Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as achegas das distintas teorías psicolóxicas acerca do comportamento humano.
- Coñecer os procesos psicolóxicos básicos e elementos fundamentais que configuran o comportamento humano.
- Comprender a dimensión social dos procesos subxectivos e de formación de identidades persoais.
- Coñecer e ser capaz de analizar os procesos de interacción interpersoal.
- Identificar os procesos de formación, desenvolvemento e interacción dos grupos e comunidades.
I. Introdución á Psicoloxía como ciencia.
II. Bases biolóxicas da conducta.
III. Procesos psicolóxicos básicos.
III.1. Motivación e emoción.
III.2 Sensación, Atención e Percepción.
III.3 Intelixencia e aprendizaxe.
III.4 Pensamento e Memoria.
IV. Personalidade e psicopatoloxía básica.
V. Psicoloxía social.
BÁSICA
Delgado, M.L. (Coord.). (2015). Fundamentos de Psicología para ciencias sociales y de la salud. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Sabucedo, J.M. e Morales, J.F. (Coords.). (2015). Psicología social. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
COMPLEMENTARIA
Chance, P. (2001). Aprendizaje y conducta. México DF: Manual Moderno.
Goldstein, E.B. (1999). Sensación y percepción. México DF: Thomson.
Greenwood, J.D. (2009). Historia de la Psicología. Un enfoque conceptual. México DF: McGraw Hill.
Gross, R.D. (2004). Psicología. La ciencia de la mente y la conducta. México DF: Manual Moderno.
Hogg, M. (2010). Psicología Social. Madrid: Panamericana.
Marín, M. e Martínez, R. (2012). Introducción a la psicología social. Madrid: Pirámide.
Morris, C.G. e Maisto, A.A. (2011). Introducción a la Psicología. México DF: Pearson.
Nevid, J.S. (2009). Psicología. Concepto y aplicaciones. México DF: Cengage.
Palmero, F. e Martínez, F. (Coords.). (2008). Motivación y emoción. Madrid: McGraw Hill.
Sabucedo, J.M. e Morales, J.F. (2015). Psicología Social. Madrid: Panamericana.
Smith, E.E., Nolen-Hoeksema, S, Fredrickson, B. e Loftus, G. (2003). Introducción a la Psicología. Madrid: Thomson Learning.
Wade, C. e Tabriz, C. (2003). Psicología. Madrid: Pearson.
XENÉRICAS
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais no campo da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
ESPECÍFICAS
Coñecer a realidade social, as teorías sociais, así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
TRANSVERSAIS
Capacidade de análise e síntese
Capacidade de comunicación oral e escrita
Capacidade de razoamento crítico
Capacidade de aprendizaxe autónoma
Capacidade de motivación pola calidade
A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.
As actividades presenciais expositivas co grupo clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos distintos temas da materia, clarificar os conceptos básicos, orientar a realización de traballo e estudo por parte do alumnado, relacionar os distintos contidos e facilitar a aprendizaxe significativa.
As clases interactivas irán encamiñadas a afondar en aspectos concretos das clases teóricas e consistirán na realización de diferentes actividades a través das cales se pretende que o alumnado aprenda, entre outras cousas, a manexar diferentes fontes de información, a transferir coñecementos teóricos á práctica e a elaborar e presentar informes. A concreción das tarefas que se requiran así como do material necesario serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións interactivas.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto empregarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC.
A docencia será impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízarase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams.
Para as actividades en remoto empregarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC.
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 1, 2 e 3
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua, sendo esta o 100% do formato de avaliación nas dúas oportunidades.
Dita avaliación contínua realizarase a través da participación e a realización de traballos: (a) a lectura de textos e realización de exercicios sobre os textos (50%), (b) presentación grupal dun tema presentado na titoría de grupos reducidos (20%), (c) participación activa na realización de exercicios participativos de análise de videos e/ou casos a través de outros medios (30%).
PARA OS TRES ESCENARIOS:
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 10 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (rocio.gomez [at] euts.es (rocio[dot]gomez[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, deberá realizar as tarefas por dispensa de asistencia que serán comunicadas ao alumnado en persoa, e por correo electrónico unha vez se poñan en contacto coa profesora da materia (nun prazo non superior á 10 días desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión).
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Outras tarefas: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudos, non se indican requisitos previos para a superación da mesma.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito.
ESCENARIOS 1 e 2:
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
ESCENARIO 3:
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico a través do correo electrónico, coa profesora encargada, para a clarificación dos temas e tarefas encomendadas, así como, para a orientación bibliográfica específica.
Recoméndase manter un contacto periódico coa profesora da materia, así como levar os contidos ao día.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, e revisar periódicamente a web da materia onde se subirán contidos recentes (novas ou artigos recentes).
“PLAN DE CONTINXENCIA”
> Metodoloxía de ensino
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto empregarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC.
A docencia será impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízarase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams.
Para as actividades en remoto empregarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC.
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
> Sistemas de Avaliación
ESCENARIO 1, 2 e 3
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua, sendo esta o 100% do formato de avaliación nas dúas oportunidades.
Dita avaliación contínua realizarase a través da participación e a realización de traballos: (a) a lectura de textos e realización de exercicios sobre os textos(50%), (b) presentación grupal dun tema presentado na titoría de grupos reducidos (20%), (c) participación activa na realización de exercicios participativos de análise de videos e/ou casos a través de outros medios (30%).
María Del Rocío Gómez Juncal
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
20.01.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
02.07.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |