Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento dos conceptos básicos no campo da seguridade e saúde no traballo (factores de risco laboral, riscos laborais, efectos derivados dos riscos laborais).
Comprensión do marco normativo e da organización administrativa para a prevención de riscos laborais.
Coñecemento dos dereitos e obrigas en materia de prevención de riscos laborais.
LECCIÓN 1. INTRODUCIÓN
1. Saúde, traballo e ambiente de traballo.- 2. Relación entre saúde, traballo e ambiente de traballo.- 3. Danos derivados do traballo.
LECCIÓN 2. RISCO LABORAL (I)
1. Concepto.- 2. Factores de risco laboral: 2.1. Factores relacionados coas condicións de seguridade no traballo; 2.2. Factores relacionados co ambiente de traballo; 2.3. Factores psicosociais.
LECCIÓN 3. RISCO LABORAL (II)
1. Efectos derivados do risco laboral.- 2. Accidentes e enfermidades profesionais.- 3. Avaliación de riscos laborais.- 4. Técnicas de prevención e técnicas de protección dos riscos laborais.
LECCIÓN 4. MARCO NORMATIVO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (I): FONTES
1. Normativa internacional. A actividade normativa da OIT.- 2. A actividade normativa da Unión Europea.- 3. Referencias constitucionais: art. 40.2 da Constitución española.- 4. A Lei de prevención de riscos laborais.- 5. Disposicións de desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais.- 6. O papel da negociación colectiva.
Lección 5. MARCO NORMATIVO PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (II): ÁMBITO SUBXECTIVO
1. Traballadores con contrato de traballo.- 2. Empregados públicos vinculados por unha relación administrativa ou estatutaria.- 3. Traballadores autónomos. 4. Socios cooperativos.- 5. Exclusións.
LECCIÓN 6: ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. Órganos da Unión Europea. A Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo. Programas e estratexias de acción comunitarias no campo da seguridade e saúde no traballo.- 2. A política nacional de seguridade e saúde no traballo.- 3. Accións das administracións públicas competentes.- 4. Órganos administrativos de carácter especializado: Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no traballo; o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo; o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.- 5. O papel da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
LECCIÓN 7: DEREITOS E OBRIGAS (I)
1. A obriga xenérica do empresario de protección contra ós riscos laborais: 1.1. Características; 1.2 Principios de acción preventiva na empresa.-2. Obrigas e responsabilidades dos traballadores.
LECCIÓN 8: DEREITOS E OBRIGAS (II): OBRIGAS ESPECÍFICAS DO EMPRESARIO
1. Plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da actividade preventiva.- 2. Equipos de traballo e medios de protección.- 3. Información, consulta e participación dos traballadores en materia preventiva.- 4. Formación dos traballadores en materia preventiva.- 5. Medidas de emerxencia.- 6. Actuación en situacións de risco grave e inminente.- 7. Vixilancia da saúde.- 8. Documentación.- 9. Coordinación de actividades empresariais.- 9. Deberes fronte á persoas incluídas en grupos especiais de riscos.
Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
-María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
-José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
-Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
-Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.
Xerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Traballar individualmente e en grupo.
Específicas:
- Identificar, recoñecer e relacionar as normas en materia de seguridade e saúde no traballo que permitan deseñar, xestionar e avaliar axeitadamente os sistemas de prevención de riscos laborais en empresas e outras organizacións.
-Comprender, definir e recoñecer o concepto de saúde laboral e os distintos factores que a determinan.
-Comprender e identificar os distintos factores de risco relacionados coas condicións de seguridade, coas condicións derivadas do medio de traballo e coas relacionadas coa organización e os factores de riscos psicosocial.
-Coñecer e distinguir os distintos danos profesionais, así como a distinción entre os distintos conceptos legais, técnicos e preventivos en relación co accidente de traballo, a enfermidade profesional e as enfermidades derivadas do traballo. Coñecer e distinguir a patoloxía específica do traballo e as patoloxías inespecíficas.
-Coñecer, distinguir e manexar as técnicas básicas de actuación fronte aos riscos profesionais.
-Coñecer a complexidade do marco normativo da prevención de riscos laborais. Coñecer e aplicar a normativa de prevención á empresa e ás distintas organizacións, así como valorar a normativa de prevención nos seus diferentes contextos.
Coñecer e aplicar as actividades preventivas esixidas pola lexislación.
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no Campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar aos estudantes a seguir a explicación, pero en ningún caso son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, os alumnos terán que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado pola profesora.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente cos estudantes.
O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Avaliación continua: ata un máximo do 30% da nota. Se o alumno aprobou o exame final escrito, poderá obter ata un máximo de 3 puntos polo seu traballo durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas (a simple asistencia non é suficiente), resolución de casos prácticas, respostas ás preguntas feitas, exposición oral e outras actividades realizadas).
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia : sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter ata un máximo de 3 puntos, correspondentes á avaliación continua, por realizar un traballo escrito sobre un tema específico do programa que lles propoñerá a docente.
Considérase necesario adicar un total de 99 horas de traballo persoal paar a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
Plan de continxencia
Se fose necesario pasar aos escenarios 2 e 3 previstos no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, faríanse as seguintes adaptacións:
-Metodoloxía da ensinanza: a docencia sería virtual, seguindo as fórmulas que determine o centro no que se imparte a materia. Empregaríanse mecanismos "síncronos", concretamente a plataforma MS Teams e o Campus virtual.
-Sistema de avaliación: no caso de que non se puidesen realizar de xeito presencial, as actividades de avaliación serían virtuais e a plataforma MS Teams utilizaríase, por exemplo, para as presentacións orais e o Campus virtual, para o desenvolvemento do exame final de resposta múltiple. Mantéñense as porcentaxes correspondentes da cualificación (70% exame final de elección múltiple, 30% avaliación continua).
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Silvia Fernandez Martinez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Barbara Torres Garcia
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- barbara.torres.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 8 |
16:30-18:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 8 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 8 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 8 |
13.01.2022 09:30-11:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
13.01.2022 09:30-11:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
13.01.2022 09:30-11:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
13.01.2022 09:30-11:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
13.01.2022 09:30-11:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
13.01.2022 09:30-11:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
08.07.2022 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
08.07.2022 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
08.07.2022 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
08.07.2022 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
08.07.2022 17:00-19:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
08.07.2022 17:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |