Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os principais obxectivos da materia son: O estudo da xénese histórica, función e aplicación da foto nos medios de comunicación. O coñecemento e posta en práctica dos xéneros e propostas narrativas no fotoxornalismo.
1. A foto como foto para a prensa: ben público, mediación técnica e conquista da instantánea. O "efecto-verdade" e as regras do discurso xornalístico. Punto de vista e toma de posición: da fotografía de documentación social e da foto documental. As imaxes de Ruth Matilda Anderson e o proxecto da Farm Security Administration.
1.1. Pequena historia da foto publicada na prensa "dende onde o mundo se chama Galicia"
2. A xeración da Leica e os inicios da fotoxornalismo. O discurso realista en prensa e a obxectividade fotográfica. A foto de acontecimento, o retrato das persoas e do territorio, a foto-reportaxe. Da candid-photo e da Fotomontaxe como variacións: Paul Strand, John Heartfiel e Aleksander Rodschenko.
2.1. Dos procesos de connotación na fotografía de prensa, segundo Roland Barthes
2.2. O sentido da "posta en páxina". Os novos modelos: AIZ e Berliner Illustrierte Zeitung.De Europa a América: VU, Life.
3. Fotoxornalismo e conflitos: a guerra como acontecemento. A creba do século: a foto na guerra civil española e na II Guerra Mundial. O "efecto-Vietnam". Censura e guerras "non declaradas". I e II Guerra do Golfo: A frente fotográfica. Foto de guerra contra xornalismo.
3.1. Robert Capa e Gerda Taro na Guerra de 1936-1939
3.2 Gervasio Sánchez nos Balcáns
3.3. As fotos do 11S e a réplica de Gillles Peres e James Natchwey: "Unha democracia de fotografías"
4.De profesión "reporter": a fundación de Magnum e a liña de autor na fotoxornalismo. Eugene Smith:o ensaio fotográfico. Henri Cartier-Bresson: o instante decisivo. O proxecto "The Family of Man, epílogo da fotografía humanista. A Beat Generation e "The Americans" de Robert Frank.
4.1. William Klein como modelo
4.2. A xeración "Aixelà": Xavier Miserach e Ricard Terré
5. A crise da fotoxornalismo. Fotografos contra editores: "Droit du Regard". O novo documentalismo e a politica dos autores: a foto como reflexión e como expresión. O documentalismo contemporáneo e as técnicas ficcionais. Sobre a política de representación e a fotografía feminista: Jane Evelyn Atwood.
5.1. Ética, política, estética: elementos para un debate, a partir de Paul Virilio.
5.2. Fred Ritchin: reflexións en torno á fotografía do invisible
6. A Foto como inscripción na cultura visual contemporánea: retrato de grupo, a partir de "Pueblos expuestos, pueblos figurantes" de Georges Didi-Huberman.
6.1. Ollar o mundo e facer fotografías: Sebastiao Salgado
6.2. Foto e performance: Sophie Calle
Bibliografía básica:
Baeza, P. Por una función crítica de la fotografía de prensa. Barcelona, Gustavo Gili, 2001.
Freund, G. La fotografía como documento social. Barcelona, Gustavo Gili, 1976.
Easterby, J. 150 proyectos de fotografía: técnicas esenciales, ejercicios y proyectos. Barcelona, Blume, 2010.
Kobré, K.Fotoperiodismo: el manual del reportero gráfico. Barcelona, Omega, 2006.
Ledo, M. Documentalismo fotográfico. Madrid, Cátedra, 1998.
Ledo, M. Foto-xoc e xornalismo de crise. Sada-A Coruña, Do Castro, 1988.
Varios autores. Fotoperiodismo y edición. Madrid, Editorial Universitas, 2006.
Bibliografía complementaria:
Barthes, R. A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía. Santiago de Compostela, Laiovento, 2003.
Benjamin,W. Discursos interrumpidos. Madrid, Taurus,1973
Bourdieu, P. Un arte medio: ensayo sobre los usos sociales de la fotografía. Barcelona, Gustavo Gili, 2003.
Didi-Huberman, G. Pûeblos expuestos, pueblos figurantes. Buenos Aires, Manantial, 2014.
Fontcuberta, J. La cámara de Pandora. Barcelona, Gustavo Gili, 2010.
García de Cortázar, F. Las fotos que hicieron historia. 1900-2011. Madrid, JdeJ Editores, 2010.
Golden, R. Fotoperiodismo. Los fotógrafos de noticias más importantes del mundo. Madrid, Libsa, 2011.
Jeffrey, I. La fotografía. Barcelona, Destino, 1999.
Lebrun, B., Lefebre, M. Robert Capa. Las huellas de una leyenda. Barcelona, Lunwerg, 2011.
Pastoriza, F. Qué es la fotografía. Barcelona, Lunwerg, 2014.
Payne, S. Imágenes inéditas de la Guerra Civil (1936-1939). Las mejores fotos de la Agencia EFE. Madrid, Agencia EFE, 2005.
Pogue, D. Fotografía digital. Madrid, Anaya Multimedia, 2009.
Salked, R. Cómo leer una fotografía. Barcelona, Gustavo Gili, 2014.
Sontag S. Olhando o sofrimento dos outros. Algés, Gótica, 2003.
Sousa, J.P. Uma história crítica do fotojornalismo ocidental. Chapecó, Grifos, 2000.
Yapp, N., Hopkinson, A. 150 years of photo journalism. The Hulton Deutsch Collection. Köneman, 1995.
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos teóricos e técnicos ao traballo de maneira profesional e creativa, posúa as competencias necesarias para adaptarse a cada soporte e modelo de publicación, poida transmitir información, puntos de vista e propostas visuais a un público tanto especializado como non especializado e adquira capacidade crítica para a análise da función da foto na comunicación.
Para alén destas competencias, trátase de fixar os alicerces de futuros traballos profesionais de carácter independente, sexan persoais ou colaborativos, que teñan que ver coa fotografía documental e co fotoxornalismo, dende a reflexión e mais o compromiso coa sociedade e a cultura do seu tempo.
Empregaranse a lección maxistral, a resolución de exercicios e problemas e a aprendizaxe orientada a proxectos aplicadas a tres tipos de actividades: construción discursiva na aula, actividades individuais e actividades en grupo.
A metodoloxía docente baséase na construción colectiva do discurso analítico e crítico sobre o fotoxornalismo, a súa evolución e significación. A intervención do estudantado nas aulas favorecerá a aprendizaxe crítica e o debate, amais do desenvolvemento dunha cultura fotoxornalística sólida que permitirá a aplicación práctica e creativa.
A formación teórica, para alén da exposición de contidos, acompáñase da lectura de textos académicos, críticos e profesionais aplicados a mostras de fotos de diferentes tipoloxías e propostas discursivas.
As prácticas de fotoxornalismo consistirán en pequenos traballos fotoxornalísticos preparatorios para o proxecto final, que será unha fotoreportaxe para unha publicación web.
Dado que a materia consta dunha parte teórica e outra práctica, cada unha delas equivale ao 50% da nota final e para aprobar a materia e que as partes fagan media deberán estar superadas ambas as dúas partes. Suspender unha das partes supoñerá suspender a materia.
Puntuarase sobre 10 puntos: 5 teoría e 5 práctica. O alumnado deberá obter en cada unha das partes como mínimo 2,5 puntos.
Para os casos de avaliación fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A USC no artigo 16 da normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Consello de Goberno 15-06-2011 BOE 21-07-2011) establece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
48 horas presenciais (24 ed teoría e 24 de laboratorios), máis 102 horas de traballo persoal.
Todas aquelas actividades dirixidas a afortalar o coñecemento da materia, tales como leituras, revisión de traballos fotográficos, asistencia a exposicións, en primeiro lugar fotográficas aínda que tamén de arte en xeral, ou conferencias.
Recoméndase seguir actividades e concursos como o World Press Photo ou o Photo España entre outros.
Plan de continxencia
En caso de que a situación sanitaria nos sitúe de novo nos escenarios 2 e 3 (semipresencialidade e online) a metodoloxía de ensinanza variará, pasando a poder desenvolverse algunhas aulas de forma síncrona a través de Teams e outras actividades de xeito asíncrono a través do Campus Virtual. Asemade, a realización das prácticas adaptarase segundo o nivel de restricións e de acceso a material técnico. No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, este celebrarse de xeito asíncrono.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
25.05.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
25.05.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
30.06.2022 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |