Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer as características e técnicas de análise de fotogramas aéreos.
2. Coñecer os tipos, características e técnicas de análise de imaxes de satélite.
3. Adquirir as competencias necesarias no manexo do software específico.
1. Bases físicas da Teledetección e da fotografía aérea.
2. Fotografías aéreas; propiedades, características e criterios.
3. Fotointerpretación dos elementos do medio físico
4. Fotointerpretación dos elementos do medio humano
5. Principios da Teledetección. Tipos de sensores
6. Transformacións e correccións das imaxes
7. Análise multiespectral
8. Clasificacións supervisadas e non supervsadas
Bibliografía básica:
BHATTA, B. (2009). Remote Sensing and Gis. Oxford, Oxford University Press.
CHUVIECO, E. (2002). Teledetección ambiental. La observación de la tierra desde el espacio. Madrid, Ariel.
FERNANDEZ GARCÍA, F. (2000). Introducción a la fotointerpretación. Ariel Geografía.
Bibliografía específica:
Consultar aos docentes.
A. Competencias específicas:
CE-1 Capacidade para extraer información dos fotogramas aéreos e imaxes de satélite
CE-2 Manexo de software específico
CE-3 Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CE-4 Ordenar e sintetizar información
B. Competencias transversais:
CT-1 Aprendizaxe autónomo
CT-2 Capacidade de xestión da información
CT-3 Actitude sistemática de coidado e precisión no traballo
Dado o carácter técnico da materia, a docencia baséase no manexo de fotogramas aéreos, en soporte analóxico e dixital, polo que se centrará en gran parte no manexo de software específico.
No referente á Teledetección, a docencia basearase esencialmente no manexo de software para o tratamento e análise de imaxes de satélite
Software utilizado: ArcGIS, QuantumGis e SAGA
Ábrese a opción de facer unha práctica de campo nas datas oficiais fora ou na contorna da cidade de Santiago de Compostela.
A asistencia ás prácticas de campo é obrigatoria salvo xustificación.
Terase en conta a asistencia a clase cun mínimo do 80 % de asistencia ás clases programadas no Horario, inclíndo a saída de campo, para poder superar a materia
Os criterios de avaliación son os seguintes:
- Exame escrito teórico práctico nas datas oficiais (30%)
- Prácticas das clases interactivas (70%)
Para superar a materia será necesario ter entregadas todas as prácticas, e aprobar as dúas partes (prácticas e exame)
Na convocatoria de xullo poderase concorrer soamente coa parte suspensa
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
O alumno debe ter e mostrar actitudes positivas e activas ante a aprendizaxe, e debe conseguir as aptitudes e competencias da materia.
De acordo coa crise sanitaria do COVID-19, no plan de continxencia proposto contémplase que en caso de aplicarse o escenario 2 (Distanciamento), a docencia expositiva e as titorías terán lugar mediante videoconferencia e a totalidade da avaliación terá lugar a través do campus virtual. No caso de aplicar o escenario 3 (peche das instalacións), a totalidade da docencia realizarase mediante videoconferencia.
A materia consta de 6 créditos repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade academicamente dirixida non presencial na aula. O alumno deberá dedicar a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento axeitado da materia
Seguimento continuo de teoría e práctica.
Plan de Continxencia:
De acordo coa crise sanitaria do COVID-19, no plan de continxencia proposto contémplase que en caso de aplicarse o escenario 2 (Distanciamento), a docencia expositiva e as titorías terán lugar mediante videoconferencia e a totalidade da avaliación terá lugar a través do campus virtual. No caso de aplicar o escenario 3 (peche das instalacións), a totalidade da docencia realizarase mediante videoconferencia.
Maria Jose Piñeira Mantiñan
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- mariajose.pineira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Horacio Garcia Garcia
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- horacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ismael Yrigoy Cadena
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ismael.yrigoy [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04 de Informática |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 04 de Informática |
20.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
25.06.2021 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |