Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Documentación Informativa introduce o proceso documental e o uso de fontes no contexto xornalístico, co fin de contribuír á elaboración de información. A materia presenta os conceptos e principios básicos da documentación, a tipoloxía de fontes, a busca e a recuperación de información e o procesamento e arquivo de datos, a través das tecnoloxías da información e da comunicación actuais.
• Coñecer e comprender o significado da documentación no contexto xornalístico.
• Identificar, xerarquizar, avaliar e usar fontes e sistemas documentais para elaborar, procesar e transmitir información.
• Adquirir técnicas e ferramentas de busca, recuperación, almacenamento e procesamento de datos.
• Sintetizar e relacionar conceptos e datos para crear novo coñecemento.
• Coñecer e aplicar as normas de citación e atribución de autoría, así como a estrutura nos traballos científico-académicos.
NOTA IMPORTANTE: Os/as alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
1. Sociedade da información e do coñecemento
1.1. Escenario comunicativo, información e sociedade
1.2. Orixe e evolución do medio dixital
2. Introdución á Documentación
2.1. Definición da Documentación
2.2. Breve historia da Documentación
3. Busca e recuperación da información
3.1. Ferramentas e técnicas de recuperación de información
3.2. Avaliación dos métodos de selección
4. Documento e fontes de información
4.1. Definición do documento
4.2. Tipoloxía de fontes de información
5. Principios e fundamentos da documentación informativa
5.1. Concepto e principios
5.2. Funcións no xornalismo
5.3. Perfil profesional
6. Proceso e análise documental nos múltiples soportes
6.1. Proceso documental
6.2. Organización, clasificación e metadatos
6.3. Documentación especializada
7. Verificación da información
7.1. Contexto e definición
7.2. Iniciativas de verificación
7.3. Técnicas e ferramentas de verificación
8. Xornalismo de datos
8.1. Definición e aplicacións
8.2. Fontes abertas e acceso á información
8.3. Técnicas para a xestión e o procesamento de datos
9. Centros e servizos de documentación
9.1. Avaliación de necesidades e deseño do servizo
9.2. Departamentos e arquivos nos medios
10. Aproximación á investigación científica
10.1. Método científico e técnicas de investigación
10.2. Estrutura dun traballo científico-académico
10.3. Citación e referencias
Prácticas
• Busca avanzada na rede, recuperación e arquivo
• Revisión bibliográfica
• Citación e referencias nun traballo científico-académico
• Análise documental e identificación de fontes
• Avaliación de fontes documentais
• Análise de servizos documentais
• Recuperación e tratamento de datos de fontes abertas
• Elaboración dunha liña temporal baseada na documentación
• Dossier documental a partir dun tema específico
• Dossier documental para elaborar un perfil ou unha entrevista
• Verificación de datos e declaracións
• Elaboración dun formato multimedia para a divulgación de información documental
Bibliografía básica
Buckland, M. (2017). Information and Society. Massachusetts: The MIT Press.
Galdón, G. (2002). Teoría y práctica de la documentación informativa. Barcelona: Ariel Comunicación.
Giménez Toledo, E. (2007). Manual de Documentación para comunicadores. Pamplona: EUNSA.
López-Carreño, R. (2018). Fuentes de información. Guía básica y nueva clasificación. Barcelona: Editorial UOC.
López Yepes, J. (2011). La sociedad de la documentación. Madrid: Editorial Fragua.
Rubio Lacoba, M. (2007). Documentación informativa en el periodismo digital. Madrid: Editorial Síntesis.
Bibliografía complementaria
Caridad Sebastián, M.; Hernández Pérez, T.; Rodríguez Mateos, D.; Pérez Lorenzo, B. (2011). Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Madrid: Editorial Síntesis.
Cordón García, J. A.; Alonso Arévalo, J.; Gómez Díaz, R.; López Lucas, J. (2012). Las nuevas fuentes de información. Información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0. Madrid: Ediciones Pirámide.
Moreno Gallo, M. Á. (2009). Manual de documentación para la comunicación. Burgos: Universidad de Burgos.
Redondo, M. (2018). Verificación digital para periodistas. Manual contra bulos y desinformación internacional. Barcelona: Editorial UOC.
Rubio Jordán, A. V. (2018). Documentación informativa. Madrid: CEF.
Recursos de acceso aberto (listado completo no campus virtual)
Beltrán Orenes, P. (2015). La documentación informativa y la recuperación de la información escrita. Nuevas competencias para el ciberespacio. index.comunicación, 5(3), 29-57. http://journals.sfu.ca/indexcomunicacion/index.php/indexcomunicacion/ar…
Codina, L. (2020). Revisiones bibliográficas sistematizadas en Ciencias Humanas y Sociales. 1: Fundamentos. Methodos, 1, 50-60. DOI: 10.31009/methodos.2020.i01.05
Crucianelli, S. (2013). ¿Qué es el periodismo de datos? Cuadernos de Periodistas, 26, 106-124. http://www.cuadernosdeperiodistas.com/que-es-el-periodismo-de-datos/
Díaz-Noci, J. (2020). Guía de métodos de investigación aplicados al entorno digital. Methodos, 1, 4-19. DOI: 10.31009/methodos.2020.i01.02
First Draft (2019). Verifying Online Information. https://firstdraftnews.org/wp-content/uploads/2019/10/Verifying_Online_…
Guallar, J.; Codina, Ll. (2018). Journalistic content curation and news librarianship: Differential characteristics and necessary convergence. El profesional de la información, 27(4), 778-791. DOI: 10.3145/epi.2018.jul.07
Sherman, C. (2020). Verification Handbook for Disinformation and Media Manipulation. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/verification-3
Vázquez-Herrero, J.; Vizoso, Á.; López-García, X. (2019). Innovación tecnológica y comunicativa para combatir la desinformación: 135 experiencias para un cambio de rumbo. El profesional de la información, 28(3). https://doi.org/10.3145/epi.2019.may.01
Informes do sector e fontes de datos abertos.
Básicas e xerais
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais
CT1 Capacidade de organización e planificación
CT2 Capacidade de xestión da información
CT3 Traballo en equipo
CT4 Aprendizaxe autónoma
CT5 Creatividade
CT6 Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 Coñecementos básicos da profesión
Específicas
CE09 Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas
CE10 Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación
CE11 Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación
CE12 Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información
NOTA IMPORTANTE: Os/as alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
NOTA IMPORTANTE: Os/as alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A materia avaliarase cun exame final na data prevista no calendario, incluíndo coñecementos teóricos e prácticos aplicados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
NOTA IMPORTANTE: Os/as alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
O estudante terá que dedicar 150 horas de estudo, preparación e de realización das actividades programadas e de avaliación.
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
13.01.2023 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
16.06.2023 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 5 |