Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia Xestión Financeira da Peme pretende ofrecer unha visión global do papel das finanzas empresariais na xestión das pequenas e medianas empresas, abordando todos os ámbitos relevantes das decisións financeiras (decisións de investimento, financiamento, dividendos e xestión do circulante) e revisando os aspectos fundamentais do ámbito no que se toman estas decisións (sistema financeiro e sistema legal).
Tema 1. O obxectivo financeiro da Peme. As decisións financeiras e o valor da empresa. Evolución histórica das finanzas. Principios básicos da xestión financeira. Contratos financeiros. Ética e responsabilidade social en finanzas.
Tema 2. O ámbito das decisións financeiras: activos, intermediarios e mercados financeiros. Entidades do sistema crediticio español.
Tema 3. Valoración de activos financeiros.
Tema 4. Decisións financeiras de investimento
Tema 5. Decisións financeiras de xestión do circulante. As fontes de financiamento empresarial a curto prazo.
Tema 6. As fontes de financiamento empresarial a medio e longo prazo. O custo de capital.
Tema 7. Decisións financeiras: política de endebedamento. A estrutura de capital e o valor da empresa.
Tema 8. Decisións financeiras: política de dividendos. A decisión sobre dividendos e o valor da empresa.
Libro de referencia para a preparación da materia:
— Pindado García, J. (Dir.) (2012): Finanzas empresariales. Editorial Paraninfo, Madrid.
Bibliografía complementaria:
• Berk; DeMarzo; Hardford (2010), Fundamentos de finanzas corporativas. Prentice Hall. Madrid.
• Bodie, Merton (2003), Finanzas. Prentice Hall. Madrid.
• Brealey, R.A., Myers S.C. y Allen, F. (2007): Principles of corporate finance. 8ª edición, McGraw-Hill, Boston.
• Brealey, R.A., Myers, S.C. y Marcus, A.J. (2004): Fundamentos de finanzas corporativas. 4ª edición, McGraw-Hill, Boston.
• Brealey; Myers y Allen (2006), Principios de finanzas corporativas: MacGraw Hill: Madrid. 8ª edición.
• Brealey; Myers y Marcus (2007), Fundamentos de finanzas corporativas. MacGraw Hill. Madrid.
• Díaz de Castro, L.T. y López Pascual; J. (2001), Dirección financiera, planificación, gestión y control: Prentice Hall. Madrid.
• Durban Oliva, S. (2008), Dirección financiera. MacGraw Hill. Madrid.
• Hillier, D., Ross, S., Westerfield, R., Jaffe, J. y Jordan, B. (2010): Corporate finance. European Edition, McGraw-Hill.
• Hull, J.C. (1996): Introducción a los mercados de futuros y opciones. Prentice Hall, Hemel Hempstead.
• Keown, A.J., Petty, J.W., Scott, D.F. y Martin, J.D. (1999): Introducción a las finanzas: la práctica y la lógica de la dirección financiera. 2ª edición, Prentice Hall, Madrid.
• López Lubian, F.J. (2007), Casos prácticos de finanzas corporativas. Thomson. Madrid.
• López Lubian; F.J. y García Estévez, P.(2005), Finanzas en el mundo corporativo. Un enfoque práctico: MacGraw Hill. Madrid.
• Martín Fernández, M. Martínez Solano, P. (2000), Casos prácticos de dirección financiera. Pirámide. Madrid.
• Martín Marín, J.L. y Trujillo Ponce, A. (2004): Manual de mercados financieros. Thomson, Madrid.
• Mascareñas, J., Lamothe, P., López, F. y Luna W. (2004): Opciones reales y valoración de activos. Prentice Hall.
• Miguel Hidalgo, A. (1990): Las decisiones de inversión, financiación y dividendos en la empresa. Universidad de Valladolid, Valladolid.
• Ortigueira Bobillo, J.M. (2004), Casos prácticos sobre análisis de inversiones y financiación para pymes: Pirámide. Madrid.
• Ross, S., Westerfield, R. y Jordan, B. (2001): Fundamentos de finanzas corporativas. Mc Graw Hill.
• Sharpe, W.F., Alexander, G.J. y Bailey, J.V. (1995): Investments. Prentice Hall International, New Jersey.
• Suárez Suárez, A.S. (2005): Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. Ediciones Pirámide, Madrid.
• Suárez Suárez; A.S.(2008), Decisiones óptimas de inversión y financiación. Pirámide. Madrid.21ª edición.
• Weston, J.F. y Copeland, J.F. (1995): Finanzas en administración. McGrawHill, México.
Competencias básicas e xenerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Exercitar con eficiencia e eficacia a actividade profesional no ámbito da xestión de negocios e a actividade comercial das Pemes.
CG3 - Comprender procesos e operacións vinculados aos negocios das Pemes e á súa actividade comercial nos seus diversos ámbitos, aplicando ferramentas idóneas de xestión.
CG4 - Recompilar, analizar e valorar información relevante de carácter económico, legal, financeiro, empresarial e comercial para os distintos ámbitos de actividade das Pemes.
CG6 - Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación cun alto grao de autonomía ao longo da súa vida profesional, así como para emprender estudos especializados nas distintas áreas relacionadas co exercicio profesional e o desenvolvemento persoal.
CG9 - Abordar a súa actividade profesional desde o respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, cunha visión ética, global e multicultural, inculcando valores democráticos, de igualdade de oportunidades e respecto á pluralidade de ideas, persoas e situacións.
Competencias transversais:
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Xestión do tempo, dando prioridade a tarefas críticas e ao cumprimento dos prazos establecidos.
CT8 - Toma de decisións.
CT9 - Razoamento crítico.
CT13 - Negociación e tratamento de conflitos.
CT15 - Capacidade para asumir riscos e rapidez de reacción.
CT16 - Capacidade para actuar con responsabilidade social e con carácter cívico.
Competencias específicas:
B3 - Saber analizar os distintos tipos de decisións que conforman a actividade financeira da Peme, así como as súas interrelacións
B5 - Ser capaz de configurar a estrutura de capital da empresa e seleccionar os proxectos de investimento de acordo coa súa relación entre rendibilidade e risco
B6 - Avaliar e cuantificar os principais riscos financeiros das empresas
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos a extinguir.
O alumnado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.
As titorías levarán a cabo preferentemente de forma presencial, aínda que en determinados casos tamén se poderán realizar de forma virtual e síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior. Os contidos a avaliar correspóndense co último curso no que a materia se ofertou.
Para os casos de realización fraudulenta de probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Esta proba poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Esta proba será presencial.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas, o que supón unha carga de traballo total autónomo de 150 h. Parte destas horas poden ser empregadas para a realización de titorías e para a realización da proba final escrita.
Os alumnos que se dispoñen a estudar esta materia deberían ter coñecementos básicos de:
- Análise e cálculo financeiro: tipos de interese simple e composto, leis de capitalización e desconto, rendas constantes e perpetuas e amortización de préstamos.
- Contabilidade financeira: manexo e comprensión dos estados contables e das partidas básicas.
- Dereito mercantil: tipos de sociedades, instrumentos e produtos financeiros, dereitos e obrigas dos accionistas e dos acredores, etc.
Así mesmo é imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas. Un nivel básico de inglés tamén facilitará a lectura de textos e artigos recomendados.
Segundo o Plan de continxencia para a organización da docencia no curso 2021-2022 (aprobado polo Consello de Goberno na sesión de 30 de abril de 2021), a programación previamente exposta elaborouse tendo en conta o escenario 1 (Normalidade adaptada -sen restricións á presencialidade física). No apartado seguinte -Plan de continxencia- recóllense as adaptacións aos escenarios 2 e 3.
Plan de continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física)
As titorías serán prioritariamente telemáticas (síncrona) a través das plataformas institucionais (MS Teams) nos horarios establecidos polo profesorado.
Sistema de avaliación: O sistema de avaliación aplicable a cada oportunidade mantense igual que o previamente exposto. Neste escenario, a proba final será preferiblemente presencial. Só será virtual se así o aconsellan as directrices establecidas nese momento polos órganos correspondentes.
Escenario 3. Peche das instalacións
As titorías serán exclusivamente por vía telemática (síncrona) a través das plataformas institucionais (MS Teams) nos horarios establecidos polo profesorado.
Sistema de avaliación: O sistema de avaliación aplicable a cada oportunidade mantense igual que o previamente exposto. Neste escenario, a proba final será exclusivamente telemática (a través da plataforma MS Teams da USC).
Jacobo Feas Vazquez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 982824466
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
30.05.2022 09:00-12:00 | Grupo de exame | Seminario 2 |
06.07.2022 09:00-12:00 | Grupo de exame | Seminario 2 |