Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Ser capaz de analizar a relación entre políticas institucionais, as esixencias legais e os límites profesionais no desenvolvemento do traballo social.
-Adquirir os conceptos morais de dereitos, responsabilidade, liberdade, autoridade e poder na práctica do traballo social.
-Ser capaz de aplicar a base dos valores, as normas éticas e os códigos deontolóxicos da práctica do traballo social, e de seguilos.
-Saber analizar criticamente os casos nos que xorden dilemas éticos
Tema I: Introdución á ética.
I.1. Conceptualización da ética.
I.2. Orixe da ética: a ética na Grecia Clásica.
Tema II: A ética na Grecia Clásica: influencias filosóficas e aplicabilidade en Traballo Social.
II.1. Os sofistas.
II.2. Sócrates.
II.3. Platón.
II.4. Aristóteles.
Tema III: Teorías éticas: reflexións para a intervención social.
III.1. A ética deontolóxica kantiana.
III.2. A ética utilitarista.
III.3. A ética neoaristotélica: o comunitarismo (a ética da virtude).
III.4. A teoría da xustiza.
III.5. A ética discursiva ou dialóxica.
III.6. A ética do coidado.
Tema IV: A ética na postmodernidade: Onde nos movemos?.
IV.1. A postmodernidade.
IV.2. A falacia naturalista.
IV.3. A auto-ética: o desenvolvemento moral segundo Kohlberg e o coñecemento de si.
Tema V: Traballo social, dereitos humanos e deontoloxía profesional: implicacións na intervención social.
V.1. Como xorden e que son os dereitos humanos?.
V.2. Converxencia e aplicabilidade na práctica do traballo social.
V.3. Os códigos profesionais. O código deontolóxico do traballo social: aplicabilidade e reflexións.
Tema VI: Ética aplicada en traballo social.
VI.1. Principios bioéticos: aplicabilidade en traballo social e relación con outros
principios.
VI.2. O respecto.
VI.3. Paternalismo versus autodeterminación: autonomía, benestar e os seus límites.
VI.4. O ético e o legal unha relación controvertida.
Tema VII: A ética nos e nas profesionais do traballo social, nas entidades e na investigación.
VII.1. O traballo social como profesión: o seu carácter ético.
VII.2. Principios na intervención social.
VII.3. As virtudes profesionais.
VII.4. Interacción entre o persoal, o profesional e o social: límites, obxección e riscos profesionais (burnout e fatiga por compasión).
VII.5. A ética na investigación en traballo social.
VII.6. Reflexión socio-crítica: fortalezas e dificultades na abordaxe profesional e investigadora.
Tema VIII: Procedementos de toma de decisións éticas aplicadas ao traballo social.
VIII.1. Cuestións, problemas e dilemas éticos.
VIII.2. Modelos e recursos de apoio para a toma de decisións deliberada.
BÁSICA:
- Ballestero, A. (2006). Dilemas éticos en Trabajo Social. Eunate.
- Banks, S. (1995). Ética y valores en Trabajo Social. Paidós.
- Bermejo, F.J. (1996). Ética y Trabajo Social. UPCO.
- Bermejo, F.J. (2002). Ética de las Profesiones. Desclée De Brouwer.
- Camps, V. (2013). Breve Historia de la Ética. RBA Libros.
- Canimas, J. (2006). La ética aplicada a la intervención social. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 73, 135-144.
- Cortina, A. (2013). ¿Para qué sirve realmente ...?: La Ética. Paidós.
- Consejo General del Trabajo Social. (2018). Código Deontológico del Trabajo Social. Autor.
- Guisán, E. (1990). Razón y pasión en ética: los dilemas de la ética contemporánea (1ª ed.). Anthropos.
- Healy, K. (2001). Trabajo social: perspectivas contemporáneas. Morata y Fundación Paideia.
- Macintyre, A. (2006). Historia de la ética (3ª ed.). Paidós.
- Román, B. (2016). Ética de los servicios sociales. Herder.
- Salcedo, D. (1998). Autonomía y bienestar: La ética del Trabajo Social. Comares.
- Salcedo, D. (Comp.). (1999). Los valores en la Práctica del Trabajo Social. Narcea.
- Zamanillo, T. (Dir.). (2011). Ética, teoría y técnica: La responsabilidad política del Trabajo Social. Talasa.
COMPLEMENTARIA:
- Ballestero, A. (2009). Dilemas éticos en trabajo social: el modelo de la ley social. Portularia, 2, 123-131.
- Camps, V. (Ed.). (2008). Historia de la ética 1: De los Griegos al Renacimiento. Crítica.
- Cortina, A. (1990). Ética sin moral. Tecnos.
- Cortina, A. (1994). La ética de la sociedad civil. Anaya.
- Cortina, A. (2004). Ética mínima (9ª ed.). Tecnos.
- Cortina, A. e Martínez, E. (1998). Ética. Akal.
- Chambon, A.S., Irving, A. e Epstein, L. (Eds.). (2001). Foucault y el trabajo social. Maristán.
- Fernández, T. (Coord.). (2010). Fundamentos del Trabajo social (1ª ed.). Alianza.
- Fernández, T. e Ponce, L. (2012). Trabajo Social Individualizado: Metodología de Intervención. Ediciones Académicas.
- Ferrater, J. (2000). Diccionario de filosofía (Vol. I-IV). Alianza.
- Gracia, D. (2008). Fundamentos de bioética. Triacastela.
- Gracia, D. (2008). Procedimientos de decisión en ética clínica. Triacastela.
- Guthrie, W. (1988). Historia de la filosofía griega: Siglo V. Ilustración (Vol. III). Gredos.
- Hortal, A. (2002). Ética general de las profesiones. Desclée de Brouwer.
- Idareta-Goldaracena, F. (2014). Propuesta para la Medición de la Violencia al Usuario en el Trabajo Social Desde Las Perspectivas de E. Lévinas y J. Derriba. Revista de Trabajo Social Portularia, 1(XIV), 15-26.
- International Federation of Social Worker. (2012). National Codes of Ethics. http://ifsw.org/resources/publications/national-codes-of-ethics/
- Lima, A.I. e Maya, A. (Coords.). (2018). Protección de datos en los servicios sociales: Guía para profesionales. Consejo General del Trabajo Social.
- Marina, J.A. (1995). Ética para náufragos (2ª ed.). Anagrama.
- Nogués, L., e Cabrera, P. (Dirs.). (2017). Ética y Trabajo Social [Monográfico]. Cuadernos de Trabajo Social, 30 (1).
- Morin, E. (2004). El Método. Cátedra
- Osset, M. (2001). Más allá de los Derechos Humanos. DVD.
- Savater, F. (2011). Ética para Amador (20ª ed.). Ariel.
- Sen, A. (2008). Bienestar, Justicia y Mercado. Paidós.
- Singer, P. (1995). Ética práctica. Ariel.
- Singer, P. (2007). Compendio de Ética. Alianza Editorial.
- Úriz, M.J., Ballestero, A. e Urien, B. (2007). Dilemas éticos en la intervención social: Una perspectiva profesional desde el Trabajo Social. Mira.
XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen o Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS:
- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
- Establecer relacións profesionais co obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico do Traballo Social e demostrar competencia profesional no exercicio do Traballo Social mesmo.
- Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.
TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de toma de decisións.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual e colectivamente, participe de forma activa na construción de coñecementos. Para iso levaranse a cabo metodoloxías participativas. Estas descríbense como un proceso vivo, dinámico, que se desenvolve en interacción, para xerar reflexión compartida sobre o que se fai, o que se busca, aspira e desexa desde unha visión colectiva. Conlevan intercambio e relación integral entre a práctica e a teoría. Implican un esforzo permantente e sistemático de análise, estudo, reflexión da realidade, dos proxectos e prácticas de intervención que se levan a cabo. Por tanto, conlevan recoller feitos, situacións, contidos, conceptos, valores, traballar coas emocións; así como coa realidade nos seus diversos aspectos, e/ou interpretacións.
Para iso, levaranse a cabo actividades participativas (visuais, auditivas, corporais, vivenciais, de descubrimento individual e colectivo), vinculas ao contexto, a casos, experiencias, aplicando técnicas, destrezas, habilidades, entre outras. Ademais, combinarase o anterior co uso e análise de material audiovisual e bibliográfico.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao cal o alumnado accede con clave. Poden empregarse tamén, outras ferramentas da web da USC.
ESCENARIO 1
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listas de participación.
ESCENARIO 1:
A avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua, sendo esta de o 100% nas dúas oportunidades.
Contido e puntuación das actividades de avaliación continua:
- Itinerario individual: 50%
- Itinerario en equipo: 50%
As puntuacións anteriores poden estar suxeitas a modificacións sempre que sexa en beneficio do alumnado e o acordo se alcanzase de forma conxunta entre todas as partes implicadas. En caso de producirse cambios deberán incorporarse á guía da materia.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións referentes ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir a clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tareas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez que se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o alumnado ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a
realización dunha actividade puntuable. Para o efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/ s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pódese conservar para cursos posteriores, non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra banda, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es) ou lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida dispensa de asistencia poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análises de textos seleccionados que deberá entregar por escrito (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente, por correo electrónico, nun prazo non superior a 10 días desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
TOTAL: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é mais completa que a que se inclúe nesteprograma pola limitación de espazo.
“PLAN DE CONTINXENCIA”
Metodoloxía de ensinanza
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto emprégase MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
Sistema de avaliación
ESCENARIO 2
A avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua, sendo esta de o 100% nas dúas oportunidades.
Contido e puntuación das actividades de avaliación continua:
- Itinerario individual: 50%
- Itinerario en equipo: 50%
ESCENARIO 3
A avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua, sendo esta de o 100% nas dúas oportunidades.
Contido e puntuación das actividades de avaliación continua:
- Itinerario individual: 50%
- Itinerario en equipo: 50%
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliacióncontinua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefascoa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas deasistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunhaactividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 díashábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexaeliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia avaloración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere amateria, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia(lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) o lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzasadaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Lorena Añon Loureiro
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- lorena.anon [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
21.12.2021 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.05.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.07.2022 10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |