Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Documentación xornalística introduce o proceso documental e o uso de fontes no contexto xornalístico, co fin de contribuír á elaboración de información. A materia presenta os conceptos e principios básicos da documentación, a tipoloxía de fontes, a busca e a recuperación de información e o procesamento e arquivo de datos, ademais das técnicas aplicadas como o xornalismo de datos e a verificación, a través das tecnoloxías da información e da comunicación actuais.
• Atopar a documentación previa á elaboración da información.
• Comprender a teoría e a técnica da indexación, o almacenamento e a recuperación de información.
• Coñecer o funcionamento da cadea documental en centros de documentación de carácter xornalístico.
• Utilizar bases de datos e fontes de referencia documental.
• Seleccionar e xerarquizar información e aplicar as formas de citación e atribución de referencias.
Incidencia da documentación no proceso de construción do temario xornalístico. Estudo e análise dos sistemas de documentación utilizados nos medios de comunicación para elaborar, procesar e transmitir información. Formas e ferramentas de acceso e uso das bases de datos e os fondos documentais. Capacidade para seleccionar e xerarquizar fontes e documentos e coñecemento para citar e atribuír correctamente a autoría.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Sociedade e documentación
1.1. Sociedade da información e do coñecemento
1.2. Introdución á Documentación
TEMA 2. Acceso á información e fontes documentais
2.1. Busca e recuperación da información
2.2. Documento e fontes de información
TEMA 3. Documentación no xornalismo
3.1. Principios e fundamentos da documentación xornalística
3.2. Proceso e análise documental nos múltiples soportes
3.3. Centros e servizos de documentación
TEMA 4. Verificación da información
4.1. Contexto e definición
4.2. Iniciativas de verificación
4.3. Técnicas e ferramentas de verificación
TEMA 5. Xornalismo de datos
5.1. Definición e aplicacións
5.2. Fontes abertas e acceso á información
5.3. Técnicas para a xestión e o procesamento de datos
TEMA 6. Aproximación á investigación científica
6.1. Método científico e técnicas de investigación
6.2. Estrutura dun traballo científico-académico
6.3. Citación e referencias
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Busca avanzada na rede, recuperación e arquivo
• Revisión bibliográfica
• Citación e referencias nun traballo científico-académico
• Análise documental e identificación de fontes
• Avaliación de fontes documentais
• Análise de servizos documentais
• Recuperación e tratamento de datos de fontes abertas
• Elaboración dunha liña temporal baseada na documentación
• Dossier documental a partir dun tema específico
• Dossier documental para elaborar un perfil ou unha entrevista
• Verificación de datos e declaracións
• Elaboración dun formato multimedia para a divulgación de información documental
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Buckland, M. (2017). Information and Society. The MIT Press.
Galdón, G. (2002). Teoría y práctica de la documentación informativa. Ariel Comunicación.
Giménez Toledo, E. (2007). Manual de Documentación para comunicadores. EUNSA.
López-Carreño, R. (2018). Fuentes de información. Guía básica y nueva clasificación. Editorial UOC.
Rubio Jordán, A. V. (2018). Documentación informativa. CEF.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Caridad Sebastián, M., Hernández Pérez, T., Rodríguez Mateos, D. & Pérez Lorenzo, B. (2011). Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Editorial Síntesis.
Castells, M. (2001). La Galaxia Internet. Plaza&Janés.
Elías, C. (2015). Big data y periodismo en la sociedad red. Editorial Síntesis.
López Yepes, J. (2011). La sociedad de la documentación. Editorial Fragua.
Moreno Gallo, M. Á. (2009). Manual de documentación para la comunicación. Burgos: Universidad de Burgos.
Redondo, M. (2018). Verificación digital para periodistas. Manual contra bulos y desinformación internacional. Editorial UOC.
Rubio Lacoba, M. (2007). Documentación informativa en el periodismo digital. Editorial Síntesis.
Recursos de acceso aberto (listado completo no campus virtual)
Beltrán Orenes, P. (2015). La documentación informativa y la recuperación de la información escrita. Nuevas competencias para el ciberespacio. index.comunicación, 5(3), 29-57. http://journals.sfu.ca/indexcomunicacion/index.php/indexcomunicacion/ar…
Codina, L. (2020). Revisiones bibliográficas sistematizadas en Ciencias Humanas y Sociales. 1: Fundamentos. Methodos, 1, 50-60. https://doi.org/10.31009/methodos.2020.i01.05
Crucianelli, S. (2013). ¿Qué es el periodismo de datos? Cuadernos de Periodistas, 26, 106-124. http://www.cuadernosdeperiodistas.com/que-es-el-periodismo-de-datos/
Díaz-Noci, J. (2020). Guía de métodos de investigación aplicados al entorno digital. Methodos, 1, 4-19. https://doi.org/10.31009/methodos.2020.i01.02
First Draft (2019). Verifying Online Information. https://firstdraftnews.org/wp-content/uploads/2019/10/Verifying_Online_…
Guallar, J. & Codina, Ll. (2018). Journalistic content curation and news librarianship: Differential characteristics and necessary convergence. El profesional de la información, 27(4), 778-791. https://doi.org/10.3145/epi.2018.jul.07
Gray, J. & Bounegru, L. (2019). The Data Journalism Handbook 2. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/two
Sherman, C. (2020). Verification Handbook for Disinformation and Media Manipulation. European Journalism Centre. https://datajournalism.com/read/handbook/verification-3
Vázquez-Herrero, J., Vizoso, Á. & López-García, X. (2019). Innovación tecnológica y comunicativa para combatir la desinformación: 135 experiencias para un cambio de rumbo. El profesional de la información, 28(3). https://doi.org/10.3145/epi.2019.may.01
Informes do sector e fontes de datos abertos.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 - Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (clases expositivas teóricas, clases interactivas de carácter práctico e traballos con documentos e fontes, tanto individuais como grupais titorizados), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo.
As sesións expositivas correspóndense coas leccións maxistrais e propoñeranse actividades, lecturas, debates, exposicións ou estudos de caso, para favorecer a adquisición de coñecementos e competencias ao longo de todo o semestre. Nas sesións interactivas, o alumnado pon en práctica os coñecementos a través exercicios e proxectos. O estudante realizará estas prácticas na aula de informática, utilizando distintas ferramentas (buscadores, plataforma dixitais, paquete ofimático Office, xestor bibliográfico, etc.) e bases de datos, sexa traballando en equipo ou de xeito individual.
A docencia presencial complementarase con recursos e actividades programadas a través do campus virtual (Moodle) e das ferramentas dispostas pola universidade (principalmente Microsoft Teams para actividades síncronas).
O alumnado recibe atención personalizada en titorías e polas canles de comunicación dispostas pola USC (correo electrónico, Microsoft Teams e campus virtual).
Os instrumentos de avaliación previstos son:
a. Exame final – 50% da cualificación final (é necesario acadar a cualificación de 'aprobado' para superar a materia)
b. Prácticas realizadas durante as sesións interactivas/seminarios – 50% da cualificación final
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o estudante ten aprobada unha parte da materia, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 20 horas
- Clases interactivas (seminarios ou prácticas en clase; traballos con textos): 20 horas
- Titorías de traballos de curso: 2 horas
- Actividades de avaliación: 3 horas
- Exame final: 3 horas
- Traballo personal do alumnado (estudo autónomo, lecturas, preparación de actividades e prácticas): 102 horas
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualiza no campus virtual da USC.
Jorge Vázquez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
13.01.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
13.01.2023 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
16.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |