Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo fundamental da materia é acadar o coñecemento teórico e a capacidade de aplicación práctica dos conceptos e principios da composición visual e das artes gráficas. En concreto:
- O estudo das técnicas e procesos de materialización da información en distintos soportes e medios de comunicación.
- O estudo e análise do deseño xornalístico, especialmente no seu aspecto formal, coñecendo e diferenciado as tipoloxías e modelos de composición visual
- O coñecemento do deseño nos medios de comunicación e nos distintos ámbitos da cultura visual
- O estudo e análise das artes gráficas, a súa historia e evolución ata a actualidade.
- O achegamento á cultura visual, a súa historia, movementos, tendencias e aplicacións.
A materia busca achegar os estudantes á cultura visual, mellorar a súa percepción visual para que sexan capaces de traballar de forma adecuada na composición visual da páxina individual e do proxecto gráfico da publicación en conxunto, deste xeito, ao rematar o curso, o estudantado deberá estar familiarizado coa tecnoloxía de uso habitual nos medios en distintos soportes, e ser capaz de idear e xestionar de maneira adecuada o aspecto formal deses medios para que resulten máis eficaces no proceso comunicativo.
1. Deseño e comunicación visual
1.1. Fundamentos do deseño
1.2. Elementos básicos do deseño gráfico
1.3. A organización da linguaxe visual
1.4. Percepción e deseño
1.5. O deseño nos medios de comunicación: do cartel á web
1.6. Exercicios aplicados a un caso: Escher e Pentagram
2. Deseño e sociedade
2.1. O deseño na sociedade pre industrial
2.2. Modernismo e artes decorativas
2.3. Vangardas na Europa de Entreguerras
2.4. Prensa ilustrada e renovación visual na sociedade de consumo
2.5. A escola de Nova York e o funcionalismo centroeuropeo
2.6. Diferentes metodoloxías no deseño (codeseño, código aberto, deseño social, deseño circular...)
2.7. Exercicios aplicados a un caso: Renau, Maside, Rodchenko, Barbara Kruger
3. A composición visual da información
3.1. Formatos de prensa impresa
3.2. A cuadrícula e a organización visual
3.3. Organización, estrutura e paxinación
3.4. A portada e a súa evolución
3.5. Os estilos de deseño de prensa
3.6. A irrupción de novos medios: o xornal despois da televisión
3.7. Exercicios aplicados a un caso: New York Times, Nós diario, Neo2
4. Tipografía
4.1. Anatomía dunha letra: partes, tamaños, tipos, familia
4.2. Orixes do alfabeto e primeiras tipografías. A tipografía clásica
4.3. Tipos móbiles e desenvolvemento da cultura impresa
4.4. A tipografía moderna: construtivismo, Bauhaus, escola Helvética
4.5. Tendencias tipográficas actuais e a tipografía como identidade
4.6. Exercicios aplicados a un caso: tipografía Futura, Helvetica, Times New Roman, e tipografía galega: Maistypes, e NMType
5. O deseño na web
5.1. Novos modelos na prensa: a irrupción do dixital
5.2. Evolución da prensa na web: a arquitectura da información
5.3. Modelos de comunicación
5.4. Multimedialidade e deseño
5.5. Usabilidade, lexibilidade, interactividade
5.6. Novos formatos de publicación e tendencias no deseño
5.7. Exercicios aplicados a un caso: Quarz, The Guardian, eldiario.es, Rijksmuseum.
6. O deseño no audiovisual
6.1. O deseño gráfico no cine: das cartelas á integración narrativa
6.2. O deseño gráfico na televisión: alén das caretas e os kairons
6.3. Do deseño á animación
6.4. O rol do deseño gráfico na construción da identidade audiovisual
6.5. Exercicios aplicados a un caso: Rembrand j’accuse, Yugo Nakamura
Contidos prácticos
As prácticas desenvólvense en dous formatos diferentes: unha primeira parte que será en formato taller, onde se traballará en grupos de cinco ou seis persoas, nunha sala de seminario, e a outra parte, desenvolverase de forma individual no laboratorio (informática).
Na primeira parte realizaranse prácticas con diferentes técnicas como é o collage, o bosquexo, etc para adquirir os fundamentos básicos do deseño.
A continuación realizarase unha práctica de deseño editorial que servirá para coñecer algunhas claves da actividade laboral, utilizando ferramentas profesionais e tendo que resolver problemas reais, está práctica se entregará en papel.
Por último, a práctica de deseño web, tratará de experimentar a diferencia entre a edición en papel e a pantalla. O deseño estará baseado nun xornal ou revista.
Recursos
Os recursos necesarios para o desenvolvendo das devanditas prácticas serán materiais básico de deseño (regras, lapis, rotuladores e papel) e ordenador. En canto ao software utilizaranse diversos programas do paquete Creative Cloud e outras ferramentas de acceso libre.
Bibliografía básica
BERGSTRÖM, Bo. Tengo algo en el ojo. Técnicas esenciales de Comunicación Visual. Barcelona: Promopress, 2009
CASES. Diseño de la noticia: 2010-2012 : proyectos gráficos y editoriales para el periodismo impreso y digital, Sol 36, Barcelona, 2013
GARCÍA MARTÍNEZ, A.; Parra Valcarce, D.; Rojo Villada, P. Tecnologías de la información en la producción periodística. Universitas. Madrid, 2007
GÄDE, R.Diseño de periódicos. Sistema y método. Gustavo Gili. Barcelona, 2002.
LUPTON, E. COLE PHILLIPS, J. Diseño gráfico. Nuevos fundamentos. GG: Barcelona, 2009
POULIN, R. Fundamentos del diseño gráfico. Promopress, 2016
ZAPPATERRA, Y. Diseño editorial: revistas y periódicos. Gustavo Gili. Barcelona, 2008.
Bibliografía complementaria
ERREA, J.; GIL, A. (coord.). ÑH9: lo mejor del diseño periodístico España & Portugal 2012. Pamplona: SNDE, 2012
BLACKWELL, L. La tipografía del siglo XX. GG. Barcelona, 1993.
GARCÍA, MARIO: Diseño y remodelación de periódicos. Eunsa. Pamplona.
FRUTIGER, A.. Signos, Símbolos, marcas, señales. Barcelona: Gustavo Gili, 2012.
HELLER, E.. Psicología del color. Cómo actúan los colores sobre los sentimientos y la razón. Barcelona: Gustavo Gili, 2012.
JULIER, G. La cultura del diseño. Barcelona: Gustavo Gili, Barcelona, 2008
LUPTON, E. Thinking with type. Nova York: Princeton Architectural Press, 2004.
SATUÉ, E. Diseño gráfico en España. Alianza Universidad, Madrid, 1997.
GONZÁLEZ DÍEZ, L.; PÉREZ CUADRADO, P. 30 años de diseño periodístico en España (1976-2006). Zona Impresa. Madrid.
VILCHEZ ARRIBAS, J. F. Historia gráfica de la prensa diaria española (1758-1976), RBA, 2011.
Algúns recursos e webs para explorar
British Museum Press Exhibitions https://www.britishmuseum.org/commercial/british-museum-press
Design Museum Chicago https://designchicago.org/
New York Museum of Art and Design https://madmuseum.org/
Bauhaus https://www.bauhaus.de/en/
Museu del disseny de Barcelona https://ajuntament.barcelona.cat/museudeldisseny/es
Europeana https://www.europeana.eu/en
Design Museum Denmark https://designmuseum.dk/en/
London Design Museum https://designmuseum.org/
BÁSICAS E XERAIS
- Que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias tipicamente necesiarias para defender argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo
- Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan reflexión sobre temas relevantes de tipo social, científico ou ético
- Que os alumnos poidan comunicar información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados
- Que os alumnos desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender de xeito posterior estudos cun alto grao de autonomía
- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
- Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
- Competencia para a práctica da profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de xestionar da información
- Traballo en equipo
- Aprendizaxe independente
- Creatividade
- Iniciativa e espírito emprendedor
- Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
- Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación
- Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento profesional da comunicación
- Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos
Empregaranse a lección maxistral, a resolución de exercicios e problemas e a aprendizaxe orientada a proxectos aplicadas a tres tipos de actividades: construción discursiva na aula, actividades individuais e actividades en grupo.
A metodoloxía docente baséase na construción colectiva do discurso analítico e crítico sobre a cultura visual, o deseño e a composición e a súa necesidade no xornalismo. A intervención do estudantado nas aulas favorecerá a aprendizaxe crítica e o debate, amais do desenvolvemento dunha cultura visual sólida que permitirá a aplicación práctica dos principios do deseño e a composición. Estas sesións complementaranse con exercicios de resolución de problemas baseados en casos concretos que lles permitan profundar aos estudantes nas necesidades e técnicas aplicables a cada contexto. Para rematar de desenvolver as competencias e poñer en práctica os contidos adquiridos, nas prácticas traballaranse proxectos de deseño e composición aplicados ao deseño de carteis, de xornais e de publicacións web.
De acordo cos tres escenarios que contempla a USC a causa do contexto sanitario, a metodoloxía de ensinanza adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presenciais e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual e a ferramenta Microsoft Teams. No caso de ter que realizar actividades en remoto, alternaranse as sesións de carácter síncrono coa titorización dos proxectos a través de correo electrónico ou videochamadas.
Nas clases pácticas, analizaremos, cada día, diferentes tipos de gráficas, promovendo a reflexión, o debate e a participacion. Estos deseños estarán vinculados a cada fase do curso, reforzando desta maneira os coñecimentos adquiridos na parte teórica.
Ademais realizaremos a tarea correspondente a cada práctica, tratando de que esta se desenvolva o máximo posible na aula.
A cualificación final ponderará un 50% a parte teórica e un 50% a parte práctica. Ambas partes terán que estar aprobadas para poder acceder ao cómputo.
A parte teórica da materia avaliarase mediante exercicios analíticos de casos concretos durante o curso e un exame final. No caso de que a docencia presencial se vise afectada por mor da pandemia, os exercicios desenvolveríanse a través do Campus Virtual e o Teams; o exame final sería asíncrono e virtual.
A parte práctica da materia avaliará o deseño e composición visual proxectos en papel e web, tanto o seu proceso (biblia, proposta de estrutura, material preparatorio) como o deseño en si (eficiencia, usabilidade e posta en marcha).
Segunda oportunidade
Os estudantes que non superen a materia, na convocatoria ordinaria, deberán realizar as mesmas actividades para aprobala en segunda oportunidade. No caso de ter suspensa só unha das partes, so terán que realizar as actividades relativas a esta.
Ao pé das 150 horas, incluíndos os tempos de traballo presenciais e persoais.
Recoméndase o traballo cos recursos bibliográficos e visuais da biblioteca e a exploración sistemática dos recursos recomendados para estar ao día das novidades no deseño gráfico e web. Do mesmo xeito, a exploración e práctica con software propio do deseño e composición como o Photoshop ou o Adobe InDesign, é moi recomendable para mellorar as habilidades adquiridas en clase e plasmar máis facilmente a cultura visual adquirida.
Os/As estudantes deberán empregar o seu correo institucional da USC para a comunicación cos docentes; é a través deste correo que se lles trasladarán as informacións sobre as materias.
Jose Ramon Pousa Estevez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816537
- Correo electrónico
- xoseramon.pousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Antonio Vizoso Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816544
- Correo electrónico
- angel.vizoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Uqui Permui Martinez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uqui.permui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
26.05.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
26.05.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
29.06.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |