Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar os fundamentos da análise demográfica, atendendo á evolución e distribución espacial da poboación, á mobilidade (natural e migratoria), á proxección e á estrutura.
Lección 1.- O estudo da poboación. Teorías, políticas e fontes.
Lección 2.- Mobilidade da poboación: natural e migratoria.
Lección 3.- Estructura da poboación.
Lección 4.- A distribución espacial da poboación e do poboamento.
Lección 5.- Proxeccións da poboación.
Organizarase unha saída de campo si os recursos dispoñibles o permiten e sempre no marco das Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura curso 2020-2021.
MANUAL DA MATERIA:
Vegara, A, & D'Entremont, A. Introducción al análisis demográfico. Un enfoque para urbanistas. Madrid. Centro de Esudios Urbanos.
Bibliografía:
ABELLÁN, A. et al.: La población del mundo. Madrid, Ed. Síntesis.
REQUES VELASCO, P.: Geodemografía. Santander, Universidad de Cantabria
RUBIO BENITO, Mª T.: Estado actual de la población. Teoría y práctica. Madrid, UNED
THUMERELLE, P.J.: Las poblaciones del mundo. Madrid, Ed. Cátedra.
DAVID, O.: La population mondiale: répartition, dynamique et mobilité. Paris, Armand Colin.
ENTREMONT, A. d': Diez temas de demografía. Madrid, Ed. Internacionales Universitarias.
GUILLON, M. e SZTOKMAN, N.: Géographie mondiale de la population. Paris, Ellipses.
HORNBY, W.F. & JONES, M.: An introduction to population geography. Cambridge, University Press
NOIN, D.: Géographie de la population. Paris, Masson.
PISON, G.: La démographie mondiale. Paris, Rue des écoles
PUYOL, R. et al.: Los grandes problemas actuales de la población. Madrid, Ed. Síntesis.
WOODS, R.: Population analysis in Geography. London, Longman.
Na aula facilitarase bibliografía específica para cada tema
O obxectivo principal é que o alumno obteña o coñecemento dos conceptos da materia, das fontes de información e que aprenda a realizar e a empregar diferentes índices e taxas, que lle permitan afianzar os coñecementos teóricos e que poida aplicalos con posterioridade.
A parte teórica desenvólvese a partir de tres temas nos cales se traballarán os coñecementos conceptuais básicos; e a parte práctica, a partir da experiencia de innovación docente universitaria XEOPLANNING, que promove a capacidade de innovación e a creatividade entre o/a alumno/a. Máis información ver:
http://www.usc.es/estaticos/xornal-historico/investigacionef64.html?p=5…
Empréganse e foméntanse as Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información, a utilización de Internet e de software básico. Ademais de recursos documentais bibliográficos, fotográficos e cartográficos que facilitará o profesor.
A Titoría personalizada será presencial en horario oficial no despacho do profesor e non presencial a través de correo electrónico carlos.ferr%C3%A1s [at] usc.es (carlos.ferrás[at]usc[dot]es) ou videoconferencia previa solicitude.
Empregaranse técnicas de ensinanza semipresencial a través da Aula Virtual da USC e a videoconferencia.
Estará adaptada a cada un dos escenarios sinalados nas Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, etc.).
Potenciarase a innovación, creatividade e as habilidades informacionais a través de Internet.
Empregarase a Aula Virtual para docencia síncrona e asíncrona.
Pontenciarase a aprendizaxe autónoma e colaborativa do alumnado.
Programarese un calendario de entregas de informes e traballos.
Habilitarase un sistema de avaliación continua a partir dun Programa de Avaliación (PEC). Consistirá na elaboración de traballo obrigatorio tutorizado que serán entregados según un calendario prefixado. A superación deste programa permitirá obter os créditos da materia coa calificación conseguinte.
A avaliación dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo. Basearase na programación dun calendario de entrega de informes e traballos a través da Aula Virtual.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que entregar todos os informes e traballos programados de acordo coas indicacións do profesor.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asignatura consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Asistencia a clase con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.
A programación está adaptada nos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 do “Plan de Continxencia” das Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura curso 2020-2021.
Carlos Ferras Sexto
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812704
- Correo electrónico
- carlos.ferras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04 de Informática |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
27.05.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
12.07.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |