Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia procura achegarse á Xeografía Rural como subdisciplina xeográfica cunha perspectiva actual e aplicada, de xeito que se priman as liñas de investigación que se están agora a debater e as políticas públicas en execución. Perséguese unha abordaxe global dos espazos rurais do planeta, que abranga os matices propios do Sur e do Norte e, neste último, os contextos europeo, español e galego. Os obxectivos específicos son:
1. Contrastar as diferentes definicións da ruralidade e do espazo rural.
2. Entender as dinámicas recentes de poboación e poboamento experimentadas polos espazos rurais, nas súas contradicións inherentes.
3. Comprender a reconfiguración produtiva do espazo rural no seo do sistema capitalista, nomeadamente da agricultura.
4. Razoar os efectos da visión do rural como espazo de consumo, en especial no Norte global.
5. Debater as implicacións da lectura ambiental emerxente dos espazos rurais.
6. Aplicar os paradigmas das políticas rurais, incluíndo a ordenación e o desenvolvemento, a realidades territoriais concretas.
1. A Xeografía Rural e a definición do espazo rural
2. As dinámicas de poboación e poboamento rurais
3. O rural como espazo de produción
4. O rural como espazo de consumo
5. A lectura ambiental do espazo rural
6. As políticas rurais e o desenvolvemento rural
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
CLOKE, P.; MARSDEN, T. & MOONEY, P.H. (eds.) (2006): Handbook of Rural Studies. London/Thousand Oaks/New Delhi: Sage.
GONIN, A. & QUÉVA, C. (2018): Géographie des espaces ruraux. Paris: Armand Colin.
ROBINSON, G. (2004): Geographies of Agriculture: Globalisation, Restructuring and Sustainability. London: Pearson.
SCOTT, M.; GALLENT, N. & GKARTZIOS, M. (eds.) (2019): The Routledge Companion to Rural Planning. London/New York: Routledge.
SHUCKSMITH, M. & BROWN, D.L. (eds.) (2016): Routledge International Handbook of Rural Studies. London/New York: Routledge.
WOODS, M. (2005): Rural Geography: Processes, Responses and Experiences in Rural Restructuring. London: Sage.
WOODS, M. (2011): Rural. London/New York: Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BOURON, J.-B. & GEORGES, P.-M. (2019): Les territoires ruraux en France. Paris: Ellipses.
DUBOIS, S. (2010): Le défi alimentaire: Étude géopolitique et géoéconomique des agricultures mondiales. Paris: Presses Universitaires de France.
JEAN, Y. & PÉRIGORD, M. (2009): Géographie rurale. La ruralité en France. Paris: Armand Colin.
MOLINERO, F. (coord.) (2013): Atlas de los paisajes agrarios de España. Madrid: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
MOLINERO, F. et al. (coords.) (2004): Atlas de la España Rural. Madrid: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
MOLINERO, F.; TORT, J. & OJEDA, J.F. (eds.) (2011): Los paisajes agrarios de España. Caracterización, tipificación y evolución. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
* Revistas:
- European Countryside: http://www.european-countryside.eu/
- Journal of Rural Studies: https://www.journals.elsevier.com/journal-of-rural-studies
- Sociologia Ruralis: https://onlinelibrary.wiley.com/journal/14679523
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio.
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana.
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada.
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais.
CX6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións.
CX7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación.
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes.
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais.
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado dea transmitido información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos da Xeografía.
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio.
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais.
CT7 - Xestionar a complexidade.
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal.
CT8 - Ordenar e sintetizar a información.
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos.
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio.
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo.
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica.
CE4 - Expresar información cartograficamente.
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística.
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos seis grandes bloques previstos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades prácticas relacionadas coa análise e diagnóstico do espazo rural nas súas múltiples dimensións, así como no eido do desenvolvemento local. Unha e outra abordaxe non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Esta metodoloxía de ensino-aprendizaxe manterase igual nos tres escenarios contemplados no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22. Nos tres prevese o emprego do Campus Virtual, combinado co Teams no escenario 2 e de forma sistemática no escenario 3.
No escenario 1, e na medida do posíbel no escenario 2, contémplase a realización dunha saída de campo destinada a entendermos o desenvolvemento rural sobre o terreo. De levarse a cabo, o alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo co Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, contémplanse tres escenarios.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
2. Escenario «Distanciamento»
2.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a memoria reflexiva da saída de campo, se se pode producir. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 50% do exame será presencial ou telemático, dependendo das circunstancias, para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
2.5. Dentro da primeira compoñente, pódese realizar unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
3. Escenario «Peche das instalacións»
3.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, as competencias asociadas á primeira compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame telemático consistente en preguntas de razoar.
3.4. O alumnado coa dispensa concedida avaliarase tamén mediante os puntos 3.1, 3.2 e 3.3.
No escenario 1, o tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
.- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas, e coas horas de prácticas: 48
.- Horas de titorías: 3
.- Traballo autónomo: 100.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
PLAN DE CONTINXENCIA: METODOLOXÍA DE ENSINO
A materia manterá un equilibrio entre dúas abordaxes docentes. Por unha banda, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos seis grandes bloques previstos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Por outra banda, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades prácticas relacionadas coa análise e diagnóstico do espazo rural nas súas múltiples dimensións, así como no eido do desenvolvemento local. Unha e outra abordaxe non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Esta metodoloxía de ensino-aprendizaxe manterase igual nos tres escenarios contemplados no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22. Nos tres prevese o emprego do Campus Virtual, combinado co Teams no escenario 2 e de forma sistemática no escenario 3.
No escenario 1, e na medida do posíbel no escenario 2, contémplase a realización dunha saída de campo destinada a entendermos o desenvolvemento rural sobre o terreo. De levarse a cabo, o alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
PLAN DE CONTIXENCIA: SISTEMA DE AVALIACIÓN DE APRENDIZAXE
2. Escenario «Distanciamento»
2.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a memoria reflexiva da saída de campo, se se pode producir. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 50% do exame será presencial ou telemático, dependendo das circunstancias, para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que as competencias asociadas a esa compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame consistente en preguntas de razoar.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame equivalente consistente en preguntas de razoar na primeira oportunidade.
2.5. Dentro da primeira compoñente, pódese realizar unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
3. Escenario «Peche das instalacións»
3.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. A cualificación pode ser incrementada coa recensión intencionada dun libro considerado de interese para a materia. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, con preguntas tipo test e con preguntas curtas sobre os coñecementos traballados. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, as competencias asociadas á primeira compoñente tamén serán obxecto de avaliación mediante un exame telemático consistente en preguntas de razoar.
3.4. O alumnado coa dispensa concedida avaliarase tamén mediante os puntos 3.1, 3.2 e 3.3.
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rubén Boga González
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ruben.boga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
10.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
20.06.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |