Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Comprensión dun modelo macroeconómico: sectores económicos, mercados, funcións de comportamento, variables e políticas económicas. Capacitar ao alumnado para que desenvolva o seu propio modelo de funcionamento macroeconómico. Análise do funcionamento da economía da comunicación e dos seus diferentes actores e factores explicativos. Análise do entorno da industria da comunicación: consumidores (público e anunciantes), provedores, competidores e compoñente tecnolóxico. Determinar a influencia dos cambios políticos e sociais na configuración da economía da información a nivel local, nacional e internacional.
1. Conceptos básicos de Economía
- Obxecto e método da Economía
- ¿Debemos estudar Economía?
- As principais escolas económicas
-Introdución á economía da información
2. Microeconomía básica
- Demanda, oferta, elasticidades
-Tipos de mercados: competencia perfecta, competencia monopolista, oligopolio, monopolio
- Os mercados dos factores produtivos
-A economía da información: aspectos microeconómicos
3. Macroeconomía básica
- As contas nacionais. ¿Son una ferramenta adecuada para a medición dos resultados económicos?
- A balanza de pagamentos
- O modelo macroeconómico básico
- O comercio internacional
-A industria da información
4. Aspectos económicos do mundo contemporáneo
- O papel do sector público
- O fenómeno do desemprego
- O crecemento
- A globalización
- A crise económica
- A industria da información no mundo contemporáneo. A sociedade da información
(a) Básica
MANKIW, N.G., Principios de Economía, Thomson, 2007
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M.J. E AMELIA PÉREZ ZABALETA, Introducción a la Economía, Pearson -UNED, 2009,
ALONSO, J.A. (DIRECTOR) Lecciones sobre economía mundial, Civitas, Madrid, 2009
VIDAL VILLA, J.M.; MARTÍNEZ PEINADO, J. Economía Mundial. McGraw-Hill, D.L. 2003
(b) Complementaria
VARA MIGUEL, A., Economía básica para comunicadores, Eunsa, 2009
MUÑOZ, C., BELÉN IRAIZOZ, MANUEL RAPÚN, Las Cuentas de la Nación I. Introdución a la Economía Aplicada, Thomson/Civitas, 2008
GARCÍA DE LA CRUZ, J.M.; DURÁN ROMERO, G.; SÁNCHEZ DÍEZ, A. (Coord.)(2011): La economía mundial en transformación, Paraninfo, Madrid.
STIGLITZ, J.E. (2010): Caída libre: el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Madrid.
SHAPIRO, C. E VARIAN. H. El dominio de la información: una guía estratégica para la economía de red, A. Bosch, 2000
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no ámbito da comunicación CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
ESPECÍFICAS.
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
A materia consta de 6 créditos con aproximadamente 48 horas presenciais, das que a mitade son de carácter expositivo e as outras de carácter interactivo.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa polo profesor, explicando as cuestións básicas incluídas no programa e a información que posibilite o traballo autónomo do alumno
As clases interactivas destinaranse fundamentalmente a desenvolver actividades de carácter práctico propostas para cada tema (que variarán en función do tema de que se trate), para aprofundar nos conceptos por medio de exemplos, utilizando as técnicas de análise adecuadas.
As titorías servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe do alumnado.
Sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia e a participación activa e colaborativa
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Traballo interactivas ....... 50%
Exame final ................. 50%
O sistema de avaliación para a segunda oportunidade será igual que para a primeira.
O sistema de avaliación para o alumnado ao que se lle conceda a dispensa de asistencia clase consistirá nun exame final sobre os contidos da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
TEMPO DE ESTUDO E DE TRABALLO
(a) Traballo presencial do alumno
- Asistencia a clases expositivas...24 horas
- Clases interactivas: 24 horas
- Titorías: 3 horas
- Exame final: 3 horas
TOTAL: 54 HORAS
(b) Traballo autónomo do alumno
- Preparación das clases expositivas: 15 horas
- Lecturas recomendadas: 15 horas
- Preparación das clases interactivas (exposicións, realización de exercicios, busca de material de apoio): 40 horas
- Preparación do exame: 30 horas
TOTAL: 100 HORAS
TOTAL: 154 HORAS
• Preparación previa das clases presenciais
• Seguimento das clases presenciais
• Seguimento das clases interactivas
• Realización dos exercicios recomendados
• Lectura da bibliografía recomendada
• Atención á actualidade económica
Gonzalo Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811559
- Correo electrónico
- gonzalo.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
16.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
16.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
15.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |