Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Tendo en conta os conceptos aprendidos polos alumnos na materia impartida no 2º curso: “Fundamentos de marketing”, o obxectivo xenérico que se pretende con esta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios sobre o conxunto de ferramentas de que dispoñen as pequenas e medianas empresas para poñer en marcha as estratexias de marketing mais axeitadas que lle permitan actuar sobre os seus mercados obxectivos, e ser o suficientemente competitivas para poder acadar os resultados desexados polos directivos da empresa. Neste sentido propóñense os seguintes obxectivos mais específicos:
Que os estudantes adquiran coñecementos e habilidades para analizar a situación dos mercados e dos elementos que participan no intercambio de bens e servizos.
Que os estudantes adquiran coñecementos e habilidades na toma de decisións con respecto ás variables a disposición dos directivos comerciais para a consecución dos obxectivos de marketing no curto e longo prazo.
Que os estudantes asuman un enfoque proactivo.
Que os estudantes desenvolvan habilidades de traballo en equipo, liderado e negociación.
Que os estudantes desenvolvan habilidades de argumentación e presentación.
1. Contribución do marketing aos obxectivos da empresa
2. Decisión de produto
3. Decisión de marca
4. Decisión de prezos
5. Xestión das relacións cos distribuidores
6. Xestión da comunicación: publicidade
7. Xestión da comunicación: promoción de vendas
8. Xestión do equipo comercial
Bibliografía básica:
- Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, M.J; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011): Introducción al marketing. Ed. Pearson.
Bibliografía complementaria:
- Esteban, A.; Mondéjar, J.A. (coord.) (2013): Fundamentos de marketing. Ed. ESIC.
- García, M.D. (2008): Manual de marketing. Ed. ESIC.
- Mediano, L.; Beristaín, J.J. (2014): Marketing práctico para pequeños negocios. Una guía para todos. Ed. Pirámide.
- Rivera, J.; De Garcillán, M. (2012): Dirección de marketing. Fundamentos y aplicaciones, 3ª edición. Ed. ESIC.
- Sainz de Vicuña, J.M. (2016): El plan de marketing en la PYME. Ed. ESIC.
- Santesmases, M. (2012): Marketing: conceptos y estrategias, 6ª edición. Ed. Pirámide.
- Vázquez, R.; Trespalacios, J.A. (Direc.) (2005): Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales, 4ª edición. Ed. Thomson-Cívitas.
Básicas e xerais:
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1. Exercitar con eficiencia e eficacia a actividade profesional no ámbito da xestión de negocios e a actividade comercial das Pemes
CG2. Interpretar a contorna, os elementos e as relacións que conforman a realidade económica, empresarial e comercial nos mercados crecientemente globalizados
CG3. Comprender procesos e operacións vinculados aos negocios das Pemes e á súa actividade comercial nos seus diversos ámbitos, aplicando ferramentas idóneas de xestión
CG4. Recompilar, analizar e valorar información relevante de carácter económico, legal, financeiro, empresarial e comercial para os distintos ámbitos de actividade das Pemes
CG6. Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación cun alto grao de autonomía ao longo da súa vida profesional, así como para emprender estudos especializados nas distintas áreas relacionadas co exercicio profesional e o desenvolvemento persoal
Transversais
CT1. Análise e síntese
CT2. Organización e planificación
CT3. Xestión do tempo, dando prioridade ás tarefas críticas e ao cumprimento dos prazos establecidos.
CT4. Expresión oral e escrita
CT9. Razoamento crítico
CT10. Autonomía no aprendizaxe
CT11. Traballo en equipo
CT14. Capacidade de relación interpersoais nun contexto profesional
Específicas:
C2. Análise da contorna e adaptación a escenarios económicos diversos, nacionais e internacionais
C3. Tomar decisión tácticas e estratéxicas no ámbito da empresa e en contornas incertas
C7. Desenvolver a capacidade de análise crítica
C8. Ser capaz de deseñar e implantar a política e a estratexia comercial da empresa
C10. Desenvolver habilidades para a análise estratéxica en materia de organización e marketing nunha contorna global
C11. Implantar na empresa unha xestión orientada ao mercado
Materia en extinción. Sen docencia.
O alumnado poderá acudir ás titorías para solventar as dúbidas que poida ter durante o proceso de aprendizaxe.
O sistema de avaliación corresponderase cunha avaliación final mediante exame que suporá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
A materia implica un total de 150 horas de dedicación por parte do alumnado.
En caso de dúbidas é conveniente comunicarse co profesor a través das titorías persoais.
Fernando Losada Perez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824420
- Correo electrónico
- fernando.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
26.01.2023 09:00-12:00 | Grupo de exame | Seminario 3 |
26.06.2023 09:00-12:00 | Grupo de exame | Seminario 3 |