Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia achega algunhas das principais dinámicas da xeografía social e cultural desenvolvida a partir da eclosión do postmodernismo e do postestructuralismo. Ambas as dúas presentan unha tradición dilatada, pero nesta materia a énfase ponse no pensamento, na investigación e no activismo experimentados na xeografía orientada aos temas sociais e culturais desde a década de 1970.
A pesar de que a división entre xeografía social e cultural é unha convención moi estendida, non é doado delimitalas. Por iso nesta materia óptase por un bloque común inicial con aquelas cuestións básicas que son compartidas. Despois, os dous bloques específicos afondan nalgúns temas considerados característicos de cada unha, sen por iso perder de vista as múltiples interconexións.
Priviléxiase unha escolma coherente de temas determinantes da xeografía social e cultural. Porén, tamén se pretende espertar no alumnado o interese por outros ámbitos destas materias situadas na fronteira do coñecemento, en constante evolución e sometidas a cambiantes olladas, que non son abordábeis dadas as limitacións de tempo: ciberespazo, xeografías da vida cotiá, espazos de lecer, antiglobalización, comercio xusto, integrismo, etc.
I. INTRODUCIÓN
1. Historia e teoría de xeografía social e cultural.
2. O postmodernismo na xeografía. Xiro cultural, xiro espacial e nova teoría social.
3. A dobre realidade (material e ideal) na xeografía social e cultural.
4. Espazo, paisaxe e sexualidades.
II. XEOGRAFÍA SOCIAL
5. Espazos, temporalidades e actores.
6. Formacións socioespaciais urbanas. Integración e exclusión nas cidades.
7. Formacións socioespaciais nos territorios. Minorías, diásporas e migracións.
8. Movementos sociais.
III. XEOGRAFÍA CULTURAL
9. A paisaxe en xeografía cultural: a superación da escola saueriana polos estudos actuais. A paisaxe como ideoloxía.
10. A identidade. A noción de alteridade e a tese do orientalismo. Cultura global e resistencias locais? Multiculturalismo e identidade
11. Xeohumanidades: literatura, cine e arte.
12. Xeografía das relixións e dos espazos sagrados.
Bibliografía básica
- CLAVAL, P. (2003): Géographie culturelle. Une approche des sociétés et des milieux. Paris: Armand Colin.
- DI MÉO, G. & BULÉON, P. (2005): L’espace social. Lecture géographique des sociétés. Paris: Armand Colin.
- DUNCAN, J.S.; JOHNSON, N.C. & SCHEIN, R.H. (2004): A Companion to Cultural Geography. Malden/Oxford/Carlton: Blackwell.
- HIERNAUX, D. & LINDÓN, A. (dirs.) (2006): Tratado de Geografía Humana. Rubí/Iztapalapa: Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana.
- JORDAN, T.G. & ROWNTREE, L. (1986): The Human Mosaic: A Thematic Introduction to Cultural Geography. New York: Harper & Row.
- LINDÓN, A. & HIERNAUX, D. (dirs.) (2010): Los giros de la geografía humana. Desafíos y horizontes. Rubí/Iztapalapa: Anthropos/Universidad Autónoma Metropolitana.
- NOGUÉ, J. & ALBET, A. (2008): “Cartografía de los cambios sociales y culturales”, en ROMERO, J. (coord.): Geografía humana. Procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Barcelona: Ariel. pp. 173-219.
- NOGUÉ, J. & ROMERO, J. (eds.) (2006): Las otras geografías. València: Tirant lo Blanc.
Bibliografía complementaria
- BANINI, T. (2019): Geografíe Culturali. Milán: FrancoAngeli.
- BONAZZI, A. (2011): Manuale di Geografia Culturale. Bari: Editori Laterza.
- GRAHAM, B. & HOWARD, P. (eds.) (2008): The Ashgate Research Companion to Heritage and Identity. Aldershot: Ashgate
- KITCHIN, R. & THRIFT, N. (eds.) (2009): International Encyclopedia of Human Geography. Oxford: Elsevier.
Escolma de revistas especializadas
- Antipode: http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/%28ISSN%291467-8330
- Cultural Geographies: http://cgj.sagepub.com/
- Environment and Planning D. Society and Space: http://www.envplan.com/D.html
- Espaces et Sociétés: https://www.cairn.info/revue-espaces-et-societes.htm
- Literary Geography: https://www.literarygeographies.net/index.php/LitGeogs
- Social & Cultural Geography: http://www.tandfonline.com/toc/rscg20/current#.VW73N8-vGM8
- Razoar cal é o impacto do postmodernismo en xeografía e entender os “xiros” da xeografía humana.
- Valorar as achegas da socioloxía, da antropoloxía e dos estudos feministas na xeografía.
- Recoñecer o papel central conferido ao actor na xeografía social.
- Aproximarse á abordaxe xeográfica da exclusión, as minorías e a marxinalidade.
- Definir as características dos movementos sociais, nas súas múltiplas escalas.
- Dubidar dos significados clásicos asociados á noción de paisaxe coa axuda da xeografía cultural actual.
- Discutir o concepto de identidade e o seu sentido na xeografía.
- Aprender os elementos básicos das xeohumanidades e da xeografía das relixións e dos espazos sagrados..
- Saber elaborar comentarios de texto analíticos e valorativos de autores/as de referencia en xeografía social e cultural.
- Opinar de forma razoada e sustentada nos debates teórico-metodolóxicos en xeografía social e cultural, tanto na escrita como oralmente.
Dende o comezo do curso estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das aulas teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicar coa docente e coa clase.
Dacordo coas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021", prevense tres escenarios.
Escenario 1: Normalidade adaptada
A docencia será impartida de xeito presencial. Nas sesións de tipo expositivo, consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. Doutra banda, nas aulas interactivas a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesións, que poderán ser de carácter individual ou ben de carácter grupal.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo. A docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas durante as horas de aulas e nas horas de titorías individuais fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática (e que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). Tamén estará activo na Aula Virtual un “Foro de titoría pública”; a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Contémplase a realización dunha saída de campo; de realizarse, o alumnado deberá entregar unha memoria escrita desa actividade.
Escenario 2: Distanciamento
A docencia expositiva será impartida parcialmente de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos. No caso das sesións teóricas presenciais, a docente impartirá os contidos da materia nos horarios indicados polo centro. No caso das aulas teóricas non-presenciais síncronas, usaranse preferentemente Microsoft Teams e respectaranse os horarios establecidos polo centro. No caso das aulas teóricas asíncronas, o alumnado terá a disposición vídeos didácticos e tutoriais. A docente poñerá a disposición un calendario das sesións virtuais indicando a modalidade por cada unha delas. No caso das aulas interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión. As actividades serán diferentes e entre as mesmas contémplanse actividades que potencian a aprendizaxe autónoma do alumnado.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas nas horas de titorías individuais, priorizando as titorías por vía telemática (que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). As dúbidas formularanse tamén polo “Foro de titoría pública” e a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Escenario 3: Peche das instalacións
A docencia será impartida completamente de xeito virtual síncrono e asíncrono. Polas sesións teóricas síncronas, respectaranse os horarios establecidos polo centro, no caso das sesións asíncronas o alumnado terá a disposición vídeos didácticos e tutoriais. A docente poñerá a disposición un calendario das sesións virtuais indicando a modalidade por cada unha delas. No caso das aulas interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión. As actividades serán diferentes e entre as mesmas contémplanse actividades que potencian a aprendizaxe autónoma do alumnado.

As titorías terán lugar exclusivamente por vía telemática (preferiblemente por Microsoft Teams). As dúbidas formularanse tamén polo “Foro de titoría pública” e a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Dacordo coas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021", prevense tres escenarios.
Escenario 1: Normalidade adaptada
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade consistirá unicamente na avaliación continua que desagrégase en dúas compoñentes cunha ponderación proporcional á dedicación de cada unha delas.
a) Elaboración dun portafolio de ensaios breves entregados de forma continuada. De realizarse a saída, neste compoñente inclúese a avaliación da memoria da saída. O portafolio computará o 60% da nota final.
b) Elaboración do proxecto de investigación: o alumnado entregará de xeito obrigatorio un traballo final que computará o 40% da nota final. O tema do proxecto será comunicado ao longo do curso.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Para superar a materia, cómpre que a media das cualificacións estea aprobada (5).
En segunda convocatoria, só cumprirá volver entregar aqueles ensaios que non se superasen.
Para os/as alumnos/as coa dispensa concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 2: Distanciamento
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade consistirá unicamente na avaliación continua que desagrégase en dúas compoñentes cunha ponderación proporcional á dedicación de cada unha delas.
a) Elaboración dun portafolio de ensaios entregados de forma continuada. Computará o 60% da nota final.

A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS).
Dacordo coas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021", prevense tres escenarios.
Escenario 1: Normalidade adaptada
- Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
- Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
- Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
- Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
- Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Escenario 2: Distanciamento
- Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
- Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, priorizando a modalidade non presencial (preferiblemente a través de Microsoft Teams); ademais do “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
- Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
- Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
- Ter en consideración a situación de excepcionalidade vixente en todos os ámbitos de traballo.
Escenario 3: Peche das instalacións
- Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
- Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías en modalidade non presencial (preferiblemente a través de Microsoft Teams); ademais do “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
- Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
- Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
- Ter en consideración a situación de excepcionalidade vixente en todos os ámbitos de traballo.
PLAN DE CONTINXENCIA
Dacordo coas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021", recóllense a continuación as adaptacións correspondentes aos apartados de Metodoloxía da Ensinanza e Sistema de Avaliación para os escenarios 2 e 3.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
Escenario 2: Distanciamento
A docencia expositiva será impartida parcialmente de xeito virtual con mecanismos síncronos e asíncronos. No caso das sesións teóricas presenciais, a docente impartirá os contidos da materia nos horarios indicados polo centro. No caso das aulas teóricas non-presenciais síncronas, usaranse preferentemente Microsoft Teams e respectaranse os horarios establecidos polo centro. No caso das aulas teóricas asíncronas, o alumnado terá a disposición vídeos didácticos e tutoriais. A docente poñerá a disposición un calendario das sesións virtuais indicando a modalidade por cada unha delas. No caso das aulas interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión. As actividades serán diferentes e entre as mesmas contémplanse actividades que potencian a aprendizaxe autónoma do alumnado.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
A docente atenderá as dúbidas nas horas de titorías individuais, priorizando as titorías por vía telemática (que terán lugar preferiblemente por Microsoft Teams). As dúbidas formularanse tamén polo “Foro de titoría pública” e a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
Escenario 3: Peche das instalacións
A docencia será impartida completamente de xeito virtual síncrono e asíncrono. Polas sesións teóricas síncronas, respectaranse os horarios establecidos polo centro, no caso das sesións asíncronas o alumnado terá a disposición vídeos didácticos e tutoriais. A docente poñerá a disposición un calendario das sesións virtuais indicando a modalidade por cada unha delas. No caso das aulas interactivas, a docente publicará na Aula Virtual o material necesario e indicará as actividades correspondentes a cada sesión. As actividades serán diferentes e entre as mesmas contémplanse actividades que potencian a aprendizaxe autónoma do alumnado.
O seguimento das actividades vaise realizar a través dunha programación de entregas, para que o alumnado poida organizar o propio tempo de estudo. Ao mesmo tempo, a docente fará un seguimento do progreso a través dos informes de rexistro do Campus Virtual.
As titorías terán lugar exclusivamente por vía telemática (preferiblemente por Microsoft Teams). As dúbidas formularanse tamén polo “Foro de titoría pública” e a docente indicará no Foro o horario no que estima poder atender ás cuestións que se formulen.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAZE
Escenario 2: Distanciamento
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade consistirá unicamente na avaliación continua que desagrégase en dúas compoñentes cunha ponderación proporcional á dedicación de cada unha delas.
a) Elaboración dun portafolio de ensaios entregados de forma continuada. Computará o 60% da nota final.
b) Elaboración do proxecto de investigación: o alumnado entregará de xeito obrigatorio un traballo final que computará o 40% da nota final. O tema do proxecto será comunicado ao longo do curso.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Para superar a materia, cómpre que a media das cualificacións estea aprobada (5).
En segunda convocatoria, só cumprirá volver entregar aqueles ensaios que non se superasen.
Para os/as alumnos/as coa dispensa concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3: Peche das instalacións
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade consistirá unicamente na avaliación continua que desagrégase en dúas compoñentes cunha ponderación proporcional á dedicación de cada unha delas.
a) Elaboración dun portafolio de ensaios entregados de forma continuada. Computará o 60% da nota final.
b) Elaboración do proxecto de investigación: o alumnado entregará de xeito obrigatorio un traballo final que computará o 40% da nota final. O tema do proxecto será comunicado ao longo do curso.
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Para superar a materia, cómpre que a media das cualificacións estea aprobada (5).
En segunda convocatoria, só cumprirá volver entregar aqueles ensaios que non se superasen.
Para os/as alumnos/as coa dispensa concedida, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Lucrezia Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 17 de informática |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02- Cartografía |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
24.05.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
12.07.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |