Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O solo é unha parte esencial dos ecosistemas, realiza funcións ambientais e produtivas imprescindibles para a vida na Terra e constitúe un recurso non renovable que precisa ser protexido e conservado e, polo tanto, ser tido en conta nos procesos de xestión ambiental e ordenación do territorio.
Ao longo do curso preténdese que os estudantes adquiran coñecementos básicos sobre:
- A composición, organización e propiedades do solo, os diferentes tipos de solos do mundo, os factores e procesos que gobernan a súa formación, distribución e evolución, así como o seu papel no medio ambiente e na ordenación e uso dos recursos.
- Os aspectos metodolóxicos máis importantes para a caracterización dos solos e a súa interpretación.
- As ferramentas máis importantes para á utilización da información de solos para a súa aplicación aos estudios de xestión ambiental e ordenación do territorio proporcionando nocións básicas sobre cartografía e avaliación dos solos.
De forma xeral preténdese espertar o interese dos estudantes pola ciencia do solo, o seu carácter aplicado e inculcar a necesidade de compromiso co autoaprendizaxe.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
I. A NATUREZA DO SOLO
1. A ciencia do solo. Desenvolvemento histórico e relación con outras ciencias.
2. Concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. Ameazas.
3. Organización do solo. Da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo
4. Compoñentes do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. Fase sólida: compoñentes minerais e orgánicos. Fase líquida: a auga do solo. Fase gasosa: a atmosfera do solo. A biota do solo
II. PROPIEDADES DO SOLO
1. Propiedades físicas. Cor. Textura. Estrutura. Densidade. Porosidade. Permeabilidade. Temperatura.
2. Propiedades físico-químicas. Fundamentos da reactividade do solo. Reaccións de disolución-precipitación. Interaccións superficiais: Cambio iónico y retención de ións. Reaccións ácido-base: pH e acidez do solo. Procesos de oxidación-redución
III. A FORMACIÓN DO SOLO: FACTORES E PROCESOS
1. Factores de formación. Influencia na formación e características do solo dos factores ambientais: material de partida, clima, relevo, organismos e tempo. A influencia humana.
2. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese.
IV. CLASIFICACIÓN DE SOLOS
1. A clasificación de solos. Principios e problemática. Evolución histórica da clasificación de solos. Tipos de clasificacións de solos.
2. Clasificacións modernas. Base Referencial Mundial do Recurso Solo (FAO, IUSS, ISRIC). Taxonomía de Solos (USDA).
3. A Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Estrutura e regras de uso. Horizontes, propiedades e materiais de diagnose. Grupos de referencia e unidades de segundo nivel.
V. TIPOLOXÍA E DISTRIBUCION DE SOLOS
1. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Descrición, distribución, manexo e uso
- Solos con capas orgánicas grosas: Histosols
- Solos con forte influencia humana: Antrosols, Tecnosols.
- Solos con enraizamento limitado: Criosols, Leptosols
- Solos influenciados pola auga: Vertisols, Fluvisols, Solonetz, Solonchaks, Gleisols
- Solos regulados pola química do Fe/Al: Andosols, Podzols, Plinthosols, Nitisols, Ferralsols
- Solos con capa de auga estancada: Planosols, Stagnosols
- Solos con acumulación de materia orgánica e alta saturación en bases: Chernozems, Kastanozems, Phaeozems.
- Solos con acumulación de sales menos solubles que o xeso ou substancias non salinas: Gipsisols, Calcisols, Durisols
- Solos con subsolo enriquecido en arxila: Retisols, Alisols, Acrisols, Luvisols, Lixisols
- Solos relativamente xoves ou con pouco ou sen desenvolvemento do perfil: Umbrisols, Arenosols, Cambisols, Regosols.
2. Ordes da Taxonomía de Solos: Alfisols, Andisols,Aridisols, Entisols, Xelisols, Histosols, Inceptisols, Mollisols, Oxisols, Spodosols, Ultisols, Vertisols. Equivalencia coa Base Referencial Mundial do Recurso Solo.
VI. O SOLO E A ORDENACION DO TERRITORIO. CARTOGRAFÍA E AVALIACIÓN DOS RECURSOS EDÁFICOS.
1. Cartografía de solos. Unidades cartográficas. Tipos de mapas de solos.
2. Avaliación de solos. A necesidade de avaliar os solos: funcións ecolóxicas, produtivas e aspectos socio-económicos. Parámetros intrínsecos e extrínsecos para a avaliación. Tipos de sistemas de avaliación de solos: metodoloxía e obxectivos.
3. Exemplos de sistemas de avaliación: Clases Agrolóxicas do USDA. Soil Fertility Capability Classification. O Esquema FAO de Avaliación de Terras. Sistemas de avaliación para fins non agronómicos.
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS
A docencia interactiva ten como obxectivo fundamental capacitar aos estudantes no coñecemento das técnicas básicas de caracterización morfolóxica e físico-química dos solos, a interpretación e a valoración das súas propiedades e o uso da información de solos para a súa aplicación á interpretación do medio físico e a ordenación do territorio. Para o seu desenvolvemento porase especial énfase nos solos máis representativos da cobertura edafolóxica de Galicia.
Seminarios
- Interpretación da descrición e morfoloxía de solos
- Interpretación de propiedades físicas e físico-químicas de solos
- Interpretación e clasificación de solos.
- Os mapas de solos. Información e uso
- Manexo de sistemas de avaliación de solos.
- Práctica de campo: 1 xornada de traballo de campo (6 horas). Orientada á interpretación de factores de formación, morfoloxía, propiedades e procesos de formación de diferentes tipos de solos de Galicia.
TITORÍA
- Orientada á resolución de dúbidas dos estudantes.
Bibliografía básica
- DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start… ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
- IUSS Grupo de trabajo WRB. 2015. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 106. FAO, Roma. http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
- PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2019. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa 4ªEd. (Biblioteca da Facultade de Bioloxía e Biblioteca da Facultade de Farmacia)
Bibliografía complementaria
- EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Solos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
Disciplinares
- Coñecemento básico dos conceptos, a metodoloxía, as ferramentas e a terminoloxía científica propia da ciencia do solo e disciplinas relacionadas.
- Coñecemento da diversidade de solos do mundo, os factores e procesos que determinan a súa formación e as causas da súa distribución.
- Capacidade para comprender e aplicar a información de solos a estudios do medio físico, xestión ambiental e a ordenación do territorio.
- Manexo de bibliografía especializada.
- Adquirir destrezas para o traballo de campo, integración de información experimental con coñecementos teóricos e para a elaboración de informes.
TRANSVERSAIS
CT2 - Espazos xeográficos rexionais, Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Ordenación do territorio
CT4 - Métodos de información xeográfica
CT5 - Metodoloxía e traballo de campo
CT6 - Utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio
CT7 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT8 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT9 - Realizar propostas de xestión territorial; Xestionar a localización de servizos e actividades; Realizar diagnoses integradas
da acción pública; Explicar os procesos da actualidade mediática
CT10 - Expresar información cartográficamente
CT11 - Traballo de campo e coñecemento directo do territorio
CT12 - Elaborar e interpretar información estatística
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE1 - Ordenar e sintetizar a información
CE3 - Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemas
complexos
CE5 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE6 - Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7 - Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
Nas clases expositivas, nas que se presentaran os aspectos básicos da materia, utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase aos estudantes, a través da aula virtual da materia, o material básico para o seguimento das clases teóricas así como material complementario (textos, gráficos, táboas ...) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web con información edafolóxica.
As clases interactivas centraranse no traballo persoal dos estudantes baixo a tutela e dirección do profesorado para tratar aspectos da materia que non se poden contemplar nas clases teóricas e abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo. No traballo de campo o traballo persoal do estudante orientarase á fomentar a capacidade de observación e a descrición e interpretación de solos.
Campus Virtual
Utilizarase a aula virtual da materia como ferramenta de comunicación cos estudantes ofrecéndolles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
Ao inicio do curso facilitarase aos estudantes o seguinte material na aula virtual:
GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES: unha guía na que se indicará a planificación de actividades.
PRESENTACIÓNS: as presentacións usadas polo profesorado nas clases expositivas.
PROBLEMAS: material para a interpretación e clasificación de solos (as solucións serán discutirán nos seminarios).
Docencia presencial
Clases expositivas e interactivas: as clases realizaranse combinando tanto a clase maxistral (exposición e discusión de temas) como en forma de seminarios (realización de exercicios). É importante que o estudante traballe o material posto á súa disposición con anterioridade ás sesións presenciais para promover a interacción profesor-alumno. A asimilación de contidos por parte dos estudantes verificarase mediante a realización de cuestionarios que serán entregados aos estudantes a través da aula virtual.
Práctica de campo: de ser posible realizarase unha práctica de campo orientada á interpretación dos factores de formación, á morfoloxía, ás propiedades e aos procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia. A implicación dos alumnos na práctica avaliarase mediante a realización dun cuestionario.
Titorías
Orientada á resolución de dúbidas dos estudantes.
Titorías individualizadas
Realizaranse de forma presencial no despacho do profesor e/ou mediante a plataforma MS Teams.
Canles de comunicación co alumnado
MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)
Para a avaliación terase en conta a asistencia, participación e coñecementos adquiridos nas actividades presenciais, un traballo en grupo e unha proba final.
a) Avaliación continua (50% da cualificación final). Valorárase en función da asistencia, e participación nas actividades presenciais (10% da cualificación final), as respostas a cuestionarios e problemas que se entregarán aos estudantes a través da aula virtual (20% da cualificación final) e a realización dun traballo en grupo (20% da cualificación final). Os estudantes deberán presentar, e expoñer, un traballo (realizado en grupos dun máximo de 3 persoas) que consistirá na interpretación, avaliación e clasificación de solos tipo a partir de fichas de solos reais; será valorado en función da calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
b) Proba final (50% da cualificación final). Constará de cuestións sobre o programa de teoría e sobre as actividades interactivas.
Criterios xerais
Para superar a materia na 1ª oportunidade será obrigatorio ter realizadas as actividades correspondentes a avaliación continua acadando unha puntuación de polo menos 1/3 do seu valor. A cualificación final será a suma das puntuacións de cada un dos criterios de avaliación. Se non se acada unha cualificación mínima na proba final (un 40% do seu valor) a nota final será a desta proba.
Para superar a materia na segunda oportunidade haberá que realizar as probas non superadas na primeira opción. Se o estudante opta por realizar unicamente a proba final, a cualificación máxima só poderá ser de aprobado.
As cualificacións do traballo en grupo e de asistencia e participación nas actividades docentes, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
No caso de estudantes aos que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación realizarase mediante un exame sobre os contidos do programa (60% da cualificación final) e un exame práctico (40% da cualificación final).
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial na aula:
- Docencia teórica en aula: 32h
- Práctica de campo: 6h
- Seminarios: 10h
- Titorías: 3h
- Realización de exames: 3h
Traballo persoal:
- Estudio individual e preparación do exame final: 70h
- Elaboración do traballo en grupo: 30h
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6h
Asistencia e participación activa nas actividades docentes expositivas e interactivas.
Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, recoméndase a realización das actividades requiridas ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través da aula virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
Distribuír o traballo persoal (estudio, realización de traballos, lecturas recomendadas, etc.) ao longo do semestre.
Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso.
PLAN DE CONTINXENCIA
De acordo ao “Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22” da USC
No caso de que ao longo do curso xurdan limitacións á actividade presencial a docencia presencial manterase ou combinarase con docencia virtual síncrona vía MS Teams (escenario 2, restricións parciais á presencialidade física) ou será enteiramente virtual e síncrona (escenario 3, peche das instalacións).
Práctica de campo. De ser posible Realizarase presencialmente no escenario 2 e a través dunha sesión MS Teams na que o profesor guiará aos estudantes nunha visita virtual (fotografías, discusión datos, …) (no escenario 2 se non é posible a asída o campo; no escenario 3).
Os criterios de avaliación e a súa ponderación serán os mesmos para calquera das situacións (escenarios 1, 2 e 3): 50 % avaliación continua (10% en función da asistencia e participación nas actividades docentes, 20% respostas aos cuestionarios, 20% cualificación do traballo en grupo) e 50% proba final. No escenario 2 a proba final será presencial se o número de estudantes matriculados e a dispoñibilidade de aulas o permite, ou virtual (síncrona) vía MS Teams e aula virtual de non ser posible. De darse o escenario 3, a proba final será virtual (síncrona) vía MS Teams e aula virtual.
Canles de comunicación cos estudantes
MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)