Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender as relacións entre a situación social das persoas e o sistema de xénero, e adquirir os valores que promoven os principios de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
-Ser capaz de identificar e avaliar as situacións e circunstancias que representan un risco e elaborar estratexias para promover cambios que eviten calquera perigo.
-Ser capaz de traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as necesidades derivadas das situacións de malos tratos.
-Coñecer e comprender as medidas de protección e integración da vítima e os seus mecanismos de defensa, así como o marco xurídico de referencia.
-Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial dende a perspectiva de xénero.
-Ser capaz de apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades.
-Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social.
Bloque I: Feminismos e categorías analíticas
Tema 1. Xenealoxía dos feminismos: bases para a análise desde o marco interpretativo feminista en traballo social.
Tema 2. Conceptos clave para o traballo social feminista: perspectiva de xénero e outras categorías para a análise.
Bloque II: Igualdade de oportunidades
Tema 3. Políticas para a igualdade de oportunidades: conceptos básicos.
Bloque III: Violencia contras as mulleres: prevención e intervención social.
Tema 4. Violencia contra as mulleres: conceptualización, marco xurídico e situación actual
Tema 5. Sensibilización, prevención e intervención social en violencia de xénero
Bloque IV: Diversidade afectivo-sexual dende o traballo social: a articulación entre diferentes tipos de desigualdades
Tema 6. Diversidade afectivo-sexual: intervención coas persoas LGTB e coa comunidade.
BÁSICA
- APRAMP. (2020). Guía de intervención con víctimas de trata para ayuntamientos y trabajadores/as sociales. https://apramp.org/download/guia-de-intervencion-con-victimas-de-trata-…
- Castro, O. e Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Xerais.
- Dominelli, L. e McLeod, E. (1999). Trabajo Social Feminista. Cátedra.
- Fernández Zurbarán, P. (2018). Guía para profesionales ante chicas adolescentes que sufren violencia de género: saber, mirar, saber acoger, saber acompañar. Instituto Andaluz de la Mujer.
-Ley 4/2023, de 28 de febrero, para la igualdad real y afectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI (2023). BOE , 51, de 1 de marzo de 2023. https://www.boe.es/eli/es/l/2023/02/28/4/dof/spa/pdf
- Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género (2004). Boletín Oficial del Estado, 313, de 29 de diciembre. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2004-21760
- Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres. (2007). Boletín Oficial del Estado, 71, de 23 de marzo. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2007-6115
- Ley 11/2007, de 27 de julio, gallega para la prevención y el tratamiento integral de la violencia de género. (2007). Boletín Oficial del Estado, 152, de 7 de agosto. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2007-16611
- Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. (2014). Diario Oficial de Galicia, 79, de 25 de abril.
Ley Orgánica 10/2022, de 6 de septiembre, de garantía integral de la libertad sexual. Boletín Oficial del Estado, 214, 9 de junio.
- Observatorio Galego da Violencia de Xénero. (2018). Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte a violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia. http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/protoco…
-Organización de los Estados Americanos [OEA] y Comisión Interamericana de Mujeres [CIM]. (2016). Enfoque de Derechos y de Igualdad de Género en Políticas, Programas y Proyectos. Portal Educativo de las Américas. http://www.oas.org/es/CIM/docs/ConvocatoriaII-CursoGeneroOEA.pdf.
- Moser, C. (1993). Planificación de Género y desarrollo: Teoría, Práctica y Capacitación.Red entre mujeres.Flora Tristán ediciones.
-Naciones Unidas. (2013). Objetivos de Desarrollo Sostenible. https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/objetivos-de-desarrollo-so….
-Secretaría Xeral de Igualdade. (2007). Guía de actuación ante a violencia de xénero para as = os profesionais dos servizos sociais. Xunta de Galicia.
- Varela, N. (2019). Feminismo para principiantes. Penguin Random House.
- Valero, D. (2019). LGTB para principiantes: 100 preguntas y respuestas para saberlo todo sobre el colectivo. Mueve Tu Lengua.
-World Economic Forum. (2019). Global Gender Gap Report 2020. World Economic Forum. https://reliefweb.int/sites/reliefweb.int/files/resources/WEF_GGGR_2020….
COMPLEMENTARIA
- Amorós, C. (Ed.). (2000). Feminismos y filosofía. Síntesis.
- Barea, C. (2004). Manual para mujeres maltratadas que quieren dejar de serlo. Océano.
No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta asignatura son as seguintes:
Competencias xerais:
- Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, indluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber respostar a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o estudantado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao estudiantado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o estudantado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do estudantado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A través das titorías individuais asesórase ao estudantado para o desenvolvemento das actividades propostas e, ademais, é un espazo de encontro no que se poden clarificar dúbidas, facer achegas, entre outros aspectos.
Preténdese que o estudiantado, individual e colectivamente, participe de forma activa na construción de coñecementos. Para iso levaranse a cabo metodoloxías participativas. Estas descríbense como un proceso vivo, dinámico, que se desenvolve en interacción, para xerar reflexión compartida sobre o que se fai, se busca, aspira e desexa desde unha visión colectiva. Implican intercambio e relación integral entre a práctica e a teoría.
Implican un esforzo permanente e sistemático de análise, estudo, reflexión da realidade, dos proxectos e prácticas de intervención que se levan a cabo. Por tanto, implican recoller feitos, situacións, contidos, conceptos, valores, traballar coas emocións; así como coa realidade nos seus diversos aspectos, e/ou interpretacións. Para iso, levaranse a cabo actividades participativas (visuais, auditivas, corporais, vivenciais, de descubrimento individual e colectivo), vinculas ao contexto, a casos, experiencias, aplicando técnicas, destrezas, habilidades, entre outras. Ademais, combinarase o anterior co uso e análise de material audiovisual e bibliográfico.
Poderán producirse cambios na metodoloxía da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o estudantado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
A avaliación da materia realízase mediante:
1. Avaliación continua: ponderación máxima de 40% (4 puntos)
2. Exames e/o probas escritas: 60% (6 puntos)
É necesario aprobar os exames e/o probas escritas para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
A avaliación final terá en conta o desenvolvemento de actividades do estudantado, individual ou grupalmente.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar durante 1 curso académico. Para iso, o/a estudante debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (diana [at] euts.es (diana[at]euts[dot]es)).
Referente ao sistema de control de asistencia será o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e master da USC (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de novembro de 2024).
Unha vez confirmada a ausencia de asistencia, o estudantado deberá contactar coa profesora para a asignación da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para iso, unha vez publicado o informe no que conste a xustificación da(s) ausencia(s), o estudantado dispón dun prazo de 5 días hábiles para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente (diana [at] euts.es (diana[at]euts[dot]es)).
DISPENSA DE ASISTENCIA
Os/as estudantes que teña concedida dispénsaa de asistencia seguirá un sistema de avaliación alternativo. Unha vez obtida a resolución na que se aproba dispénsaa de asistencia o ou a estudante deberá poñerse en contacto con coordinadora da materia (diana [at] euts.es (diana[at]euts[dot]es)) nun prazo non superior aos 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece a concesión.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Outras tarefas propostas: 4 horas
Total: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o estudantado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Diana Morela Escobar Arias
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- dianamorela.escobar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
15.12.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
26.05.2026 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |