Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten por vocación fundamental a análise xeográfica de España. Xa que o alumnado cursou maioritariamente a xeografía de bacharelato e educación secundaria dedicada case na súa totalidade ao estudo do territorio español, evitaranse os contidos básicos de natureza descritiva e memorística. Primaranse, polo tanto, aspectos xeográficos de niveis avanzados, de tipo analítico e interpretativo. Perséguese así que o alumnado consolide os coñecementos que xa posúe sobre a materia e que os expanda, tanto en relación a temas habitualmente considerados na educación xeográfica en e sobre España (climas, sistema urbano, etc.) como incorporando aspectos posiblemente preteridos (xeopolítica, xeografía lingüística, xestión ambiental, etc.). Asemade, preténdese que o alumnado adquira novas formas de ler a realidade xeográfica de España que permitan o desenvolvemento das súas habilidades como futuros/as xeógrafos/as e expertos/as en ordenación do territorio.
Os inevitábeis condicionamentos temporais implican que o temario formulado deba ser necesariamente selectivo e que boa parte das cuestións se vaian tratar nas aulas de forma superficial, sen un afondamento que o alumnado debe realizar pola súa conta coa axuda da bibliografía específica recomendada. Neste sentido, constitúe un obxectivo básico desta materia que o alumnado se dea familiarizado cos manuais clave de xeografía de España, que son unha fonte de primeira orde para a materia, pero que tamén serán relevantes no futuro desenvolvemento profesional e investigador do alumnado en múltiples direccións. O alumnado deberaos analizar de forma crítica, realizando comentarios comparativos sobre os seus contidos, as súas perspectivas, os datos manexados, os avances da disciplina xeográfica ao longo do tempo, etc.
I. INTRODUCIÓN
1. O territorio español
2. A situación xeográfica. España na comunidade internacional
3. As claves da diversidade xeográfica
4. A pluralidade cultural e lingüística
II. MEDIO FÍSICO
5. O relevo peninsular. A orixinalidade de Canarias
6. Os climas
7. As augas: sistemas fluviais e recursos hídricos
8. A vexetación
III. POBOACIÓN, ASENTAMENTOS E ACTIVIDADES
9. A poboación
10. O sistema urbano. As áreas metropolitanas
11. O rural: España baleira?
12. Unha economía terciarizada
IV. ORGANIZACIÓN E ORDENACIÓN TERRITORIAIS
13. Organización política e administrativa
14. A vontade de articulación do territorio a través das infraestruturas. A procura da corrección dos desequilibrios territoriais
15. A ordenación do territorio no Estado das autonomías
16. A complexidade dos espazos naturais protexidos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- FARINÓS, J. e OLCINA, J. (eds.) (2017): Geografía Regional de España. Espacios y comunidades. Bases para una regionalización renovada del territorio español. València: Tirant Humanidades.
- ROMERO, J. (coord.) (2017): Geografía humana de España. València: Universitat de València.
- GIL OLCINA, A. e GÓMEZ MENDOZA, J. (coords.) (2001): Geografía de España. Barcelona: Ariel.
- MÉNDEZ, R. e MOLINERO, F. (coords.) (1993): Geografía de España. Barcelona: Ariel.
- BIELZA DE ORY, V. (coord.) (1989): Territorio y sociedad en España. Madrid: Taurus.
- VILÀ VALENTÍ, J. (1989): La Península Ibérica. Barcelona: Ariel.
- TERÁN, M. de e SOLÉ I SABARÍS, L. (dirs.) (1986): Geografía general de España. Barcelona: Ariel.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA [ESCOLMA]
Coleccións de libros
- MARTÍNEZ DE PISÓN, E. (dir.) (1986-1996): Guía física de España. Madrid: Alianza. 6 vol.
- PUYOL, R. (dir.) (1987-1991) Geografía de España. Madrid: Síntesis. 18 vol.
Xeografías enciclopédicas
- BOSQUE MAUREL, J. e VILÀ VALENTÍ, J. (dirs.) (1990): Geografía de España. Barcelona: Planeta. 10 vol.
- PRATS, J.M. (coord. xeral) (1995): Geografía de España. Barcelona: Océano/Instituto Gallach. 14 vol.
Atlas temáticos de interese (escolma)
- GUÀRDIA, M.; MONCLÚS, F. J. e OYÓN, JL. (dirs.) (1994): Atlas histórico de ciudades europeas. Península Ibérica. Barcelona: Centre de Cultura Contemporània de Barcelona/Salvat.
- INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL (1986-2008, 2019-): Atlas Nacional de España. Madrid: Instituto Geográfico Nacional. https://www.ign.es/web/ane-area-ane
- INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL (2018): España en mapas. Una síntesis geográfica. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica. https://www.ign.es/web/ign/portal/espana-en-mapas
- MATA, R. e SANZ, C. (dirs.) (2003): Atlas de los paisajes de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente.
- MESTRE, A. e FILIPE, L. (coords.) (2011): Atlas climático ibérico. Temperatura del aire y precipitación (1971-2000)=Temperatura do ar e precipitação (1971-2000). Madrid/Lisboa: Agencia Estatal de Meteorología/Instituto de Meteorologia de Portugal.
- MINISTERIO DE FOMENTO (2007-): Atlas digital de las áreas urbanas. Madrid: Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. http://atlasau.fomento.gob.es/
- MOLINERO, F. (coord. xeral) (2013): Atlas de los paisajes agrarios de España. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. 2 vol.
- MOLINERO, F. et al. (coords.) (2004): Atlas de la España Rural. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Outras obras de referencia (escolma)
[En 'Observacións']
.../...
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos dezaseis temas previstos (un por aula expositiva), con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades de manexo de fontes, sobre todo de tipo bibliográfico, a partir da gran cantidade de publicacións xeradas sobre xeografía de España. Esta segunda metodoloxía docente pretende ante todo que o alumnado sexa quen de deducir os avances experimentados no coñecemento xeográfico de España e de desenvolver unha perspectiva crítica sobre os distintos materiais existentes. Unha e outra abordaxe non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Esta metodoloxía de ensino-aprendizaxe manterase igual nos tres escenarios contemplados no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22. Nos tres prevese o emprego do Campus Virtual, combinado co Teams no escenario 2 e de forma sistemática no escenario 3.
No escenario 1, e na medida do posíbel no escenario 2, contémplase a realización dunha saída de campo. De levarse a cabo, o alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 40%; e exame, 60%. De acordo co Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, contémplanse tres escenarios.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
1.1. O 40% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
1.2. O 60% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
2. Escenario «Distanciamento»
2.1. O 40% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a memoria reflexiva da saída de campo, se se pode producir. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 60% do exame será presencial ou telemático, dependendo das circunstancias, para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
2.5. Dentro da primeira compoñente, pódese realizar unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
3. Escenario «Peche das instalacións»
3.1. O 40% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 60% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, as competencias asociadas á primeira compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame telemático consistente en preguntas de razoar.
3.4. O alumnado coa dispensa concedida avaliarase tamén mediante os puntos 3.1, 3.2 e 3.3.
No escenario 1, o tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
.- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas, e coas horas de prácticas: 48
.- Horas de titorías: 3
.- Traballo autónomo: 100.
Recomendamos dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado dos contidos teóricos en vistas á preparación efectiva do exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINXENCIA: METODOLOXÍA DE ENSINO
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos dezaseis temas previstos (un por aula expositiva), con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades de manexo de fontes, sobre todo de tipo bibliográfico, a partir da gran cantidade de publicacións xeradas sobre xeografía de España. Esta segunda metodoloxía docente pretende ante todo que o alumnado sexa quen de deducir os avances experimentados no coñecemento xeográfico de España e de desenvolver unha perspectiva crítica sobre os distintos materiais existentes. Unha e outra abordaxe non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Esta metodoloxía de ensino-aprendizaxe manterase igual nos tres escenarios contemplados no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22. Nos tres prevese o emprego do Campus Virtual, combinado co Teams no escenario 2 e de forma sistemática no escenario 3.
No escenario 1, e na medida do posíbel no escenario 2, contémplase a realización dunha saída de campo. De levarse a cabo, o alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
PLAN DE CONTIXENCIA: SISTEMA DE AVALIACIÓN DE APRENDIZAXE
2. Escenario «Distanciamento»
2.1. O 40% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a memoria reflexiva da saída de campo, se se pode producir. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 60% do exame será presencial ou telemático, dependendo das circunstancias, para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
2.5. Dentro da primeira compoñente, pódese realizar unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
3. Escenario «Peche das instalacións»
3.1. O 40% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 60% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, as competencias asociadas á primeira compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame telemático consistente en preguntas de razoar.
3.4. O alumnado coa dispensa concedida avaliarase tamén mediante os puntos 3.1, 3.2 e 3.3. .
.../...
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA [ESCOLMA]
Outras obras de referencia (escolma)
- BEL, G. (2010): España, capital París. Origen y apoteosis del Estado radial: del Madrid sede cortesana a la «capital total». Barcelona: Destino.
- BENABENT, M. (2006): La ordenación del territorio en España. Evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Sevilla: Junta de Andalucía/Universidad de Sevilla.
- BOSQUE MAUREL, J. (2012): España en el tercer milenio. Una imagen geográfica de una sociedad moderna en cambio. Granada: Universidad de Granada.
- CAPEL MOLINA, J. J. (2000): El clima de la Península Ibérica. Barcelona: Ariel.
- COSTA, M.; MORLA, C. e SAINZ, H. (eds.) (1998): Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Barcelona: Planeta.
- DELGADO, C. & PLAZA, J.I. (eds.) (2012): Territorio y paisaje en las montañas españolas. Estructuras y dinámicas espaciales. Santander: Estvdio.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2002): Provincias, regiones y comunidades autónomas. La formación del mapa político de España. Madrid: Senado.
- HERMOSILLA, J. (dir.) (2010): Los regadíos históricos españoles. Paisajes culturales, paisajes sostenibles. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
- LÓPEZ HERNÁNDEZ, I. & RODRÍGUEZ LÓPEZ, E. (2010): Fin de ciclo. Financiarización, territorio y sociedad de propietarios en la onda larga del capitalismo hispano (1959-2010). Madrid: Traficantes de Sueños.
- LOYER, B. (2006): Géopolitique de l’Espagne. Paris: Armand Colin.
- MARTÍN VIDE, J. e OLCINA, J. (2001): Climas y tiempos de España. Madrid: Alianza.
- MOLINERO, F.; OJEDA, J. F. e TORT, J. (coords.) (2011): Los paisajes agrarios de España. Caracterización, evolución y tipificación. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
- MOLINERO, F. e TORT, J. (coords.) (2018): Paisajes patrimoniales de España. Valor y significado del patrimonio territorial español. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación/Ministerio para la Transición Ecológica/Universidad Autónoma de Madrid. 3 vol.
- MULERO, A. (2002): La protección de espacios naturales en España. Antecedentes, contrastes territoriales, conflictos y perspectivas. Madrid: Mundi-Prensa.
- ROMERO, J. (2009): Geopolítica y gobierno del territorio en España. València: Tirant lo Blanc.
- TAMAMES, R. (2008): Estructura económica de España. Madrid: Alianza. [25ª ed., con A. Rueda, 1ª edición en 1960]
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Boga Gonzalez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ruben.boga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
Martes | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
18.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
27.06.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |