Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
a) Estudo da lingua galega e os seus estándares, con especial énfase no seu uso na produción da información xornalística e audiovisual, tanto na súa forma falada coma na escrita.
b) Análise da terminoloxía para a expresión de ideas e contidos.
c) Estudo da lingua nas prácticas, contextos e técnicas xornalísticas e audiovisuais.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
1. A variación lingüística. Diversidade lingüística vs. Homoxeneidade: a lingua estándar.
2. Lingua escrita e lingua oral. Estándar escrito e estándar oral.
3. Aspectos básicos de fonética articulatoria do galego.
4. Aspectos básicos de morfoloxía do galego.
5. Aspectos básicos de sintaxe do galego
6. Aspectos básicos do léxico do galego.
7. Composición de textos escritos, ortografía e puntuación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
FREIXEIRO MATO, X. R. (2013): Estilística da lingua galega. Vigo: Xerais.
GONZÁLEZ REI, B. (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova.
HERMIDA GULÍAS, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
RAG (1997): Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña: RAG. https://academia.gal
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ÁLVAREZ, R. / X. XOVE (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
CARBALLEIRA ANLLO, X. M. (coord.) (2010): Gran dicionario Xerais da lingua, Vigo: Xerais.
CASTRO MACÍAS, L. (2007): Dicionario Xerais de sinónimos e antónimos. Vigo: Xerais.
FEIXÓ CIF, X. (coord.): Dicionario fraseolóxico século 21 castelán-galego e de correspondencias galego-castelán. Vigo: Cumio / Xerais.
FERNÁNDEZ SALGADO, B. (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de uso e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
FREIXEIRO MATO, X. R. (1998-2003): Gramática da Lingua Galega I, II, III e IV. Vigo: Edicións A Nosa Terra.
ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
LÓPEZ TABOADA, M. C. / M. R. Soto Arias (1997): Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. A Coruña: Galinova.
MARTÍNEZ SEIXO, R. A. (2000): Dicionario fraseolóxico galego. Vigo: A Nosa Terra.
NAVAZA BLANCO, G. (coord.) (2007): Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos. Vigo: Xerais, 1990.
PENA, X. A. (2001): Diccionario Cumio de expresións e frases feitas: castelán-galego. Vigo: Edicións do Cumio.
PENA, X. A. (dir.) (2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio.
REGUEIRA FERNÁNDEZ, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Edicións Xerais.
REGUEIRA, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: ILG/RAG. http://ilg.usc.es/pronuncia/
SANTAMARINA, A. (2006-2013): Dicionario de dicionarios da lingua galega. http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
SANTAMARINA, A. / GONZÁLEZ, M. (coord.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG / Santiago: ILG. https://academia.gal/recursos-volg
BÁSICAS E XERAIS
- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- Que se adquira competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
- Adquisición de competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
-Que se adquira competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de xestión da información
- Traballo en equipo
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Iniciativa e espírito emprendedor
- Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
- Adquirir técnicas de expresión oral e escrita nos medios de comunicación audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para os medios non escritos.
- Correcto uso da lingua galega . Concretamente ó rematar o curso o alumnado deberá poder redactar un texto en lingua galega, de calquera tema e en calquera formato, con total corrección e adecuación léxica, gramatical e ortográfica e deberá poder producir un texto oral en lingua galega, de calquera tema e en calquera formato, con total corrección e adecuación fonética, prosódica, léxica e gramatical.
Ofrécese a seguir unha listaxe de competencias estrictamente lingüísticas que se espera que domine o alumnado ó finalizar o curso:
1. Identificar o sociolecto ou o rexistro ao que pertence un determinado texto.
2. Saber se un texto pode encaixarse dentro da variedade modelo e, no seu caso, sinalar as causas que impiden esta consideración.
3. Identificar as principais repercusións no galego que se derivan da marxinalidade e contacto lingüístico.
4. Saber empregar con aproveitamento ferramentas útiles na elaboración de textos orais e escritos galegos.
5. Empregar correctamente a sintaxe galega.
6. Empregar a morfoloxía do código normativo galego.
7. Empregar o sistema vocálico, o sistema consonántico e a prosodia do galego.
8. Empregar un léxico máis rico e correcto desde o punto de vista do código normativo.
9. Empregar a ortografía do código normativo galego.
10. Construír textos coherentes e ben cohesionados.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Elisa Fernandez Rey
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811788
- Correo electrónico
- elisa.fernandez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Vitor Miguez Rego
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- vitor.miguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
15.01.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
17.06.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 5 |