Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Xeografía Rexional do Mundo I ten como obxectivo a explicación e a comprensión do mundo na actualidade, facendo especial fincapé nos procesos territoriais asociados á globalización. As transformacións no tempo da organización do espazo xeográfico obrigan a concibilo como un sistema no que a relación entre o medio físico e humano é produto da existencia de densas redes de fluxos, uns tanxibles e outros intanxibles, que están a xerar de continuo novas territorialidades e novos marcos de relación entre os lugares e as persoas. Neste contexto de cambios e necesario proporcionar unha visión global dos procesos económicos e socias que explican a organización espacial e establecer os principais factores de articulación e diferenciación rexional.
Tema 1. A construción histórica da imaxe do mundo: mitos e realidades.
Tema 2. En qué mundo vivimos: da sociedade industrial é sociedade dos riscos.
Tema 3. Globalización e novas realidades no mundo: os grandes actores do sistema internacional.
Tema 4. As Organizacións internacionais de alcance universal.
Tema 5. Integración e cooperación rexional no mundo: teoría e modalidades.
Tema 6. Da xeopolítica á xeoeconomía: un mundo rexionalizado.
Tema 7. Novos espazos e novos problemas globais: os desafíos do Mundo actual.
ABELLÁN, A. Y OTROS: La población del mundo. Madrid, Editorial Síntesis, 1998.
ALONSO, J. A. (Director): Diez lecciones de economía mundial. Madrid, Civitas, 2000.
AMIN, S.: El cuarto Mundo: subdesarrollo endémico en África. En Andre Gunder Frank, Economistas de izquierdas y otros, El nuevo rostro del capitalismo, Barcelona, Hacer Editorial, 2005.
AZCÁRATE LUXÁN, B.; AZCÁRATE LUXÁN, Mª V.; SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J.: Grandes espacios geográficos: el mundo desarrollado. Madrid, UNED, 2008
AZCÁRATE LUXÁN, B.; AZCÁRATE LUXÁN, Mª V.; SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J.: Grandes espacios geográficos: subdesarrollo y países emergentes. Madrid, UNED, 2009.
BECK, U.: La sociedad del riesgo. Hacia una nueva modernidad. Barcelona, Paidós, 1998.
BRUNET, R. (dir): Géographie Universelle. Paris, Belin-GIP Reclus, 1990-1996 (10 vols.)
HOBBS, J.J. (2009): World Regional Geography. Belmont, Brooks/Cole.
LUTTWAK, E.: Turbocapitalismo. Quiénes ganan y quiénes pierden en la globalización. Barcelona, Crítica, 2000.
MÉNDEZ, R.: El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia, Tirant Lo Blanc, 2011.
MÉNDEZ, R. y MOLINERO, F.: Espacios y sociedades. Introducción a la geografía regional del mundo. Barcelona, Ariel, 2010 (MANUAL)
NIETO SOLÍS, J. A.: Organización económica internacional y globalización. Madrid, Siglo XXI, 2005.
NOGUÉ FONT, J. Y VICENTE RUFÍ, J.: Geopolítica, identidad y globalización. Barcelona, Ariel Geografía, 2001.
ROMERO, J.: Geografía humana: procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona, Ariel, 2007.
Xerais:
• Capacidade de organización e planificación
• Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección e presentación de toda clase de información.
• Coñecemento de outras culturas e costumes. Recoñecemento da riqueza da diversidade e a multiculturalidade.
• Capacitación para a aprendizaxe autónoma.
•Sensibilidade cara ás diferentes entornas sociais, culturais e medioambientais; prestando especial atención ás cuestións de xénero, do medioambiente, os valores da paz e a convivencia pacífica e a non discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, opinión e por razóns de discapacidade.
• Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.
Específicas:
• Coñecer, comprender e interpretar o territorio con apoio das diferentes fontes.
• Interpretar o medio físico coa esfera social e humana.
• Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
• Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
• Comprender as relacións espaciais.
• Analizar e interpretar as paisaxes.
• Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais, ambientais e socioeconómicos e as súas relacións co ser humano.
• Coñecer os fundamentos da planificación territorial e saber interpretar un documento de Ordenación do Territorio.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da importancia de cada tema, combinando a docencia expositiva coas práticas de aula . A parte interactiva desenvolverase na aula, no campo e a través das actividades non presenciais. Estas actividades, individuais ou colectivas, consistirán na análise e comentario crítico dos materiais que se lles indiquen e na preparación dun tema para a súa exposición na aula. Ofértase unha práctica sobre algún tema de actualidade a elaborar, con titorización e seguimento, ao longo do cuadrimestre. A realización das prácticas de campo está condicionada ás posibilidades orzamentarias.
• Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará de xeito presencial na aula os conceptos teórico-prácticos dos contidos, a poiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá do material docente complementario na aula virtual.
• Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo na aula establecida no horario ou fora da Facultade cando exista algunha actividade que así o aconselle (conferencias, exposicións...)
• Titorías personalizadas: realizaranse de xeito persoal ou a través do correo electrónico ou a aula virtual, cando por razón xustificada non poda vir ás mesmas no horario establecido.
A avaliación da aprendizaxe comprende tanto o proceso como o resultado obtido. Proponse para elo unha avaliación continua formativa con proba final., que estimule ao alumnado a ser axente activo da súa propia formación.O rendemento do alumno/a na materia vai depender so seu esforzo persoal, do traballo sistemático e da súa capacidade.
A avaliación será continua e formativa, aplicándose do seguinte xeito:
1. Participación activa na aula e seminarios: 30%
2. Realización, defensa pública (segundo os casos) e entrega das actividades propostas: 50%. A entregar na aula virtual, salvo aquelas propostas e realizadas na aula ao longo do cuadrimestre.
3. Traballo con exposición pública 20%. A entregar na aula virtua ao remate do mesmo.
No caso de que algunha ou algún estudante non puidese cumprir cos requisitos anteriores, previa xustificación documentada das razóns que llelo impiden ou impediron, fixaráselle un procedemento singularizado a través do cal poderá cubrir os baleiros ocasionados no proceso por causas sobrevidas (non se inclúen aquelas causas susceptibles de dispensa). Cando así ocorra deberá comunicala tan pronto como lle sexa posible. O traballo a realizar deberá ser entregado na aula virtual no prazo que se establecerá ao efecto.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia á aulas (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará con unha proba final específica adecuada que suporá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas de traballo presencial do alumnado: 51 horas.
• Expositivas 32 horas.
• Interactivas 16 horas.
• Titorías persoais 3 horas.
Horas de estudo e traballo persoal: 103 horas.
• Estudo/traballo individual ou en grupo 60 horas.
• Procura de fontes e información, lecturas recomendadas, visualización de material gráfico 28 horas.
• Preparación de presentacións 8 horas.
• Outros 7 horas.
Traballo continuado ao longo do período de aulas. A asistencia e participación nas sesións expositivas e interactivas e fundamental para superar a materia.
Realización da totalidade de actividades que se propoñan para ser avaliado.
PLAN DE CONTINXENCIA. ESCENARIO II e III DE PECHE (Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021)
Obxectivos.
Mantéñense iguais que no escenario I de presencialidade.
Contidos:
Mantéñense os mesmos no escenario I de presencialidade.
Competencias:
Mantéñense iguais que no escenario I de presencialidade.
Bibliografía:
Mantense a mesma que no escenario I de presencialidade.
Metodoloxia:
• Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva explicarse de xeito mixto (presencial/videoconferencia polo carácter rotacional adoptado pola Xunta de Facultade) ou a través de videoconferencia (Teams ou similar), nos escenarios II e III respectivamente, os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, a maiores da bibliografía recomendada, o alumnado disporá do material docente complementario na aula virtual. O horario e frecuencia será a mesma que no caso do escenario I de presencialidade.
• Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo a través da aula virtual con sesión de videoconferencia no horario fixado polo Facultade, no caso de ser necesario (Teams ou similar).
• Titorías personalizadas: realizaranse a través do correo electrónico, teams ou aula virtual.
Sistema de avaliación.
A avaliación da aprendizaxe comprende tanto o proceso como o resultado obtido. Por iso proponse proponse unha avaliación continua formativa con proba final, que estimule ao alumnado a ser axente activo da súa propia formación.O rendemento do alumno/a na materia vai depender so seu esforzo persoal, do traballo sistemático e da súa capacidade.
A avaliación será continua e formativa, aplicándose do seguinte xeito:
1. Participación activa no desenvolvemento da docencia (semipresencial ou online): 30%
2. Realización e entrega das actividades propostas: 50%. A entregar ou realizar a través da aula virtual.
3. Traballo individual sen exposición pública: 20% (Escenarios II e III). A entregar na aula virtual.
No caso de que algún estudante non puidese cumprir cos requisitos anteriores, previa xustificación documentada das razóns que llelo impiden ou impediron, fixaráselle un procedemento singularizado a través do cal poderá cubrir os baleiros ocasionados no proceso por causas sobrevidas (non se inclúen aquelas causas susceptibles de dispensa). Cando así ocorra deberá comunicala tan pronto como lle sexa posible. O traballo a realizar deberá ser entregados na aula virtual no prazo que se establecerá ao efecto.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia á aulas (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cunha proba final específica adecuada que suporá o 100% da cualificación. A presencialidade da mesma dependerá da situación sanitaria na que nos atopemos nese momento.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Francisco Ramon Duran Villa
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812721
- Correo electrónico
- francisco.duran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
15.01.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
28.06.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |