Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer o proceso de formulación, posta en práctica e avaliación de programas sociais, o desempeño profesional das persoas traballadoras sociais na sua e a participación das mesmas nas organizacións públicas e privadas
-Ser quen de aplicar os métodos e técnicas de organización, xestión, participación, planificación, avaliación e financiación dos Servizos Sociais, incluidos os relativos á avaliación e xestión de calidade.
1. INTRODUCIÓN
1.1. Presentación xeral da asignatura
1.2. Planificación e liderazgo
2. PLANIFICACIÓN EN SERVIZOS SOCIAIS
2.1. Introdución
2.2. Concepto e dimensións da planificación
2.3. Funcións da planificación
2.4. A planificación social
2.5. Planificación Integrada
2.6. Planificación e participación
2.7. Planificación e coordinación
2.8. Principios básicos dunha política de benestar social
2.9. A planificación dos servizos sociais
2.10. Fases da planificación social en Servizos Sociais
3. PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA
3.1. Planificación baixo incertidume. O entorno VUCA
3.2. Conceptos básicos de Planificación Estratéxica
4. PLANIFICACIÓN E GRUPOS DE INTERÉS
4.1. Grupos de interese
Identificación e valoración
Modelos de alianza e traballo en rede
A participación das persoas destinatarias. Modelos
4.2. Negociación con Grupos de Interese
5. PLANIFICACIÓN E COÑECEMENTO
5.1. Ferramentas e modelos participativos de planificación estratéxica: design thinking
5.2. Deseño de Indicadores
6. PLANIFICACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS
6.1. Plan concertado
6.2. Indicadores específicos
7. PLANIFICACIÓN E COMUNICACIÓN
7.1. Planificación e comunicación interna
Modelos relacionais
Procesos de comunicación
7.2. Planificación e comunicación externa
Estratexias de comunicación externa para a xeración de compromiso. O Story Telling
Falar en público
Relacións cos medios de comunicación
7.3. Planificación, comunicación e crise
8. PLANIFICACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS E INCIDENCIA POLÍTICA
9. PLANIFICACIÓN, TEMPO E TOMA DE DECISIÓNS
9.1. Urxencia vs. Importancia
9.2. Inversión de tempo
9.3. Planificación do tempo
9.4. Ladróns de tempo
9.5. Delegación
9.6. Reunións eficaces
9.7. Prospectiva e toma de decisións
9.8. Criterios de toma de decisións
9.9. A árbore da toma de decisións
10. PLANIFICACIÓN E CALIDADE
10.1. Ferramentas de Calidade
10.2. Modelo ISO
10.3. Modelo EFQM
11. AVALIACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS: A MEDICIÓN DE RESULTADOS
11.1. Definición
11.2. Finalidade e requisitos da avaliación en servizos sociais
11.3. Actores da avaliación
11.4. Tipos de avaliación
11.5. Momentos e fases da avaliación en servizos sociais
11.6. Técnicas en instrumentos da avaliación en servizos sociais
11.7. A avaliación dos servizos sociais
12. PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E ORZAMENTARIA
12.1. Conceptos básicos de análise económico-financeiro
12.2. Elaboración do orzamento e control de xestión
Concepto de orzamento
Principios orzamentarios
Estrutura dos orzamentos
Os programas de actuación e a planificación orzamentaria
A política de inversións. A análise coste-beneficio e a análise coste- eficiencia. O ROI
O control orzamentario
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández, T. e Ares, A. (2015). Servicios Sociales: Dirección, Gestión y Planificación. Madrid: Alianza editorial.
Guerras, L. e Navas, J. (2015). La Dirección Estratégica de la Empresa. Teoría y Aplicaciones. Pamplona: Thomson Civitas.
Moro. L. (2009). Gestión actual de una ONG. Madrid: Lid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alemán, C. e Trinidad, A.(2006). Servicios Sociales: Planificación y evaluación. Madrid: Cívitas.
Bowers, S. (1965). Introducción a la supervisión. Madrid: Euramérica.
Colomer,R. e Domenech, T. (1988). La supervisión en Trabajo Social. Barcelona: Intress
De la Red, N. e Conde, C. (2000). Los proyectos de intervención integral en el ámbito de los Servicios Sociales en cooperación con otras redes y sistemas del bienestar. En M.J. Salvador e J.A. Díaz, (Coord.), Nuevas perspectivas de los Servicios Sociales(pp. 107-144). Madrid: UNED.
Díaz, J. A. e Buñuel, A. (2000). Prospectiva y planificación estratégica. En J.A. Díaz e M.J. Salvador, Nuevas perspectivas de los Servicios Sociales.(pp. 71-106). Madrid: UNED.
Espinoza, M. (1983). Evaluación de proyectos sociales. Buenos Aires: Humanitas.
Fernández, T. (2002). Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación. Madrid: Alianza Editorial.
García, G. (1988). Los Centros de Servicios Sociales. Madrid: Siglo XXI.
García, G. e Ramírez, J.M. (1996). Diseño y evaluación de proyectos sociales. Zaragoza: Certeza.
García, J. (1998). Recursos humanos y voluntariado social. Madrid: Síntesis.
Genro, T. (2000). El presupuesto participativo: la experiencia de Porto Alegre. Barcelona: Ediciones del Serbal.
Gioja, R. (1984). Planeamiento territorial y Ciencias Sociales: Desarrollo de recursos humanos (3ª ed.). Buenos Aires: Humanitas.
Gutiérrez, A. e Garcés, J. (2000). Los Servicios Sociales en las Comunidades y Ciudades Autónomas. Valencia: Tirant lo blanch.
Harris, J. (1980). Administración de recursos humanos: conceptos de conducta interpersonal y casos. México: Limusa.
Hernández, J. (1990). Acción comunitaria e intervención social. Madrid: Popular.
Hernández, J. (1990). La supervisión como instrumento de intervención social. Madrid: Popular.
Knapp, M. (1989). La economía de los Servicios Sociales. Barcelona: Euge.
Rodríguez, T. (2000). La investigación social participativa. Construyendo ciudadanía /1. Barcelona: El Viejo Topo.
Salvador, M.J. (2000). Calidad y Servicios Sociales. En M.J. Salvador e J.A. Díaz, (Coords.), Nuevas perspectivas de los Servicios Sociales (pp. 215-256). Madrid: UNED.
Sacanell E. (2000). Reflexiones y experiencias sobre calidad desde un servicio social municipal. Servicios Sociales y Política Social, nº 49,9-30.
Competencias Xerais:
- Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestions que atañen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos cientificos propios.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ético.
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a sua formación e a aprendizaxe no ámbito do Traballo social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
- Coñecer estratexias para intervenir con persoas, familias, grupos, organizaciones comunidades para axudalas a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o subministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas personas implicadas co obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social.
- Adquirir facultades para contribuir á administración de recursos e servizos colaborando cos procedimentos implicados na súa obtención, supervisando a sua eficacia e asegurando a súa calidade.
Competencias transversais
- Capacidade de análisise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de toma de decisións.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de creatividade.
- Capacidade de motivación pola calidade
METODOLOXÍA DE ENSINO
A metodoloxía utilizada é unha combinación de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido, titorías individuais e traballo grupal e persoal.
Se pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva, a partir de traballos de caso, simulacións prácticas e estudo de texto habilidades e destrezas para a práctica profesional cotiá no eido da planificación e a xestión.
ESCENARIO 1
A disciplina consta de 29 horas de docencia expositiva: clases presenciais que se levarán a cabo no grupo grande de clase e 18 horas interactivas en dous grupos organizados, trátase de clases onde será fundamental a participación activa do alumnado.
Se realizarán, ao final das clases expositivas e de acordo á normativa vixente do centro, catro titorías dunha hora de duración a grupos reducidos de alumnos e alumnas onde se revisarán conceptos chave da asignatura e se poderá comprobar o nivel de coñecementos adquiridos. Estas titorías se realizarán en remoto, empregando software establecido pola USC (MS Teams). Se realizarán de xeito sincrónico.
As horas de docencia expositiva de clases maxistrais con apoio de medios audiovisuais, se complementarán coas interactivas nas que se realizarán diversos traballos en grupo e/o individuais coa metodoloxía de estudos de caso entre outras.
O traballo de grupo das actividades interactivas se materializará na entrega dun "documento de interactivas", que reflectirá a asistencia do alumnado ás mesmas e a aprendizaxe da aplicación práctica das sesións presenciais. Se entregará un traballo grupal de realización dunha planificación estrategia práctica e razoada a elixir entre diferentes escenarios.
O seguimento se realizará a través da programación das entregas e listas de participación.
ESCENARIO 2
Se realiza unha combinación de docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos se levarán a cabo en remoto así como a docencia expositiva. A docencia interactiva se realizará presencial.
A docencia en remoto se realizará empregando o software establecido pola USC (MS Teams). Se realizará de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento se realizará a través da programación das entregas e listas de participación.
ESCENARIO 3
Tanto a docencia expositiva, interactiva como titorías en grupo reducido se realizarán en remoto empregando o software establecido pola USC (MS Teams). Se realizará de xeito sincrónico e asincrónico
O seguimento se realizará a través da programación das entregas e listas de participación.
ESCENARIO 1
Proba final: Exame pregunta corta: 50%
É necesario acadar a calificación mínima de Apto (5 sobre 10) no exame para poder sumarlle a puntuación obtida na avaliación continua.
Avaliación continua, 50%. Distribuida do seguinte xeito:
Asistencia e Documento de clases interactivas: 20%
Traballo grupal: 30%
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua se conservarán no curso posterior a non ser que algunhas de estas actividades sexan eliminadas e/ou incorporadas outras novas. Neste último caso deberán realizarse de novo para obter a puntuación correspondente.
ESCENARIOS 2 e 3
A avaliación da asignatura se levará a cabo mediante avaliación continua
Avaliación de interactivas e control de coñecementos: 70%
Traballo grupal: 30%
ESCENARIOS 1, 2 E 3
Na Guía da Materia se especifica o contido e puntuación correspondente a cada tarefa de avaliación continua. No suposto de non asistencia a docencia nas que se realizan tarefas avaliables e exista xustificación de asistencia pódense compensar coa elaboración de traballos e exercicios propostos pola persoa docente. O alumno ou alumna se porá en contacto coa persoa docente para a realización da tarefa compensatoria.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua se conservarán no curso posterior a non ser que algunhas destas actividades sexan eliminadas e/ou incorporadas outras novas. Neste último caso deberán realizarse de novo para obter a puntuación correspondente.
Sistema de Control de asistencia:
O sistema de control de asistencia é o establecido por o centro. O plazo e os motivos polos que pódense xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nos Ensinos Adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC de 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir a clases e teña concedida a dispensa de asistencia poderá compensar as faltas coa realización de exercicios de análise de textos e/o traballos individuais, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coa persoa docente.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico do estudiantado e de revisión de calificacións
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Estudo de casos 35 horas
Lectura de textos recomendados, prensa xeral e especializada 10 horas
Procura de información escrita e audiovisual 4 horas
TOTAL 99 horas
ESCENARIO 1
Por tratarse dunha materia eminentemente práctica é moi importante a asistencia á docencia expositiva e a integración dentro dun grupo interactivo. As titorías son un mecanismo interesante de resolución individual ou grupal de dudas.
ESCENARIOS 2 E 3
Se recomenda a asistencia presencial cando ésta resulte posible (escenario 2) e en todo caso un contacto permanente coa persoa docente para a clarificación de dudas e a orientación bibliográfica precisa para poder obter os coñecementos necesarios esixidos na asignatura.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía de ensino
ESCENARIO 2
Se realiza unha combinación de docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos Se levarán a cabo en remoto así coma a docencia expositiva. A docencia interactiva se realizará presencial.
A docencia en remoto se realizará empregando o software establecido pola USC (MS Teams). Se realizará de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento se realizará a través da programación das entregas e listas de participación.
ESCENARIO 3
Tanto a docencia expositiva, interactiva como titorías en grupo reducido se realizará en remoto empregando o software establecido pola USC (MS Teams). Se realizará de xeito sincrónico e asincrónico
O seguimento se realizará a través da programación das entregas e listas de participación.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
ESCENARIOS 2 e 3
A avaliación da asignatura se levará a cabo mediante avaliación continua
Avaliación de interactivas e control de coñecementos: 70%
Traballo grupal: 30%
ESCENARIOS 1, 2 e 3
Na Guía da Materia se especifica o contido e puntuación correspondente a cada tarefa de avaliación continua. No suposto de non asistencia á docencia nas que se realizan tareas avaliables e exista xustificación de asistencia pódense compensar coa elaboración de traballos e exercicios propostos pola persoa docente. O alumno o alumna se porá en contacto coa persoa docente para a realización da tarefa compensatoria.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua se conservarán no curso posterior a noN ser que algunHas de estas actividades seXan eliminadas e/o incorporadas outras novas. En este último caso deberán realizarse de novo para obter a puntuación correspondente.
Sistema de Control de asistencia:
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O plazo e os motivos polos que pódense xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nos Ensinos Adaptados ao Espacio Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC de 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir a clases e teña concedida a dispensa de asistencia poderá compensar as faltas coa realización de exercicios de análise de textos e/o traballos individuais, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada con persoa docente.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións
Carlos Roson Varela
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
25.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |