Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 36 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
D. .José Ramón Pousa......, Días martes e xoves, de 09,00 a 12,00 no despacho 15 do departamento de Ciencias da Comunicación
Estudio do proceso de produccíón da voz e formación no manexo das súas cualidades sonoras, imprescindibles para a correcta locución de mensaxes informativos.
Coñecementos e habilidades: Coñecer e practicar as técnicas de voz para evitar patoloxías vocais; dominar a voz como principal instrumento de comunicación para facer máis efectivos os contidos audiovisuais; manexar os recursos expresivos da voz para aplicalos á interpretación de distintas mensaxes.
Ferramentas de aprendizaxe: O control da respiración e do aparato fonador como principal instrumento de producción da voz; O estudo de radio e televisión, micrófonos, cámaras e gravadoras como elementos para a potenciación da comunicación oral.
Valores e actitudes: Trátase de controlar o dominio da expresión oral mediante o control da entoación, vocalización, o ritmo e actitude tanto na lectura de textos como na improvisación de contidos audiovisuais. E preciso unha disciplina física e mental para exercitar os músculos que favorecen a respiración costo-diafragmática.
A sustancia sonora da voz como instrumento de comunicación, manexo dos elementos determinantes da producción da voz: respiración, fonación, resonancia e articulación; conseguir unha maior expresividade coa voz, mediante exercicios de entoación, acento, ritmo e pronunciación. Gravación ante o micrófono e cámara de TV. Escoita e corrección.
A materia divídese en tres bloques de importancia: Introducción ao medio audiovisual co estado das particularidades da linguaxe da Radio e da linguaxe da televisión; a redacción de textos adaptados a unha estructura oral e a locución dos mesmos ante o micrófono da radio e ante a cámara de TV.
Temas do programa:
I.- Introducción á Radio e á Televisión; a locución dentro da Comunicación Audiovisual: marco teórico, introducción aos conceptos clave da materia; liñas xerais do programa; obxectivos da materia; material necesario para a realización das prácticas; organización do curso; fontes bibliográficas; sistema de avaliación; métodos e datas da avaliación.
II.- O texto audiovisual: escribir para falar; características da redacción audiovisual; adaptación ás particularidades do medio radiofónico e televisivo. O libro de estilo e o uso do idioma.
III.- Mecanismos de producción da voz: Mecanismo respiratorio; tipos de respiración: a respiración costodiafragmática; mecanismo fonador; mecanismo articulatorio.
IV.- Calidades da voz: A intensidade da voz, a duración ou cantidade de voz; o ton da voz; o timbre da voz. Mecanismos reguladores da intensidade, o ton e o timbre; clasificación e características da voz audiovisual: o condicionamento radiofónico, e o condicionamento televisivo, o condicionamento vocal.
V.- A educación da voz: ortofonía. Factores técnicos: relaxación, respiración, fonación e articulación; factores físicos, factores psicolóxicos; factores externos. A construcción da locución audiovisual.
VI.- Prosodia audiovisual: definición; funcións da Prosodia: función distintiva, función integradora, función delimitadora, función contrastiva, función semántica.
VII.- Elementos prosódicos: entoación, acento, ritmo e actitude. A entoación: niveles ou fonemas tonais; tonemas ou xunturas terminais; o acento; o ritmo: velocidade de lectura, pausas, a adaptación ás características do discurso radiofónico e televisivo. A actitude do locutor ante o texto. Niveles e patróns prosódicos.
VIII.- A pronunciación radiofónica; definición de pronunciación; tipos de pronunciación; procesos articulatorios de vocais e consonantes; clasificación e articulación das vocais; adaptación ás características de cada lingua.
IX.- A locución a partires dos textos escritos: características; unidades fónicas: definición; identificación de unidades e subunidades fónicas; atribución de unidades melódicas; palabras de valor; enlaces de entoación; cadencia; o estilo do locutor.
X.-A locución improvisada: funcións; diferencias entre improvisación e repentización; tipoloxías de improvisación; principais estratexias de preparar a improvisación en Radio y Televisión.
Contidos prácticos:
Unha vez asumida a teoría da redacción e da locución audiovisual, os contidos prácticos consistirán: na realización de exercicios de respiración, fonación, entoación, vocalización, ritmo e actitude, así como a redacción e lectura de guións audiovisuais realizados polos propios alumnos no estudio de radio, co anexo de micrófonos e equipos sonoros, e no plató de televisión, ante cámaras e telepronter, con iluminación adecuada. Nestas prácticas será obrigatoria a participación activa do alumnado –debate, lectura entoada de textos, exercicio dos distintos tipos de locución para radio e televisión, visionado, escoita e análise crítica de productos audiovisuais profesionais, etc-.
As clases prácticas estarán estructuradas en oito apartados:
1.- O guión para radio.O guión para a TV. As figuras de montaxe. Formatos e estilos de programas. Exercicios e recomendacións prácticas.
2.- A relación entre redacción e locución na radio e na TV.
3.- Os conceptos clave da redacción audiovisual. Exercicios e recomendacións prácticas en radio e TV.
4.- A voz: Respiración e fonación. Órganos resoador e articulatorio. Exercicios e recomendacións prácticas.
5.- Intensidade, ton, timbre. Exercicios e recomendacións prácticas.
6.- A emisión da voz ante o micrófono. Vocalización. Articulación. Exercicios e recomendacións prácticas.
7.- Entoación. Ritmo. Pausas fónicas. Grupos fónicos. Palabras-valor. A impostación. Exercicios e recomendacións prácticas.
8.- Locución informativa e creativa. Repaso final.
Bibliografía básica
-Barea, P e Montalvillo, R. “Radio Redacción y Guiones” ED UPV. Bilbao 1992
-Elliot, M-F “Saber respirar bien” Ed. MENSAJERO. Madrid 1980
-Huertas Bailén, A, y Perona Páez J.J. “Redacción y locución en medios audiovisuales”. Ed.Bosch. Barcelona 1998
-Larrañaga Zubizarreta J. “Redacción y Locución de la información audiovisual”. Ed. UPV. Bilbao 2006
-Pousa, X.R. e Yaguana, H.A. "La Radio un medio en evolución". Ed Comunicación Social. Salamanca 2013.
-Rodero Antón, E. "Locución Radiofónica" Ed. IORTV. Madrid 2003
Bibliografía complementaria:
-Arnheim, R: “Estética Radiofónica”. Ed. GUSTAVO GILI. Barcelona 1980
-Balsebre, A. “El Lenguaje Radiofónico”. Ed. CATEDRA. Madrid 1994
-Cebrián Herreros, M. “Información televisiva. Mediaciones,contenidos, expresión y programación” Ed. Síntesis. Madrid 1998
-Chion M. “El sonido”. Ed PAIDOS. Barcelona 1999
-Mateos Sainz de Medrano, V., “La radiovoz, sonido e información” Ed. Universidad Antonio de Nebrija, Madrid, 2003.
-Merayo Pérez, A. e Pérez Álvarez, C, “La magia radiofónica de las palabras. Aproximación a la lingüística en el mensaje de la radio” Ed Cervantes, Salamanca, 2001.
-Prado, E. “Estructura de la información radiofónica”.ATE. Barcelona 1981
-Rodríguez, A. “La dimensión sonora del lenguaje audiovisual”. Ed. PAIDOS. Papeles de Comunicación. Barcelona 1998
BASICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenrolado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 – Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 – Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 – Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
TRANSVERSAIS
CT1 – Capacidade de organización e planificación.
CT2 – Capacidade de xestión da información.
CT3 – Traballo en equipo
CT4 – Aprendizaxe autónomo
CT5 – Creatividade
CT6 – Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 – Coñecementos básicos da profesión
ESPECIFICAS
CE01 – Técnicas de expresión oral nos medios de comunicación audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para os medios non escritos.
CE02 – Correcto uso da lingua española/galega
DA MATERIA
Como competencias específicas, en canto a coñecementos, o alumno deberá caracterizar o proceso de produción da voz así como identificar e diferenciar as súas cualidades acústicas. En canto a habilidades, o alumno deberá adquirir unha correcta técnica vocal e empregar con destreza as diferentes cualidades da voz na lectura de mensaxes informativos. Por último, en canto a actitudes, o alumno deberá saber evaluar e analizar locucións informativas dende unha perspectiva crítica.
Exposición na clase dos temas teóricos; escoita, análise e seguimento de produccións audiovisuaisis; práctica nos estudios profesionais de radio e plató de televisión, correción dos traballos ante a clase.
Para o caso de que a docencia presencial sexa interrumpida, están previstas actividades en remoto, a través do Campus Virtual.
Hasta un 50% da materia valorarase nun exame final, que inclúe teoría e lectura de textos. O 50% restante complementarase coa avaliación continua das prácticas. Para superar a materia será necesario realizar todas as prácticas, que teñen carácter obrigatorio, e aprobar o exame teórico. A nota final será a media entre teoría e práctica.
De non ser posible o exame presencial, a aviación final será o resultado da aviación continua ao Longo do cuadrimestre.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Traballo Presencial do alumno
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas
Traballos con textos: análises, sínteses e discusións
Prácticas de laboratorio
Titorías de traballos de curso
Actividades de avaliación
Exame final
Total horas de traballo presencial: 51 horas
Traballo persoal do alumno:
Estudio individual ou en grupo
Lecturas recomendadas
Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (texto, imaxes, audio, etc) Planificación e execución da práctica
Total de horas de traballo persoal do alumno: 99 horas
Importante a lectura dos textos básicos recomendados, do material de apoio subministrado polo profesor, así como o seguimento crítico dos medios audiovisuais –radio e televisión-
Plan de continxencia:
No caso de ter que afrontar un esceario onde se combine a docencia presencial coa virtual, ou no que predomine a docencia virtual, reforzarase a docencia a través da aula virtual (Campus Virtual da USC), tanto na parte teórica como práctica. Combinaranse os exercicios individuais cos grupais, e o sistema de entrega será a través da aula virtual. Ademáis, empregaranse o OneDrive, para a realización de prácticas colaborativas; o MS Forms, en caso de ser preciso elaborar cuestionarios; e a plataforma MS Teams para as conexións síncronas co alumnado (aulas expositivas, interactivas ou titorías), entre outras. Adaptarase o cronograma de entrega das prácticas ao esceario online, comunicándoselle oportunamente ao alumnado a través da aula virtual. Adoptarase un sistema de avaliación continua sen proba específica. Polo tanto, valoraranse únicamente os exercicios prácticos que se propoñan ao longo do curso, tanto as prácticas de análise como a entrega de micro-produtos radiofónicos e televisivos (manterase a estrutura dos cinco exercicios en cada parte da materia pero adaptados ao ensino en remoto). Cada un dos exercicios será cualificado cunha nota e xuntos suporán o total da nota final da materia. A parte de radio e de televisión avaliaranse independentemente por cada un dos profesores que imparten a materia e as notas finais sumaranse e farase unha media ao 50%. Será necesario ter aprobadas as prácticas das dúas partes da materia (radio e televisión) para facer a nota media e superar a totalidade da materia. Na segunda oportunidade avaliarase da mesma forma que se propuxo: os exercicios prácticos de radio e televisión, ao 50%, sumarán o 100% da nota final. Se o alumno xa ten aprobada unha parte (as prácticas de radio ou de televisión), gardaráselle a nota da parte superada ata a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jose Ramon Pousa Estevez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816537
- Correo electrónico
- xoseramon.pousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Midon Miguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- manuel.midon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Fernandez Amado
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- carlos.fernandez.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
20.12.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.12.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
23.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |