Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O-1 Coñecer a estrutura diacrónica xeral da Historia contemporánea, aínda que con énfase no continente europeo.
O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos: políticos, económicos, sociais e culturais
O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos segundo os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construción.
O-5 Saber analizar o presente de xeito crítico a través da súa perspectiva histórica. As características da sociedade actual teñen raíces no pasado recente; o sistema económico dominante (capitalista) configurouse na súa forma actual ó longo dos séculos XIX e XX; as doutrinas e cosmovisións políticas fundamentais proceden do século XIX (socialismo, liberalismo, nacionalismo…).
1. A fin do Antigo Réxime: sociedade, política e economía
2. Revolucións atlántico-occidentais e o Imperio napoleónico (1775-1814/15)
3. Revolución industrial e civilización burguesa. A consolidación do capitalismo e movemento obreiro.
4. Restauración e Revolución liberal (1814/15-1848)
5. Movementos nacionalistas: unificacións de Italia e Alemaña
6. Relacións internacionais e Imperialismo: a Paz armada (1871-1914)
7. Primeira Guerra mundial e Revolución rusa
8. O período de entreguerras: crise da democracia e irrupción dos fascismo
9. Segunda Guerra mundial
10. A Guerra Fría e a nova orde mundial.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
-ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M. (2005), Contemporánea: la historia desde 1776, Madrid, Alianza.
- HEFFER, J., SERMAN, W. (1989), De las revoluciones a los imperialismos, Madrid, Akal.
- MIRALLES, R., (1996), Equilibrio, hegemonía y reparto. Las relaciones internacionales entre 1870 y 1945, Madrid, Síntesis.
- PAREDES ALONSO, F.J. (ed., 2004), Historia Universal Contemporánea, Madrid, Ariel.
- VILLARES, R., BAHAMONDE, A. (2001), El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
-ZAMAGNI, V. (2001), Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Tema 1
-Palmer, P. P., (1989): The Age of Democratic Revolution: A political history of Europe and America: 1760-1800, Princeton University Press, Princeton [1.ª ed. 1959].
-Rudé, G. (1985, 5.ª ed.): Europa en el s. XVIII: La aristocracia y el desafío burgués, Alianza, Madrid.
Tema 2
-McPhee, P., (2003), La revolución francesa, una nueva historia, 1789-1799, Barcelona, Crítica.
-Todd, A. (2000), Las revoluciones, 1789-1917, Madrid, Alianza.
Tema 3
-Baldó i Lacomba, M. (1993), La revolución industrial, Madrid, Síntesis, 1993.
-Hobsbawm, E.J. (1989), La era del capitalismo, 1848-1875, Barcelona, Labor.
-Zamagni, V. (2001), Historia económica de la Europa contemporánea, Barcelona, Crítica.
Tema 4
-Cabeza Sánchez-Albornoz. (1988), Los movimientos revolucionarios de 1820, 1830 y 1848 en sus documentos, Barcelona, Ariel.
-Páez F. y Llorente, P. (1984), Los movimientos sociales (hasta 1914), Akal, Madrid.
-Rudé, G. (1982), Europa desde las guerras napoleónicas a la revolución de 1848, Madrid, Cátedra
Tema 5
-Hobsbawm, E.J. (1999), Naciones y nacionalismo desde 1789, Barcelona, Crítica.
-Núñez Seixas, X.M. (1999), Los movimientos nacionalistas en Europa, Madrid, Síntesis.
-Smith, A. (1999), Nacionalismo y modernidad, Madrid, Itsmo.
Tema 6
-Abendroth, W. (1983, 8ª ed.), Historia social del movimiento obrero europeo, Barcelona, Laia.
-Hobsbawm, E.J. (comp.), Historia del marxismo, Barcelona, Bruguera. 1979-1981.
-Piqueras Arenas, J.A. (1992), El movimiento obrero, Madrid, Anaya.
Tema 7
-Comellas, J.L. (2001), Los grandes imperios coloniales, Madrid: Rialp.
-Ferguson, N. (2003), El imperio británico: cómo Gran Bretaña forjó el mundo, Barcelona, Debate.
-Zorgbibe, Ch. (1997), Historia de las relaciones internacionales, Madrid: Alianza.
-Hobsbawm, E.J., Industria e Imperio, Barcelona, Ariel, 1988, 3ª ed.
Tema 8
-Carr, E.H. (1988), La revolución rusa, de Lenin a Stalin (1917-1929), Madrid, Alianza.
-Figes, O. (2000), Interpretar la revolución rusa: 1891-1924, la tragedia de un pueblo, Madrid, Biblioteca Nueva.
-Howard, M. (2004), La Primera Guerra Mundial, Barcelona, Crítica.
-Morrow, J.H. (2008), La Gran Guerra, Barcelona, Edhasa.
-Neiberg, M. (2006), La Gran Guerra: una historia global (1914-1918), Barcelona, Paidós.
Tema 9
-Cabrera, M. et al. (ed.) (1991), Europa en crisis, Madrid, Siglo XXI.
-Evans, R.J. (2007), El Tercer Reich en el poder (1933-1939), Barcelona, Península.
-Galbraith, J.K. (1989), El crac del 29, Barcelona, Ariel.
-Kindleberger, Ch.P. (1984), La crisis económica 1920-1939, Barcelona Crítica.
-Maier, Ch. (1991), La refundación de la Europa burguesa, Madrid, Ministerio de Trabajo y SS.
-Payne, S. (1995), Historia del fascismo, Barcelona, Planeta.
Tema 10
-Mazower, M., El imperio de Hitler. Ascenso y caída, Barcelona, Crítica, 2008
-Weinberg, G.L. Un mundo
Específicas
O/A alumno/a será capaz de:
CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo contemporáneo.
CE-3 Explicar en termos históricos a diversidade do mundo actual, atopando os trazos fundamentais do mundo contemporáneo como os movementos migratorios, a crise ecolóxica, a desigualdade económica, a coexistencia de diferentes culturas, etc.
CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó tránsito e ámbito da contemporaneidade.
Transversais
O/A alumno/a será capaz de:
CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xerarquizando e organizando de forma axeitada e crítica a información e os materiais dispoñibles.
CT-2 Aprendizaxe autónoma.
CT-3 Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva, tanto os acontecementos en si mesmos como a información dispoñible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
CT-5 Organizarse e traballar en equipo.
Co obxectivo de facilitar e racionalizar a impartición da sinatura utilizaranse as seguintes técnicas:
- Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula.
- Clases interactivas nas que as actividades serán prácticas (comentarios de texto e visionado de cine histórico/documentais) e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Práctica de Campo (en colaboración con docentes e alumno/as doutras materias do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio).
- Titorías personalizada
Co obxecto de que os materiais traballados nas aulas interactivas estean a disposición do/as alumno/as nos tempos predeterminados, terase acceso aos mesmos a través da aula virtual da materia (USC virtual).
Na seguinte táboa indícase a distribución das actividades:
TIPO DE DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA:
Aulas expositivas: 32
Aulas interactivas: 16
Titorías personalizadas: 2
(véxase apartado de observacións)
A avaliación será continua, combinada con probas finais; constará de tres partes:
- Traballos persoais e/ou en grupo de entrega obrigatoria (40% da cualificación final). Algunhas ou todas as prácticas de entrega poden ser avaliadas sen aviso previo.
- Proba escrita (60% da cualificación final)
- Asistencia e participación (mínimo 80% asistencia para poder examinarse). Agárdase facer unha saída de campo.
PARA O CASO DE ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA CONCEDIDA: Na avaliación non se computará a "participación na aula", pero os/as alumnos/as terán a obriga de desenvolver os exercicios prácticos obrigatorios e de facer o exame oficial da materia.
CRITERIOS conforme ós que se cualificarán os comentarios/traballos dos alumnos:
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razoamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.
Mecanismos de seguemento:
-Comentarios de documentos históricos
-Titorías
-Participación na aula
Na SEGUNDA OPORTUNIDADE, o alumno/a debe concorrer en todo caso na data, hora e lugar fixados para o exame, aínda que a casuística pode ser variada, en función do que se precise recuperar:
1. Realización da parte teórica da proba escrita para recuperar o 60% da cualificación final e mantendo no 40% restante vinculado ás aulas interactivas a cualificación obtida na primeira oportunidade.
2. Viceversa, realización da parte práctica da proba escrita, intentando recuperar o 40% da cualificación e mantendo para o 60% restante nas cualificacións obtidas na primeira oportunidade.
3. Realización do total da proba escrita, a parte práctica e a teórica, intentando recuperar a totalidade da
cualificación da materia (100%)
Este aspecto depende dun conxunto amplo de factores inherentes ó alumnado (capacidade de lectura, interese pola materia, entusiasmo pola aprendizaxe...).
Valoración aproximada do tempo de estudo:
32 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
16 horas presenciais de clases interactivas en grupo reducido
12 horas de elaboración dos traballos e/ou o desenvolvemento de prácticas de campo
2 horas de titoría personalizada obrigatoria
3 horas avaliación
85 horas de estudo persoal
TOTAL: 150 HORAS
É fundamental que o alumnado asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía do EEES, polo que se recomenda:
- Lectura de revistas de cultura.
- Consulta habitual dun dicionario histórico.
- Consulta e lectura das obras recomendadas.
- Consulta de sitios culturais de internet promovidos por institucións de probada solvencia intelectual.
Plan de continxencia. Modificacións ao abeiro da crise sanitaria pola covid-19 e conforme as instrucións das Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, de 19 de xuño de 2020.
No caso de que se presente un escenario de peche das instalacións, as sesións expositivas presenciais serán substituídas pola lectura de textos indicados polo equipo docente e/ou sesións expositivas por medios telemáticos, acompañadas por power points/pdfs que permitan o
seguimento dos contidos expostos.
As sesións interactivas serán substituídas por actividades diversas tamén difundidas a través do Campus Virtual, incluíndo o traballo con textos, documentais e todo tipo de materiais prácticos guiados polo equipo docente, asi como pola fórmula de entrega de traballos escritos, sesións realizadas por medios telemáticos e/ou a resolución de cuestionarios online.
O exame presencial será substituído por un exame realizado por medios telemáticos.
No caso de que se presente un escenario de distanciamento, combinaranse as medidas previstas no escenario de normalidade adaptada, coas medidas previstas no peche das instalacións, segundo o que indiquen as autoridades académicas e seguindo sempre as recomendacións das autoridades sanitarias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jesus Leopoldo Balboa Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812581
- Correo electrónico
- xesus.balboa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eduardo Rico Boquete
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812735
- Correo electrónico
- eduardo.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Julio Lisandro Cañon Voirin
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Carlos Benitez Trinidad
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 05 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 05 |
14.01.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
14.01.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
23.06.2022 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |