Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos sobre as diversas áreas de especialización da información xornalística, analizando as súas características, antecedentes históricos, funcións, disfuncións, fontes e perfís profesionais, desde a análise máis teórica á práctica profesional.
Reflexionar sobre a función social dos medios na sociedade da información, afrontando o fenómeno da comunicación de masas en relación co mundo dos coñecementos especializados.
Revalorizar os factores que sustantivan a ideoloxía e a cultura do xornalismo, contribuindo desde a especialización de contidos á democratización informativa.
Revalidar as áreas de especialización na súa instrumentación operativa -tanto organizativa como construtiva-, redimensionándoas nesa outra dimensión democartizadora, pois que ao tempo que permiten contextualizar de maneira óptima a actualidade, facilitan niveis cualificados de mediación.
Coñecer, comprender e poñer en práctica procesos de produción informativa e de análise que validen a estratexia operativa da que se sirve o xornalismo para a especialización de contidos, tendo en conta agora as características de cada ámbito temático, co que non só optimiza a súa capacidade prospectiva senón tamén a súa capacidade para a produción de coñecemento.
TEMA 1. Ámbito de información política. Xornalismo político
1.1. A política: a súa complexidade e dinámica na práctica social.
1.2. Política, medios e información. Funcións da información política en democracia.
1.3. Raíz e evolución histórica do xornalismo político.
1.4. A produción de actualidade política. Relación entre a política, os políticos e os xornalistas. Perfil profesional: competencias, actitudes e habilidades.
1.5. O discurso e as fontes do xornalismo político. O comentario político.
TEMA 2. Escenarios políticos (I): información europea, estatal e autonómica
2.1. Política e ámbitos institucionais interdependentes de estrutura territorial. A comunicación
política como argamasa.
2.2. O Parlamento e a información nun sistema democrático. O cronista parlamentario.
2.3. A información nas campañas electorais. Coberturas e conflitos político/mediáticos.
2.4. A política das institucións da UE e a información. Ámbitos, fontes e figuras profesionais.
2.5. Política de Estado, política autonómica e información.
2.6. O xornalismo político en Galicia: evolución histórica, ámbitos, fontes e figuras profesionais.
2.7. Política local e información. Cobertura profesional.
TEMA 3. Escenarios políticos (II): información internacional
3.1. Información sobre política internacional: estrutura e desequilibrios. O rol das axencias de
noticias.
3.2. Evolución histórica do xornalismo internacional. Cambios producidos por factores
tecnolóxicos, mediáticos e xeopolíticos.
3.3. Conflitos internacionais: o poder das fontes e o poder dos medios.
3.4. Fontes institucionais e fontes propias. Gabinetes de prensa e partidos políticos.
3.5. As figuras profesionais do correspondente, do enviado especial e do analista.
TEMA 4. Ámbito de información económica. Xornalismo económico
4.1. A expansión da información económica. A nova economía e os fluxos económicos nun
mundo globalizado. Medios, xornalismo e crise económica.
4.2. A economía, unha macroárea: proposta vertebradora. Subáreas emerxentes: información
financeira, a Bolsa, o consumo e o turismo.
4.3. A produción de información económica: funcións e disfuncións.
4.4. Fontes económicas, atendendo aos diversos ámbitos de aplicación.
4.5. Xornalistas e receptores de información económica: principios e reglas prácticas.
4.6. Galicia: información agraria e marítima. Fontes e xéneros.
TEMA 5. Ámbito de información social (I). Xornalismo de Sociedade
5.1. Xornalismo e sociedade. A división do espacio social:ámbitos públicos e privados. Dereitos e
liberdades.
5.2. Macroárea de Sociedade: eixes temáticos vertebradores e de contextualización.
5.3. Información e calidade de vida (xornalismo especializado de proximidade).
5.4. Áreas e ámbitos especializados: Educación. Obxetivos, escenarios e fontes.
5.5. Áreas e ámbitos especializados: Saude, Sanidade e Mediciña. Obxetivos, escenarios e fontes.
5.6. Áreas e ámbitos especializados: Comunicación, relixión e vida social.
TEMA 6. Ámbito de información social (II). Xornalismo Xudicial.
6.1. A especialización da información xudicial: razóns internas e externas. Evolución.
6.2. Campos, ámbitos e escenarios. As grandes áreas: Sucesos e Tribunais. Transversalidade
nos medios.
6.3. A violencia, a visibilidade da dor, os medios e os xornalistas.
6.4. Os sucesos: criterios de noticiabilidade, fontes e tipoloxía. A información sobre catástrofes,
sucesos económicos e sucesos terroristas.
6.5. A xustiza e os medios de comunicación. Ámbitos, suxeitos e normas (lexislativas e/ou
protocolarias).
6.6. Campo xornalístico versus campo xurídico. As fontes e os xornalistas. A relación entre xuices
e xornalistas. O segredo de sumario e os chamados xuizos paralelos.
6.7. Do suceso á sentenza dos tribunais:procesos e procedementos profesionais.
TEMA 7. Ámbito de información social (III). Xornalismo Social
7.1. Xornalismo e dereitos humáns. Medios de comunicación e organizacións sociais. O
Terceiro Sector.
7.2. Xornalismo Social: definición, temario, obxetivos e funcións. Pautas e actitudes profesionais.
7.3. Tratamento xornalístico da información relacionada con minorías sociais (infancia e
xuventude, persoas maiores, pobreza...)
7.4. Tratamento xornalístico da información relacionada con minorías étnicas e grupos de risco.
7.5. Cooperación, voluntariado, desenvolvemento sostible e cambio social.
7.6 Muller, xénero e sexismo: informar desde a perspectiva de xénero. A violencia contra as mulleres e a información. Prostitución e xornalismo.
TEMA 8.- Ámbito de información científica. Xornalismo Científico
8.1. Comunicar a ciencia: xornalismo científico versus divulgación científica.
8.2. Xornalismo científico: orixe e evolución, características, obxetivos, funcións e disfuncións.
8.3. Contidos da información científico/técnica. Filtros e control de axenda.
8.4. Contidos, fontes e funcións da información sobre os ámbitos científicos da saúde e a innovación tecnolóxica .
8.5. Unha especialización en auxe: o xornalismo ambiental.
8.6. Cualidades do xornalista especializado en ciencia e tecnoloxía. Relación entre xornalistas e científicos. Maneiras de informar.
8.7. Fontes, xéneros e relatos. Linguaxe científica e linguaxe xornalística.
TEMA 9.- Ámbito de información cultural. Xornalismo Cultural
9.1. O concepto de cultura na sociedade contemporánea: determinacións histórico/sociais. Contribucións teóricas.
9.2. Reconfiguración do espacio público e consumismo cultural. Da cultura ao espectáculo: cultura do coñecemento versus cultura do entretemento.
9.3. Comunicación, cultura e xornalismo. O xornalismo cultural nun mundo en crise: definición. Orixes e evolución. Públicos receptores.
9.4. A produción de actualidade cultural: ámbitos temáticos e criterios de selección, fontes, xéneros e linguaxe nos diferentes soportes (prensa, radio, TV) e formatos mediáticos. A crítica cultural.
9.5. Premisas teóricas, éticas e profesionais do xornalista cultural (especialización). O desafío de Internet: xornalistas ou xestores/activistas?
9.6. A cultura do xornalismo cultural.
9.7. Territorios culturais e lingüísticos no Estado. Culturas nacionais e a forza da mundialización. O caso de Galicia.
TEMA 10.- Ámbito de información deportiva. Xornalismo Deportivo
10.1. Comunicación, deporte e sociedade. O deporte como educación e como espectáculo para o ocio.
10.2. Consumir deporte a través dos medios. A información de grandes eventos e de deportes minoritarios.
10.3. Xornalismo deportivo: definición e evolución. A especialización nun tempo de grandes cambios sociais, tecnolóxicos e deportivos. Un escenario dixital cambiante.
10.4. Ámbitos temáticos, fontes e xéneros do xornalismo deportivo. Fronteiras entre a información e a opinión. Estrutura da crónica deportiva.
10.5. O xornalista deportivo: premisas teóricas, éticas e profesionais.
10.6. As retransmisións deportivas. Narradores deportivos radiofónicos e televisivos.
10.7. A linguaxe da información deportiva: características e usos actuais.
10.8. Novas tendencias e novos formatos informativos do xornalismo deportivo.
1. Básica
BLANCO CASTILLA, E. y ESTEVE RAMIREZ, F. (Editores), Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga, 2010.
DE RAMÓN, M. (Coord.), Diez lecciones de Periodismo Especializado. Madrid, Fragua, 2003.
EL-MIR AMADO, J. y VALBUENA DE LA FUENTE, F. (Compiladores), Manual de Periodismo. Las Palmas, Universidad de Las Palmas y Prensa Ibérica, 1995.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J., Áreas de especialización periodística. Madrid, Editorial Fragua, 1999.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y MONCHOLI, M.A. (Coord.), Teoría y técnicas del Periodismo Especializado. Madrid, Editorial Fragua, 2007.
FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (Coord.), Periodismo Especializado. Barcelona, Ariel, 2004.
LLANO, R., La especialización periodística. Madrid, Tecnos, 2008.
2. Complementaria
A bibliografía básica complementarase con outros textos –libros e artigos- relacionados con cada un dos ámbitos de información temática que compoñen o programa, dacordo tanto coa cadencia explicativa das leccións teóricas como coa actualidade.
Básicas
-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a rdsolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais
-Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
-Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
-Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de xestión da información
- Traballo en equipo
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Iniciativa e espírito emprendedor
- Coñecementos básicos da profesión
Específicas
- Coñecer as técnicas de redacción da información especializada.
- Capacitar para a produción de información especializada
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas, sempre buscando a implicación directa dos alumnos/as no proceso de formación ao que tentan contribuir os coñecementos aportados por esta materia.
Máis en concreto:
. clases maxistrais
. clases e seminarios prácticos
. traballos individuais, en grupo e de laboratorio titorizados
. estudo e debates de casos e prácticas de campo
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A parte teórica da asignatura avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso, sobre os contidos do programa. A dita proba puntuarase sobre 10. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
A parte práctica avaliarase a través dos traballos solicitados, que o alumnado deberá realizar e entregar segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na aula polo profesor. A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.
Para aprobar a asignatura é necesario superar a asignatura nas súas dúas partes. Suspender unha das partes suporá suspender a asignatura.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), poderase considerar a posibilidade de gardar a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
A materia equivale a 6 créditos ECTS, e correspóndese cunha carga de traballo para os alumnos/as de 150 horas.
Delas, 51 horas están estipuladas para o traballo presencial e as restantes 99 para o traballo de preparación e realización das actividades programadas.
Por tratarse dunha materia que ten un ha relación moi directa co modelo de sociedade actual, é preciso que os alumnos/as se esforcen en afianzar e asentar a súa vocación intelectual- e conseguintemente, a súa vocación social e profesional- tomando contacto coas ideas coas que os diversos autores contemporáneos interpretan o mundo no tempo da globalización, da información e do coñecemento.
A lectuura de obras especializadas en comunicación social, e máis específicamente no estudo dos modelos de xornalismo que máis e mellor responden ás esixencias e necesidades dos novos públicos, dos novos e emerxentes colectivos sociais, faise imprescindible para a comprensión do papel que lles toca xogar a medios e xornalistas nun tempo de extremosa complexidade.
Todo elo, por ser imprescindible para cualificar –especializar- os niveles de mediación aos que se deben medios e xornalistas.
Os alumnos/as terán que seguir no día a día a actualidade que se produce en todos e cada un dos seus máis diversos ámbitos temáticos a través dos diferentes medios de comunicación (escritos, audiovisuais, na rede).
Un excelente dominio da lingua escrita e a creatividade e capacidade de innovación á hora de formular e desenvolver os traballos previstos serán aspectos que se terán moi en conta, así como a participación activa nas clases e maila demostración de capacidade de relación de contidos, contextualización, documentación e análise crítica.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Ana Bellon Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- ana.bellon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Toural Bran
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816558
- Correo electrónico
- carlos.toural [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
18:00-19:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
18.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
18.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
18.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
29.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |