Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O estudantado obterá unha visión contextualizada das industrias culturais a partir dos seguintes obxectivos.
1. Conceptualizar a produción cultural como actividade industrial.
2. Identificar a estrutura e composición do sector.
3. Interpretar a importancia das industrias culturais nas sociedades desenvolvidas.
4. Coñecer os subsectores, a concentración e os fenómenos de transnacionalización.
5. Analizar os procesos de produción e consumo das distintas industrias culturais: procesos de creación e canles de comercialización.
6. Relacionar as industrias culturais cos medios de comunicación.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
1. Aproximación ao concepto teórico das industrias da cultura.
2. Economía e contextualización das industrias culturais. Valor simbólico da cultura e a comunicación. Industrias culturais e industrias creativas.
3. Ramas das industrias da cultura: editorial, fonográfica, medios de comunicación, cine e publicidade. Novas tecnoloxías. Mapa simbólico das industrias culturais en Galicia.
4. Produción e consumo das industrias da cultura. Especificidades.
5. Ámbito legal das industrias da cultura. Dereitos de autor. Políticas culturais.
6. Novas formas de organización. Os grupos empresariais. Estratexias. Grupos multimedia. Transnacionalización e globalización das industrias culturais.
7. Impacto tecnolóxico nos procesos de produción e comercialización das industrias da cultura.
Bibliografía básica:
Bustamante, E. (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa.
Davies, R. y Sigthorsson, G. (2013). Introducing the creative industries: From theory to practice. London: SAGE.
Delgado Porras, A (2015). Propiedad intelectual. Madrid. Civitas.
Freixanes, V.F; Meixide, A (ed).(2010) O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela
Mattelart, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Barcelona. Paidós Comunicación.
Bibliografía complementaria:
Adorno, T., Horkheimer, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta. Madrid.
Álvarez Monzonillo, J.M. (1993). La industria cinematográfica española 1980-1993. Madrid: Fundesco /Ministerio de Cultura.
Cebrián Herreros, M. et al. (ed) (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social.
Consello da Cultura Galega (2013). A comunicación en Galicia. Santiago de Compostela.
Diaz Nosty, B.(1989-1999-2001).Informe Anual de la Comunicación. Barcelona: Zeta
Hallin, D.C., Mancini, P. (2004): Comparing Media Systems. Three ModelsofMedia and Politics. Nueva York: Cambridge University Press
Outeiriño. M. (comp.) (2011). Globalización e imperialismo cultural, Vigo, Galaxia.
Reig, R. (2011). Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Barcelona: Gedisa.
Throsby, D., 2011. Economía y Cultura. Cambridge University Press. Madrid.
Vogel, H.(2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Madrid: Fundación Autor.
VV.AA. (2002). Comunicación y Cultura en la era digital. Madrid: Fundación Alternativas.
Zallo, R., (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa. Barcelona.
Zallo R.(director) (1995). Industrias y políticas culturales en España y el País Vasco. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco. UPV-EHU.
1. Coñecer e comprender as novas achegas que a industria cultural incorpora á sociedade da comunicación no seu conxunto.
2. Coñeccer e comprender a cultura en canto que organización, forma de socialización e formas de desenvolvemento económico nas sociedades avanzadas.
3. Coñecer e comprender das transformacións que se producen e veñen producindo nas últimas décadas verbo das vías de creación cultural e a comunicación.
4. Identificar o variado espectro de vías de expresión cultural, organizadas en formas e procesos industriais, que configuran o mapa simbólico da comunicación nas sociedades contemporáneas.
5. Coñecer e comprender a significación de todas e cada unha das industrias da cultura en canto que formas ou fenómenos novos da creación cultural e contidos simbólicos. Coñecer e comprender a súa significación na configuración das sociedades contemporáneras, moi especialmente na sociedade de masas, nas sociedades postindustriais e na sociedade da globalización.
6. Coñecer e comprender as distintas formas de organización que as industrias da cultura amosan na actualidade, enmarcadas na tradición da produción cultural e proxectadas cara ao futuro das novas tecnoloxías, analizando a súa repercusión nos procesos xerais de socialización.
7. Coñecer e comprender a organización das industrias culturais tanto no plano da comunicación como no discurso político e socioeconómico.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao traballo dunha forma profesional e adquira as competencias que se poidan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB2 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB3 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinaria.
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 - Creatividade.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022. A avaliación realizarase mediante un exame.
Jose Sixto Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Sixto Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
03.06.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |