Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
En España o termo “rexión” acada unhas dimensións particulares que superan o significado clásico en xeografía. Ese uso tradicional do concepto frecuentemente resúmese no traballo ao redor dun ámbito de estudo a escala intermedia (situado entre o nivel local e o do conxunto do territorio estatal) que é tomado como unha realidade predeterminada incuestionábel e transmitido polos resortes do poder, institucións académicas incluídas. Non é estraño, neste sentido, que na actualidade se asuman acriticamente as delimitacións autonómicas e provinciais vixentes como perímetros axeitados e aproblemáticos. No entanto, como recentemente sinalou Gómez Mendoza (2013: 30), neste eido “a contribución xeográfica ten que chegar moito máis alén”. Así, esta materia constitúe unha oportunidade para cuestionar a idea de “rexión” en España, na súa polisemia, de xeito que o alumnado dea reflexionado criticamente sobre a realidade xeográfica do país nunhas coordenadas a miúdo preteridas. Asemade, procuramos que o alumnado sexa quen de formarse unha opinión motivada sobre a actual conxuntura xeopolítica de profundo debate e cuestionamento do modelo territorial de 1978, cun uso axeitado de información xeográfica, e de facer propostas concretas no eido da organización territorial a múltiples escalas, en coherencia coa progresiva maior implicación do/a xeógrafo/a nas tarefas de delimitación territorial. Neste sentido, as aulas nesta materia irán destinadas principalmente ao debate sobre xeopolítica e organización territorial de España, como vertentes aplicadas da xeografía en xeral, e da rexional en particular.
I. ESPAÑA INACABADA? A EVOLUCIÓN DO MAPA REXIONAL
1. O complexo entramado territorial do antigo réxime na Península Ibérica
2. Nacemento e consolidación do modelo territorial liberal español: provincias, partidos xudiciais e concellos
3. A longa reconfiguración do mapa rexional. A emerxencia dos territorios dos nacionalismos e dos rexionalismos contemporáneos
4. O debate territorial na Constitución de 1978: rexións, nacionalidades e comunidades autónomas
II. ESPAÑA INVERTEBRADA? A ARTICULACIÓN XEOPOLÍTICA DO TERRITORIO
5. As razóns da crise da chamada “España das autonomías”
6. O denominado “proceso catalán” post-2010
7. O xurdimento de novos territorios ao redor das fronteiras: eurorrexións ou irredentismos?
III. ESPAÑA ORGANIZADA? A XEOGRAFÍA DOS NIVEIS POLÍTICO-ADMINISTRATIVOS
8. O mapa municipal e os concellos: a inevitabilidade das fusións?
9. As áreas metropolitanas: as “entidades areladas” entre os concellos e as comunidades autónomas
10. As comarcas e outras divisións asimilábeis: percorridos desiguais
11. A sustentabilidade de provincias e deputacións provinciais: inercias e disfuncións
12. As comunidades autónomas: “segunda descentralización” e recentralización da Administración Xeral do Estado
13. Os territorios da nova gobernanza
Bibliografía básica
- BEL, G. (2013): Anatomía de un desencuentro. La Cataluña que es y la España que no pudo ser. Barcelona: Destino.
- BURGUEÑO, J. (1996): Geografía política de la España constitucional. La división provincial. Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
- BURGUEÑO, J. (2011): La invención de las provincias. Madrid: Catarata.
- FARINÓS, J. (coord.) (2017, no prelo): Geografía Regional de España. València: Tirant lo Blanc.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2002): Provincias, regiones y comunidades autónomas. La formación del mapa político de España. Madrid: Senado.
- GÓMEZ MENDOZA, J.; LOIS, R. & NEL•LO, O. (eds.) (2013): Repensar el Estado: crisis económica, conflictos territoriales e identidades políticas en España. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
- LOYER, B. (2006): Géopolitique de l’Espagne. Paris: Armand Colin.
- ROMERO, J. (2006): España inacabada. València: Universitat de València.
- ROMERO, J. (2009): Geopolítica y gobierno del territorio en España. València: Tirant lo Blanc.
- ROMERO, J. (2012): “España inacabada. Organización territorial del Estado, autonomía política y reconocimiento de la diversidad nacional”, Documents d’Anàlisi Geogràfica, 58(1): 13-49. <http://ddd.uab.cat/pub/dag/dag_a2012m1-4v58n1/dag_a2012m1-4v58n1p13.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- ROMERO, J. (coord.) (2017): Geografía Humana de España. València: Tirant lo Blanc.
Bibliografía complementaria
- ÁLVAREZ JUNCO, J. (2001): Mater dolorosa. La idea de España en el siglo XIX. Madrid: Taurus.
- BEL, G. (2010): España, capital París. Origen y apoteosis del Estado radial: del Madrid sede cortesana a la “capital total”. Barcelona: Destino.
- BURGUEÑO, J. & GUERRERO, M. (2014): “El mapa municipal de España. Una caracterización geográfica”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 64: 11-36. <http://www.boletinage.com/articulos/64/01_BURGUENO.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- BURGUEÑO, J. & LASSO DE LA VEGA, F. (2002): Història del mapa municipal de Catalunya. Barcelona: Direcció General d’Administració Local.
- BURGUEÑO, J. (1995): “La génesis de la división territorial contemporánea en la España atlántica (Galicia, Asturias, Cantabria y El Bierzo)”, Ería, 36: 5-33. <http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=34814> (Acceso: 24/12/2014).
- BURGUEÑO, J. (1995): De la Vegueria a la Província: la formació de la divisió territorial contemporània als Països Catalans (1790-1850). Barcelona: Rafael Dalmau.
- BURGUEÑO, J. (2001): “Geografía y administración. Proyectar territorios en el siglo XXI”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32: 191-207. <http://www.boletinage.com/articulos/32/3210.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- BURGUEÑO, J. (2003): Història de la divisió comarcal. Barcelona: Rafael Dalmau.
- FARINÓS, J. (coord.) (2002): Geografia regional d’Espanya. Una nova geografia per a la planificació i el desenvolupament regional. València: Universitat de València.
- FERIA, J.M. (2004): “Problemas de definición de las áreas metropolitanas en España”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 38: 85-99. <http://www.boletinage.com/articulos/38/05%20FERIA%2085-99.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- FERIA, J.M. (coord.) (2006): Los procesos metropolitanos: materiales para una aproximación inicial. Sevilla: Centro de Estudios Andaluces/Junta de Andalucía.
- FONT, J. & PUJADAS, R. (1998): “La política regional española”, en Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis. pp. 117-133.
- GARCÍA ALVARADO, J.M. & SOTELO NAVALPOTRO, J.A. (coords.) (1999): La España de las Autonomías. Madrid: Síntesis.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. & MARÍAS, D. (1997): Nacionalismo y educación geográfica en la España del siglo XX. Una aproximación a través de los manuales de Bachillerato. Santiago de Compostela: IDEGA. <http://otega.usc.es/docs_idega/documentos_de_traballo/xeografia/xeograf…> (Acceso: 24/12/2014).
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. & TRILLO SANTAMARÍA, J.M. (2013): “Between Regional Spaces and Spaces of Regionalism: Cross-border Region Building in the Spanish ‘State of the Autonomies’”, Regional Studies, 47(1): 104-115.
- GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2009): “Geografía, política y territorio en la España de las Autonomías: un intento de balance y una agenda de exploración futura”, en FERIA, J. M.; GARCÍA GARCÍA, A. & OJEDA, J. F. (eds.): Territorios, sociedades y políticas. Sevilla/Madrid: Universidad Pablo de Olavide/Asociación de Geógrafos Españoles. pp. 457-480.
- GÓMEZ MENDOZA, J. & GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2000): “Los geógrafos y la regionalización de la política de España (siglos XIX y XX)”, en Vivir la diversidad en España. Madrid: Asociación de Geógrafos Españoles. pp. 281-300.
- GÓMEZ MENDOZA, J. & GARCÍA ÁLVAREZ, J. (2001): “Organización política y administrativa”, en GIL OLCINA, A. & GÓMEZ MENDOZA, J. (coords.): Geografía de España. Barcelona: Ariel. pp. 575-593.
- GONZÁLEZ MARIÑAS, Pablo (1994): Territorio e identidade. Galicia como espacio administrativo. Santiago: Xunta de Galicia.
- LOIS, R.C. (2009): “La geografía y el análisis territorial en España: argumentos para la reflexión”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 50: 7-42. <http://www.boletinage.com/articulos/50/01%20LOIS.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- LOIS, R.C. et al. (2001): “Galicia y la polisemia del término región”, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 32: 209-226. <http://www.boletinage.com/articulos/32/3211.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- MEMBRADO-TENA, J.C. (2016): “Entes territoriales de escala comarcal en la Administración local española”, Documents d’Anàlisi Geogràfica, 62(2): 347-371. <http://dag.revista.uab.es/article/view/v62-n2-membrado-tena/300-pdf-es> (Acceso: 28/6/2016).
- NADAL, F. (1987): Burgueses, burócratas y territorio. La política territorial en la España del siglo XIX. Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local.
- PAÜL, V. & PAZOS, M. (2009): “Els darrers capítols al voltant del mapa immutable de Galícia. Qüestions actuals d’organització territorial gallega”, Treballs de la Societat Catalana de Geografia, 67-68: 199-229. <http://publicacions.iec.cat/repository/pdf/00000108/00000045.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- PAÜL, V. (2007): “Trocos e perseveranzas en liñas herdadas e recentes. Notas sobre as divisións territoriais en Galiza e Catalunya”, en GONZÁLEZ, H. & LAMA, M.X. (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Sada: Ediciós do Castro/Asociación Internacional de Estudos Galegos/Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona). pp. 1123-1138. <http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2944931> (Acceso: 24/12/2014).
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (2005): Territorio y gobierno local en España. Un planteamiento de reestructuración por fusión como realidad necesaria. Cizur Menor: Aranzadi.
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, R. (dir.) (2004): Os concellos galegos para o século XXI. Análise dunha reestruturación do territorio e do goberno local. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2 vol.
- SALA I MARTÍN, X. (2014): És l’hora dels adéus? Barcelona: Rosa dels Vents.
- TERÁN, M. de & SOLÉ I SABARÍS, L. (1968): Geografía regional de España. Esplugues de Llobregat: Ariel.
- TORT, J.; PAÜL, V. & MALUQUER, J. (eds.) (2008): L’organització del territori. Un repte per al segle XXI? Barcelona: Fundació Universitat Catalana d’Estiu/Galerada.
- TRILLO SANTAMARÍA, J.M. & LOIS, R. (2014): “Estrategias para cuestionar el control central del espacio estatal. Acción exterior y cooperación transfronteriza”, Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias sociales, 493(49). <http://www.ub.edu/geocrit/coloquio2014/JuanMTrilloSantamaria.pdf> (Acceso: 24/12/2014).
- VILA-VÁZQUEZ, J.I.; TRILLO-SANTAMARÍA, J.M. & PAÜL, V. (2015): “La recomposition des échelles territoriales en Galice (Espagne) : enjeu économique ou alibi idéologique ?”, Espaces et sociétés, 160-161: 115-133.
- ZOIDO, F. et al. (2013): Diccionario de urbanismo, geografía urbana y ordenación del territorio. Madrid: Cátedra.
- Valorar as distintas realidades e propostas de división territorial do actual territorio español, desde o Antigo Réxime até a conformación do chamado “Estado das autonomías”.
- Comprender e emitir xuízos razoados sobre as controversias existentes ao redor do modelo territorial da Constitución de 1978.
- Xulgar a conveniencia de reformar a actual arquitectura político-administrativa multinivel (organización territorial) en España, a efectos dunha mellor administración das políticas territoriais (ordenación territorial).
- Intervir nos procesos de toma de decisións e de redacción de recomendacións en materia de delimitación territorial.
- Empregar con rigor argumentos xeográficos en xeral, e xeopolíticos en particular, nos debates mediáticos sobre a organización territorial de España.
- Apreciar a evolución do estudo da xeografía rexional de España, deducindo a pertinencia das súas achegas para a actual análise xeográfica en termos de ordenación e organización territoriais.
- Desenvolver habilidades comunicativas de información xeográfica.
O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas.
Nas clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia co apoio de presentacións en power point. Nestas sesións tamén se proporcionará aos alumnos/as información complementaria (sobre a bibliografía recomendada, páxinas web de interese, …) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónomo.
As sesións interactivas estarán dedicadas a profundizar nos conceptos vistos nas clases teóricas. Tendo para isto como base unha posta en común e un debate colectivo a partir de dous tipos de materiais: datos estatísticos e textos.
Un soporte esencial estará constituído pola Aula Virtual construída para o curso, na que os/as alumnos/as encontrarán: o programa detallado do curso; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; os textos de lectura obrigatoria e outros materiais de apoio para as sesións de docencia interactiva.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Non obstante, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, de xeito excepcional e debidamente xustificado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia. En todo caso, esta limitación non se aplicará en títulos cuxas memorias recollan unha porcentaxe superior.
b) Recoméndase definir quendas de rotación máis curtas nos grupos de prácticas, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial.
c) Se as prácticas supoñen o emprego de simuladores ou outros mecanismos telemáticos, poderase considerar a súa realización nunha modalidade virtual cunha porcentaxe superior ao 10%, que en todo caso non superará o 25% das horas prácticas da materia.
d) As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderá programar titorías por vía telemática.
e) A titorización de TFG e TFM desenvolverase de forma análoga á do resto das materias.
f) As probas finais, de ser necesarias, terán carácter presencial.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) A docencia expositiva poderá realizarase total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. Os centros definirán a distribución da docencia presencial e virtual para cada titulación, xustificando a porcentaxe de reparto entre ambas modalidades.
b) Na docencia interactiva poderase combinar a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia.
c) Os horarios programados deberán manterse independentemente do mecanismo docente considerado.
d) Recoméndase anticipar a impartición presencial dos contidos esenciais das clases prácticas, para evitar os efectos dun posible cambio ao escenario 3 durante o cuadrimestre.
e) Recoméndase definir quendas de rotación máis curtas nos grupos de prácticas, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial.
f) As actividades “en remoto” que se programen como parte do traballo persoal da/o alumna/o deben distribuírse ao longo do tempo, combinando tarefas individuais con traballo colaborativo. Potenciarase a aprendizaxe autónoma por medio de elementos de retroalimentación e autoavaliación.
g) Deberase priorizar a programación de titorías (incluídas as do TFG e TFM) por vía telemática.
h) As probas finais, de ser o caso, terán preferentemente carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
Docencia expositiva e interactiva
a) Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos.
b) Os horarios programados deberán manterse independentemente do mecanismo docente considerado.
c) Os centros deberán adaptar a impartición da prácticas a unha modalidade completamente virtual.
d) A programación de titorías (incluídas as correspondentes a TFG e TFM) será exclusivamente por vía telemática.
e) As probas finais, de ser o caso, terán carácter telemático.
A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polos alumnos (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas ou artigos). O peso específico de cada unha das actividades establecerase na programación anual da materia.
a) A asistencia e participación nas actividades presenciais terá un peso do 5% na cualificación final (a asistencia ás clases é obrigatoria e os alumnos deberán asistir a un mínimo do 80% das sesións)
b) Obras e parte interactiva: xuntos representa o 50% da cualificación final
1. Traballo individual con presentación oral. Terán un peso do 25% na cualificación final
2. Probas / traballo práctico individual. Estes traballos serán de dous tipos, os realizados na aula e os supervisados. Terán un peso do 25% na cualificación final
c) Unha proba final do contido do programa, que terá un peso do 45% na cualificación final
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física)
As probas finais, de ser necesarias, terán carácter presencial.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
As probas finais, de ser o caso, terán preferentemente carácter telemático (aula virtual e teams).
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física)
As probas finais, de ser o caso, terán carácter telemático (aula virtual e teams).
A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre aulas presenciais e actividades non presenciais, nomeadamente lecturas, procura de estatísticas e preparación de textos e contidos (carto)gráficos.
Asistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva. Utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso
Ademais de incluír os contidos habituais, para o curso académico 2020-2021, este apartado debe recoller as adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación previstas para os escenarios 2 e 3 nunha epígrafe denominada “Plan de Continxencia”, para os efectos de futuros procesos de seguimento e acreditación dos títulos.
Angel Miramontes Carballada
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Ramon Lopez Rodriguez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- ramonlopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Diego Cidras Fernandez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 17 de informática |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02- Cartografía |
31.05.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
06.07.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |