Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1- Analizar a importancia que ten o territorio para a comprensión dos fenómenos políticos.
2- Valorar o feito de que o mundo conforma un sistema no que todas as partes están inter-relacionadas e que algunhas das suas pezas fundamentais, como os Estados, son entes territoriais.
3- Adquirir as capacidades que permitan desenvolver reflexións e propor solucións aos problemas que se formulan arredor da organización político-territorial do sistema mundo.
4- Advertir a riqueza e a complexidade da xeopolítica, así como a sua utilidade.
5- Reflexionar sobre os principais conflitos que existen no mundo, as súas causas, as súas consecuencias e o papel que o territorio significa neles.
6- Establecer as bases concetuais sobre as que se substenta esta rama fundamental da Xeografia humana.
1- Evolución e principais conceitos da xeopolítica: sistema mundo, nación, poder, estado, etc. Diferencias con xeografia política e xeoestratexia.
2- A actual orde xeopolítica mundial: desde a Guerra Fria ate a desaparición da bipolaridade e os novos tipos de conflitos bélicos.
3- O colonialismo e os seus legados
4- A globalización e as consecuencias sobre o territorio .
5- O novo papel das Nacións Unidas e doutros organismos e institucións mundiais. As transnacionais, as cidades mundiales, os estados, as nacións e o poder do lugar.
6- As fronteiras, crise e reforzo das fronteiras.
7- A xeografia electoral. O papel do territorio nos procesos electorais.
8- A loita polos recursos naturais e a defensa ambiental no ámbito da xeopolítica
9- A aparición dun novo mapa mundial.
- AGNEW, J. (Ed.), (1997): Political Geography. Londres: Arnold
- AGNEW, J. (1998): Geopolitics. Londres: Routledge
- AGNEW, J. (2005), Geopolítica. Una re-visión de la política mundial. Madrid: Trama
- AGNEW, J. e MITCHELL, K. (eds.), (2003) : A companion to Political Geography. Oxford : Blackwell
- ATLAS de Le Monde Diplomatique. 2003
- BECK, U. (2002) : ¿Qué es la globalización ? Barcelona : Paidós
- CAIRO, H. e PASTOR, J. (Comps.), (2005): Geopolítica, guerras y resistencia. Madrid: Trama
- CLAVAL, P. (1994): Géopolitique et Geostratégie. París: Nathan
- COX, K. (2002): Political Geography. Oxford: Blackwell
- JOHNSTON, R., TAYLOR, P. e WATTS, M. (Ed), (2002): Geographies of Global Change. Oxford: Blackwell
- KENNEDY, P. (1994): Auge y caída de las grandes potencias. Barcelona: Plaza&Janés
- LACOSTE, Y. (Dir.), (1993): Dictionnaire de géopolitique. País: Flammarion
- LACOSTE, Y. (1977): La geografía: un arma para la guerra. Barcelona: Anagrama
- LÓPEZ TRIGAL, L. e BENITO, P. (1999): Geografía Política. Madrid: Cátedra
-MÉNDEZ, R. (2011): El nuevo mapa geopolítico del mundo. Valencia: Tirant Lo Blanc
- NOGUÉ, J. e VICENTE, J. (2001): Geopolítica, identidad y globalización. Barcelona: Ariel
- PACIONE, M. (Ed.), (1984): Progress in Political Geography. Londres: Croom Helm
- PAINTER, J. (1995): Politics, Geography and Political Geography. Londres: Arnold
- POTTER, R. et alt. (1999) : Geographies of Development. Essex: Longman
- PRATT, M. e BROWN, J. (Ed), (2000): Borderlands Under Stress. Londres: Kluwer
- SÁNCHEZ, J. (1991): Espacio, economía y sociedad. Madrid: Siglo XXI
- SÁNCHEZ, J. (1992): Geografía Política. Madrid: Síntesis
- SHORT, J. (1993): An introduction to political geography. Londres: Routledge (2ª ed.)
- TAYLOR, P. (2002): Geografía Política. Madrid: Trama (2ª ed.)
1- Comprender a importancia do territorio nos diferentes procesos políticos.
2- Diferenciar os múltiples matices que conformam a riqueza da xeopolítica.
3- Interpretar a complexidade dos fenómenos políticos desde a óptica da xeografia.
4- Analizar os conflitos políticos na perspectiva espazo-temporal.
5- Resaltar a existencia dun sistema mundo que fai que todos os procesos políticos teñan que ser analizados na perspectiva sistémica.
6- Adquirir capacidades que permitam interpretar e dar solución aos numerosos problemas que se formulan no ámbito da xeopolítica.
7-Utilizar e saber interpretar gráficos así como tirar conclusiones e resultados do material utilizado.
8-Saber expresarse corretamente de forma oral e escrita.
9-Relacionar os conteúdos da disciplina coa realidade que nos rodea.
1- Aulas teóricas.
2- Lecturas obrigatorias de artigos sobre os temas tratados, a partir das que se organizarán sesións de discusión e debate.
3- Análise de fontes.
4- Análise de atlas e d outro material gráfico.
5-Tamém se suxerirá a asistencia a seminarios, cursos e conferencias que traten sobre o tema da disciplina.
6.-Se as condicións así o permiten, haberá unha saída ao campo para analizar sobre o terreo aspectos vistos nas aulas.
Farase um exame final que terá un valor equivalente á metade (50%) da cualificación.
Un 40% procederá dos comentarios, das lecturas e dos atlas, así como da saída ao campo e do traballo prático.
O alumnado terá que facer un traballo individual a entregar antes da proba escrita.
A participación activa, a colaboración e a dinamización no desenvolvemento das aulas terá un valor do 10%.
Os traballos práticos entregaranse na hora das práticas. Non se recollerán práticas de dias anteriores nin de estudantes que non teñan asistido.
É obrigatora a asistencia ás clases.
Para aprobar a materia é necesario obter no exame unha nota mínima que se establece en 5 sobre 10.
Estas normas son válidas para todas as convocatorias e non se gardan as cualificación dunha para outra.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
- 32 horas teóricas presenciais na aula.
- 16 horas de docencia interativa con presenza na aula.
- 3 horas de titorias presenciais no despacho do professor.
- 3 horas semanais (media) para o estudo, leituras, e tamén para os traballos a realizar fóra da sala de aulas.
- Recoméndase a asistencia e a participación activa nas aulas.
- Recoméndase a leitura de bibliografia adicional para complementar os conteúdos.
-O profesor terá en conta a capacidade do alunado para expresarse corretamente, tanto na forma escrita como na oral.
-O horario de titorías será: luns, martes e mércores de 9 a 11h.
IMPORTANTE
Seguindo as Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-21, elaboradas pola USC, establécense tres escenarios en función da situación sanitaria.
Segundo como vaia indo a situación sanitaria, esta programación pode ser alterada no desenvolvemento da docencia e das prácticas. A adaptación para esta materia seguirá estes criterios:
-De non poder entregarse presencialmente ou a través de correo electrónico, as prácticas subiranse á Aula Virtual nas mesmas condicións de data e formato que figuran nesta programación. O seu peso na avaliación final será o mesmo, 40%
-No caso de non ser posible a docencia presencial, o profesor subirá á aula virtual o tema correspondente en formato ppt con gravación do voz. O profesor estará presente a través da plataforma Teams de Microsoft durante a hora oficial de clase para atender as consultas do tema correspondente. É importante que o alumnado estea conectado e que participe nos debates; esta participación segue mantendo un valor do 10% da nota final.
-A cualificación dos contidos teóricos será de carácter continuado e o alumnado terá que entregar un traballo resumo do conxunto da materia cuxo valor será do 50% da nota final.
A aplicación destas medidas poderá variar lixeiramente en función da intensidade na restrición da mobilidade.
Xose Manuel Santos Solla
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812629
- Correo electrónico
- xosemanuel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
21.05.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
14.07.2021 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |