Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as distintas perspectivas teóricas nas que se basea o estudo do desenvolvemento ao longo do ciclo vital.
- Coñecer as distintas etapas que conforman o ciclo vital e os procesos de desenvolvemento ao longo do mesmo.
-Ser capaz de identificar e comprender os distintos desaxustes e conflitos que xorden nas distintas etapas do ciclo vital.
- Comprender a importancia e influencia do entorno social e cultural nos procesos de desenvolvemento.
- Adquirir hábitos de estudo, de análise crítica e de discusión que promovan a construción activa do coñecemento por parte do alumnado.
I. Aproximación teórica e metodolóxica á Psicoloxía do Desenvolvemento Humano.
II. Desenvolvemento pre, peri e postnatal.
III. A infancia e a nenez.
IV. Adolescencia.
V. O desenvolvemento na idade adulta.
VI. A vellez.
VII. A morte
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bucay, J. (2002). El camino de las lágrimas. Debolsillo.
Cid, L. (2011). Explícame qué ha pasado: Guía para ayudar a los adultos a hablar de la muerte y el duelo con los niños. Fundación Mario Losantos del Campo.
Delgado, B. (Coord.). (2008). Psicología del desarrollo: Desde la infancia a la Vejez (Vol 2). McGraw-Hill.
Dosil, A. (Coord.). (2012). Desarrollo cognitivo, afectivo, lingüístico y social. Centro de Estudios Financieros.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Berger, K. S. (2004). Psicología del desarrollo. Editorial Médica Panamericana.
Bermúdez, M. P. e Bermúdez, A. M. (Eds.). (2004). Manual de psicología infantil: Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Biblioteca Nueva.
Contreras, F. e Herranza, P. (2016). Lecturas de psicología del desarrollo para trabajadores sociales. Sanz y Torres.
Delval, J. (2008). El desarrollo humano. Siglo XXI.
Giménez-Dasí, M. e Mariscal, S. (2008). Psicología del Desarrollo: Desde el nacimiento a la primera infancia (Vol 1). McGraw-Hill.
Gutiérrez, F. e Vila, J. (2011). Psicología del desarrollo II. UNED.
Papalia, D.E. Olds, S. e Feldman, R. (2009). Psicología del desarrollo. McGraw Hill.
Papalia, D.E., Olds, S. e Feldman, R. (2010). Desarrollo humano. McGraw Hill.
Pérez, N., Navarro, I. e Cantero, M.P. (2011). Psicología del desarrollo humano: del nacimiento a la vejez. Club Universitario.
Rice, F. P. (2000). Adolescencia. Desarrollo, relaciones y cultura. Prentice Hall.
Rodrigo, M. J. e Palacios (Coords.). (2000). Familia y desarrollo humano. Alianza Editorial.
Santrock, J. (2006). Psicología del desarrollo: el ciclo vital. McGraw Hill
Shaffer, D. (2000). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Thomson.
Sierra, P. e Brioso, A. (2006). Psicología del desarrollo. Sanz y Torres, SL.
Triadó, C. e Villar, F. (Coords.). (2006). Psicología de la vejez. Alianza Editorial.
No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como as teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combinará a docencia expositiva, interactiva e titoría en grupo reducido co traballo do alumnado fóra da aula, promovendo a aprendizaxe autónoma e significativa.
Preténdese que o alumnado participe activamente na construcción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
ESCENARIO 1
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 1
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua, sendo esta o 100% do formato de avaliación nas dúas oportunidades.
Dita avaliación contínua realizarase a través da participación e a realización de traballos: (a) a lectura de textos e realización de exercicios sobre os textos (50%), (b) presentación grupal dun tema presentado na titoría de grupos reducidos (20%), (c) participación activa na realización de exercicios participativos de análise de videos e/ou casos a través de outros medios (30%).
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (rocio.gomez [at] euts.es (rocio[dot]gomez[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, deberá realizar as tarefas por dispensa de asistencia que serán comunicadas ao alumnado en persoa, e por correo electrónico unha vez se poñan en contacto coa profesora da materia (nun prazo non superior á 10 días desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión).
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A materia ten un total de 51 horas de clase presenciais distribuídas en clases expositivas co grupo clase, actividades interactivas, guía de orientación do traballo e titorías e probas de avaliación (exame). Estímase que o alumno deberá realizar unhas 99 horas de traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 50 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de material, busca de información e análise de documentos; 15 na elaboración de exercicios, outras 15 deberán dedicarse á lectura de textos e contidos recomendados; as 19 restantes son para a elaboración de traballos, visualización de material, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos, etc.
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudos, non se indican requisitos previos para a superación da mesma, non obstante, é recomendable ter cursada a materia Fundamentos de Psicoloxía e que o alumnado estableza relacións cos contidos propios de ambas materias.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, e revisar periódicamente a web da materia onde se subirán contidos recentes (novas ou artigos recentes).
“PLAN DE CONTINXENCIA”
> Metodoloxía de ensino
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto empregarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC.
A docencia será impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízarase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams.
Para as actividades en remoto empregarase MS Teams, Forms e as ferramentas que pon a disposición a aula virtual da USC.
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
> Sistemas de Avaliación
ESCENARIOS 2 e 3
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua, sendo esta o 100% do formato de avaliación nas dúas oportunidades.
Dita avaliación contínua realizarase a través da participación e a realización de traballos: (a) a lectura de textos e realización de exercicios sobre os textos (50%), (b) presentación grupal dun tema presentado na titoría de grupos reducidos (20%), (c) participación activa na realización de exercicios participativos de análise de videos e/ou casos a través de outros medios (30%).
María Del Rocío Gómez Juncal
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19.01.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.06.2022 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |