Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ser capaz de analizar a natureza das relacións entre profesionais e usuarios, e as potencialidades e dificultades que as marcan, tendo en conta os aspectos relativos ao xénero e a diversidade cultural.
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con individuos e familias para promover cambios e desenvolver as súas capacidades e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer os modos de intervir con persoas e familias para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, e para promover a participación dos usuarios nos procesos e servizos de Traballo Social.
- Coñecer os modos de implicar aos usuarios nos servizos de Traballo Social para incrementar os seus recursos, a súa capacidade e o seu poder para influír nos factores que afectan as súas vidas.
- Ser capaz de desenvolver os principais métodos de apoio individual e familiar.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte ás necesidades.
- Ser capaz de aplicar as estratexias de resolución de conflitos por medio da negociación e a mediación.
- Ser capaz de defender ás persoas e familias e actuar no seu nome se a situación o require.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os resultados.
TEMA I: O individuo e a familia como unidade de intervención en Traballo Social.
TEMA II: A perspectiva ecosistémica de intervención. A perspectiva estrutural e evolutiva da familia. A familia como sistema de relación.
TEMA III: Recollida de información e análise do sistema individual-familiar. As técnicas e a análise operativa da familia. A avaliación familiar.
TEMA IV: A relación de axuda e o proceso de cambio. A entrevista: As técnicas. Instrumentos e competencias de intervención individual-familiar. A visita ao fogar.
TEMA V: Sistemas e contextos de intervención: institución, cliente e traballador/a social.
TEMA VI: A familia en situación de dificultade sociofamiliar. A familia multiproblemática. A vulnerabilidade e a situación de risco e/ou exclusión social.
Bibliografía básica
Bermudez, C. e Brik, E. (2010). Terapia familiar sistémica. Aspectos teóricos y aplicación práctica. Sintesis.
Campanini, A. (2012). La intervención sistémica. Un modelo operativo para el servicio social . Miño y Dávila.
Ceberio, M. R. (2018). El genograma. Un viaje por las interacciones y juegos familiares. Morata S.L.
Cruz, B., Bembibre, J. e Barranco, J. (Coords.) (2015). Herramientas para la reflexión de la práctica de la intervención social. El genio maligno.
Fernández i Barrera, J. (Coord.) (2016). La intervención con familias desde el trabajo social. Grupo 5.
Fernández Barutell, L. (2013). Intervención con familias y atención a menores en riesgo social. Mc. Graw Hill.
Fernández, T. e Ponce de León, L. (2012). Trabajo social individualizado. Metodología de intervención. Ediciones Académicas.
Fernández, T. e Ponce de León, L. (2019). Trabajo social con familias. Alianza editorial.
Fernández, T. e Ponce de León, L. (2019a). Trabajo social individualizado: metodología de intervención. ediciones académicas.
Fonbuena, J. (2012). El trabajo social y sus instrumentos. Elementos para una interpretación a piacere. Nau llibres.
García González, A. J. (Coord.) (2016). Competencias sociales en las relaciones interpersonales y grupales. Pirámide.
Goldrik, M. e Gerson, R. (1987). Genogramas en la evaluación familiar. Gedisa.
Gómez Gómez, F. (2010). Intervención social con familias. McGraw-Hill.
Guinot, C. e Ferran, A. (Eds.) (2017). Trabajo Social: arte para generar vínculos . Universidad de Deusto.
Hidalgo, A. (2011). Trabajo social con familias. Reflexiones y sugerencias. Gesbiblo.
Ituarte, A. (Coord.) (2017). Prácticas del Trabajo Social Clínico. Nau Llibres
Jurado, T. (Ed.) (2012). Cambios familiares y trabajo social. Ediciones académicas.
Martín-Sacristán, J. M., Garrido, M. e Rodríguez, L. (2012). Salud Familiar. Fundamentos, evaluación y aplicaciones para el trabajo con familias en riesgo psicosocial. CCS
Martínez González, M. C., Álvarez González, B. e Fernández Suárez, A.P. (2015). Orientación familiar. Contextos, evaluación e intervención . Sanz y Torres.
Minuchin, P., Colapinto, J. e Minuchin, S. (2000). Pobreza, Institución, Familia. Buenos Aires: Amorrortu editores
Núñez Bustos, M. (2012). Intervención Familiar. Grupo 5.
Ramos, R. (2015). Terapia narrativa con familias multiproblemáticas. Morata.
Rossell, T. e Rodríguez, P. (2017). La entrevista en el trabajo social. Herder.
Segado, S. (2011). Nuevas tendencias en Trabajo Social con Familias. Una propuesta para la práctica desde el empowerment. Trotta.
Bibliografía complementaria
Arranz, E. e Oliva, A. (Coord.) (2010). Desarrollo psicológico de las nuevas estructuras familiares. Pirámide.
Blanco, A. e Rodríguez, J. (2007). Intervención psicosocial. Pearson Educación.
Coletti, M. e Linares, J. L. (Comp.) (1997). La intervención sistémica en los Servicios Sociales ante la familia multiproblemática: La experiencia de la ciutat Vella. Paidós.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento nese campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e cos colegas profesionais negociando o subministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal.
- Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
- Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o require.
- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza do mesmo.
- Desenvolver aptitudes para traballar de maneira eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira construtiva os posibles desacordos existentes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
ESCENARIO 1
A metodoloxía empregada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal do alumnado.
O alumnado a través do traballo individual ou colaborativo, desenvolverá actividades de participación activa: discusión, reflexión e análise de casos ou supostos prácticos, de documentos ou textos bibliográficos, de aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc. A profesora da materia, orientará e realizará o seguimento do alumnado no desenvolvemento das mesmas.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia expositiva e interactiva é presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto, empregando MS Teams e de forma sincrónica.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación. Combínanse tarefas individuais con outras de traballo colaborativo.
ESCENARIO 1
A avaliación final da materia realízase mediante a avaliación continua (actividades do alumnado individuais e de traballo colaborativo) combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades, e terá carácter presencial.
A proba final ten un peso do 60% sobre a cualificación global, e o peso da avaliación continua é do 40%. A avaliación continua terase en conta sempre que os/as alumnos/as alcancen unha puntuación na proba final igual ou superior a 2,5 sobre 6.0.
Ponderación das actividades de avaliación contínua:
- Proba final: Máximo 6 puntos
- Traballo individual ou grupal do alumnado: Máximo 0.8 puntos
- Exercicios grupais colaborativos realizados nas clases interactivas: Máximo 3 puntos
- Actividades en grupo reducido: Máximo 0.2 puntos
Na Guía Docente da materia, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios determinados pola profesora. O alumnado que teña confirmada a xustificación da falta de asistencia, poñeráse en contacto coa profesora para proceder á realización da tarefa compensatoria puntuable. Unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, ao alumnado que lle conste xustificada/s, ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa a realizar.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, conservarase en cursos posteriores e se manterá a puntuación obtida, sempre que o/a alumno/a así o exprese e o comunique á profesora, a través do correo electrónico. Se hai cambios nas actividades, o/a alumno/a deberá realizalas se a profesora o considera oportuno para obter a puntuación correspondente. Doutra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual.
O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, realizará os exercicios e traballos propostos pola profesora (ver a web da materia), este/s traballos os entregará por escrito e procederá a súa defensa nunha titoría previamente acordada coa profesora.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 8 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
Traballo persoal do alumno/a (total 99 Horas)
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 Horas.
- Exercicios: 15 Horas.
- Lectura de textos: 10 Horas.
- Elaboración de traballos, visualización do material: 20 Horas.
- Outras tarefas propostas: Análise de familias no cine: 4 Horas.
A asistencia as clases expositivas é de especial importancia para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase que no desenvolvemento temporal da materia o/a alumno/a manteña un contacto periódico coa profesora para a clarificación de conceptos e a orientación bibliográfica axeitada para facilitarlle que poida afondar naquelas parcelas do seu interese.
Respecto á bibliografía recoméndase consultar a que se presenta na Guía da materia, dado que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
Recomendacións previas
Ter cursadas as asignaturas de Fundamentos do Traballo Social; Historia do Traballo Social; Ética e Traballo Social; e Habilidades Sociais e de Comunicación en Traballo Social.
“PLAN DE CONTINXENCIA”
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
A metodoloxía empregada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
O alumnado a través do traballo individual ou colaborativo, desenvolverá actividades de participación activa: discusión, reflexión e análise de casos ou supostos prácticos, de documentos ou textos bibliográficos, de aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc. A profesora da materia, orientará e realizará o seguimento do alumnado no desenvolvemento das mesmas.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
ESCENARIO 2
Combínase o desenvolvemento da docencia expositiva e interactiva, en remoto e presencial. As titorías en grupos reducidos realízanse en remoto.
Para as actividades en remoto emprégase MS Teams
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realizase a través da programación das entregas de traballos e as listaxes de participación. Combina tarefas individuais con outras de traballo colaborativo.
ESCENARIO 3
Toda a docencia desenvólvese en remoto, empregando MS Teams y MS Forms
A docencia é impartida de xeito sincrónico e asincrónico.
O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
ESCENARIO 2
A avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua (actividades do alumnado individuais e de traballo colaborativo) nas dúas portunidades.
Ponderación das actividades de avaliación continua:
- Exercicios individuais do alumnado: Máximo 6 puntos
- Traballo individual ou grupal do alumnado: Máximo 0.8 puntos.
- Exercicios grupais colaborativos: Máximo 3 puntos
- Actividades en grupo reducido: 0.2 puntos
ESCENARIO 3
A avaliación da asignatura realízase mediante a avaliación continua (actividades do alumnado individuais e de traballo colaborativo) nas dúas portunidades.
Ponderación das actividades de avaliación continua:
- Exercicios individuais do alumnado: Máximo 6 puntos
- Traballo individual ou grupal do alumnado: Máximo 0.8 puntos.
- Exercicios grupais colaborativos: Máximo 3 puntos
- Actividades en grupo reducido: 0.2 puntos
Na Guía da Materia, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
En ambos escenarios:
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios determinados pola profesora. O alumnado que teña confirmada a xustificación da falta de asistencia, poñeráse en contacto coa profesora para proceder á realización da tarefa compensatoria puntuable. Unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, ao alumnado que lle conste xustificada/s, ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa a realizar.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, conservarase en cursos posteriores e se manterá a puntuación obtida, sempre que o/a alumno/a así o exprese e o comunique á profesora, a través do correo electrónico. Se hai cambios nas actividades, o/a alumno/a deberá realizalas se a profesora o considera oportuno para obter a puntuación correspondente. Doutra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual.
O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, realizará os exercicios e traballos propuestos pola profesora (ver a web da materia), este/s traballos os entregará por escrito e procederá a súa defensa nunha titoría previamente acordada coa profesora.
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 8 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Lourdes Besada Agra
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
11.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
22.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |