Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo, estructura e funcionamento do sistema sanitario en relación á saúde mental.
- Ser capaz de identificar e valorar as necesidades sociais relacionadas cos problemas da saúde mental e a súa repercusión na vida das persoas afectadas, e as estratexias de atención e apoio pertinente en cada situación.
- Ser capaz de recoñecer as características dos problemas de saúde mental que dan lugar a necesidades de atención e apoios sociales.
- Coñecer e ser capaz de analizar os factores de risco, vulnerabilidade e protección no campo da saúde mental.
- Coñecer e ser capaz de aplicar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes no territorio.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o traballo social con persoas con problemas de saúde mental.
- Ser capaz de aplicar métodos, modelos e técnicas de traballo social na intervención con persoas con problemas de saúde mental.
- Historia da enfermidade mental e do Traballo Social Psiquiatrico
- Prevención en saúde mental.
- Nocions sobre os trastornos mentais.
- Política social e marco normativo no campo da saúde mental.
- Traballo social nos distintos dispositivos de saúde mental: unidade de agudos, unidades de saúde mental, centro de día, unidade de larga estancia, unidade de rehabilitación psicosocial.
- Traballo social e intervención desde a iniciativa social: as asociacións de familiares e enfermos mentais.
- A intervención con persoas con Trastorno Mental grave. Redes de apoio social.
- Os grupos terapéuticos e de autoaxuda.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Gómez Lavín, C. e Zapata, R. (2000). Psiquiatría, salud mental y trabajo social. Pamplona: Ediciones Eunate.
Sobrino, A. e Rodríguez, A. (2008). Intervención social en personas con enfermedades mentales graves y crónicas. Madrid: Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
America Psychiatric Association. (2014). DSM-5. Manual Diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales. Washinton: Autor.
Anderson, G., Reiss, e D., Hogarti, G. (1988). Esquizofrenia y familia. Guía práctica para la psicoeducación. Buenos Aires: Amorroutu.
Belloch, A., Sandín, B. e Ramos, F. (1999). Manual de psicopatología. Madrid: McGraw-Hill
Caplan, G. (1993). Aspectos preventivos en salud mental. Barcelona: Paidós.
Colom, D. e Miranda, M. (Eds.). (1998). Organizaciones de bienestar. Zaragoza: Mira.
Desviat, M. e Morena, A. (Eds.). (2012). Acciones de salud mental en la comunidad. Madrid: Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Feixas, G. e Miró, M. T. (1993). Aproximaciones a la psicoterapia. Barcelona: Paidós.
García, J., Espino, A. e Lara, L. (1998). La psiquiatría en la España de fin de siglo. Madrid: Díaz de Santos.
Goffman, E. (1989). Estigma. La identidad deteriorada. Buenos Aires: Amorrortu editores.
Goffman, E. (1972). Internados: Ensayos sobre la situación social de los enfermos mentales. Buenos Aires: Amorrortu Editores.
Goldberg, D. e Huxley, P. (1990). Enfermedad mental en la comunidad. Avilés: Editorial Nieva.
Liberman, R.P. (1993). La rehabilitación integral del enfermo mental crónico. Barcelona: Martínez Roca.
Martínez Román, M. A. (1992). Los enfermos mentales crónicos como usuarios de los servicios sociales. En J. Garcés e M. A. Martínez (Coords.), Necesidades Colectivas y Servicios Sociales (pp. 127-146). Alicante: Diputación de Alicante.
Mateos, R. e Rodríguez, A. (1989). Estudio de epidemioloxía psiquiátrica na Comunidade Autónoma Galega. Documentación básica, nº 9.
OMS. (1992). Clasificación Internacional de Enfermedades. Trastornos Mentales y del Comportamiento (10ª ed.). Madrid: Meditor.
Rebolledo, S. (Coord.). (1997). Rehabilitación Psiquiátrica. Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Santiago de Compostela: USC.
Retolaza, A. (2009). Trastornos mentales comunes: manual de orientación. Madrid: Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Rivas, F. (Coord.). (2000). La Psicosis en la comunidad. Madrid: Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Rodríguez, A. (Coord.). (2002). Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Madrid: Pirámide.
Rogers, C. (1994). El proceso de convertirse en persona. Barcelona: Paidós
Salcedo, D. (2001). La rebelión ética. Principios de Trabajo Social en el ámbito de la salud mental. Revista Trabajo Social y Salud, 40,15-42.
Sobrino, A. e Rodríguez, A. (2008). Intervención social en personas con enfermedades mentales graves y crónicas. Madrid: Síntesis.
Watt, F. e Bennett, D. (1990). Rehabilitación psiquiátrica. Teoría y práctica. Buenos Aires: Limusa.
Competencias xerais:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vanguardia do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidad dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e evaluando as situacións e circunstancias que configuran devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
Competencias Transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersonales
- Capacidade de recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de compromiso ético
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
ESCENARIO 1
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto emprégase MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 1
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades.
A proba final ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
Contido da avaliación continua:
Exercios individuais: máximo 2 ptos
Exercicios grupais: máximo 2 ptos
É necesario acadar a puntuación mímina de Apto na proba final para poder sumarlle a puntuación pola evaluación contínua.
ESCENARIO 2
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua nas dúas portunidades.
Contido da avaliación continua:
Exercios individuais: máximo 8 ptos
Exercicios grupais: máximo 2 ptos
ESCENARIO 3
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua nas dúas portunidades.
Contido da avaliación continua:
Exercios individuais: máximo 8 ptos
Exercicios grupais: máximo 2 ptos
PARA OS TRES ESCENARIOS:
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 10 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (malenas [at] euts.es (malenas[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coa profesora, (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 10 días desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
Exercicios que corresponden á docencia interactiva: 15 horas
Lectura textos: 10 horas.
Elaboración de traballos, visualización de materia: 20 horas
Outras tarefas: 4 horas
TOTAL: 99 horas
- Seguir a materia con continuidade desde o principio de curso.
- Traballar con esmero cada unha das actividades da materia.
- Nos traballos colectivos, usar bibiografía complementaria de ampliación e contraste.
- Coidar a estructura, presentación e redacción dos traballos.
- Analizar no contexto próximo os servizos de saúde mental da pobación.
Recomendación previa: ter cursada a materia de Traballo Social e Saúde.
ESCENARIOS 1 e 2
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
ESCENARIO 3
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico a través do correo electrónico, coa profesora encargada, para a clarificación dos temas e tarefas encomendada, así como, para a orientación bibliográfica específica.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía de ensinanza
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto emprégase MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
Sistema de avaliación
ESCENARIO 2
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua nas dúas portunidades.
Contido da avaliación continua:
Exercios individuais: máximo 8 ptos
Exercicios grupais: máximo 2 ptos
ESCENARIO 3
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua nas dúas portunidades.
Contido da avaliación continua:
Exercios individuais: máximo 8 ptos
Exercicios grupais: máximo 2 ptos
PARA OS TRES ESCENARIOS:
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 10 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (malenas [at] euts.es (malenas[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
María Del Rocío Gómez Juncal
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
25.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |