Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento teórico e aplicación práctica dos conceptos propios da composición visual. As artes gráficas, historia e actualidade. Distinguir clasificacións tipográficas e coñecer a aplicación adecuada de cada un deles. A cultura do deseño: historia, movementos, tendencias e aplicacións. O deseño nos medios de comunicación e nos distintos ámbitos da cultura visual. Coñecer as novas tecnoloxías aplicadas ao deseño xornalístico. Manexar as ferramentas informáticas actuais que permiten deseñar e maquetar documentos informativos para produtos xornalísticos.
Estudo das técnicas e procesos de materialización da información en soportes e medios de comunicación. Estudo e análise do deseño xornalístico, especialmente no seu aspecto formal. Tipoloxías e modelos. Adquisición de coñecementos de conceptos e termos asociados ao deseño xornalístico xeneral desde a perspectiva dos medios de comunicación. Análise dos compoñentes da estrutura visual dos medios impresos e dixitais. Capacitación para utilizar as tecnoloxías e técnicas informativas e comunicativas aplicadas ao deseño xornalístico para todos os soportes.
CONTIDOS TEÓRICOS
1. RETÓRICA DA IMAXE
1.1. A imaxe como texto e o texto como imaxe
1.2. Roland Barthes e a retórica da imaxe
1.3. Retórica aplicada ao deseño gráfico
1.4. Figuras retóricas visuais
1.5. Arte e retórica propagandística: do rupestre paleolítico a internet
2. DESEÑO E COMUNICACIÓN VISUAL
2.1 Fundamentos do deseño
2.2 Elementos básicos do deseño gráfico
2.3 A organización da linguaxe visual
2.4 Percepción e deseño: a Gestalt
3. TIPOGRAFÍA
3.1. Natureza funcional e expresiva
3.2. Letra, caracter, glifo, tipo, fonte, familia
3.3. Liñas de referencia
3.4. Morfoloxía
3.5. Variables tipográficas
3.6. Identificación de fontes tipográficas
4. DESEÑO E COMPOSICIÓN VISUAL DA INFORMACIÓN EN PRENSA
4.1. Identidade, estrutura e atracción
4.2. Formatos de prensa impresa
4.3. Diagramación
4.4. A páxina. A mancha
4.5. Columna
4.6. Retícula modular
4.7. Arquitectura da páxina
4.8. A portada
4.9. O modelo WED
5. FUNDAMENTOS DO DESEÑO PARA CIBERMEDIOS
5.1. Novos deseños para novas narrativas
5.2. Impacto da multimedialidade no deseño
5.3. UX/UI: experiencia e interface de usuario
5.4. Usabilidade e accesibilidade
5.5. Arquitectura da información
5.6. Deseño de interacción
5.7. Deseño adaptable (responsive)
5.8. Deseño de infografía
6. FUNDAMENTOS DO DESEÑO AUDIOVISUAL
5.1. Orixes e evolución
5.2. Funcións do deseño audiovisual
5.3. Espazo e tempo
5.4. Deseño audiovisual en televisión
5.5. Motion graphics (grafismo en movemento)
5.6. Intelixencia artificial aplicada ao deseño audiovisual
CONTIDOS PRÁCTICOS
As prácticas desenvólvense en dous formatos diferentes: unha primeira parte que será en formato taller, onde se traballará en grupos de cinco ou seis persoas, nunha aula seminario, e a outra parte desenvolverase individualmente no laboratorio informático.
Na primeira parte realizaranse prácticas con diferentes técnicas como colaxe, bocetado, etc. para adquirir as bases do deseño.
A continuación realizarase unha práctica de deseño editorial que servirá para coñecer algunhas claves da actividade laboral, utilizando ferramentas profesionais e tendo que resolver problemas reais; esta práctica entregarase en papel.
Finalmente, a práctica do deseño web tentará experimentar a diferenza entre a edición en papel e a pantalla. O deseño basearase nun xornal ou revista.
Os recursos necesarios para o desenvolvemento destas prácticas serán materiais básicos de deseño (regras, lapis, rotuladores e papel) e computador. En canto ao software, utilizaranse varios programas do paquete Creative Cloud e outras ferramentas de acceso aberto.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barthes, R. (1964). Retórica de la imagen. En “Lo obvio y lo obtuso” (pp. 31-54). Barcelona: Paidós. 2009.
Bergström, Bo (2009). Tengo algo en el ojo. Técnicas esenciales de Comunicación Visual. Barcelona: Promopress.
Cases i associats (2013). Diseño de la noticia: 2010-2012: proyectos gráficos y editoriales para el periodismo impreso y digital. Barcelona: Sol 90.
Doherty, S. (2017). Journalism Design: Interactive Technologies and the Future of Storytelling. London: Routledge.
Errea, J. (2018). Newspaper Design: Editorial design from the world's best newsrooms. Berlin: Gestalten.
Gäde, R. (2002). Diseño de periódicos. Sistema y método. Barcelona: Gustavo Gili.
García Martínez, A.; Parra Valcarce, D.; Rojo Villada, P. (2007). Tecnologías de la información en la producción periodística. Madrid: Universitas.
Klanten, R., Kouznetsova, A., Errea, J., Cairo, A., & Tolliver, S. (2017). Visual journalism: infographics from the world's best newsrooms and designers. Berlín: Gestalten.
Lupton, E. y Cole Phillips, J. (2009). Diseño gráfico. Nuevos fundamentos. Barcelona: GG.
Poulin, R. (2016). Fundamentos del diseño gráfico. Barcelona: Promopress.
Zappaterra, Y. (2008). Diseño editorial: revistas y periódicos. Barcelona: Gustavo Gili.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Becker, V.; Gambaro, D.; Ramos, T.S. (2017). "Audiovisual design and the convergence between HCI and audience studies". En Human-Computer Interaction. User Interface Design, Development and Multimodality: 19th International Conference, HCI International 2017, Vancouver, BC, Canada, July 9-14, Proceedings, Part I 19. Springer International Publishing, p. 3-22.
Blackwell, L. (1993). La tipografía del siglo XX. Barcelona: GG.
Errea, J.; Gil, A. (coord.) (2012). ÑH9: lo mejor del diseño periodístico España & Portugal 2012. Pamplona: SNDE.
Frutiger, A. (2012). Signos, símbolos, marcas, señales. Barcelona: Gustavo Gili.
García, M. (1984). Diseño y remodelación de periódicos. Pamplona: Eunsa.
González Díez, L.; Pérez Cuadrado, P. (2007). 30 años de diseño periodístico en España (1976-2006). Madrid: Zona Impresa.
Heller, E. (2012). Psicología del color. Cómo actúan los colores sobre los sentimientos y la razón. Barcelona: Gustavo Gili.
Julier, G. (2008). La cultura del diseño. Barcelona: Gustavo Gili.
Lupton, E. (2004). Thinking with type. New York: Princeton Architectural Press.
Rivera Díaz, L.A. (2008). "La retórica en el diseño gráfico". Investigación y Ciencia, vol. 16, núm. 41, pp. 33-37.
Satué, E. (1997). Diseño gráfico en España. Madrid: Alianza Universidad.
Vilchez Arribas, J. F. (2011). Historia gráfica de la prensa diaria española (1758-1976). Barcelona: RBA.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE26 - Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación
CE27 - Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento profesional da comunicación
CE28 - Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos
CLASES EXPOSITIVAS
Aplicarase o modelo de aula invertida, mediante o cal o profesor compartirá os materiais teóricos e outros complementarios no Campus Virtual antes de cada sesión na aula física, onde o profesor resumirá posteriormente os conceptos e elementos claves de cada tema, contribuirá a asentalos, resolverá dúbidas e abrirá debates e discusións sobre cada tema; tamén se utilizarán recursos do Campus Virtual para a realización de microtarefas de control e seguimento da adquisición de coñecementos adquiridos polo alumnado.
A metodoloxía docente baséase na construción colectiva do discurso analítico e crítico sobre a cultura visual, o deseño e a composición e a súa necesidade no xornalismo. A intervención dos estudantes nas aulas favorecerá a aprendizaxe crítica e o debate, ademais de contribuír ao desenvolvemento dunha cultura visual sólida que permitirá a aplicación práctica dos principios do deseño e a composición. Estas sesións complementaranse con exercicios de resolución de problemas baseados en casos concretos que lles permitan profundar aos estudantes nas necesidades e técnicas aplicables a cada contexto.
CLASES PRÁCTICAS
Para finalizar de desenvolver as competencias e poñer en práctica os contidos adquiridos, nas prácticas traballaranse proxectos de deseño e composición aplicados ao deseño de carteis, de xornais e de publicacións web.
Nas clases prácticas analizaranse diferentes tipos de deseños gráficos, fomentando a reflexión, o debate e a participación. Estes deseños estarán vinculados a cada fase do curso, reforzando así os coñecementos adquiridos na parte teórica.
Ademais, realizarase a tarefa correspondente a cada práctica, tentando que se desenvolva o máximo posible na aula.
A avaliación da parte teórica realizarase mediante un exame que representará o 50% da nota final da materia.
O outro 50% corresponderá á parte práctica, na que se avaliará o deseño e composición visual de proxectos en papel e web, tanto o seu proceso (bosquexos, proposta de estrutura, material preparatorio) como o deseño en si (eficiencia, usabilidade e posta en marcha).
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
En todo caso, será condición indispensable para que a ponderación anterior se leve a cabo o feito de que o alumnado supere ambas as dúas partes (teórica e práctica) da materia. A vixencia da nota de prácticas quedará limitada á primeira e segunda oportunidade do ano académico en curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO (48 HORAS)
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas.
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 4 horas.
Prácticas: 20 horas.
Titorías de traballos de curso: 1,5 horas.
Actividades de avaliación: 1,5 horas.
Exame final: 1 hora.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (102 HORAS)
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas.
Lecturas recomendadas: 12 horas.
Preparación de presentacións orais, debates etc. Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio etc.). Planificación e execución da práctica: 50 horas.
Recoméndase o traballo cos recursos bibliográficos e visuais da biblioteca e a exploración sistemática dos recursos recomendados para estar ao día das novidades no deseño gráfico e web. Do mesmo xeito, a exploración e práctica con software propio do deseño e composición como Photoshop ou Adobe InDesign, é moi recomendable para mellorar as habilidades adquiridas en clase e plasmar máis facilmente a cultura visual adquirida.
Algúns recursos e webs para explorar:
British Museum Press Exhibitions https://www.britishmuseum.org/commercial/british-museum-press
Design Museum Chicago https://designchicago.org/
New York Museum of Art and Design https://madmuseum.org/
Bauhaus https://www.bauhaus.de/en/
Museu del disseny de Barcelona https://ajuntament.barcelona.cat/museudeldisseny/es
Europeana https://www.europeana.eu/en
Design Museum Denmark https://designmuseum.dk/en/
London Design Museum https://designmuseum.org/
Jose Soengas Perez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Uqui Permui Martinez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- uqui.permui [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alberto Quian Pampin
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
27.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
27.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
28.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |