Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer as características e técnicas de análise de fotogramas aéreos.
2. Coñecer os tipos, características e técnicas de análise de imaxes de satélite.
3. Capacitar aos estudantes para a utilización de ferramentas de interpretación, conceptuais e de procedementos.
4. Capacitar aos estudantes para a resolución de proxectos baseados en problemas cuxa resolución require da fotointerpretación e teledetección.
A memoria de título* contempla (dun xeito resumido) para esta materia os seguintes contidos:
• Bases físicas da Teledetección e da fotografía aérea.
• Fotografías aéreas; propiedades, características e criterios.
• Fotointerpretación dos elementos do medio físico.
• Fotointerpretación dos elementos do medio humano.
• Principios da Teledetección. Tipos de sensores.
• Transformacións e correccións das imaxes.
• Análise multiespectral.
• Clasificacións supervisadas e non supervisadas.
Estes contidos desenvolveranse ao longo do curso a través do seguinte programa de aulas expositivas:
• Tema 1. Principios básicos da fotointerpretación (3 h).
• Tema 2. Os proxectos SIOSE e Corine Land Cover. Modelo de datos e tipos de consultas (4 h).
• Tema 3. Principios básicos da teledetección (2 h).
• Tema 4. Conceptos físicos en teledetección e procedemento informático ( 10h).
• Tema 5. Casos aplicados (3 h).
Programa de aulas interactivas (práctico):
• Práctica 1. Comentarios de texto sobre a arte do mapeo (2 h).
• Práctica 2. Aplicación da fotointerpretación con Sistemas de Información Xeográfica (15 h).
• Práctica 3. Interpretación e clasificación de usos do territorio. Caso de estudo dirixido (20 h).
• Práctica 4. Interpretación e clasificación de usos do territorio. Caso de estudo propio do estudante (20 h).
• Práctica 5. Desenvolvemento práctico dun mapa dinámico mediante Google Earth Engine (6 h).
* Desenvolvemento da fotografía aérea. O espectro electromagnético. Interacción da luz coa materia. Cobertura e solape. Visión estereoscópica. Escala e resolución espacial. Desplazamento e abatimento. Criterios de fotointerpretación. Ortofotogramas. Xeoreferenciación dos fotogramas. Introdución á Teledetección. Bases físicas. Sinaturas espectrais. Efectos da atmosfera. Sensores e principais características. Correccións radiométricas e xeométricas. Clasificacións supervisadas e non supervisadas.
Bibliografía básica:
• Bhatta, B. (2009). Remote Sensing and GIS. Oxford, Oxford University Press.
• Chuvieco, E. (2008). Teledetección ambiental. La observación de la tierra desde el espacio. Madrid, Ariel.
• Fernández García, F. (2000). Introducción a la fotointerpretación. Ariel Geografía.
• García Rodríguez, M. P., Sanz Donaire, J. UJ., Pérez González, M. E., Navarro Madrid, A. (2012). Guía práctica de teledetección y fotointerpretación. Dpto. Análisis Geográfico Regional y Geografía Física. Universidad Complutense de Madrid.
• Longley, P. A., M. F. Goodchild, D. J. Maguire, D. W. Rhind (2015). Geographic Information Systems and Science. Jonh Wiley & Sons.
• Olaya, V. (2014). Sistemas de Información Geográfica. Tomo I, Tomo II.
• Pérez Navarro, A. (coord.), 2011. Introducción a los sistemas de información geográfica y geotelemática. Editorial UOC, Barcelona.
Bibliografía complementaria:
• Fisher, R., Hobgen, S., Mandaya, I., Riwu Kaho, N., Zulkarnain (2017). Satellite Image Analysis and Terrain Modelling. Charles Darwin University, Universitas Nusa Cendana dan Universitas Halu Oleo.
• Moreno Jiménez, A., Buzai, G., Fuenzalida Díaz, M. (Coords.), 2012. Sistemas de información geográfica : aplicaciones en diagnósticos territoriales y decisiones geoambientales. Ed. Ra-Ma, Madrid.
• Quirós Rosado, E. (2014). Introducción a la Fotogrametría y Cartografía aplicadas a la Ingeniería Civil. Universidad de Extremadura.
Transversais
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordear e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas
CE1 - Realizar análise integradas do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartograficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
Durante o desenvolvemento da materia farase uso das seguintes metodoloxías docentes:
• Leccións maxistrais participativas
• Prácticas en aula informática
A totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, así como as titorías, terán lugar de xeito presencial de acordo co horario oficial.
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
• Utilización del aula virtual (Moodle).
• Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos.
• Titorías individualizadas e colectivas.
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
Software utilizado: ArcGIS, QGIS, R, SAGA, SNAP, Google Earth Engine.
Existe a posibilidade de facer unha práctica de campo nas datas oficiais, fora ou na contorna da cidade de Santiago de Compostela. A asistencia á práctica de campo é obrigatoria (salvo xustificación).
Terase en conta a asistencia a clase cun mínimo do 80% de asistencia ás clases programadas no Horario, incluíndo a saída de campo, para poder superar a materia.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
• Exame escrito teórico práctico nas datas oficiais (30%).
• Prácticas das clases interactivas (70%).
Para superar a materia será necesario (i) ter entregadas todas as prácticas, (ii) ter acadado unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en prácticas e exame, e (iii) ter acado unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia. Na segunda convocatoria poderase concorrer soamente coa parte suspensa. No caso de repetir materia, non se conservan as partes previamente superadas, é dicir, é preciso concorrer con toda a materia.
Valórase moi favorablemente unha actitude positiva e activa ante a aprendizaxe, así como a participación nas aulas e saída de terreo.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia, mentres que na parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
A materia consta de 6 créditos que, de acordo as horas de docencia expositiva e interactiva da materia, están repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade academicamente dirixida non presencial na aula.
• Ter superada a materia obrigatoria Fundamentos de Sistema de Información Xeográfica (G3052110).
• Que os estudantes dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas na aula para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso. Todas estas aplicacións, non obstante, estarán tamén instaladas nas aulas de informática que o Centro pon a disposición do allumno.
• Levar un seguimento continuo de teoría e práctica.
Os seguintes parágrafos describen as adaptacións necesarias para os Escenarios 2 e 3, de acordo ao “Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC.
Plan de continxencia
A información contida nesta guía describe o funcionamento da materia no suposto de estar vixente o Escenario 1 (Normalidade adaptada sen restricións á presencialidade física). Os seguintes apartados describen as adaptacións necesarias para os Escenarios 2 e 3.
A) Metodoloxía docente
• No Escenario 2 (Distanciamento) a docencia expositiva e as titorías serán impartidas a través de videoconferencia (empregando a plataforma corporativa da USC baseada en MS Teams), mentres que a docencia interactiva terá lugar de modo presencial.
• No Escenario 3 (Peche das instalacións) toda a docencia (expositiva e interactiva) así como as titorías terán lugar a través de videoconferencia.
En calquera dos casos anteriores respectarase o horario oficial da materia (modo síncrono). Tamén en tódolos casos, as metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
• Utilización da aula virtual (Moodle).
• Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos.
• Titorías individualizadas e colectivas.
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
B) Sistema de avaliación
• No Escenario 2 (Distanciamento) o sistema de avaliación non varía respecto do descrito.
• No Escenario 3 (Peche das instalacións) a proba escrita realizarase a través do campus virtual da USC (Moodle).
Jesus Horacio Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- horacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ismael Yrigoy Cadena
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ismael.yrigoy [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 04 de Informática |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 04 de Informática |
14.01.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
14.01.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
23.06.2022 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |