Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Capacidade para deseñar e executar investigacións empíricas sobre os fenómenos da comunicación. Comprender a morfoloxía da investigación en comunicación: compoñentes e fases fundamentais. Coñecer as ferramentas conceptuais e metodolóxicas necesarias para unha comprensión rigorosa dos fenómenos comunicativos contemporáneos e para a análise e a xeración de coñecemento cientificamente válido sobre os mesmos. Praxe da investigación en comunicación: investigación aplicada aos medios e soportes impresos, sonoros, audiovisuais e hipermedia. Divulgar resultados científicos á sociedade.
A finalidade da materia Métodos de investigación é que o alumnado adquira coñecementos sobre o método científico e o proceso dunha investigación científica no campo da comunicación ou do xornalismo.
De maneira concreta, os obxectivos específicos resúmense en cinco:
• Coñecer e comprender o proceso dunha investigación en comunicación.
• Identificar e entender as diferenzas entre os métodos cuantitativos e os cualitativos.
• Aprender a aplicar os principais métodos de investigación en comunicación.
• Coñecer e manexar fontes e recursos de información científica.
• Deseñar e realizar un proxecto de investigación.
Estudo dos métodos de investigación en comunicación. A investigación en comunicación: conceptualización do método científico e das diferentes liñas e escolas metodolóxicas orientadas á investigación en comunicación e a súa evolución histórica. Métodos cuantitativos e cualitativos aplicados á comunicación. Taxonomía da investigación en comunicación: estratexias, paradigmas e técnicas. Analítica da investigación en comunicación: localización, extracción e rexistro de datos e técnicas de avaliación en comunicación. Divulgación de resultados científicos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución á investigación científica
1.1	Tipos de coñecemento
1.2	A ciencia e o método científico
1.3	A investigación científica
1.4	Paradigmas en Ciencias da Comunicación
1.5	Principais áreas de investigación en comunicación
1.6	Investigación básica e aplicada
TEMA 2. Deseño e planificación dun proxecto de investigación
2.1 O proceso de investigación
2.2 Construción do obxecto de estudo
2.3 Elaboración do marco teórico
2.4 Formulación das hipóteses
2.5 Deseño da investigación e metodoloxía de traballo
2.6 Traballo de campo
2.7 Procesamento dos datos
2.8 Presentación de resultados
TEMA 3. Traballos académicos e revisións bibliográficas
3.1 Tipoloxías de artigos académicos
3.2 O artigo científico
3.3 Estrutura do artigo de investigación e redacción académica
3.4 Revisión bibliográfica
3.5 Revisión sistematizada da literatura
3.6 Bases de datos académicas
TEMA 4. Métodos de investigación cuantitativa
4.1 A análise de contido
4.2 A enquisa
4.3 A investigación experimental
TEMA 5. Métodos de investigación cualitativa
5.1 A entrevista en profundidade
5.2 O estudo de caso
5.3 O grupo de discusión
5.4 A observación
TEMA 6. Outras técnicas de investigación e a divulgación científica
6.1 Outras técnicas de dinámica de grupos: Phillips 66 e Delphi
6.2 Análise do discurso
6.3 Análise de redes sociais
6.4 A revisión por pares
6.5 Os índices de impacto das revistas científicas
6.6 Revistas depredadoras e “acceso aberto”
6.7 Os congresos científicos
6.8 Ética da investigación
CONTIDOS PRÁCTICOS
Prácticas individuais ou grupais: 
• Lectura e análise de artigos científicos
• Revisión bibliográfica en bases de datos: procura e sistematización
• Deseño e creación dunha ficha de análise e dun libro de códigos
• Realización dunha análise de contido: codificación, análise e interpretación dos datos
• Deseño e elaboración dun cuestionario para enquisa
• Realización dunha enquisa
• Elaboración de informes de investigación
Práctica final grupal: elaboración dun artigo científico sobre un fenómeno do xornalismo ou do eido da comunicación. O alumnado terá que subir o traballo ao Campus Virtual e expoñelo na aula a final de curso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Berganza Conde, M. R. & Ruiz San Román, J. A. (coords.) (2005). Investigar en Comunicación: guía práctica de métodos y técnicas de investigación social en Comunicación. McGraw-Hill.
Croucher, S. M. & Cronn-Mills, D. (2014). Understanding communication research methods: A theoretical and practical approach. Routledge.
Igartua, J. J. (2006) Métodos cuantitativos de investigación en comunicación. Bosch.
Krippendorff, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica. Paidós.
Ruiz Olabuénaga, J. I. (2007). Metodología de la investigación cualitativa. Universidad de Deusto.
Wimmer, R. D. & Dominick, J. R. (1996). La investigación científica de los medios de comunicación: una introducción a sus métodos. Bosh.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Creswell, J. (2003). Research design: Qualitative, quantitative and mixed method approaches. Sage Publications.
Eiroa, M. & Barranquero, A. (2017). Métodos de investigación en la comunicación y sus medios. Comunicación. Síntesis.
Gómez, J., Grau, A., Giulia, A. & Jabbaz, M. (2014). Técnicas cualitativas de investigación social. Universitat de Valencia.
Hansen, A. & Machin, D. (2013). Media & Communication Research Methods. Palgrave Macmillan.
Krippendorff, K. (1990). Metodología de análisis de contenido. Teoría y práctica. Paidós.
Krueger, R. A. (1991). El grupo de discusión: guía práctica para la investigación aplicada. Pirámide.
Reguant-Álvarez, M. & Torrado-Fonseca, M. (2016). El método Delphi. REIRE. Revista d’Innovació i Recerca en Educació, 9(1), 87-102.
Sierra Bravo, R. (1992). Técnicas de investigación social: teoría y práctica. Paraninfo.
Treadwell, D. (2019). Introducing Communication Research: Paths of Inquiry. Sage Publications.
Vilches, L. (Coord.) (2011), La investigación en comunicación. Métodos y técnicas en la era digital. Gedisa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CX3 - Competencia para a práctica da profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teña competencias tipicamente necesarias para defender argumentos e resolver problemas dentro do seu campo de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan reflexión sobre temas relevantes de tipo social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender de xeito posterior estudos cun alto grao de autonomía.
-----
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónomo.
CT5 - Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE11 – Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE20 - Capacitar para poder desenvolver investigacións científicas dentro da área de ciencias sociais, especialmente no ámbito da comunicación.
CE25 – Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
A metodoloxía de ensinanza combinará diferentes técnicas: clases expositivas teóricas, clases interactivas e traballos individuais e grupais.
En primeiro lugar, as sesións expositivas correspóndense coas leccións maxistrais nas que, á marxe da explicación dos contidos teóricos, contémplanse lecturas, debates, exposicións ou estudos de caso para favorecer e reforzar a adquisición de coñecementos e competencias por parte do alumnado. 
En segundo lugar, as sesións interactivas implicarán a posta en práctica dos coñecementos teóricos adquiridos nas clases expositivas. Para iso, o alumnado realizará exercicios e traballos vinculados coa investigación académica e a aplicación das principais técnicas de investigación no campo da comunicación e o xornalismo. En concreto, o alumnado realizará estas prácticas na aula de informática, facendo uso dun computador e apoiándose en diferentes ferramentas e bases de datos.
A metodoloxía de ensinanza tamén contempla o uso do Campus Virtual.
A parte teórica da materia avaliarase mediante un exame final sobre os contidos do programa. A cualificación desta proba supoñerá o 50% da nota final do alumnado na materia. 
En canto á parte práctica, a súa avaliación supoñerá o 50% restante da nota final. Desta porcentaxe, o 20% corresponderá coa cualificación dos traballos individuais e/o en grupo a realizar nas clases interactivas, mentres que o 30% procederá do traballo final especificado no apartado de Contidos. Cabe sinalar que todos os exercicios e tarefas han de ser entregados en tempo e forma seguindo as indicacións da docente para poder ser avaliados. Non se avaliará ningún traballo que non siga as instrucións ofrecidas na aula e/o a través do Campus Virtual. Na avaliación da parte práctica terase en conta a redacción, a ortografía, a gramática e a claridade expositiva. 
Segunda oportunidade: neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ou a alumna ten aprobada unha parte da materia (teoría ou práctica), gardarase a nota para a segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios/as alumnos/as, así como a presenza na aula da profesora para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas (presentación e explicación dos temas): 20 horas
• Traballos con textos (análise, síntese e discusión): 5 horas
• Seminario ou prácticas en clase: 15 horas
• Titorías de traballos de curso: 2 horas
• Actividades de avaliación: 3 horas
• Exame final: 3 horas
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 45 horas
• Lecturas recomendadas: 15 horas
• Preparación de presentacións orais, debates etc.: 10 horas
• Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio etc.)/ etc.) e planificación e execución da práctica: 32 horas
Lectura da bibliografía recomendada.
Lectura de artigos científicos sobre comunicación e xornalismo.
Consulta do material subido ao Campus Virtual.
Sara Perez Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Mércores | |||
|---|---|---|---|
| 09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 | 
| Xoves | |||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 | 
| Venres | |||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 | 
| 29.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 | 
| 29.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 | 
| 02.07.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |