Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Coñecer as posibilidades planificadoras dos estudos espaciais, territoriais e ambientais que se desenvolven en xeografía, dentro do seu carácter aplicado, como disciplina que, entre outras, pode abordar a ordenación do territorio.
2. Aproximarse ao significado da ordenación do territorio como conxunto de políticas públicas tendentes a unha mellor xestión dos recursos dunha área ou rexión, á procura da cohesión da mesma e á provisión de servizos públicos en igualdade de condicións ao conxunto da cidadanía, entre outros obxectivos.
3. Dominar os fitos básicos na historia da ordenación do territorio.
4. Estar familiarizado coa terminoloxía propia da ordenación do territorio, en particular coa tipoloxía de plans.
5. Manexar con claridade as distintas escalas relevantes para a ordenación do territorio e entender a relevancia da escala como condicionante dos documentos ordenadores.
6. Diferenciar as compoñentes dos documentos de ordenación do territorio e deducir que cartografía temática cómpre na planificación.
7. Introducirse na práctica da ordenación do territorio en España.
8. Aplicar os coñecementos adquiridos nos cursos previos do grao á ordenación do territorio, entendida como sinónimo da actual xeografía aplicada.
1. Os significados da ordenación do territorio
2. Modalidades e escalas da ordenación do territorio
3. Os principais fitos da historia global da ordenación do territorio
4. A estrutura dos plans territoriais. O caso dos plans estratéxicos
5. Ordenación do territorio e urbanismo: coincidencias e diverxencias
6. A actividade ordenadora das comunidades autónomas. Análise panorámica da experiencia galega
Libro de consulta obrigatoria
- Zoido, F. et al. (2013): Diccionario de urbanismo, geografía urbana y ordenación del territorio. Madrid: Cátedra.
Bibliografía básica
- Benabent, M. (2006): La Ordenación del Territorio en España. Evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Sevilla: Universidad de Sevilla/Consejería de Obras Públicas y Transportes.
- Cullingworth, B. et al. (2015): Town & Country Planning in the UK. London: Routledge.
- Galiana, L. & Vinuesa, J. (coord.) (2010): Teoría y práctica para una ordenación racional del territorio. Madrid: Síntesis.
- Gómez Orea, D. (2002): Ordenación Territorial. Madrid: Mundi-Prensa.
- Hall, P. & Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and Regional Planning. New York: Routledge.
- Hildenbrand, A. (1996): Política de ordenación del territorio en Europa. Sevilla: Universidad de Sevilla/Consejería de Obras Públicas y Transportes.
- Merlin, P. (2002): L’aménagement du territoire. Paris: Presses Universitaires de France.
- Pujadas, R. & Font, J. (1998): Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis.
- Silva, E. A. et al. (ed.) (2015): The Routledge Handbook of Planning Research Methods. Routledge: New York/Abingdon.
- Tarroja, À. & Camagni, R. (coord.) (2006): Una nueva cultura del territorio. Criterios sociales y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Barcelona: Diputació de Barcelona.
- Woessner, R. (2010): France : aménager les territoires. Paris: Sedes.
1. Comprender a dimensión planificadora da xeografía a partir dos instrumentos de ordenación do territorio.
2. Decatarse do rol fundamental que xogan as tradicións estato-nacionais na ordenación do territorio e o papel emerxente exercido pola Unión Europea na mesma.
3. Ter a capacidade de consultar calquera lexislación e/ou normativa de ordenación do territorio e de valorar as modificacións sucesivas introducidas desde unha perspectiva xeográfica.
4. Determinar a clasificación dos documentos de planificación en función do seu tipo e da súa escala.
5. Aprender a analizar os contidos dos documentos de planificación territorial mediante unha axenda de variábeis analíticas.
6. Interpretar os contidos dos plans territoriais e desenvolver un espírito crítico na avaliación dos mesmos.
7. Acadar habilidades no deseño e desenvolvemento de instrumentos de ordenación do territorio, en particular nos grandes contidos secuenciais dos plans territoriais e de plans estratéxicos.
8. Aprender a realizar análises, diagnósticos e propostas en documentos de ordenación do territorio.
9. Manexar a cartografía máis representativa da ordenación do territorio nas súas diferentes escalas.
10. Saber diferenciar os documentos e obxectivos da ordenación a escala supralocal do planeamento urbanístico.
A materia manterá un equilibrio entre dúas metodoloxías docentes. Por un lado, nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos dos seis grandes temas previstos, recorrendo sempre que sexa posíbel a plans reais xa aprobados para non perder o contacto coas experiencias prácticas desenvolvidas. Por outro lado, nas aulas interactivas desenvolveremos especificamente as habilidades prácticas da ordenación territorial, centradas nas competencias indicadas. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
Contémplase a realización dunha saída de campo destinada a estudarmos a aplicación de instrumentos de ordenación do territorio sobre o terreo. De realizarse, o alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
De forma coherente coa metodoloxía de aprendizaxe-ensino, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes:
a) Na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia, un exame final. Computará o 50% da cualificación.
b) Entregas e/ou exposicións nas aulas interactivas referidas ás competencias da materia. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e a memoria reflexiva da saída de campo. Nas entregas, os plaxios, tanto de autores/as coma entre alumnos/as, comportarán un suspenso. Computará o 50% da cualificación.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade os contidos relativos ás aulas interactivas tamén serán avaliados mediante un exame.
Para os/as alumnos/as coa dispensa concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio. Na segunda oportunidade o exame suporá o 100% da cualificación.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre aulas presenciais e actividades non presenciais.
Con carácter xeral, recomendamos ao alumnado contemplar cada materia como un aspecto particular dunha cuestión global, neste caso a ordenación e a planificación territoriais en relación á xeografía. De feito, insistiremos en activar aquelas capacidades e aqueles coñecementos cos que o alumnado xa conta para seren aplicados a esta materia.
Recomendamos dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado dos contidos teóricos en vistas á preparación efectiva do exame final. As entregas e/ou as exposicións son fundamentais nesta materia. Cómpre, tamén, dedicarlles o esforzo correspondente.
Plan de Continxencia
Seguindo as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-21, elaboradas pola USC, establécense tres escenarios en función da situación sanitaria.
Segundo como vaia indo a situación sanitaria, esta programación pode ser alterada no desenvolvemento da docencia e das prácticas.
A adaptación para esta materia seguirá estes criterios:
-De non poder entregarse presencialmente ou a través de correo electrónico, as prácticas subiranse á Aula Virtual nas mesmas condicións de data e formato que figuran nesta programación. O seu peso na avaliación final será o mesmo, 50%
-No caso de non ser posible a docencia presencial, utilizaranse os canles a distancia como MSTeams, con docencia sincrónica ou diacrónica. É importante que o alumnado estea conectado e que participe nos debates.
-O exame, nos escenarios 2 e 3, será telemático, a través de Campus Virtual.
A aplicación destas medidas poderá variar lixeiramente en función da intensidade na restrición da mobilidade.
Angel Miramontes Carballada
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
27.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
12.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |