Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxectivos da materia son coñecer os diferentes formatos de clasificación da información; coñecer e analizar as estratexias de construcción de cada unha das tipoloxías dialóxicas da información; coñecer e aplicar a teoría e a técnica de elaboración de información a través dos xéneros dialóxicos; e comprender a importancia dos tipos de información no discurso dos medios de comunicación.
Definición dos xéneros dialóxicos audiovisuais (radio, televisión e internet). Teoría, técnica, estrutura, tipoloxía e características. A entrevista informativa: tipoloxía, técnicas de realización e de produción da información. A enquisa e as rodas informativas. Os xéneros coloquiais: estudo en profundidade da tipoloxía, técnicas de realización e produción de debates, faladoiros e coloquios. Debates abertos en torno ao tratamento informativo nos xéneros dialóxicos. Novos formatos baseados nos xéneros dialóxicos no escenario dixital.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Definición dos xéneros dialóxicos audiovisuais (radio, televisión e internet). Teoría, técnica, estrutura, tipoloxía e características
1.1 Definición e inserción no marco teórico dos xéneros
1.2 Os xéneros como produto e como ferramenta xornalística
1.3 Os xéneros nas programacións
1.4 Tipoloxía dos xéneros dialóxicos e principais características en función do medio
TEMA 2. A entrevista informativa: tipoloxía, técnicas de realización e de produción da información
2.1 Perspectiva histórica e desenvolvemento da entrevista en radio, televisión e internet
2.2 A entrevista informativa
2.3 A entrevista de carácter
2.4 Modelos híbridos de entrevista
2.5 O proceso da entrevista: antes, durante e despois da entrevista
2.6 Técnicas da entrevista. Posicións de entrevistador e entrevistado.
TEMA 3. A enquisa e as roldas informativas
3.1 Reflexión crítica sobre a enquisa como xénero
3.2 Técnicas de execución e presentación da enquisa
3.3 As roldas informativas no discurso programático
3.4 Técnicas de execución e presentación da rolda informativa
TEMA 4. Os xéneros coloquiais: estudo en profundidade da tipoloxía, técnicas de realización e produción de debates, tertulias e coloquios
4.1 Estudo comparado dos xéneros coloquiais. Criterios de selección.
4.2 O debate. O debate puro e os modelos híbridos. Técnicas de execución e presentación
4.3 A tertulia. Reflexión crítica
4.4 A mesa redonda. Técnicas de execución e presentación
TEMA 5. Debates abertos arredor do tratamento informativo nos xéneros dialóxicos
5.1 Reflexión crítica sobre o uso dos xéneros dialóxicos
5.2 Os xéneros dialóxicos como ferramenta de espectacularización
5.3 Xéneros e infoentretenemento
TEMA 6. Novos formatos baseados nos xéneros dialóxicos na escea dixital
6.1 Os xéneros dialóxicos no podcast
6.2 As posibilidades multimedia e transmedia dos xéneros
6.3 Novos formatos
CONTIDOS PRÁCTICOS
No estudo de radio
1. Elaboración dunha entrevista informativa, como práctica individual. Audición e análise colectiva de entrevistas informativas
2. Elaboración dunha entrevista de carácter, como práctica individual. Audición e análise colectivo de entrevistas de carácter
3. Elaboración dun debate, como práctica individual. Audición e análise colectiva de debates
4. Elaboración dunha mesa redonda, como práctica colectiva (3-4 persoas). Audición e análise colectiva de mesas redondas
No plató de TV
1. Realización dunha entrevista en rolda informativa, de actualidade, priorizando a temática política (guión, produción, realización e comunicación integral). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas
2. Realización dunha entrevista de carácter. En grupos de 3-4 persoas
3. Realización dunha entrevista en formato magazine a dúas fontes (guión, produción, realización e comunicación integral). Gravación no plató. En grupos de 3-4 persoas
4. Realización dun contido informativo audiovisual para a súa distribución online: adaptación dos xéneros dialóxicos ao esceario online. En grupos de 3-4 persoas
BÁSICA
Balsebre, A. & Mateu, M. (1998). La entrevista en radio, televisión y prensa. Madrid: Editorial Cátedra
Karhunen, P. (2017). Closer to the story? Accesibility and mobile journalism. Reuters Institute.
Martínez Costa, P. & Herrera, S. (2005). Qué son los géneros radiofónicos y por qué deberían importarnos. In Global Media Journal, vol.2, nº3.
Martínez-Vallvey, F. & Irla Uriarte, V. (2017). El entrevistador en televisión: actitudes y estilos. Estudios sobre el Mensaje Periodístico, 23(2), 1247-1263.
Ordway, D.-M. & Wihbey, J. (2016). Presidential debates and their effects: Research roundup. Journalist’s Resource-Harvard Kennedy School.
VV.AA. (2020). Televisión: programas, audiencias y debates. El profesional de la información. http://www.elprofesionaldelainformacion.com/contenidos/2020/mar/index.h…
COMPLEMENTARIA
Casero Ripollés, A. & Marcial Felici, J. (eds.) (2011). Periodismo en televisión. Nuevos horizontes, nuevas tendencias. Salamanca: Comunicación Social
Cebrián Herreros, M. (2004). La información en televisión. Obsesión mercantil y política. Barcelona: Gedisa
Cebrián Herreros, M. (1992): Géneros informativos audiovisuales. Madrid: Ciencia 3
Echevarría LLombart, B. (2002). Las w´s de la entrevista. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
Frattini, Eric; Quesada, Montse & Ordás, Nacho (1994). La entrevista. El arte y la ciencia. Madrid: Eudema. Imagen y Comunicación.
Gabilondo, Iñaki (2006). Testigo de la historia. Barcelona: Santillana
García Jiménez, J. (1999). Información audiovisual. Vol. I-II. Madrid: Paraninfo
León, B. (2012). La televisión ante el desafío de Internet. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
Marín, C. (2006). Periodismo audiovisual. Barcelona: Gedisa
Martínez Costa, P. & Díez, J.R. (2005). Lenguaje, géneros y programas de radio. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra
Merayo, A. (1992). Para entender la radio. Salamanca: Ediciones Universidad Pontificia de Salamanca
Morán Torres, E. (1990). La tertulia, un nuevo género del periodismo. Jornadas Internacionales de CC de la Información. Pamplona: Universidad de Navarra
Munsó Cabús, M. (2003). Joaquín Soler Serrano. A fondo. Barcelona: Planeta
Puentes, I.; Fernández, A.B, & Vázquez, M. (Coords.) (2020). Debate sobre los debates electorales y nuevas formas de comunicación política. Cuadernos Artesanos de Comunicación, cac171. La Laguna (Tenerife): Latina.
Roca-Cuberes, C. (2013). Desarrollo histórico y actualidad de la entrevista política televisada en España. En Historia y Comunicación Social, 18, 437-447.
Rodero, E. (2001). Manual práctico para la realización de entrevista y reportajes en la radio. Salamanca: Editorial Cervantes
Rodríguez Borges, R.F. (2006): Radio e información. Elementos para el análisis de los mensajes radiofónicos. Tenerife: Universidad de La Laguna
Sánchez Cobarro, P. del H. (2012). La inteligencia emocional en el entrevistador periodístico.Tesis doctoral. Murcia: UCAM
Santamaría, L. (1990). El comentario periodístico. Los géneros persuasivos. Madrid: Paraninfo
Schoaus, B., Broersma, M. & Wijfjes, H. (2017). Netotiation Games. En Journalism Practice, 11:8, 925-941.
Soengas Pérez, X. (2009). Los límites de la información en los debates pactados. RLCS.
Básicas e xerais
CG1.- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2.- Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3.- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
CT2.- Capacidade de xestión da información
CT3.- Traballo en equipo
CT4.- Aprendizaxe autónoma
CT5.- Creatividade
CT6.- Iniciativa e espíritu emprendedor
CT7.- Coñecementos básicos da profesión
CT1.- Capacidade de organización e planificación
Específicas
CE01.- Técnicas de expresión oral nos medios de comunicación audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para os medios non escritos
CE04.- Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05.- Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06.- Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas
CE07.- Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08.- Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental
CE21.- Capacitar para a xestión da programación dun medio de comunicación audiovisual
A metodoloxía do ensino da materia incluirá as seguintes ferramentas:
Resolución de exercicios e problemas
Aprendizaxe orientada a proxectos
Lección maxistral
Na parte práctica, o alumnado debe usar (e no seu caso aprender a usar) cámaras, gravadoras de audio e programas de edición.
O exame final suporá o 50 por cento da nota. As prácticas de laboratorio serán o outro 50 por cento da nota. Será necesario aprobar as dúas partes para poder aprobar a materia. O sistema de avaliación será igual na primeira e na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque requiere exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Prácticas de laboratorio: 20 horas
Titorías de traballos en curso: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Exame final: 1 hora
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Busca, rexistro e preparación de materiais de apoio; e planificación e execución da práctica: 50 horas
Para optimizar o rendemento do alumnado na superación desta materia recoméndase, ademais da asistencia ás clases teóricas e prácticas, o seguimento dos xéneros nas producións audiovisuais actuais e das que propoñan os docentes. É preciso escoitar radio e podcast e ver televisión e produtos multimedia na internet cun afán crítico que mesmo dea pé a comentarios e novas liñas de traballo nas clases.
Irene Sandra Lourido Loureiro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- irenesandra.lourido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Marcos Sanluis Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- marcos.sanluis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
10.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
10.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
12.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |