Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Análise das formas e modelos de xestión, análise, difusión e control da comunicación interna e externa nas organizacións. Estudo e análise do papel e das funcións dos gabinetes de comunicación nas organizacións e o seu papel na construción da imaxe e da identidade corporativa.
Os gabinetes de comunicación e o perfil de Director de Comunicación son un dos campos con maior perspectiva de futuro laboral para os licenciados en Xornalismo. A pesar de que tradicionalmente a Comunicación Organizacional forma parte das relacións públicas, as organizacións prefiren por ao fronte do seu departamento de comunicación a expertos en Xornalismo.
A materia revisa as claves para xestionar e avaliar a xestión da comunicación en calquera organización de modo que os alumnos adquiran as competencias necesarias para incorporarse ás dinámicas laborais dos gabinetes de comunicación e dos gabinetes de prensa ou, desde as redaccións dos medios, saber como foron xestionadas as propostas que se lle achegan como información para converter en noticia.
Revisión dos conceptos claves de comunicación organizacional, comunicación corporativa e mercadotecnia, diferenciando o peso que a información xornalística ten en cada unha delas. Revisión e relación dos conceptos, marca, identidade corporativa e imaxe cos contidos informativos dos medios. Revisión dos modelos lineais e circulares, ascendentes e descendentes, horizontais e verticais, da comunicación interna e externa nas organizacións. Coñecemento das técnicas de comunicación utilizadas polas organizacións e da estrutura e funcionamento dos gabinetes de comunicación como instrumento estratéxico para lograr a presenza no temario informativo.
TEMARIO:
1. A comunicación nas organizacións. Modelos. Perspectivas. Escolas. Fluxos. Tipos de comunicación: comercial, empresarial, institucional. Comunicación formal e informal, directa ou mediada. A comunicación asertiva e comunicación apreciativa.
2. A comunicación en contornas virtuais. O empoderamento das/os usuarios: estratexias de interactividade e de co-creación. Oportunidades e condicionantes dos escenarios e das canles online. On novos aliados da comunicación organizacional: xeolocalización, mobilidade, datamining e intelixencia artificial.
3. Comunicación integral. Imaxe e identidade. Reputación e responsabilidade social corporativa. Marqueting, publicidade, relacións públicas, información: definición, funcións e modelos.
4. Departamentos, asesorías de comunicación, e gabinetes de prensa. Modalidades. Funcións. Ubicación no organigrama. Dircom.
5. Comunicación interna. Teoría da cultura organizativa e da comunicación interna. Tipos de comunicación interna nas organizacións. O plan de comunicación interna. Ferramentas da comunicación interna. Avaliación da comunicación interna.
6. Comunicación externa. O plan de comunicación externa. Fluxos, accións, soportes e ferramentas de comunicación externa.
7. As relacións informativas. A comunicación das organizacións a través dos medios de comunicación social. Rutinas produtivas dos gabinetes e dos medios no Free press ou publicity. Planificación estratéxica e elaboración das notas de prensa.
8. Os públicos. O público e os públicos. Stakeholders e comunidades. Tipos de público. Formas e criterios de segmentación.
9. Xornalismo de marca/Publicity/Free Press on line: fluxos e ferramentas. Públicos e relacións virtuais para a transmisión informativa das organizacións: Web 2.0 e redes sociais.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
García Santamaría, José Vicente (2020). Las nuevas fronteras de la comunicación corporativa. UOC Comunicación 2020
Grunig J. & Hunt, T. Dirección de relaciones públicas. Gestión 2000. Barcelona, 2003
Kotler, p et al. (2018) Marketing 4.0. Transforma tu estrategia para atraer al consumidor digital. Editorial LID
Kotler, P. Kartajaya H. & Setiawan I. Marketing 3.0. Madrid: Colección Acción Editorial (LID). Madrid 2011.
Kreps, G.L. Organizational communication, Northern Illinois University, 1990.
Lucas Marín, A. La comunicación en la empresa y en las organizaciones. Bosch comunicación. Barcelona,1997.
M Túñez-López, KP Valarezo-González, MI Punín-Larrea (2018) Generation Co. Tendencies of XXI Century's Communication Management. Communication: Innovation & Quality, Springer. 365-379
Romero-Rodríguez, Luis M (2020) Manual de Gestión de la Comunicación Corporativa. Madrid: Tecnos
Túñez-López, M.(2016). Perspectivas de la gestión de la comunicación en el siglo XXI. En CL Andrade Scroferneker y L. Ramírez de Amorín, (Re) leituras contemporâneas sobre comunicação organizacional e relações públicas Editora Universitária da PUCRS, Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul (BRASIL)
Túñez, M. La gestión de la comunicación en las organizaciones. Editorial Comunicación Social. Zamora/Sevilla. 2012
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Míguez-González, M. I., Costa-Sánchez, C. y Túñez-López, M. (2019). Radiografía de las agencias que ofrecen servicios externos de comunicación estratégica y relaciones públicas en regiones periféricas: el caso gallego. Palabra Clave 22(1), 92-116. DOI: 10.5294/pacla.2019.22.1.5
Jimenes, A: Employer ...qué? Employer Branding. La gestión de las marcas para atraer y retener el talento. Almuzara, Córdoba.2009
Kotler, P.; Keller, K.L.; Cámara, D.; y Mollá, A. Dirección de Marketing. Madrid: Pearson. Decimosegunda edición. 2009
Losada Díaz, J.C. Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel. Barcelona 2004.
Matilla, K. Conceptos fundamentales en la planificacion estratégica de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2009
Túñez-López, M., Costa-Sánchez, C. y Valdiviezo, C. (Eds.), (2018). Comunicación Organizacional en entornos online. Gestión, actores y recursos. Cuadernos Artesanos de Comunicación, nº 149. La Laguna (Tenerife): Latina
Meerman Scott, D. As novas regras do Marketing e Relaçoes Públicas. Ideas de ler. Porto. 2008
Míguez, M. Los públicos en las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2010.
Xifra, J. Técnicas de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2007.
BÁSICAS e XERAIS
CB2 - Que los estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudio
CB3 - Que los estudantes teñan capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que los estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que los estudantes teñan desenvuelto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha adecuada organización da información.
Partindo da revisión teórica das claves para xestionar comunicación nas organizacións desenvolveranse supostos prácticos de creación, dotación e simulación de actividade dun departamento de comunicación en organizacións de diversos campos.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre
Ata un 50% da materia valorarase nun exame final e/ou a través dos exercicios que se programen durante o curso. A cualificación completarase coa avaliación das prácticas. A nota final será a nota media de teoría e práctica sempre que ambas estean aprobadas. Para superar a materia en calquera das convocatorias será necesario ter feitas as prácticas e aprobadas tanto a parte teórica como todas as prácticas desenvolvidos durante o curso.
O exame desenvolverase a través dun cuestionario con preguntas de avaliación obxectiva no que suman os acertos e penalizan as respostas erradas. Os contidos avaliables inclúen a teoría e a lectura dos textos recomendados.
O alumnado poderá participar na elaboración do exame a través do exercicio colectivo que se programa. So poderán concorrer ó exame colaborativo as/os alumnos que participen desa practica (opcional).
Nas primeiras aulas prácticas darase a coñecer o calendario de traballos a desenvolver e as datas de presentación e entrega. Os traballos finais en grupo presentanse nunha sesión práctica obrigatoria.
Non se admitirán traballos fora de prazo polo que se recomenda axustarse ás datas.
A planificación estratéxica das notas de prensa como ferramenta de comunicación nas relacións da organización a través de medios alleos abordarase a través das aulas prácticas con exercicios individuais de elaboración de notas de prensa que deben ser necesariamente superados polo alumnado para optar a aprobar a asignatura.
A avaliación negativa dos traballos prácticos require da súa repetición antes da seguinte convocatoria para optar a superar a materia.
As clases prácticas son de asistencia obrigatoria e non recuperables.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
No caso de dispensa de asistencia a clase, estableceráse un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
Total horas de traballo presencial do alumno/a: 48
Clases expositivas:
Presentación e explicación dos temas, 20 horas.
Traballos con textos: análise, síntese e discusión, 4 horas.
Prácticas laboratorio:
Preparación e realización dos traballos, 20 horas.
Actividades de avaliación práctica, 1,5 horas.
Exame final, 2 horas.
Total de horas de traballo persoal do alumno/a: 102
Planificación e execución da práctica: Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.), 50 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo, 40 horas.
Lecturas recomendadas, 12 horas.
A materia aborda todas as formas de comunicación das organizacións coa sociedade a través do estudio dos modelos, ferramentas e estratexias de xestión da comunicación.
Recolle conceptos xa abordados en ‘Produción da información’, ‘Comunicación interpersoal’ e en ‘Publicidade e relacións públicas’
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Jose Miguel Tuñez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816547
- Correo electrónico
- miguel.tunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Garcia-Verdugo Peralta
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- carlos.garcia-verdugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martin Vaz Alvarez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- martin.vaz.alvarez [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
18.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
18.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
25.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |