Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Estudo e análise do proceso informativo en televisión e a súa extensión en Internet, en todos os seus ámbitos e fases: produción, redacción e presentación. Capacitar ao alumnado para que funcione no ámbito da información televisiva. Coñecer como funciona unha redacción na televisión e cales son os aspectos que inflúen e condicionan o tratamento informativo. Coñecer as peculiaridades de cada modelo de programa e os elementos necesarios para deseñar un informativo.
Estudo da información televisiva e audiovisual. Características específicas da redacción televisiva nun escenario multiplataforma. Análise das diferentes formas de construír información. Análise e estudo dos distintos tipos de informativos. Tipoloxía e características dos diferentes programas informativos de televisión e a súa extensión en Internet. Técnicas de deseño, dirección, presentación, elaboración e realización de programas informativos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A organización da redacción e os fluxos de traballo
1.1. A organización da redacción. Estruturas organizativas. Distintas funcións dos xornalistas. Seccións e programas
Equipos de traballo: produción e realización. O control de realización. O plató: tipos e equipo. Outros controis da
cadea
1.2. Dixitalización da redacción. Redaccións integradas. Redaccións escénicas.
1.3. A produción da información en televisión
1.4. Fases de traballo na produción de noticias. Proceso de preprodución. A asignación de equipos. Valoración,
convocatorias, follas de produción. Proceso de produción. Equipos para exteriores. Unidades móbiles. Proceso de
posprodución. Selección e tratamento
TEMA 2. O guión. A escaleta e a estrutura narrativa do informativo
2.1. A escaleta. Elementos e modelos. O guión. Pre-escaleta. Escaleta de emisión
2.2. A estrutura narrativa do informativo. Características e principais modelos de informativos. Edicións diarias
2.3. Elementos comúns na estrutura do informativo. Elementos identificadores dos noticiarios
2.4. Proceso de produción dun informativo
2.5. A realización do informativo. Ordes de realización
TEMA 3. A personalización da información
3.1 Stand up ou in situ. Tipos. O seu axuste dentro da peza
3.2. O xornalista nos directos. Obxectivos e claves. Os falsos directos
3.3. A ter en conta nas personalizacións
TEMA 4. Relato en directo e relato en diferido
4.1 Distintos tipos de relato. Características e tempos da narrativa. A información en directo e en diferido. Feitos
previsibles e imprevisibles
4.2. Posibilidades do directo e do diferido na retransmisión informativa en televisión. Factores, medios e manipulacións
4.3. Entradiñas de estudio: intros. A presencia ante a cámara. Credibilidade. Elementos e condicionantes. Realidade
virtual. Realidade aumentada. O xornalismo inmersivo
TEMA 5. A selección da información. As fontes
5.1. Procedencia da información televisiva. O papel das fontes na televisión
5.2. Características das fontes televisivas. Contraste de fontes. A dobre verificación
5.3. Categorías de fontes televisivas. Clasificación e uso. Fontes que buscan ao medio. A axenda persoal
5.4. Fontes e recursos audiovisuais para unha noticia. As axencias de noticias para televisión. Sistemas de intercambio
entre cadeas. Gabinetes. Os outros medios como fonte. As redes sociais. Filtracións e desinformación. Fake news
5.5. Atribución de fontes. Distintas formas de citar fontes
TEMA 6. Contar noticias para televisión. A mensaxe televisiva
6.1. Limitacións para contar unha historia en televisión
6.2. Recursos para superar esas limitacións. Proceso de selección da información. As W nas noticias de televisión. Contar
historias en imaxes, palabras e sons. Estratexias narrativas. A relación entre a imaxe e a palabra
6.3. Elementos expresivos na información en televisión. Básicos e complementarios
TEMA 7. A montaxe das noticias e o soporte gráfico. Edición e realización. A voz en off
7.1. Fases do proceso de elaboración das novas
7.2. O plano. Planos recurso. Tipos. Composición
7.3. A edición da nova: a montaxe. A continuidade narrativa. O uso das transicións. Efectos. Son e información televisiva.
Características e utilización
7.4. O soporte gráfico. Tipoloxía e funcións. Seccións e temática
7.5. A voz en off. Recursos para unha boa locución. Principais erros. Tipos de locución
TEMA 8. Xéneros informativos. Informativos diarios e non diarios. Do avance informativo aos canais 24horas
8.1. Xéneros. Tipoloxía. Xéneros unipersoais e interpersoais. Estilos narrativos básicos
8.2.Clasificación dos actuais programas informativos. Concepto de programa e desenvolvemento. Tipoloxía e
características. Os programas segundo a súa periodicidade e segundo o seu formato. Do avance informativo ao canal
24 horas
TEMA 9. Os informativos como elementos na estrutura da cadea. A información como espectáculo televisivo. As
audiencias
9.1. Os informativos como estruturas vertebrais da cadea
9.2. O prime-time. As audiencias informativas
9.3. Criterios de noticiabilidade dun feito. Selección da información. Pluralismo e manipulación. Perversión comercial e
política na información
9.4. A información como espectáculo televisivo. Contexto mediático. Infoentretemento: características da súa linguaxe e
vectores. Información glocal
9.5. Panorama actual. Os consellos de redacción. Criterios de ordenación. Interpretar e valorar. Información, opinión e
entretemento na televisión actual en España
TEMA 10. Novos camiños da información. A televisión na contorna converxente. O xornalista multimedia
10.1 Panorama actual da televisión como medio informativo. Interacción selectiva, narrativa e dialóxica. A tendencia
do mobile first. A segunda pantalla
10.2 Os medios de comunicación dixitais: tendencias e novos soportes. Particularidades e relación co medio televisivo. Os
novos espazos dixitais creados polas televisións. Xornalismo móbil
10.3. Formulacións de futuro para a información televisiva e os seus profesionais. Informe da BBC sobre os novos
camiños. Xornalismo multimedia e transmedia
CONTIDOS PRÁCTICOS
- Realización de directos
- Elaboración de novas informativas
- Deseño e estruturación de escaletas
- Execución dun informativo completo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Castillo, José María. (2009). Televisión, realización y lenguaje audiovisual. IORTV.
Cebrián Herreros, M. (1998). Información televisiva. Mediaciones, contenidos, expresión y programación. Síntesis.
Díaz Arias, Rafael. (2017). La información periodística en televisión. Síntesis.
Larrañaga Zubizarreta, J. (2006). Redacción y locución de la información audiovisual. UPV.
Marín Lladó, Carles. (2017). Reporterismo de Televisión. Guía de buenas prácticas del reportero audiovisual, Gedisa.
Marín Lladó, Carles. (2006). Periodismo audiovisual. Información, entretenimiento y tecnologías multimedia. Gedisa.
Oliva, Llucía & Sitjá, Xavier. (2007). Noticias en radio y televisión. Periodismo audiovisual en el siglo XXI. Ediciones Omega.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Barroso García, J.(1992). Proceso de la información de actualidad en televisión. IORTV.
Bueno, Gustavo.(2002). Telebasura y democracia. Ediciones B.
Campos Freire, Francisco (coord.) (2011). El nuevo escenario mediático. Comunicación Social, ediciones y publicaciones.
Castelló, Enrique.(2004). La producción mediática de la realidad. Ed. Laberinto.
Cebrián Herreros, Mariano (2004): Modelos de televisión: generalista, temática y convergente con Internet. Paidós.
Cebrián Herreros, Mariano (2003): Géneros informativos audiovisuales. Ciencia.
Cervera, Esther (2015). El directo informativo en televisión. CEU Ediciones.
León, Bienvenido (coord.) (2010). Informativos para la televisión del espectáculo. Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
León, Bienvenido (coord.)(2014). Detrás de las cámaras. Un manual para los profesionales de la televisión. Comunicación Social ediciones y publicaciones.
Martín, Carles. (2004). El lenguaje de los informativos de televisión. Calima Ediciones.
Marzal Felici, Javier & Casero Ripollés, Andreu (2011). Periodismo en televisión. Comunicación Social, ediciones y publicaciones.
Soengas Pérez, José (2004). La importancia de la tecnología en el proceso informativo: ventajas y peligros. Ed. Universidad Fernando Pessoa.
Soengas Pérez, José (2008). El enfoque informativo. Los puntos de vista de una noticia en televisión. Laberinto.
Soengas Pérez, José (2003). El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual. Laberinto. Madrid.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Competencia contextual básica de carácter transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no ámbito da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 – Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
COMPENTENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos nos medios de comunicación.
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas de creación de produtos multimedia.
CE08 - Coñecer as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental.
• A metodoloxía aplicada para a comprensión da materia Información Televisiva está programada seguindo os criterios establecidos polo número de créditos teóricos e prácticos e tendo en conta que é unha materia cuadrimestral.
• Nestas sesións teóricas o alumnado adquirirá os fundamentos para a busca de información, da redacción para televisión e se iniciará nos conceptos de linguaxe audiovisual en informativos, elementos necesarios para ter unha visión de conxunto de como se desenvolve o traballo diario dunha redacción de informativos nunha canle de televisión.
• A través das clases prácticas, o alumnado percorrerá o proceso de elaboración de información: busca, selección e contraste de noticias, elaboración dunha escaleta e realización en grupo dun informativo completo que se producirá co material técnico do centro (ordenadores e programas de edición, material de rexistro de imaxe e son, iluminación, tarxetas de memoria, etc. para a recollida das imaxes e testemuñas necesarias) e se realizará en "falso directo" íntegramente no plató de informativos do centro que precisa de constante actualización, compra e mantemento de equipos técnicos (cámaras, micros, trípodes, prompters, iluminación, misturadores de imaxe e son, servidores, etc...)
O alumnado comeza as prácticas introducíndose no proceso de dar información en directo, de seleccionar novas e de elaborar escaletas, para continuar coa sua preprodución de cara á realización do informativo final. Traballará na redacción e edición das informacións e na elaboración dun informativo en directo en plató por parte de cada un dos grupos de traballo.
Durante o curso o profesorado proporá outro tipo de traballos prácticos de cara a familiarizar ao alumnado coa estrutura das noticias, os diferentes estilos e formatos informativos e a súa presenza en antena.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Ademais, na medida en que os horarios e as dotacións orzamentarias do centro o permitisen, poderían organizarse durante o curso ata dúas visitas profesionais tutorizadas a outras tantas localizacións exteriores, preferentemente platós de gravación, redaccións e dependencias de edición, posprodución e realización de produtos televisivos. Tras a realización das mencionadas visitas exteriores desenvolveríanse por parte do alumnado debates temáticos e traballos analíticos sobre os esquemas profesionais relacionados con estas actividades.
Establécense dous mecanismos de avaliación:
Exame final: 50% da cualificación final.
Sesións interactivas: 50% da cualificación final.
Para superar a materia cómpre ter avaliación positiva tanto no exame final coma na avaliación das sesións interactivas. Na segunda oportunidade conservarase a cualificación obtida no exame final ou nas sesións interactivas. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 20 horas
• Traballo con textos: 4 horas
• Prácticas laboratorio: 20 horas
• Titorías de traballos de curso: 1,5
• Actividades de avaliación: 1,5
• Exame final: 1
• Estudio autónomo do alumnado: 40 horas
• Lecturas recomendadas: 12
• Planificación e execución da práctica: 50 horas
É unha materia cun valor de 6 créditos ECTS e unha carga de traballo para o alumnado de 150 horas (48 de traballo presencial e 102 persoal).
É recomendable que o alumnado asista ás clases teóricas para lograr unha concepción global da materia. A realización das prácticas é obrigatoria.
Sería interesante que o alumnado fixese un seguimento dos distintos formatos que están actualmente en televisión, asesorado pola docente, para realizar análises críticas ao respecto.
Para un correcto aprendizaxe é recomendable que o alumnado realice as lecturas bibliográficas recomendadas e a consulta de páxinas web de información televisiva.
Webs relacionadas:
www.rtve.es
www.antena3.com/noticias/
www.telecinco.es/informativos/
www.cuatro.com/noticias/
www.lasextanoticias.com/inicio
www.bbc.co.uk
www.formulatv.com
www.vertele.com
www.rtve.es/instituto
www.canalsur.es
www.aragontelevision.es
www.eitb.com
www.canalextremadura.es
www.rtpa.es
www.crtvg.es
www.rtvc.es
www.telemadrid.es
www.elprofesionaldelainformacion.com
www.televisiondigital.es
www.portalcomunicacion.com
Irene Sandra Lourido Loureiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- irenesandra.lourido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Marta Rodríguez Castro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
23.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
23.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
27.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |