Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia están focalizados na súa aplicación no ámbito da Xeografía Física (i.e. contorna do medio físico).
• Capacitar aos estudantes no traballo con información espacial complexa e multivariable.
• Capacitar aos estudantes para a utilización de SIX na análise espacial e a ordenación do territorio.
• Desenvolvemento avanzado de competencias na utilización de ferramentas SIX.
• Capacitar sobre os parámetros derivados da análise dos modelos dixitais do terreo.
• Aplicabilidade dos SIX en xeomorfoloxía, climatoloxía e bioxeografía.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Modelos Dixitais do Terreo.
• Modelos Dixitais de Elevacións e derivados.
• Morfometría do terreo.
• Análise hidrolóxico.
• Análise espacial e xeoestatístico.
• Aplicacións á xeomorfoloxía.
• Aplicacións á climatoloxía e meteoroloxía.
• Aplicacións á bioxeografía.
• Cartografía temática.
Estes contidos desenvolveranse ao longo do curso a través do seguinte programa de aulas expositivas:
• Tema 1. SIXs no marco da Xeografía Física (3 h).
• Tema 2. Xeoestatística básica e avanzada (4 h).
• Tema 3. Fundamentos de morfometría do terreo (7 h).
• Tema 4. Fundamentos de clima e bioxeografía (3 h).
• Tema 5. Introdución aos SIX con R (4 h).
• Tema 6. Casos aplicados (3 h).
Programa de aulas interactivas:
• Práctica 1. Ensaio sobre o estudo da morfometría do terreo (2 h).
• Práctica 2. Resolución dun problema ambiental de localización por idoneidade mediante o emprego de información espacial complexa e multivariable (9 h).
• Práctica 3. Interpolación dunha variable climática (8 h).
• Práctica 4. Análise da distribución bioxeográfica dunha especie (5 h).
Práctica de campo:
• Saída terreo (6 h).
Bibliografía básica:
• Bhatta, B. (2009). Remote Sensing and GIS. Oxford, Oxford University Press.
• Longley, P. A., M. F. Goodchild, D. J. Maguire, D. W. Rhind (2015). Geographic Information Systems and Science. Jonh Wiley & Sons.
• Olaya, V. (2014). Sistemas de Información Geográfica. Tomo I, Tomo II.
• Royé, D., Serrano-Notivoli, R. (2019). Introducción a los SIG con R. Universidad de Zaragoza.
Bibliografía complementaria:
• Mancebo Quintana, S., Ortega Pérez, E., Martín Fernández, L., Valetín Criado, A.C. (2009). LibroSIG: aprendiendo a manejar los SIG en la gestión ambiental: ejercicios. Maddrid.
• Martínez-Llario, J.C. (2018). PostGIS: Análisis Espacial Avanzado. PostGIS 3 y PostgreSQL.
• Moreno Jiménez, A., Buzai, G., Fuenzalida Díaz, M. (Coords.), 2012. Sistemas de información geográfica : aplicaciones en diagnósticos territoriales y decisiones geoambientales. Ed. Ra-Ma, Madrid.
Durante o desenvolvemento da materia agárdase que os estudantes adquiran ou melloren o seu desempeño nas seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeral e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CG4 - Combinar un enfoque xeral con unha análise especializada.
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización.
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CG9 - xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que os estudantes amosasen ter e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atopar un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
CT4 - Combinar as dimensións temporais e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos.
Competencias específicas
CE1 - Realizar análise integrada do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
Durante o desenvolvemento da materia farase uso das seguintes metodoloxías docentes:
• Leccións maxistrais participativas (competencias CG1, CB5, CT4, CT5, CT8, CE1, CE5)
• Prácticas en aula informática (competencias CB1, CB2, CB3, CB5, CT6, CE3, CE5)
• Exposición de traballos prácticos (competencias CB4, CT6, CT8, CT9)
• Práctica en campo (competencias CE2)
A totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, así como as titorías e saída a terreo, terán lugar de xeito presencial de acordo co horario oficial.
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
• Utilización del aula virtual (Moodle).
• Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos.
• Titorías individualizadas e colectivas.
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
Software utilizado: ArcGIS, QGIS, R, SAGA.
Terase en conta a asistencia a clase cun mínimo do 80% de asistencia ás aulas programadas no horario, incluíndo a saída de campo (obrigatoria), para poder superar a materia.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
• Exame escrito teórico práctico nas datas oficiais (20%).
• Prácticas das clases interactivas e saída terreo (80%).
As competencias avaliadas son as seguintes:
• Exame escrito teórico práctico: CG2, CG4, CG5, CG7, CG8, .
• Prácticas das clases interactivas e saída terreo: CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT6, CT8, CT9, CE2, CE3, CE5.
Para superar a materia será necesario (i) ter entregadas todas as prácticas, (ii) ter acadado unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en prácticas e exame, e (iii) ter acado unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia. Na segunda convocatoria poderase concorrer soamente coa parte suspensa. No caso de repetir materia, non se conservan as partes previamente superadas, é dicir, é preciso concorrer con toda a materia.
Valórase moi favorablemente unha actitude positiva e activa ante a aprendizaxe, así como a participación nas aulas e saída de terreo.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas ou saída terreo, o alumnado terá que facer o exame da materia, mentres que e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
A materia consta de 6 créditos que, de acordo ás horas de docencia expositiva e interactiva da materia, están repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade academicamente dirixida non presencial na aula.
• Ter superada a materia obrigatoria Fundamentos de Sistema de Información Xeográfica (G3052110).
• Que os estudantes dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas na aula para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso. Todas estas aplicacións, non obstante, estarán tamén instaladas nas aulas de informática que o Centro pon a disposición do alumnado.
• Levar un seguimento continuo de teoría e práctica (especialmente).
Os seguintes parágrafos describen as adaptacións necesarias para os Escenarios 2 e 3, de acordo ao “Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC.
Plan de continxencia
A información contida nesta guía describe o funcionamento da materia no suposto de estar vixente o Escenario 1 (Normalidade adaptada sen restricións á presencialidade física). Os seguintes apartados describen as adaptacións necesarias para os Escenarios 2 e 3.
A) Metodoloxía docente
• No Escenario 2 (Distanciamento) a docencia expositiva e as titorías serán impartidas a través de videoconferencia (empregando a plataforma corporativa da USC baseada en MS Teams), mentres que a docencia interactiva terá lugar de modo presencial.
• No Escenario 3 (Peche das instalacións) toda a docencia (expositiva e interactiva) así como as titorías terán lugar a través de videoconferencia.
En calquera dos casos anteriores respectarase o horario oficial da materia (modo síncrono). Tamén en tódolos casos, as metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
• Utilización da aula virtual (Moodle).
• Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos.
• Titorías individualizadas e colectivas.
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
B) Sistema de avaliación
• No Escenario 2 (Distanciamento) o sistema de avaliación non varía respecto do descrito.
• No Escenario 3 (Peche das instalacións) a proba escrita realizarase a través do campus virtual da USC (Moodle).
Jesus Horacio Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- horacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Dominic Roye
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
Venres | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
12.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
21.06.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |