccionario temático de seguridad y salud laboral: conceptos de la ley de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, (Valladolid.2006).
McCormick, E. J.: Ergonomía, G. Gili, 1980.
Muñoz Ruiz, A. B.: El sistema normativo de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2009.
OIT, Enciclopedia de Seguridad y Salud en el Trabajo, Organización Internacional del Trabajo, última edición.
Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias, Técnos, última edición.
Rodríguez Sanz de Galdeano, B.: Responsabilidades de los fabricantes en materia de prevención de riesgos laborales, Lex Nova, Valladolid, 2005.
Sala Franco y Arnau Navarro,: Comentarios a la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, Tirant lo Blanch, 1996.
Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
Seguridad en el Trabajo, Lex Nova, 2005.
Sempere Navarro, A.V., García Blasco, J. González Labrada, M. y Cardenal Carro, M.: Derecho de la Seguridad y salud en el trabajo, Cívitas,( Madrid, 2001).
Prevención de Riesgos Laborales, Ley y normas complementarias, Técnos, última edición.
Seguridad e Higiene en el Trabajo, BOE, última Edición.
Recursos on-line:
Páxinas e bases de datos de organismos nacionais e internacionais e entidades privadas relacionadas coa materia.
Xenerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Capacidade para traballar en equipo.
-Capacidade para a aplicación dos coñecementos teóricos á práctica.
Específicas:
- Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
Comprender, definir e recoñecer o concepto de saúde laboral e os distintos factores que a determinan.
Comprender e identificar os distintos factores de risco relacionados coas condicións de seguridade, coas condicións derivadas do medio de traballo e coas relacionadas coa organización e os factores de riscos psicosocial.
Coñecer e distinguir os distintos danos profesionais, así como a distinción entre os distintos conceptos legais, técnicos e preventivos en relación co accidente de traballo, a enfermidade profesional e as enfermidades derivadas do traballo. Coñecer e distinguir a patoloxía específica do traballo e as patoloxías inespecíficas.
Coñecer, distinguir e manexar as técnicas básicas de actuación fronte aos riscos profesionais.
Coñecemento, comprensión e análise do sistema de fontes en prevención de riscos laborais. Coñecemento e comprensión da Lei de Prevención de Riscos Laborais e o seu desenvolvemento regulamentario.
Coñecemento, comprensión e valoración das obrigas empresariais na materia. Coñecer e comprender os dereitos e obrigas dos traballadores.
Coñecer a complexidade do marco normativo da prevención de riscos laborais. Coñecer e aplicar a normativa de prevención á empresa e ás distintas organizacións, así como valorar a normativa de prevención nos seus diferentes contextos.
Coñecer e aplicar as actividades preventivas esixidas pola lexislación.
A metodoloxía do ensino da materia céntrase, por un lado, nunha parte teórica destinada a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindible para o coñecemento da problemática da prevención de riscos, para a súa correcta aplicación no ámbito empresarial, e, doutro, nun contido práctico, a través da realización de supostos e actividades prácticas. Nas clases interactivas realizaranse diversas actividades e traballos individuais e en grupo, co obxectivo de asentar e aplicar os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas. Ademais dos traballos individuais e en grupo, cada alumno, de forma individual debe elaborar un traballo con carácter obrigatorio relacionado coa materia; o seu contido, extensión e demais formalidades estableceranse nas primeiras xornadas do curso.
A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que se ofrecerán materiais diversos referidos aos contidos e aos supostos prácticos, así como enlaces a fontes básicas de información e coñecemento.
No caso de que fose necesario cambiar ao escenario 2 (a docencia presencial convivirá coa virtual ou ao 3 (docencia completamente virtual) empregarase a plataforma MS Teams de forma síncrona.
En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, como os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado, así como para realizar a entrega de traballos que formarán parte da avaliación.
O sistema de avaliación axustarase ao novo modelo de docencia (clases expositivas e clases interactivas). Teranse en conta, por un lado, os coñecementos; por outro lado, as capacidades e habilidades adquiridas polo alumno, derivadas da súa participación nas clases (expositivas e interactivas), da súa dedicación persoal á materia, e da realización dos traballos e actividades prácticas que se realicen ao longo do curso. Será fundamental a asistencia e participación activa do alumnado. Para superar a materia necesítase unha asistencia mínima dun 70 por cento ás distintas sesións. Realizarase un único exame final, na data oficial aprobada pola Xunta de Centro, publicada no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro. A proba final será, en principio, tipo test, con posibilidade de respostas múltiples e valor negativo para as respostas falladas (sendo posible incorporar algunha pregunta de desenvolvemento e/ou suposto práctico). Na cualificación final da materia, o resultado do exame supoñerá un 70%, e a participación (non abonda a simple asistencia), realización e entrega de traballos e supostos un 30% da nota final. Para superar a materia esíxese obter unha cualificación mínima de 5 tanto no exame, coma na participación, así como o ter presentado, e exposto en tempo e forma, o traballo obrigatorio xa comentado no apartado anterior. A cualificación da parte interactiva só se terá en conta unha vez superada a proba final teórica.
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia: A cualificación da parte interactiva, para estes alumnos, realizarase en base á realización e entrega dos traballos académicos e actividades programadas ao longo do curso, de maneira especial, para estes alumnos.
Para os escenarios 2 e 3 aplicaranse os mesmos porcentaxes e criterios que para o escenario 1, apuntado nos apartados anteriores. En relación coa proba final realizarase ben de forma presencial, ou ben de forma telemática a través do Campus Virtual (Actividade Cuestionario, con preguntas tipo test e iguais características que para o escenario 1 e con posibilidade de incorporar preguntas de desenvolvemento).
Considérase necesario dedicar, ademais das horas presenciais, un total de 102 horas de traballo persoal para a preparación da materia e para a elaboración dos traballos e lecturas recomendadas.
Recoméndase, á parte da asistencia a clase, que se xulga imprescindible, a consulta e utilización dalgún compendio lexislativo ou textos legais relacionados coa materia, a utilizar tanto nas clases, coma na preparación da materia. Utilizarase o Campus Virtual.
Os alumnos terán á súa disposición, na fotocopiadora do centro, a normativa máis utilizada, así como algunhas lecturas e temas do programa.Utilizarase o Campus Virtual.
Plan de continxencias na metodoloxía do ensino.
No caso de que fose necesario cambiar de escenario e non fose posible a docencia presencial empregásese a plataforma MS Teams, impartindo a docencia de forma síncrona ou asíncrona, segundo a natureza da actividade. En todo caso, empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, tanto para facerlle chegar toda a información e materiais necesarios para a materia, así como para realizar as entregas dos traballos que formarán parte da avaliación.
Sistema de avaliación.
Para os escenarios 2 e 3 aplicaranse os mesmos porcentaxes e criterios que para o escenario 1, apuntado nos apartados anteriores. En relación coa proba final realizarase ben de forma presencial, ou ben de forma telemática a través do Campus Virtual (Actividade Cuestionario, con preguntas tipo test e iguais características que para o escenario 1 e con posibilidade de incorporar preguntas de desenvolvemento).
Jose Joaquín E. Vidal Portabales
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881815137
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Laboral asimilado a TEU
20.01.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
20.01.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
20.01.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
20.01.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
20.01.2021 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
20.01.2021 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
28.06.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
28.06.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
28.06.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
28.06.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
28.06.2021 17:00-20:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
28.06.2021 17:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |