Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obter un coñecemento básico de áreas xeográficas, socioeconómicas e políticas de Galicia. Adquirir a través de exercicios prácticos coñecementos específicos sobre temas de interese territorial. Reflexionar criticamente sobre os principais problemas territoriais de interese que afectan actualmente e a medio prazo á ordenación e desenvolvemento territorial de Galicia.
BLOQUE 1. Medio físico e medioambiente.
BLOQUE 2. A organización administrativa do territorio
BLOQUE 3. As infraestruturas de transporte e a desequilibrada vertebración de Galicia
BLOQUE 4. A rede urbana galega.
BLOQUE 5. As novas tendencias na poboación galega.
BLOQUE 6. As transformacións da economía galega.
BLOQUE 7. Galicia no contexto internacional.
Blibliografía básica
Precedo Ledo, A. (1998): Geografía Humana de Galicia. Oikos Tau. Barcelona.
Souto González, X.M. (1988): Xeografía Humana de Galicia. Galaxia, Vigo.
Santos Solla, X. M. Piñiera Mantiñán, M. J. (Cood.). (2011). Nova Xeografía de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.
Ferrás Sexto, C. (1996): Cambio rural na Europ Atlántica. Os casos de Galicia e Irlanda. Universidade de Santiago.
Lois González, R. C,. Adrey Vázquez, J. A. (2010). Breve Xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo
Bibliografía complementaria
Aldrey Vázquez, J. A. (1999): Análise da poboación na área urbana de Santiago de Compostela, Santiago: Consorcio.
— (2006): A poboación galega, 1900-2005, Vigo: Ir Indo.
Alonso Logroño, M. P. e R. C. Lois González (1997): «Proceso de industrialización y organización del espacio en un territorio periférico: Galicia», Boletín de la AGE, núm. 24, Madrid: Asociación de Geógrafos Españoles, pp. 147- 168.
Cabalar Fuentes, M. (2005): «Uso público en la red de Espacios Naturales Protegidos de Galicia.Una visión de conjunto con ejemplos significativos», en Espacios públicos-Espacios privados, un debate sobre el territorio. XIX Congreso de Geógrafos Españoles,Santander [CD-ROM].
Caride, M. J. e E. Pis (2000): «Presente e futuro das infraestructuras de transporte en Galicia», Revista Galega de Economía, vol. 9, núm. 1, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 315-330.
Carmona Badía, X. (1990): «Crise e transformación da base industrial galega, 1850-1936», en J. Nadal e A. Carreiras (dirs.) Pautas rexionais da industrialización española (séculos XIX e XX), Barcelona: Editorial Ariel, pp. 23-49.
Castro López, A. (1989): A comarcalización en Galicia, Pontevedra: Deputación de Pontevedra.
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (2007): Plan estratéxico de cooperación Galicia-Norte de Portugal, 2007-2013, Santiago de Compostela e Porto: Xunta de Galicia, Comissão de Coordenação e Desenvolvimento da Região Norte.
Durán Villa, F. R. (1989): «Veintiséis años de emigración gallega a Europa: de la Estabilización a la integración en la C.E.E. (1959-1986)», en Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo ee a Xeografía de Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega, pp. 181-191.
Fernández Fernández, M. e M. Fernández Grela (2003): «Comparación de estructuras produtivas entre rexións fronteirizas: Galicia e a Rexión Norte de Portugal», Revista Galega de Economía, vol. 12, 2 (é o número?), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, pp. 83-106.
González Laxe, F. (2002): Desarrollo y estrategias de la pesca europea, Oleiros: Netbiblo.
Lois González, R. C., J. A. Aldrey e J. Somoza (2000): «As novas pautas da distribución da poboación en Galicia», en X. Fernández Leiceaga (dir.): Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas, Vigo: Edicións Xerais, pp. 259-297.
Lois González, R. C. (1993): «Problemas para a delimitación dos espazos urbanos e rurais», en Asociación Galega de Historiadores: Concepcións espaciais e estratexias territoriais na Historia de Galicia, Santiago de Compostela, pp. 201-223.
López González, A. (2001): «Transformacións comerciais en Galicia: desequilibrios territoriais e estructurais», en Congreso de Economía de Galicia. Novos escenarios para a economía galega: Actas do Congreso de Economía de Galicia, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 499-521.
(...)
Profesionais
- Utilizar a información xeográfica como instrumento para o desenvolvemento
local.
- Relacionar información territorial diversa de forma sistemática e integral co
obxectivo de entender a complexidade dos espazos rurais.
- Expresar información cartograficamente.
- Traballar con información estatística.
Académicas
- Interrelacionar o medio físico/ambiente coas actividades humanas no territorio galego
- Interrelacionar os fenómenos a escala global, rexional e local.
- Xerar interese e sensibilidade polos temas que afectan a Galicia.
- Analizar e interpretar as principais problemáticas que afectan a Galicia.
Outras
- Ordenar e sintetizar información.
- Entender os problemas de forma multidimensional.
- Xestionar a complexidade.
- Ofrecer explicacións sinxelas a problemas complexos.
Instrumentais
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Coñecemento dunha lingua estranxeira.
- Capacidade de xestión da información.
Persoais
- Recoñecemento á diversidade de Galicia
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético.
Sistémicas
- Aprendizaxe autónoma.
- Adaptación a novas situacións.
- Creatividade.
Outras
- Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
- Habilidades de investigación.
- Habilidade de comunicación oral.
- Capacidade de comunicarse de forma efectiva con non expertos no tema.
- Capacidade de traballo individual e en grupo
- Deseño e xestión de proxectos/plans de desenvolvemento local.
- Actitude sistemática de precisión no traballo.
Escenario 1: normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do alumno fora dela (lectura e recensión de artigos, outro material audiovisual e documentos diversos sobre problemas teóricos e conceptos básicos). Ao final do período lectivo realizarase unha saída ó campo condicionado ao calendario e recursos.
As titorías poderán realizarse parcialmente de maneira virtual.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, entregas de avaliación continua e exame. Dacordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021, prevense tres escenarios.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
Tipos de avaliación:
- Avaliación continua, a partir do traballo na aula e en relación ao traballo en curso.
- Avaliación mediante un exame dos contidos teóricos.
Criterios de avaliación en primeira convocatoria:
- Exame ou proba escrita presencial, que terá un peso do 45% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
- Traballos prácticos, que Terán un peso do 45% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través de Aula Virtual da USC.
- Participación activa nas aulas expositivas e interactivas 10% da cualificación final.
Para superar a materia é necesario acadar un 40% da nota en cada unha das partes, para poder compensar as calificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Criterios de avaliación en segunda convocatoria:
- Exame ou proba escrita presencial, que terá un peso do 50% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
- Traballos prácticos, que Terán un peso do 50% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través de Aula Virtual da USC.
En ambas convocatorias, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académicos do estudantado e de revisión de cualificacións.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha asignatura: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación).
Esta equivalencia está dacordo coa norma estatal (obrigatoria en toda España) que regula o crédito ECTS (Real Decreto 1125/2003 pdf), que permite un rango entre 25 e 30 horas.
Serán os mesmos para os tres escenarios.
-Asistencia regular ás clases, participación nas mesmas e traballo continuado ó longo do cuatrimestre académico.
-Lectura da bibliografía recomendada.
Plan de Continxencia
Metodología da ensinanza
Escenario 2: distanciamento
A docencia presencial convivirá coa virtual. As fórmulas de convivencia de ambas modalidades serán definidas pola Facultade. Existirá unha rotación nos grupos expositivos e de prácticas de maneira que se asegure a presencialidade na formación de todo o alumnado.
A docencia, expositiva e interactiva, que teña un carácter virtual será impartida a través do Campus Virtual da USC, e da plataforma Teams.
Escenario 3: peche das instalacións
A docencia será completamente virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos.
A docencia, expositiva e interactiva, será impartida a través do Campus Virtual da USC, e da plataforma Teams.
As actividades que deberá realizar o alumnado serán variadas, algunhas de carácter individual e outras que fomenten o traballo colaborativo.
Empregaranse elementos de retroalimentación e autoavaliación a través do Campus Virtual como ferramentas para potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, que será informado da programación das entregas que debe realizar.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenario 2: distanciamento
Criterios de avaliación en primeira e segunda convocatorias:
- Exame ou proba escrita: 50% da cualificación final. Consistirá nunha proba de carácter telemático, complementaria á avaliación continua, na data establecida pola Facultade.
- Exercicios prácticos: 50% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través da Aula Virtual da USC.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o examen telemático da materia, e entregar un traballo sobre un tema específico. Ambas partes suporán un 50% da cualificación final.
Para superar a materia é necesario acadar un 40% da nota en cada unha das partes para poder compensar as cualificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
Escenario 3: peche das instalaciones
Criterios de avaliación en primeira e segunda convocatorias:
- Exame ou proba escrita: 50% da cualificación final. Consistirá nunha proba de carácter telemático, complementaria á avaliación continua, na data establecida pola Facultade.
- Exercicios prácticos: 50% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través da Aula Virtual da USC.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame telemático da materia, e entregar un traballo sobre un tema específico. Ambas partes suporán un 50% da cualificación final.
Para superar a materia é necesario acadar un 40% da nota en cada unha das partes para poder compensar as cualificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
Nos 3 escenarios contemplados, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académicos dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 13 |
24.05.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
14.07.2021 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |