Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
•Coñecer a diversidade xeográfica de Europa.
•Comprender a interacción entre os elementos físicos e humanos presentes neste continente e os seus resultados.
•Coñecer e entender as transformacións sociodemográficas recentes e a súa incidencia na sociedade europea.
•Coñecer as bases socioeconómicas de Europa na súa diversidade.
•Coñecer a estrutura político-administrativa e rexional do continente.
•Coñecer a incidencia dos feitos históricos na conformación da paisaxe actual europeo.
•Entender a realidade da Unión Europa.
Contidos recollidos na memoria:
Estudo dos caracteres xerais físicos e humanos de Europa, dos seus conxuntos rexionais e das súas paisaxes naturais, rurais e urbanos. Articulación geoeconómica e geoestratégica do continente. Distribución da poboación, dinámica demográfica e fluxos migratorios. Sistema de cidades. As redes de transporte. Problemas ambientais.
Os contidos precedentes desenvolveranse nos seguintes temas:
BLOQUE 1: CARACTERIZACIÓN XEOGRÁFICA XERAL DE EUROPA.
Tema 1. As raíces de Europa.
Tema 2. O espazo europeo. Identidade e problemas de límites e fronteiras.
Tema 3: Factores ecoxeográficos e problemas ambientais.
Tema 4: A poboación de Europa: retos e oportunidades da crecente urbanización.
BLOQUE 2: UNIÓN EUROPEA
Tema 5. A Unión Europea. Proceso de formación e institucións.
Tema 6. As políticas da Unión Europea.
Tema 7. Dereitos humanos e cidadanía da Unión.
Tema 8. A acción exterior da Unión Europea.
BLOQUE 3. EUROPA NON COMUNITARIA
Tema 9. Estados europeos non comunitarios e estruturas transnacionais.
Azcárate Luxan, M. V. y SÁNCHEZ SÁNCHEZ, J. (2013): Geografía de Europa. Madrid: UNED.
Berentsen, W. H. (ed.) (1997): Contemporary Europe: A Geographical Analysis. New York: John Wiley & Sons. [Tradución ao español: Berentsen, W. H. (ed.) (1997): Europa contemporánea. Un análisis geográfico. Barcelona: Omega.]
Blouet, B. W. (2012): The EU and Neighbors. A Geography of Europe in the Modern World. Hoboken: John Wiley & Sons.
Lévy, J. (2011): Europe, une géographie. La fabrique d’un continent. Paris: Hachette.
López Palomeque, F. (coord.) (2000): Geografía de Europa. Barcelona: Ariel.
López Palomeque, F. y Plaza Gutiérrez, J. I. (coord.) (2019): Geografía de Europa. Estructuras, procesos y dinámicas territoriales. València: Tirant lo Blanch.
Murphy, A. B. et al. (2014): The European Culture Area. A Systematic Geography. Lanham/Plymouth: Rowman & Littlefield.
Pounds, N. J. G. (1990): An Historical Geography of Europe. Cambridge: Cambridge University Press. [Pounds, N. J. G. (2000): Geografía histórica de Europa. Barcelona: Crítica.]
Sellier, A. y Sellier, J. (2008): Atlas de los pueblos de Europa Occidental: Barcelona. Paidós.
Sellier, A. y Sellier, J. (2010): Atlas de los pueblos de Europa Central. Barcelona: Paidós
• https://europa.eu/european-union/index_es Web oficial de la Unión Europea.
• https://www.coe.int/es/web/compass/council-of-europe Consejo de Europa.
• http://portal.onegeology.org/OnegeologyGlobal/ Cartografía e información geológica de la superficie terrestre.
• http://www.globalbioclimatics.org/data/indexbsp.htm Sistema de Clasificación Bioclimática Mundial.
• https://www.eea.europa.eu/es. Agencia Europea de Medio Ambiente.
• https://ec.europa.eu/eurostat Oficina Europa de Estadística (Eurostat).
• http://www.exteriores.gob.es/portal/es/ministerio/paginas/inicio.aspx Ministerio de Asuntos Exteriores España
• https://www.gov.uk/ Governo Británico
BÁSICAS E XERAIS
CG1. Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía de Europa, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2. Coñecer, comprender e interpretar o territorio europeo na súa unidade e diversidade.
CG3. Relacionar o medio físico e ambiental coa esfera sociodemográfica.
CG4. Relacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais en Europa
CG5. Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa manifestación e interpretación.
CG6. Analizar e interpretar as paisaxes naturais e culturais para xerar sensibilidade e interese polos problemas e retos ambientais e sociais en Europa.
CG7. Comprender a importancia do proceso de construción da UE e o seu papel de actor na globalización.
TRANSVERSAIS
CT3. Coñecer os principios da Ordenación do territorio en Europa.
CT4. Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais no espazo europeo.
CT7. Xestionar a complexidade
CT5. Relacionar e sintetizar información territorial dun modo transversal
CT8. Ordenar e sintetizar a información.
CT9- Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1. Realizar análises integradas do territorio.
CE2. Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE5. Elaborar e interpretar información estatística e expresar información cartograficamente. (Utilizar Sistemas de Información Xeográfica).
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible en función da importancia de cada tema, combinando a docencia expositiva coas prácticas de aula. A parte interactiva desenvolverase na aula, no campo e a por medio de actividades non presenciais. Estas actividades, individuais ou colectivas, consistirán na análise e comentario crítico dos materiais que se lles indiquen e na preparación dun tema para a súa exposición na aula. Ofertarase unha práctica sobre un tema de actualidade a elaborar, con titorización e seguimento, ao longo do cuadrimestre. A realización das prácticas de campo está condicionada ás posibilidades orzamentarias.
Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, o profesorado explicará de maneira presencial na aula os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario na aula virtual.
Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo na aula establecida no horario ou fora da Facultade. Cando exista algunha actividade que así o aconselle (conferencias, exposicións...), convidarase á súa asistencia, compensando o tempo empregado niso.
Titorías personalizadas: realizaranse de maneira persoal ou a través do correo electrónico ou a aula virtual, cando por razón xustificada non poida vir ás mesmas no horario establecida.
Se se dan as condicións, realizarase unha saída de campo onde se poñan en práctica os contidos acadados na aula.
A avaliación da aprendizaxe comprende tanto o proceso como o resultado obtido. Propóñense para o es unha avaliación continua formativa con proba final, que estimule ao alumnado para ser axente activo da súa propia formación. O rendemento do alumno/a na materia vai depender so seu esforzo persoal, do traballo sistemático e da súa capacidade.
A avaliación será continua e formativa, aplicándose da seguinte maneira:
1. Realización, defensa pública e entrega das actividades propostas: 20%. A entregar na aula virtual.
2. Traballo sen exposición pública 10%. A entregar na aula virtual ao finalizar o mesmo.
3. Proba Final: 60%. Engadiránse 0,5 puntos á proba, ao alumnado que realice o curso de formación de competencias da información organizado pola Biblioteca, se o realiza por primeira vez.
4. Participación na aula e seminarios: 10%
No caso de que algunha ou algún estudante non puidese cumprir cos requisitos anteriores, previa xustificación documentada das razóns que llo impiden ou impediron, fixaráselle un procedemento singularizado a través do cal poderá cubrir os baleiros ocasionados no proceso por causas sobrevindas (non se inclúen aquelas causas susceptibles de dispensa). Cando así ocorra deberá comunicala tan pronto como lle sexa posible. O traballo práctico realizado deberá ser entregado na aula virtual (non se recollerán os que se entreguen por outra vía, salvo autorización expresa) no prazo que se establecerá para o efecto.
Naqueles casos nos que o alumnado non alcance o aprobado, realizarase un exame teórico da materia programada na data oficial extraordinaria establecida polo Centro. Ao finalizar o exame abrirase unha tarefa na aula virtual para que entregue todas as prácticas realizadas durante o curso, por iso terá que traelas nun soporte de almacenamento que lle permita achegalas presencialmente.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia ás aulas (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsaa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cunha proba teórico-práctica final de acorde coa súa situación, que supoñerá o 100% da cualificación.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Horas de traballo presencial do alumnado: 51 horas.
Expositivas 32 horas.
Interactivas 16 horas.
Titorías persoais 3 horas.
Horas e estudo e traballo persoal: 103 horas.
Estudo/traballo individual ou en grupo 60 horas.
Procura de fontes e información, lecturas recomendadas, visualización de material gráfico 28 horas.
Preparación de presentacións 8 horas.
Outras 7 horas.
Traballo continuado ao longo do período de aulas. A asistencia e participación activa nas sesións expositivas e interactivas é fundamental para superar a materia.
Realización da totalidade de actividades que se propoñan para ser avaliado.
Francisco Ramon Duran Villa
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812721
- Correo electrónico
- francisco.duran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
19.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
27.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |