Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Introducción teórica e práctica á publicidade e ás relacións públicas e as súas estruturas organizativas.
Os obxectivos da materia establécense a partir dunha comprensión holística dos procesos de comunicación das organizacións. Ao mesmo tempo, dotar o alumnado do coñecemento da metodoloxía de análise e das rutinas profesionais características da comunicación na publicidade e nas relacións públicas en todas as súas fases, facéndolo dende a comprensión das estruturas organizadas que teñen necesidade de comunicar. Outro obxectivo sitúase en dotar o alumnado da comprensión da concepción estratéxica da publicidade e as relacións públicas; entender como as distintas ferramentas están sometidas a requirimentos previos que mediatizan a concepción e posta en marcha dos distintos procesos. Finalmente, o alumnado debe coñecer e manexar todas as ferramentas para o análise e a elaboración das mensaxes publicitarias nos distintos medios e soportes. Dende a concepción, creación, produción, control e seguimento, ata a súa evolución tanto previa como a posteriori.
O coñecemento, comprensión e capacidade de análise das mensaxes publicitarias, independientemente da canle a través da que se transmitan, tanto dende o punto de vista de contido global, como da parcelación nos seus aspectos icónicos e/ou textuais.
2.1 Contidos teóricos:
2.1.1. MARKETING E MARCA
O plan de marketing nos obxectivos empresariais. Empresa e organización. Definición de marketing e dos elementos que o conforman. As catro “Ps”. Producto. Precio. Promoción. Distribución. Desenvolvemento dun plan de marketing. Marketing e a súa importancia nos procesos de comunicación publicitaria.
2.1.2. ASPECTOS BÁSICOS DA COMUNICACIÓN
Fundamentos epistemolóxicos: conceptos básicos de emisor, canle e receptor do proceso, achegamento aos modelos clásicos e comprensión destes, estruturas básicas de todos os participantes no proceso de comunicación publicitaria, organizacións, medios de comunicación e outras canles e, finalmente, o receptor.
2.1.3 A ESPECIFICIDADE DA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A especificidade da comunicación na publicidade e nas relacións públicas. Os obxectivos, a súa fixación e a tutela do seu cumprimento. A publicidade no contexto do márketing empresarial e institucional.
2.1.4.CANLES DE COMUNICACIÓN
A necesidade de comunicar e as ferramentas axeitadas para cada conxuntura: os seus códigos, repertorio formal e procesos de produción. As canles da comunicación publicitaria: medios e soportes convencionais (prensa, radio, televisión, publicidade exterior...) non convencionais (below, web e interactivos) e novas morfoloxías publicitarias axeitadas aos novos escenarios de emisión e recepción.
2.1.5. A ESTRATEXIA NA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A formulación estratéxica en publicidade: estratexia publicitaria (posicionamento, eixes de comunicación e valores de comunicación), Narrativas e marcos comunicativos, o ecosistema da marca, estratexia creativa e planificación de medios. Análise e elaboración da mensaxe publicitaria en función dos diversos medios e soportes. A
investigación na publicidade e nas relacións públicas: conceptos básicos e técnicas específicas.
2.1.6 PRODUCIÓN EN PUBLICIDADE
A imaxe no mensaxe publicitario. O relato visual. O deseño como elemento esencial. Imaxe en movemento: edición e postprodución. Produción sonora: edición e postprodución. Produción multimedia: recursos e linguaxe. A construción da mensaxe: procesos e metodoloxía.
2.2 Contidos prácticos:
2.2.1.O EMISOR: aplicación de modelos prácticos no mundo da empresa e das organizacións.
2.2.2.- AS CANLES. Determinación, selección e planificación dos mesmos.
2.2.3.- OS CONTIDOS: Estratexía e Creatividade, desenvolvemento de eixe aos distintos medios e canles.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA E COMPLEMENTARIA.
3.1. Bibliografía básica:
CUESTA CAMBRA, U. (editor, 2012): "Planificación estratégica y creatividad". ESIC Editorial. Madrid, España.
GURREA, Álvaro (1999): Los anuncios por dentro, Bilbao, SPIC Universidad del País Vasco.
GUILERA, LLORENÇ (2011) " Anatomia de la Creatividad". FUNDIT - Escola Superior de Disseny ESDi
HERNÁNDEZ MARTINEZ, Caridad (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
LINDSTROM, Martín (2010). Buyology. Barcelona. Gestión 2000
LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
MOLINÉ, Marcal (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
SANAGUSTIN, Eva (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
SOLANA, Daniel (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
VARIOS AUTORES (2011). " El negocio publicitario en el contexto digital". Departament de Ciències de la Comunicació, Universitat Jaume I.
URLS
http://www.kantarmedia.es
http://www.adforum.es
http://www.portalcomunicacion.com/index.asp?lng=esp
http://adsoftheworld.com/
http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creativ…
http://www.canneslions.com/
http://www.postpublicidad.es
3.2. Bibliografía complementaria:
COSTA, Joan (1995): Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid.
GONZÁLEZ MARTÍN, Juan Antonio (1996): Teoría general de la publicidad, Madrid, FCE.
MOLINÉ, Marçal (2000): La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza, Madrid.
PEREZ LATRE, F.J.. (2011). La publicidad y los medios.. Ediciones Universidad de Navarra. Navarra.
RICARTE, José M.(1998): Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona.
SALMON, Christian (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
SOLANA, D.(2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
SURMANEK, Jim (1982): Planificación de medios, Editorial Eresma, Madrid.
Coñecer os sistemas internos de creación de políticas comercias y de marketing nas organzacións. Analizar os recursos que fan da comunicación publicitaria un proceso eficaz e preciso. Coñecemento das ferramentas e da metodoloxía capaz de axudar a entender procesos complexos. Capacidade creativa á hora de afrontar a elaboración dunha mensaxe publicitaria e de superar as normas expresivas establecidas. Capacidade analítica das mensaxes publicitarias, das campañas e de todo tipo de accións publicitarias e de relacións públicas.
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais:
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Formación para a xestión de empresas de medios.
CE11 - Formación para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
A materia posúe unha maior carga práctica sempre vencellada ás explicacións teóricas. De aí que todos os contidos expostos e analizados nas clases teóricas teñan o seu referente nas clases prácticas, onde se desenvolverán actividades grupais, debatiranse e elaboraranse exercicios prácticos relacionados cos contidos explicados a nivel teórico. Asimesmo, será imprescindible lectura por parte do alumno do blog creado para o seguemento de aspectos de actualidade da materia.
De cara aos escenario 2 e 3, contémplase as actividades en remoto a través da plataforma Microsoft Teams, alternando o xeito síncrono e asíncrono, determinado polo contido específico da sesión. Combinaráse tarefas individuais e en grupo, así como un aprendizaxe autónomo do alumno.
Establécense dous mecanismos de avaliación:
Exame final: 50% da cualificación final.
Seminarios: 50% da cualificación final.
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación dos seminarios. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou na avaliación dos seminarios. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• No caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas 20
Estudo autónomo individual ou en grupo 40
Traballos con documentos: análise, síntese e discusión 4
Lecturas recomendadas 12
Prácticas 20
Preparación de presentacións orais, debates, etc
Titorías de traballos de curso 1,5
Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica 50
Actividades de avaliación 1,5
Proba final 2
Total horas de traballo presencial do alumno 51
Total de horas traballo persoal do alumno 102
Lectura e visionado de todos aqueles textos impresos, sonoros, audiovisuais e multimedia con finalidade persuasiva analizados ou recomendados durante o desenvolvemento da materia que estarán aloxados na grupo de Microsoft Teams da asignatura. Interese pola actualidade publicitaria en todos os medio se soportes. Interese pola actualidade informativa e artística en todos os ámbitos: cine, literatura, televisión, arte...
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Alejandro Vázquez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816533
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
29.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
29.05.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
30.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |