Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia Xestión Financeira da Peme pretende ofrecer unha visión global do papel das finanzas empresariais na xestión das pequenas e medianas empresas, abordando todos os ámbitos relevantes das decisións financeiras (decisións de investimento, financiamento, dividendos e xestión do circulante) e revisando os aspectos fundamentais do ámbito no que se toman estas decisións (sistema financeiro e sistema legal).
Tema 1. O obxectivo financeiro da Peme. As decisións financeiras e o valor da empresa. Evolución histórica das finanzas. Principios básicos da xestión financeira. Contratos financeiros. Ética e responsabilidade social en finanzas.
Tema 2. O ámbito das decisións financeiras: activos, intermediarios e mercados financeiros. Entidades do sistema crediticio español.
Tema 3. Valoración de activos financeiros.
Tema 4. Decisións financeiras de investimento
Tema 5. Decisións financeiras de xestión do circulante. As fontes de financiamento empresarial a curto prazo.
Tema 6. As fontes de financiamento empresarial a medio e longo prazo. O custo de capital.
Tema 7. Decisións financeiras: política de endebedamento. A estrutura de capital e o valor da empresa.
Tema 8. Decisións financeiras: política de dividendos. A decisión sobre dividendos e o valor da empresa.
Libro de referencia para la preparación de la asignatura:
— Pindado García, J. (Dir.) (2012): Finanzas empresariales. Editorial Paraninfo, Madrid.
Bibliografía complementaria:
• Berk; DeMarzo; Hardford (2010), Fundamentos de finanzas corporativas. Prentice Hall. Madrid.
• Bodie, Merton (2003), Finanzas. Prentice Hall. Madrid.
• Brealey, R.A., Myers S.C. y Allen, F. (2007): Principles of corporate finance. 8ª edición, McGraw-Hill, Boston.
• Brealey, R.A., Myers, S.C. y Marcus, A.J. (2004): Fundamentos de finanzas corporativas. 4ª edición, McGraw-Hill, Boston.
• Brealey; Myers y Allen (2006), Principios de finanzas corporativas: MacGraw Hill: Madrid. 8ª edición.
• Brealey; Myers y Marcus (2007), Fundamentos de finanzas corporativas. MacGraw Hill. Madrid.
• Díaz de Castro, L.T. y López Pascual; J. (2001), Dirección financiera, planificación, gestión y control: Prentice Hall. Madrid.
• Durban Oliva, S. (2008), Dirección financiera. MacGraw Hill. Madrid.
• Hillier, D., Ross, S., Westerfield, R., Jaffe, J. y Jordan, B. (2010): Corporate finance. European Edition, McGraw-Hill.
• Hull, J.C. (1996): Introducción a los mercados de futuros y opciones. Prentice Hall, Hemel Hempstead.
• Keown, A.J., Petty, J.W., Scott, D.F. y Martin, J.D. (1999): Introducción a las finanzas: la práctica y la lógica de la dirección financiera. 2ª edición, Prentice Hall, Madrid.
• López Lubian, F.J. (2007), Casos prácticos de finanzas corporativas. Thomson. Madrid.
• López Lubian; F.J. y García Estévez, P.(2005), Finanzas en el mundo corporativo. Un enfoque práctico: MacGraw Hill. Madrid.
• Martín Fernández, M. Martínez Solano, P. (2000), Casos prácticos de dirección financiera. Pirámide. Madrid.
• Martín Marín, J.L. y Trujillo Ponce, A. (2004): Manual de mercados financieros. Thomson, Madrid.
• Mascareñas, J., Lamothe, P., López, F. y Luna W. (2004): Opciones reales y valoración de activos. Prentice Hall.
• Miguel Hidalgo, A. (1990): Las decisiones de inversión, financiación y dividendos en la empresa. Universidad de Valladolid, Valladolid.
• Ortigueira Bobillo, J.M. (2004), Casos prácticos sobre análisis de inversiones y financiación para pymes: Pirámide. Madrid.
• Ross, S., Westerfield, R. y Jordan, B. (2001): Fundamentos de finanzas corporativas. Mc Graw Hill.
• Sharpe, W.F., Alexander, G.J. y Bailey, J.V. (1995): Investments. Prentice Hall International, New Jersey.
• Suárez Suárez, A.S. (2005): Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. Ediciones Pirámide, Madrid.
• Suárez Suárez; A.S.(2008), Decisiones óptimas de inversión y financiación. Pirámide. Madrid.21ª edición.
• Weston, J.F. y Copeland, J.F. (1995): Finanzas en administración. McGrawHill, México.
Competencias básicas e xenerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Exercitar con eficiencia e eficacia a actividade profesional no ámbito da xestión de negocios e a actividade comercial das Pemes.
CG3 - Comprender procesos e operacións vinculados aos negocios das Pemes e á súa actividade comercial nos seus diversos ámbitos, aplicando ferramentas idóneas de xestión.
CG4 - Recompilar, analizar e valorar información relevante de carácter económico, legal, financeiro, empresarial e comercial para os distintos ámbitos de actividade das Pemes.
CG6 - Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación cun alto grao de autonomía ao longo da súa vida profesional, así como para emprender estudos especializados nas distintas áreas relacionadas co exercicio profesional e o desenvolvemento persoal.
CG9 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, cunha visión ética, global e multicultural, inculcando valores democráticos, de igualdade de oportunidades e respecto á pluralidade de ideas, persoas e situacións.
Competencias transversais:
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Xestión do tempo, dando prioridade a tarefas críticas e ao cumprimento dos prazos establecidos.
CT8 - Toma de decisións.
CT9 - Razoamento crítico.
CT13 - Negociación e tratamento de conflitos.
CT15 - Capacidade para asumir riscos e rapidez de reacción.
CT16 - Capacidade para actuar con responsabilidade social e con carácter cívico.
Competencias específicas:
B3 - Saber analizar os distintos tipos de decisións que conforman a actividade financeira da Peme, así como as súas interrelacións
B5 - Ser capaz de configurar a estrutura de capital da empresa e seleccionar os proxectos de investimento de acordo coa súa relación entre rendibilidade e risco
B6 - Avaliar e cuantificar os principais riscos financeiros das empresas
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa, proporcionando ao alumno a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. As prácticas están encamiñadas a resolver casos (reais e ficticios) nos que o alumno/a hase de enfrontar á toma de decisións financeiras. As prácticas adoptan diversas modalidades e na súa maior parte requiren o manexo da folla de cálculo e a redacción dun informe coa súa solución. Nalgúns casos estas prácticas haberán de resolverse de forma individual e noutras en grupos reducidos, para o cal se dedicarán sesións de seminario, nas que se tratará de fomentar a cooperación e o traballo en equipo. Todas as sesións impartiranse na aula de informática.
Os traballos programados ao longo do semestre pretenden contribuír á adquisición de habilidades para elaborar e presentar de xeito oral e escrito a información que se obtivese convenientemente. As actividades de avaliación formativa teñen como obxectivo incidir na optimización do proceso de aprendizaxe, contribuíndo á adquisición de hábitos referidos á secuencialización axeitada do proceso así como a proporcionar información periódica sobre os resultados deste. Estas actividades compleméntanse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: busca de material bibliográfico, lectura do devandito material, elaboración de informes, traballo autónomo que será guiado polo profesor nas horas destinadas a titorías.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente.
Para unha correcta avaliación das competencias que o alumno debe adquirir cursando esta materia terase en conta por un lado o resultado obtido nunha proba final teórico práctica e por outro lado a valoración continua do traballo do alumno materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc, propostos ao longo do curso.
A proba final teórico práctica terá un peso do 70% na cualificación final e a valoración continua do traballo do alumno un 30% na cualificación final.
Os alumnos exentos de asistencia por dispensa realizarán o exame na data oficial optando ao 100% da nota.
O sistema de avaliación será igual en todas as convocatorias (ordinaria e extraordinaria e primeira e sucesivas matrículas).
A nota da avaliación continua poderá conservarse dun ano a outro mentres se manteñan os criterios de avaliación da materia.
A mera asistencia ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de non presentado.
Avaliación de competencias:
Avaliación continua: CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CG1 CG3 CG4 CG6 CG9 CT1 CT2 CT3 CT8 CT9 CT13 CT15 CT16 B3 B5 B6
Exame final: CB1 CB5 CG6 CT1 B3 B5 B6
60 horas de traballo presencial no aula e 90 de traballo persoal do alumno
Os alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos básicos de:
- Análise e cálculo financeiro: tipos de interese simple e composto, leis de capitalización e desconto, rendas constantes e perpetuas e amortización de préstamos.
- Contabilidade financeira: manexo e comprensión dos estados contables e das partidas básicas.
- Dereito mercantil: tipos de sociedades, instrumentos e produtos financeiros, dereitos e obrigas dos accionistas e dos acredores, etc.
Así mesmo é imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas. Un nivel básico de inglés tamén facilitará a lectura de textos e artigos recomendados.
A docencia impartirase en castelán. Empregarase o campus virtual da USC para facilitar material de estudo e traballo ao alumno e canalizar a entrega de traballos e as comunicacións co profesor. E farase uso da folla de cálculo Excel para a explicación e posta en práctica dos coñecementos nos que incide o programa.
26.05.2021 09:00-11:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |
05.07.2021 16:00-19:00 | Grupo de exame | Seminario 1 |