Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os diferentes perfís profesionais implicados na análise de audiencias e na relación co público nos diferentes medios de comunicación. Traballar cos principais estudos, métricas e ferramentas de investigación de audiencias que utilizan as empresas de comunicación. Analizar a oferta de contidos e contextualizar os elementos que concorren no proceso de organización da oferta informativa. Analizar as principais tendencias en torno ao consumo mediático e as estratexias para conectar co público.Coñecer o concepto de audiencia e identificar as tipoloxías de públicos obxectivos.
A memoria do Grao en Xornalismo (2ª edición) indica como descritor da materia: Perfís profesionais que integran os departamentos de audiencias nos distintos medios de comunicación: evolución e funcións. Investigación de audiencias en prensa, radio, televisión e internet: estudos e métricas. Tendencias de consumo informativo. Estratexias nos medios para conectar co público.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: INTRODUCCIÓN. AUDIENCIAS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
1.1 Que é audiencia. Definición, evolución
1.2 Tipoloxía dos públicos
1.3 Perfís profesionais implicados na análise de audiencia e na relación co público nos medios
TEMA 2: INTRODUCCIÓN ÁS METODOLOXÍAS DE INVESTIGACIÓN DE AUDIENCIAS
2.1 Como enfocar o estudo da audiencia. Dos medios ás mediacións
2.2 A investigación cuantitativa
2.3 A investigación cualitativa
TEMA 3: ESTUDOS DE REFERENCIA NA INVESTIGACIÓN DE AUDIENCIAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
3.1 A medición de audiencias en medios impresos
3.2 A medición de audiencias en radio e audio
3.3 A medición de audiencias en televisión e OTTs
3.4 A medición de audiencias en internet: pegada dixital, audiencia social, medición crossmedia/integral, demanda 360º e Total View
TEMA 4: DESAFÍOS NA INVESTIGACIÓN DE AUDIENCIAS
4.1 Reforzo da investigación cualitativa: Test de usuarios e grupos de discusión
4.2 Métricas vencelladas á calidade, a confianza, o compromiso e o crecemento
4.3 Alfabetización para unha audiencia crítica
4.4 Facer xornalismo implicando ás audiencias: As comunidades
TEMA 5: TENDENCIAS DE USO E CONSUMO DE MEDIOS
5.1 Análise do consumo de medios
5.2 Análise do consumo de noticias, programas e contidos informativos
TEMA 6: ESTRATEXIAS DOS MEDIOS PARA CONECTAR COAS AUDIENCIAS
6.1 Modelos, técnicas e estratexias aplicadas á oferta informativa nos medios
6.2. Estratexias para reforzar a conexión coas audiencias xóvenes
6.3 Estratexias para reforzar a conexión cos medios de proximidade
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos teóricos aplicaranse na práctica a partir dun “Laboratorio de audiencias e medios de comunicación” como proxecto de aula cuns obxectivos comúns para todo o alumnado. A partir dun mapa de medios internacionais, españois e galegos, nos distintos soportes (prensa, radio, televisión, internet), organizaranse micro-grupos de traballo para realizar un estudo exploratorio conxunto. O obxectivo principal é dar resposta ás grandes interrogantes que se plantexan na materia, como xa se viu na estrutura xeral dos contidos: 1. localizar os perfís profesionais traballan actualmente nos medios en torno ás audiencias; 2. identificar as principais ferramentas que empregan para medir e coñecer á súa audiencia; 3. coñecer as preferencias de consumo do público; e 4. Analizar as principais estratexias que aplican os medios da mostra para mellorar a súa conexión co público. Este proxecto xeral en equipo combinarase con outros exercicios individuais para reforzar algúns aspectos básicos da materia (por exemplo: manexo individualizado de informes sobre consumo, lecturas de textos...).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Carlson, M. (2018). Confronting Measurable Journalism. Digital Journalism, 6(4), 406-417. https://doi.org/10.1080/21670811.2018.1445003
Dimock, M. (2018). Defining generations: Where Millennials end and post-Millennials begin. Pew Research Center. t.ly/7t0S
Ferrer-Conill, R. & Tandoc J., E.C. (2018). The Audience-Oriented Editor. Digital Journalism, 6(4), 436-453. https://doi.org/10.1080/21670811.2018.1440972
Livingstone, S. (2004). The challenge of changing audiences: or, what is the researcher to do in the age of the internet?. European Journal of Communication, 19(1), 75.86. http://dx.doi.org/10.1177/0267323104040695
Masip, P.; Ruiz-Caballero, C. & Suau, J. (2019). Audiencias activas y discusión social en la esfera pública digital. Artículo de revisión. El profesional de la información, 28(2). https://doi.org//10.3145/epi.2019.mar.04
Moran, R.E. & Nechushtai, E. (2022). Before reception: Trust in the news as infrastructure. Journalism, https://doi.org/10.1177/14648849211048961
Napoli, P. & Voorhees, S. (2020). Audience Studies. Oxford Bibliographies. https://doi.org/10.1093/OBO/9780199756841-0135
Quintas-Froufe, N. & González-Neira, A. (Coords.). (2021). Los estudios de la audiencia. De la tradición a la innovación. Gedisa.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Belair-Gagnon, V.; Zamith, R. & Holton, A.E. (2020). Role Orientations and Audience Metrics in Newsrooms. Digital Journalism, 8(3), 347-366. https://doi.org/10.1080/21670811.2019.1709521
Bruun, H. (2019). Re-scheduling Television in the Digital Era. Routledge.
Callejo, J. (2001). El grupo de discusión: introducción a una práctica de investigación. Ariel.
Coromina, Ó.; Delgado, M.; Prado,E. & García-Muñoz, N. (2020). Estrategias de activación de la audiencia social en Twitter de los programas más populares de la televisión generalista en Europa. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 26(2), 473-482. http://dx.doi.org/10.5209/esmp.67727
Cortés, J.A. (2021). Audiencias transmedia y la medición de la televisión: propuesta para el cálculo de la audiencia híbrida total. Virtualis, 12(22), 31-55. t.ly/Fhhl
Das, R & Ytre-Arne, B. (2017). Audiences, towards 2030. Priorities for audience analysis. CEDAR.
Evans, E. (2011). Transmedia television: Audiences, new media and daily life. Routledge.
García Canclini, N. (2007). Libros, pantallas y audiencias: ¿qué está cambiando?. Comunicar, 15(30), 27-32. https://doi.org/10.3916/c30-2008-01-004
González, A. & Fernández, L.M. (2019). Nuevos hábitos de consumo televisivo: retos de la audiencia en diferido. Index Comunicación, 9(3), 75-92. https://doi.org/10.33732/ixc/09/03Nuevos
González-Bernal. M.I.; Roncallo-Dow, S. & Arango-Forero, G. (2018). Estudiar las audiencias. Tradiciones y perspectivas. Universidad de La Sabana/Eunsa. https://doi.org//10.5294/978-958-12-0482-3
Gutiérrez, J.F. (2021). La metodología cualitativa para el estudio de la recepción televisiva entre las audiencias emigradas: dificultades y retos de investigación. Communications & Methods, 3(1). https://doi.org/10.35951/v3i1.104
Neilson, T. & Gibson, T.A. (2021). Social Media Editors and the Audience Funnel: Tensions between Commercial Pressures and Professional Norms in the Data-Saturated Newsroom. Digital Journalism, httsp://doi.org/10.1080/21670811.2021.2004553
WNIP (2022). The power of community: How a small publisher hit 50.000 paying members through audience engagement. What’s New in Publishing. t.ly/uWp3
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CX1: Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2: Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CX3: Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2: Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os/as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións e a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT2: Capacidade de xestión da información.
CT3: Traballo en equipo.
CT4: Aprendizaxe autónomo.
CT7: Coñecementos básicos da profesión.
CT1: Capacidade de organización e planificación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE05: Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativos a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE07: Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia.
CE10: Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11: Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE16: Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da información.
Complétase este apartado de competencias con outras específicas desta materia:
a) Coñecer os diferentes perfís profesionais implicados na análise de audiencia e na relación co público nos diferentes medios de comunicación.
b) Traballar cos principais estudos, métricas e ferramentas de investigación de audiencias que empregan as empresas de comunicación. Aprendizaxe do manexo de determinadas ferramentas profesionais e de prospección de gran utilidade no ámbito laboral e na investigación de audiencias. Capacitación no traballo con técnicas de análise diaria, semanal, mensual, trimestral e anual dos datos de audiencia dispoñibles. Fomento do emprego de técnicas de investigación evolutivas: análises de longo alcance e comparativos sobre os distintos medios e produtos.
c) Analizar a oferta de contidos e contextualizar os elementos que concorren no proceso de organización da oferta informativa. Emprego dos debates, test de usuarios e grupos de discusión, especialmente nas aulas prácticas que requiren dunha maior participación e interacción do alumnado. Capacitación no emprego de ferramentas informáticas, consulta bibliográfica e hemerográfica e as técnicas de búsqueda en bases de datos online requeridas na pesquisa de datos históricos e actuais que permitan obter unha visión evolutiva dos fenómenos da oferta de contidos e o seu consumo polas audiencias.
d) Analizar as principais tendencias en torno ao consumo mediático. Dinamización da visión analítica e crítica dos fenómenos comunicativos en torno ao consumo dos medios actuais
e) Analizar as estratexias dos medios para conectar co público. Introdución do alumnado en novos camiños de futuro nas relacións dos medios coas audiencias nun entorno dixitalizado e multimedia.
A metodoloxía básica da materia Audiencias e medios de comunicación está conformada por aulas teóricas –expositivas-CLE- para a explicación dos conceptos necesarios; e sesiónss prácticas –laboratorios-CLI- nos que se aplicarán instrumentos de análise e investigación sobre os públicos. Traballarase coa presentación e explicación dos temas; exercicios con textos para a súa análise, síntese e discusión; estudos de caso e apredizaxe orientada a proxectos que complementarán as leccións maxistrais.
A metodoloxía docente reforzarase co apoio do Campus Virtual e de ferramentas de aprendizaxe como MSTeams e outras.
Aplicarase un sistema de avaliación continua dos contidos teóricos e dos traballos prácticos e, seguindo o estipulado na memoria do título para esta materia, aplicaranse os seguintes criterios xerais de avaliación: un exame teórico (50% da nota final) e a presentación dos traballos propostos nas prácticas correspondentes e fixados no temario, xunto coa asistencia e participación nas clases presenciais ou nos entornos virtuais que se establezan (50%). A nota final será, pois, a media (50%) dos dous bloques (CLI + CLE). Para poder aprobar a materia será necesario ter aprobadas cada unha das dúas partes (CLE: 5 puntos e CLI: 5 puntos). Para poder acudir ao exame é obrigatorio ter presentados todos os traballos, o que non implica o aprobado na parte práctica que terá que someterse aos criterios de avaliación fixados polo docente.
Segunda oportunidade: En caso de non superar a materia, o/a alumno/a só deberá reforzar aqueles aspectos da avaliación que fosen deficitarios (a teoría ou os traballos prácticos, ou ambos, no caso de non superar nin o exame nin os exercicios), seguindo as recomendacións do docente e atendendo aos criterios de avaliación fixados para a primeira oportunidade. De non superarse a materia nas convocatorias do curso académico (1ª e 2ª oportundidade), o alumno/a deberá cursar de novo a totalidade da materia.
No caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O cómputo total das actividades formativas é de 150 horas, e o alumnado terá as seguintes actividades programadas:
• Clases expositivas (CLE): 24 horas
• Clases interactivas (CLI): 24 horas
• Traballo autónomo do alumnado (titorías, lecturas, elaboración de traballos e preparación do exame): 102 horas
Recoméndase ao alumnado: No caso dos conceptos teóricos da materia, expor todas as dúbidas existentes ao docente durante as clases ou a través das tutorías (presenciais ou virtuais) e consultar a bibliografía recomendada en cada tema. Para a elaboración dos traballos prácticos, recoméndase ao alumnado a recollida dos materiais de apoio que se porán ao seu dispor en distintos soportes e a través da aula virtual, e que, maioritariamente, correspóndense con instrumentos de traballo profesional que se deberán de manexar e incorporar ás prácticas, entre eles, os seguintes recursos web:
• https://www.emro.org/
• https://www.aimc.es/
• https://www.ojd.es/
• https://iabspain.es/
• https://www.aimc.es/egm/que-es-el-egm/
• https://www.kantar.com/es
• https://www.comscore.com/
• https://www.gfk.com/es/products/gfk-digital-audience-measurement
• https://www.parrotanalytics.com/
• https://analytics.google.com/analytics/web/provision/#/provision
• https://business.adobe.com/es/products/analytics/adobe-analytics.html
• https://chartbeat.com/
• https://www.parse.ly/
• https://www.tableau.com/es-es
• https://buzzsumo.com/
• https://trends.google.es/trends/
• https://www.crowdtangle.com/
• https://www.konodrac.com/
• https://www.cross-media.es/
• https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/digital-news-report/2021
• https://wearesocial.com/es/
• https://iabspain.es/estudio/top-tendencias-digitales-2021
• https://iabspain.es/estudio/estudio-de-redes-sociales-2021/
• https://iabspain.es/estudio/estudio-anual-de-audio-digital-2020
• https://iabspain.es/estudio/estudio-anual-de-video-online-2021/
• https://www.kantar.com/es/inspiracion/publicidad-y-medios/anuario-de-so…
• https://www.barloventocomunicacion.es/
• https://www.geca.es/geca/index.asp
• https://www.dos30.com/
• https://www.formulatv.com/
• https://vertele.eldiario.es/audiencias-tv/
• Históricos de audiencias de TV elaborados pola docente (2007-2021).
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816542
- Correo electrónico
- anaisabel.rodriguez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Manuel Prieto Arosa
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- juanma.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
25.05.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
25.05.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
05.07.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |