Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender as relacións entre a situación social das persoas e o sistema de xénero, e adquirir os valores que promoven os principios de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
-Ser capaz de identificar e avaliar as situacións e circunstancias que representan un risco e elaborar estratexias para promover cambios que eviten calquera perigo.
-Ser capaz de traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as necesidades derivadas das situacións de malos tratos.
-Coñecer e comprender as medidas de protección e integración da vítima e os seus mecanismos de defensa, así como o marco xurídico de referencia.
-Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial dende a perspectiva de xénero.
-Ser capaz de apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades.
-Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social.
Bloque I: Construción Social do Xénero e Perspectiva de Xénero
Tema 1. Socialización do xénero e desigualdades sociais
Tema 2. A introdución da perspectiva de xénero en Traballo Social: miradas e reflexións desde os movementos feministas
Bloque II: Igualdade de Oportunidades
Tema 3. Conceptos básicos en torno á igualdade
Tema 4. Políticas para a igualdade de oportunidades
Bloque III: Prevención e Intervención Social en Violencia de Xénero
Tema 5. Violencia de xénero (VG): concepto, marco xurídico e situación actual
Tema 6. Sensibilización, prevención e intervención social en violencia de xénero
Bloque IV: Diversidade Afectivo-sexual dende o traballo social: a articulación entre diferentes tipos de desigualdades
Tema 7. Diversidade afectivo-sexual: intervención coas persoas LGTBTIQA+ e coa comunidade
Bibliografía básica
- Amador, L.V. e Monreal, M.C. (2010). Intervención social y género. Madrid: Narcea.
- Barea, C. (2004). Manual para mujeres maltratadas que quieren dejar de serlo. Barcelona: Editorial Océano.
- Castro, O. e Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Vigo: Xerais.
-Czalbowski, S. (Coord.). (2015). Detrás de la pared: Una mirada multidisciplinar acerca de los niños, niñas y adolescentes expuestos a la violencia de género. Bilbao: Desclée de Brouwer.
- Jacobson, N. e Gottman, J. (2001). Hombres que agreden a sus mujeres. Cómo poner fin a las relaciones abusivas. Barcelona: Paidós.
- Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género. (2004). BOE, 313, de 29 de diciembre de 2004.
- Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres. (2007). BOE, 71, de 23 de marzo de 2007.
- Ley 11/2007, de 27 de julio, gallega para la prevención y el tratamiento integral de la violencia de género. (2007). BOE, 152, de 7 de agosto de 2007.
- Ley 2/2014, de 14 de abril, por la igualdad de trato y la no discriminación de lesbianas, gays, transexuales, bisexuales e intersexuales en Galicia. (2014). DOG, 79, de 25 de abril de 2014.
- López, I. (2007). El enfoque de género en la intervención social. Recuperado de http://www.cruzroja.es/pls/portal30/docs/PAGE/2006_3_IS/BIBLIOTECA/MANU…
- Moreno, J. L. e Triguero, L.A. (2009). La víctima de violencia de género y su modelo de protección social. Madrid: Ministerio de Igualdad.
- Observatorio Galego da Violencia de Xénero. (2018). Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte a violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia. Recuperado de http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/protoco…
-Secretaría Xeral de Igualdade. (2007). Guía de actuación ante a violencia de xénero para as = os profesionais dos servizos sociais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
- Titley, G. (Ed.). (2011). Las cuestiones de género son importantes. Manual sobre cómo abordar la violencia de género que afecta a los jóvenes. Madrid: Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad.
- Varela, N. (2008). Feminismo para principiantes. Barcelona: Ediciones B de Bolsillo.
- Walker, L. (2012). El síndrome de la mujer maltratada. Bilbao: Desclee de Brouwer.
- Witting, M. (2016). El pensamiento heterosexual y otros ensayos (3ª ed.). Madrid: Egales.
Bibliografía complementaria
- Amorós, C. (Ed.). (2000). Feminismos y filosofía. Madrid: Síntesis.
- Bela-Lobedde, D. (2018). Ser mujer negra en España. Barcelona: Penguin Random House.
- Bianchi, G.M., González-Rábago, Y. e Piras, G. (2015). Enfrentando la transnacionalización del cuidado. Abuelas cuidadoras en un contexto de alta migración. Revista Internacional de Estudios Migratorios, 5(1), 31-60.
- Beauvoir de, S. (2005). El Segundo Sexo. Madrid: Cátedra.
- Blas, de, A. (2014). La revolución de los cuidados. Tácticas y estrategias. Madrid: InteRed.
-Bradan, M. (2012). Feminismo en el Islam. Madrid: Cátedra.
-Cobo, R. (2017). La prostitución en el corazón del capitalismo. Madrid: La Catarata.
- Miguel, de, A. (2016). Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección. Madrid: Ediciones Cátedra.
- Espinosa, Y., Gómez, D. e Ochoa, K. (Ed.). (2014). Tejiendo de otro modo. Feminismos, epistemología y apuestas descoloniales. Popayán: Editorial Universidad del Cauca.
- Fernández Lamela, I. (2016). As miñas fillas devolvéronme a vida. Lugo: Concello de Lugo y Casa da Muller.
-Friedan, B. (2016). La Mística de la Feminidad. Madrid: Cátedra.
-Hooks, B. (2017). El feminismo es para todo el mundo. https://www.traficantes.net/sites/default/files/pdfs/TDS_map47_hooks_we…
- Instituto de la mujer. (2009). Violencia contra las mujeres. Madrid: Ministerio de igualdad.
- Instituto de la mujer. (2008). Guía de intervención ante la publicidad sexista. Recuperado de http://www.inmujer.gob.es/observatorios/observIgualdad/estudiosI nformes/docs/012-guia.pdf
- Instituto de la mujer. (2010). La salud laboral de las mujeres. Madrid: Ministerio de igualdad.
-Jabardo, M. (Ed.). (2012). Feminismos negros. Una antología. Recuperado de https://www.traficantes.net/sites/default/files/pdfs/Feminismos%20negro…
- Kleba, T. (2007). Fluxos migratórios de mulheres para o trabalho reprodutivo. A globalização da assistência. Estudos Feministas, 15, 805 – 821.
- Marcos, L. (Ed.). (2006). Explotación sexual y trata de mujeres. Madrid: Ed. Complutense.
- Martínez, L. e Corral, A.M. (2010). La trata con fines de explotación sexual. Madrid: Instituto de la mujer.
- Mateos, A. (2013). Programa socioeducativo para la prevención de la violencia de género en parejas adolescentes. Madrid: Pirámide.
- Matud, M.P., Padilla, V. e Gutiérrez, A.B. (2005). Mujeres maltratadas por su pareja. Guía de tratamiento psicológico. Madrid: Minerva Ediciones.
- Miguel, de, A. (2016). Neoliberalismo sexual. El mito de la libre elección. Madrid: Ediciones Cátedra.
- Millett, K. (2010). Política sexual. Madrid: Catedra.
- Moreno-Jiménez, M.P. e Ríos, M. (2012). Sin nosotras el mundo no se mueve. Mujeres inmigrantes en el contexto laboral español. Athenea Digital, 12 (2), 3-31.
- Oca, Lucía. (2013). Caboverdianas en Burela (1978/2008): migración, relación de género e intervención social (tesis doctoral). Departamento de Filosofía y Antropología Social. Universidad de Santiago de Compostela.
- Oso, L. (2008). Migración, género y hogares transnacionales. Recuperado de http://www.manosunidas.org/sites/default/files/laura_oso-migracion_gene…
- Rodríguez Otero, L.M. (2016). El arraigo de las violencias: la violencia intragénero. México: Grañén Porrúa.
- Rodríguez-Shadow, M.J. (2008). Las investigaciones recientes sobre la migración laboral femenina internacional. Ciencia Ergo Sum, 15 (3), 326-332.
- Seoane, L. (2012). Violencia de pareja hacia las mujeres en población adolescente y juvenil y sus implicaciones en la salud. Recuperado de http://www.uah.es /otros /iguales/Documentos/Informe_Violencia_adolescentes.pdf
- Setién, M.L. e Silvestre, M. (Eds.). (2003). Problemas de las mujeres, problemas de sociedad. Bilbao: Universidad de Deusto.
- Simón, M.E. (2008). Hijas de la igualdad, herederas de injusticias. Madrid: Narcea.
- Taillefer, L. (2008). Orígenes del feminismo: textos de los siglos XVI al XVIII. Madrid: Narcea.
-Valcárcel, A. (2008). Feminismo en un mundo global. Madrid: Cátedra.
- Villar, A. (Dir.). (2010). Mujeres y mercado laboral en España. Cuatro estudios sobre discriminación salarial y la segregación laboral. Bilbao: Fundación BBVA.
No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta asignatura son as seguintes:
Competencias xerais:
- Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, indluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber respostar a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada comibinará a docencia expositiva, interactiva e tutoría en grupo reducido co traballo do alumnado fóra da aula, promovendo a aprendizaxe autónoma e significativa.
Preténdese que o alumnado, individual e en grupo, participe activamente na construcción de coñecemento a través do manexo da bibliografía, traballo con textos e/ou datos; análise de contido; aplicación e resolución de casos prácticos nos que deberá facer uso de destrezas de observación, análise e interpretación da información; entre outros.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
ESCENARIO 1
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realizarase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 2
Combínarase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realizaranse en remoto.
Para as actividades en remoto emprégarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC e/ou da EUTS.
A docencia será impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realizarase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvolverase en remoto, empregando MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC e/ou da EUTS.
A docencia será impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realizarase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
A avaluación da materia realizarase mediante a avaliación continua, sendo esta do 100% nas dúas oportunidades.
Dita avaliación continua realizarase a través da participación e da realización de traballos: a) lectura de textos e realización de exercicios sobre os mesmos, así como visionado e análise de vídeos, casos, entre outros, b) presentación grupal dun tema presentado na titoría de grupos reducidos, c) participación na realización de exercicios participativos e actividades colaboraivas, d) actividades de avaliación de aplicación de coñecementos, e) elaboración dun traballo final sobre traballo social, feminismos e/ou diversidade afectivo-sexual.
A puntuación das actividades de avaliación continua é a seguinte:
- Apartados a), b) e c): 3 puntos (30%)
- Apartado d): 5 puntos (50%)
- Apartado e): 2 puntos (20%)
PARA OS TRES ESCENARIOS:
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 10 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, deberá realizar as tarefas por dispensa de asistencia. Para ilo, deberá pórse en contacto coa profesora da materia (nun prazo non superior a os 10 días dende a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión).
A programación, actividades, puntuacións e pautas para a entrega de traballos escritos colgarase na web (www.euts.es), no apartado da materia, espazo destinado á dispensa de asistencia. O alumnado que o desexe tamén pode solicitalas de xeito presencial.
As actividades iranse colgando e entregando de forma paulatina (segundo a data estipulada). As tarefas que se entreguen fora do prazo estipulado Terán unha penalización si a entrega se realiza dentro dos 3 días hábiles seguintes. A partir do cuarto día a actividade non será nin avaliada nin puntuada.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Outras tarefas propostas: 4 horas
Total: 99 horas
ESCENARIOS 1 e 2:
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas temáticas, aspectos, de maior interese.
ESCENARIO 3:
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico a través de correo electrónico coa profesora encargada, para a clarificación dos temas e tarefas encomendadas, así como, para a orientación bibliográfica específica.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é máis completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo. Así como revisar periódicamente a web da materia onde se subirán os contenidos e material complementario (artigos, novas, etc.).
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía de ensinanza
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia, empregarase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, á que o alumnado accede con clave.
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto emprégarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC e/ou da EUTS.
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC e/ou da EUTS.
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
Sistema de avaliación
PARA OS TRES ESCENARIOS:
A avaliación da materia realizarase mediante a avaliación continua, sendo esta do 100% nas dúas oportunidades.
Dita avaliación continua realizarase a través da participación e da realización de traballos: a) lectura de textos e realización de exercicios sobre os mesmos, así como visionado e análise de vídeos, casos, entre outros, b) presentación grupal dun tema presentado na titoría de grupos reducidos, c) participación na realización de exercicios participativos e actividades colaboraivas, d) actividades de avaliación de aplicación de coñecementos, e) elaboración dun traballo final sobre traballo social, feminismos e/ou diversidade afectivo-sexual.
A puntuación das actividades de avaliación continua é a seguinte:
- Apartados a), b) e c): 3 puntos (30%)
- Apartado d): 5 puntos (50%)
- Apartado e): 2 puntos (20%)
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 10 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexan eliminadas e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Lorena Añon Loureiro
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
27.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
06.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |