Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Este curso é unha continuación do curso Inglés para a Comunicación Comercial I. Os alumnos reforzarán os conceptos aprendidos e mellorarán tanto a linguaxe como as destrezas propias do inglés empresarial. O principal obxectivo do curso é elevar o nivel de inglés dos alumnos, en particular no que se refire ao seu uso en contextos comerciais. A finalidade do curso é preparar aos alumnos para traballar no sector comercial.
O curso combina a aprendizaxe de conceptos teóricos coa realización de actividades prácticas e céntrase principalmente no desenvolvemento das destrezas de comprensión e expresión oral e escrita.
Ao final do curso os alumnos deberían alcanzar un nivel de inglés entre o B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Este curso axudará aos alumnos a:
• aumentar a confianza en si mesmos á hora de desenvolverse en inglés en situacións profesionais
• aprender e saber contextualizar un amplo número de términos e conceptos comerciais
• adquirir unha maior fluidez para expresar, debater e analizar distintas ideas e conceptos empresariais
• mellorar a capacidade de comprensión oral en contextos económicos e empresariais
• desenvolver unha boa comprensión lectora de textos comerciais auténticos
• recoñecer e saber utilizar unha ampla variedade de documentos comerciais e empresariais
O curso divídese en catro módulos, cada un deles está estruturado en cinco partes: Business in Theory, Business in Practice, Business Language, Business News and Move to the Net.
A continuación resúmese o contido de cada módulo:
MODULE 4: International Trade
Business in Theory: Importing & exporting; trading procedures
Business in Practice: Enquiries; replies to enquiries
Business Language: Vocabulary and phraseology; grammar
Business News: Made in China
Move to the Net: The Silk Road
MODULE 5: Transport and Insurance
Business in Theory: Types of transport; transport documents; invoices
Business in Practice: Placing an order; replying to orders; modification and cancelation; sending goods
Business Language: Vocabulary and phraseology; grammar
Business News: Insurance Trends
Move to the Net: The Panama Canal
MODULE 6: Banking and Finance
Business in Theory: Banking systems; central banks; Banking services; payment methods; finance
Business in Practice: Payment issues; payment reminders and replies
Business Language: Vocabulary and phraseology; grammar
Business News: Changes in Banking Culture
Move to the Net: Bank on Dave
MODULE 7: Globalisation
Business in Theory: Introduction to globalisation; Economic globalisation; global sustainability
Business in Practice: Complaints and replies
Business Language: Vocabulary and functions; grammar
Business News: One World, one culture?
Move to the Net: E-waste
O curso inclúe tamén unha sección dedicada a os aspectos culturais con diferentes dosieres que tratan da historia, economía e institucións civís e políticas, así como de aspectos lingüísticos propios dos distintos países de fala inglesa que hai no mundo. Cada dosier está dividido en catro partes:
UK vs USA: textos de lectura e unha variedade de exercicios de comprensión lectora, ademais de actividades de comprensión e expresión oral e expresión escrita.
ESW (English Speaking World): artigos sobre a historia, xeografía e aspectos económicos, políticos e lingüísticos dalgúns dos outros países de fala inglesa.
Going deeper: tratamento en profundidade de un tema concreto mediante o uso de ´material auténtico e actividades baseadas no uso de destrezas.
Lit corner: revisión dun autor inglés ou Americano, e distintos xéneros literarios.
I. BIBLIOGRAFÍA OBRIGATORIA
I.1 LIBRO DE TEXTO
SMITH, A. (2013); Best Commercial Practice. ELI
II. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
II.1 GRAMÁTICA E PRÁCTICA
ALEXANDER, L.G. (1990); Longman English Grammar Practice. Longman
CUDER DOMÍNGUEZ, P. y R. LÓPEZ (2005); Gramática Oxford para estudiantes de inglés: Bachillerato. Oxford U.P.
DUCKWORTH, M. (2003); Business Grammar and Practice. Oxford U.P.
EASTWOOD, J. (1999); Oxford Practice Grammar. Oxford U.P.
HEWINGS, M. (2005); Advanced Grammar in Use. Cambridge U.P.
MURPHY, R. 2002. English Grammar in Use. Intermediate. 1985. C.U.P.
MURPHY, R. 2004. English Grammar in Use. Supplementary Exercises. C.U.P.
SWAN, M & C. WALTER (1997); How English Works. Oxford U.P.
II.2 DICCIONARIOS
____________ Cambridge International Dictionary of English. Cambridge U.P.
____________ Diccionario Oxford Inglés Español, Español-Inglés. Oxford U.P.
____________ Oxford Dictionary of Business English. Oxford U.P.
____________ Longman Business English Dictionary. Longman.
____________ Diccionario Oxford Business Español-Inglés Inglés-Español. Oxford.
LOZANO IRUESTE, J.M.; Diccionario Bilingüe de Economía y Empresa. Pirámide
II.3 VOCABULARIO
ASPINALL, T. & G. BETHELL (2003); Test your Business Vocabulary in Use: Intermediate. Cambridge U.P.
FLOWER, J. (1990); Build your Business Vocabulary. Language Teaching Publications
GODWIN, J. & L. STRUTT (2005); Test your Business Vocabulary in Use: Advanced. Cambridge U.P.
HORNER, H. & P. STRUTT (1996); Words at Work. Cambridge U.P.
LEWIS, M. (Ed.) (1987); Idioms at Work. Language Teaching Publications
MASCULL, B. (1996); Key Words in Business. HarperCollins Publishers
MASCULL, B. (2002); Business Vocabulary in Use: Intermediate. Cambridge U.P.
MASCULL, B. (2004); Business Vocabulary in Use: Advanced. Cambridge U.P.
II.4 INGLES EMPRESARIAL
ASHLEY, A. (1984); A Handbook of Commercial Correspondence. Oxford U.P.
BRUCE, K. (1992); Telephoning Longman
D’ACUNTO, E (2012); Flash on English for Transport & Logistics. ELI
ELLIS, M. & N. O'DRISCOLL (1987); Socializing Longman
FARRAL, C. & M. LINDSLEY (2008); Professional English in Use: Marketing. Cambridge U.P.
KERRIDGE, D. (1988); Presenting Facts and Figures Longman
HILL, J. (1981); Business English Homework L.T.P.
KING, F.W. & D.A. CREE (1978); English Business Letters. Longman
NATEROP, B.J. & R. REVELL (1997); Telephoning in English Cambridge U. P.
O'DRISCOLL, N. & A. PILBEAM (1987); Meetings and Discussions Longman
PRODROMOU, L & LUCIA BELLINI (2012); Flash on English for Commerce. ELI
STRUTT, P. (1995); Longman Business English Usage. Longman
II.5 PRONUNCIACIÓN
HANCOCK, MARK (2003); English Pronunciation in Use. Cambridge
III. RECURSOS ONLINE
http://www.elionline.com
III.1 DICCIONARIOS
http://www.learnersdictionary.com/
http://www.ldoceonline.com/
http://www.thefreedictionary.com/
http://thesaurus.reference.com/
http://www.wordreference.com/
III.2 GRAMÁTICA
http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm
http://www.englishpage.com/grammar/
III.3 EXERCICIOS PRÁCTICOS
http://www.english-test.net/
http://esl.about.com/od/intermediateenglish/
http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/
http://www.learnenglish.org.uk/
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CG6, CG7, CG9, CT1, CT2, CT4, CT5, CT10, CT14 , E6
BASICAS E XERAIS
Os estudantes desta materia han de ser capaces de:
CB1 - Demostrar que posúen coñecementos que parten da base da educación secundaria, e alcanzar un nivel adecuado de coñecementos relacionados con e aplicables ao seu campo de estudo
CB2 ? Saber aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas
CB3 - Reunir e interpretar datos para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes
CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 ? Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG5 - Comunicar información, e expresar con fluidez e corrección, facendo uso do razoamento e a capacidade crítica, argumentos, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial e comercial facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrito como dos medios e novas tecnoloxías de presentación de datos, información e coñecemento.
CG6 - Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación cun alto grado de autonomía ao longo da súa vida profesional, así como para emprender estudos especializados nas distintas áreas relacionadas co exercicio profesional e o desenvolvemento persoal.
CG7 - Integrar as TIC e o uso da lingua inglesa na súa actividade profesional.
CG9 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, cunha visión ética, global e multicultural, inculcando valores democráticos, de igualdade de oportunidades e respecto á pluralidade de ideas, persoas e situacións.
TRANSVERSALES
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT4 - Expresión oral e escrita.
CT5 - Coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT10 - Autonomía na aprendizaxe.
CT14 - Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional.
ESPECÍFICAS
E6 - [Formación instrumental]. Ser capaz de desenvolverse en situacións propias do seu ámbito profesional utilizando a lingua inglesa como vehículo de comunicación.
O énfases deste curso céntrase en que o alumno sexa capaz de desenvolverse en inglés naquelas situacións tanto sociais como propias da empresa coas que terá que enfrontarse na súa futura vida profesional. A súa prioridade ha de centrarse en incrementar a súa competencia comunicativa para ser capaz de comunicarse de xeito efectivo en inglés, adquirir confianza en si mesmo e mellorar a súa fluidez no uso da linguaxe oral así como o seu rendemento na linguaxe escrita para ser capaz de defenderse en inglés nas distintas situacións profesionais nas que se verá inmerso.
Ao longo deste curso os alumnos:
• aprenderán estruturas gramaticais e vocabulario específico mediante a utilización de material que trata sobre temas actuais relacionados co mundo empresarial
• practicarán destrezas orais para mellorar a súa fluidez e pronunciación mediante a realización de actividades de clase baseadas en situacións profesionais reais
• levarán a cabo simulacións e representacións de actividades empresariais reais, como por exemplo as transaccións comerciais
• mellorarán as técnicas e destrezas lingüísticas esenciais para desenvolver a súa labor profesional, como son as de realizar presentacións e levar a cabo negociacións
• practicarán exercicios baseados en destrezas que teñen o mesmo formato e nivel lingüístico que os utilizados para a preparación dos exames de Cambridge English: Busines (BEC) Preliminary and Vantage
• aprenderán a facer unha transacción comercial entre un provedor e un comprador de distintos países, recreando todos os pasos necesarios desde a toma de contacto inicial entre ambas empresas, hasta a entrega do produto comprado, incluíndo o pago, transporte e seguro do mesmo, así como a resolución das queixas e reclamacións que xurdan.
O curso ten un enfoque práctico e funcional co obxectivo de que o alumno utilice desde o principio o tipo de linguaxe que vai necesitar para desenvolver a súa actividade profesional en inglés. Espérase dos alumnos que interactúen entre si e asuman riscos na utilización da linguaxe con fins comunicativos. As distintas actividades foron deseñadas para axudar aos alumnos a lograr comunicarse de xeito efectivo en contextos empresariais específicos e proporcionarlles a oportunidade de estar en contacto co tipo de linguaxe utilizada dentro deste campo. A finalidade principal é lograr que o alumno utilice a lingua inglesa con fins comunicativos reais e efectivos.
Cada unidade implica unha serie de explicacións teóricas por parte do profesor, actividades prácticas no uso da linguaxe e traballo persoal en casa. Proporcionarase material adicional para completar os contidos de clase.
As actividades prácticas inclúen corrixir e aclarar as dúbidas xurdidas nos exercicios de casa, práctica de estruturas gramaticais e destrezas comunicativas, simulación de situacións reais utilizando produción oral e escrita en inglés, etc. Os alumnos participarán activamente neste tipo de actividades que se levarán a cabo en parellas ou pequenos grupos.
A avaliación das competencias realizarase de diversos xeitos. Por exemplo, a competencia CT4 será avaliada tanto mediante a participación do alumno en clase, como mediante exame.
As competencias CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CG7, CG9, CT1, CT2, CT4, CT5, CT14 e E6 se avaliarán a través da participación en clase.
As competencias CB1, CB2, CB3, CB5, CG6, CG7, CG9, CT1, CT2, CT4, CT5 e CT10 se avaliarán a través da preparación e realización das tarefas diarias encomendadas aos alumnos.
As competencias CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG5, CG6, CG9, CT1, CT4, CT5, CT10, CT14 e E6 se avaliarán a través da realización de exame.
I. CONVOCATORIA ORDINARIA (Xaneiro)
I.1.- Alumnos con asistencia obrigatoria
A avaliación é continua e terase en conta a preparación do traballo diario e a participación activa nas clases, así como os resultados das probas orais e escritas realizadas ao longo do semestre.
A nota final calcularase como segue:
a) Avaliación continua (60%)
• Participación activa na clase 10%
• Traballo autónomo fora da clase e preparación de actividades prácticas 20%
• Probas escritas 10%
• Destrezas orais/exame oral*20%
b) Exame final (40%)
Exame final escrito 40%
Exame oral * 20% (só nos casos detallados a continuación)
*Dependendo do nivel de rendimento dos alumnos nas actividades orais, é posible que algúns teñan que realizar un exame oral ao finalizar o curso. A data deste exame será anunciada en clase.
É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 tanto no exame final escrito como na destreza/exame oral para poder aprobar a materia.
O exame final realizarase na data oficial establecida pola Facultade.
I.2.- Alumnos con dispensa oficial de asistencia
Estes alumnos realizarán un exame escrito ao final do curso que valerá o 80% da nota final. O 20% restante corresponderá ao exame oral. Requírese un mínimo de 5 sobre 10 tanto no exame final escrito como no exame oral para aprobar a materia.
I.2.- Alumnos repetidores
O sistema de avaliación para estes alumnos é o mesmo que para os do apartado I.1.
II. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (Xullo)
Na convocatoria extraordinaria de Xullo aplicarase o mesmo sistema de avaliación. A nota obtida na avaliación continua gardásese para esta convocatoria, así como o aprobado que se puido obter na convocatoria ordinaria no exame final escrito ou no oral.
Inglés para a Comunicación Comercial II é unha materia obrigatoria impartida durante o terceiro semestre do Grao en Xestión de PYMES que ten 6 créditos ECTS.
O tempo de dedicación a esta materia é de 150 horas, das que 50 son de clases e as 100 restantes de traballo persoal e autónomo do alumno. En termos xerais poderiamos dicir que o alumno ha de dedicar a esta materia unhas 10 horas semanais incluídas as clases.
A asistencia regular ás clases coas tarefas do día preparadas é esencial. A participación activa do alumno é unha parte esencial tanto para o desenvolvemento da súa aprendizaxe como para o do propio curso. A falta de asistencia e a non preparación previa das clases, así como a falta de participación nas actividades prácticas terán unha influencia negativa na nota final.
Os exercicios prácticos, tanto os realizados en clase como os propostos para facer en casa como traballo persoal, teñen a función de reforzar o traballo realizado en clase.
Recoméndase encarecidamente utilizar recursos extra tales como películas en inglés, cancións, internet, revistas, etc. para incrementar o grado de exposición á lingua inglesa, e non limitarse ao input lingüístico proporcionado en clase.
Tamén se recomenda distribuír o tempo de estudo de xeito diario, no canto de concentralo todo nun ou dous días por semana.
Antonio Alvarez Rodriguez
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- antonio.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
19.01.2021 16:00-19:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |
24.06.2021 12:00-15:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |