Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral é consolidar as competencias básicas en SIX e desenvolver novas técnicas avanzadas no emprego de ferramentas SIX aplicadas á Xeografía Humana Rexional.
Os obxectivos específicos son:
- Reflexionar sobre a produción e gobernanza da cartografía no mundo actual
- Consolidar o coñecemento en bases da arquitectura dun SIX
- Desenvolver un nivel avanzado de representación e tratamento da información xeográfica
- Adquirir novas competencias en materia de cotexo, manipulación e análise de información xeográfica
- Aplicar as ferramentas SIX para a resolución de problemas no ámbito da Xeografía Humana Rexional
A materia desenvólvese a partir dos seguintes contidos:
- A gobernanza da cartografía no mundo actual
- Potencialidade dos SIX aplicados á Xeografía Humana Rexional
- Introdución ao código aberto no ámbito dos SIX
- Análises espaciais de variables socio-económicas
- Planificación urbana e catastro: evolución das cidades no pasado e lugares de intervención a futuro
- Análise de redes e de rutas no contexto da mobidade e os transportes
- Desenvolvemento de análises multicriterio na ordenación do territorio
- Aplicación de ferramentas SIX no traballo de campo
Bibliografía básica:
- Law, M. & Collins, A., 2015. Getting to Know ArcGIS Esri Press., (ISBN:978-1589483828)
- Moreno Himénez, A. (Coord.) (2005): Sistemas y Análisis de la Información Geográfica. Ra-Ma. Madrid.
- Olaya, V. (2013): Sistemas de Información Geográfica. http://volaya.es
- Santos Preciado, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. UNED. Madrid S
- Seinitz, C., 2012. A Framework for Geodesign: Changing Geography by Design E. Press, ed., (ISBN:978-1589483330)
- VVAA (2023): Manual de aprendizaje en QGIS. Dispoñible en liña en: https://docs.qgis.org/3.28/es/docs/training_manual/index.html
Bibliografía complementaria:
- Armstrong, L. et al. eds., 2014. Mapping and Modeling Weather and Climate with GIS, (ISBN: 978-1589483767)
- Borobio Sanchiz, M., 2009. Sistemas de Información Geográfica Infraestructura básica para la planificación y el desarrollo de los asentamientos. Cuardernos Internacionales de tecnología para el desarrollo humano, 08, pp.60–75. (URI http://hdl.handle.net/2099/7377 ISSN1885-8104)
- Bosque, J. (1997): Sistemas de Información Geográfica. Rialp, Madrid.
- Brewer , C. A., 2005. Designing better Maps, A Guide for Gis Users. Redlands (California ): ESRI Press. (ISBN: 978-1589484405)
- Carr, M.H. & Zwick, P.D., 2007. Smart Land-Use Analysis -The LUCIS Model Esri Press, ed., Retlands. California. USA. (ISBN: 9781589481749)
- Lakshmi Steinberg, S. & Steinberg, S.J., 2015. GIS Research Methods: Incorporating Spatial Perspectives, (ISBN: 978-1589483781)
- Harley, J.B. (2005): La nueva naturaleza de los mapas. Ensayos sobre la historia de la cartografía. Fondo de Cultura Económica. México
- Joly, F. (1988): La cartografía. Ariel, Barcelona.
- Mitchell, A. (2005): The ESRI Guide to GIS Analisys, Vol. 2: Spatial measurements and statistics. Redlands (CA)-USA.
- Ojeda, J. (2000): “Andalucía: el conocimiento del territorio andaluz”; en Mapping, nº 59. pp. 40-42.
- Santos Preciado, J.M. (2002): El tratamiento informático de la información geográfica. UNED. Madrid.
- Santos Preciado, J.M. y Cocero Matesanz, D. (2006): Los SIG raster en el campo medioambiental y territorial. Ejercicios prácticos con MiraMon e Idrisi. Cuaderno de Prácticas, UNED. Madrid
Outros recursos
-Fontes de datos oficiais:
- https://inspire.ec.europa.eu/
- https://www.idee.es/es
- https://www.ign.es/web/cbg-area-cartografia
- http://mapas.xunta.gal/portada
- https://www.ine.es/
- Plataformas
- http://www.arcgis.com/index.html
- https://carto.com/
- https://www.giscloud.com/
- https://www.mapbox.com/
- https://www.google.com/maps/about/mymaps/
- https://umap.openstreetmap.fr/es/
- http://qgiscloud.com/
Webs divulgativas:
- https://mappinggis.com/
- http://www.hec.usace.army.mil/software/hec-ras/
- https://resources.arcgis.com/es/communities/hydro/01vn00000010000000.htm
- https://www.ign.es/web/cbg-area-cartografia
Xerais e básicas:
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemológico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartográficamente
A docencia expositiva e interactiva desenvólvese de xeito presencial, existindo a posibilidade de realizar titorías tanto presencial como telematicamente. O desenvolvemento da materia apoiarase tamén no Campus Virtual como ámbito de traballo. O traballo técnico desenvolverase fundamentalmente mediante softwares de código aberto. Neste sentido, QGIS será a principal ferramenta de traballo da materia, podéndose complementar co entorno ESRI, así como aplicacións de análise estatística ou numérica. Realizarase un achegamento á análise territorial con programación mediante linguaxe R. De existir a posibilidade, realizarase unha saída de campo para practicar e/ou contrastar as aprendizaxes da materia.
Exercicios, supostos prácticos e participación: 60% da cualificación final. Os entregables consistirán, fundamentalmente, no depósito de exercicios semanais ou quincenais a través da aula virtual da USC.
Exame final: 40% da cualificación final. A nota mínima no examen final para superar a materia é un 4/10.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia ás aulas (seguindo a Instrución Nº1/2017 da Secretaría Xeral sobre dipensa de asistencia á clase en dterminadas circunstancias), avaliarase cunha proba teórico-práctica final de acorde coa súa situación, que suporá o 100% da cualificación.
Na Universidade de Santiago de Compostela un crédito ECTS equiparase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha materia: sesións expositivas, sesións interactivas, traballo autónomo do estudante, avaliación). Esta equivalencia está de acordo coa norma estatal (obrigatoria en toda España) que regula o crédito ECTS (Real Decreto 1125/2003 pdf), que permite un rango entre 25 e 30 horas.
Recoméndase ter superadas as materias previas do Módulo Técnico. Un nivel básico en SIX é preciso para seguir axeitadamente o desenvolvemento da materia. Tamén, recoméndase dispor dun dispositivo persoal (portátil ou equipo de mesa) para poder traballar na casa.
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Diego Cidras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Alejandro Otero Varela
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- alejandrootero.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Roberto Vila Lage
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- roberto.vila.lage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
04.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
04.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
10.07.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |