Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecemento das normas jurídicas en que se desenvolve o traballo o do xornalista.
- Estudo do ordenamento lexislativo sobre liberdades de información e opinión, en especial as que afectan ao exercicio profesional.
-Fomentar e promover que o estudante sexa de realizar argumentaciones e criticas desde a perspectiva xuridica.
- Dereitos e deberes fundamentais relacionados coa información.
- Análise da distribución do poder e os mecanismos de formación da opinión pública, os seus límites e a súa relación coa comunicación política.
- Fundamentos e prácticas derivadas dos dereitos á información.
- Aplicación do dereito ao exercicio xornalístico e á empresa informativa.
- Reflexión sobre a pegada e relevancia do dereito nos contidos informativos a través da análise dos medios de comunicación tradicionais e os novos medios.
- Estudo dos procedementos legais, xurídicos e procesuais españois e das institucións europeas e internacionais para a elaboración de información e publicación xornalísticas.
- A liberdade de expresión e de información.
- O dereito á propia imaxe e á intimidade.
PARTE I: CONCEPTOS BÁSICOS DE DEREITO:
1. O Dereito e o ordenamento xurídico.
2. A estructura do ordenamento xurídico.
3. As fontes do Dereito: fontes de Dereito europeo, nacional e autonómico. A xurisprudencia.
4. As normas xurídicas: interpretación, aplicación e eficacia.
5. O poder xudicial.
6. Os dereitos fundamentais. Concepto e natureza. Elementos e principais características.
7. O exercicio dos dereitos fundamentais e os seus límites.
8. A defensa e protección dos dereitos fundamentais. O Tribunal Constitucional e o recurso de amparo. As figuras do Defensor del Pueblo/ Valedor do Pobo.
9. O procedemento de habeas corpus.
10. A suspensión dos dereitos. Suspensión individual. Suspensión colectiva: os estados de alarma, excepción e sitio.
PARTE II: DEREITO A INFORMACIÓN:
10. O dereito á información. Fundamento e caracteres.
11. A liberdade de expresión. O conflito liberdade de información versus liberdade de expresión.
12. O dereito á información e os dereitos personalísimos (honor, intimidade e propia imaxe).
13. Os delitos de inxurias e calumnias.
14. A responsabilidade profesional.
15. Cláusula de conciencia. Segredo profesional. Censura e secuestro de publicacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
•García Rubio, M.ª P., Introducción al Derecho Civil, Cálamo, Barcelona, 2002.
•Rogel Vide , C., y ESPÍN ALBA, I., Persona, Reus, Madrid, 2008
•Rodríguez-Izquierdo Serrano, Miryam; Vázquez Alonso, Víctor Javier. Derecho de la información. información [Recurso electrónico] (2012). Editorial/es: Universidad de Sevilla. Secretariado de Recursos Audiovisuales y Nuevas Tecnologías
•Sanjurjo Rebollo, Beatriz. Manual de derecho de la información: una perspectiva legal para un mundo cada día más mediático. Ed. Dykinson. 2009.
•Urías, Joaquín. Lecciones de derecho de la información. Ed. Tecnos. 2009.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
•Cousido González, María Pilar; Santiago Freda, Manuel de; González Ballesteros, Teodoro. Medios de comunicación, mensajes y derecho a la información. Ed. Colex. 2011.
•Carreras i Serra, Lluís de. Las normas jurídicas de los periodistas. Derecho español de la información. 1ª ed. Ed. UOC. 2008.
A través do Campus virtual facilitaranse outros recursos bibliográficos.
É responsabilidade do estudante o facerse coa bibliografía necesaria ao inicio do curso, sen perxuizo do acceso que poida obter online a determinados materiais vía BUSC.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Que o alumno sexa capaz de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional.
- Que o alumnado sexa capaz a través dos coñecementos adquiridos de emitir xuízos con fundamentación.
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto
especializado coma non especializado.
- Competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
-Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de organización e planificación.
- Traballo en equipo.
-Creatividade.
-Traballo autónomo.
-Capacidade de xestión da información.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Coñecer o marco xurídico no que se desenvolve o periodismo na actualidade.
- Comprender e coñecer os organismos de regulación da comunicación e a información.
- Comprensión e análise dos conflitos entre liberdade de expresión e o dereito á información con outros dereitos subxectivos.
Ás clases expositivas nas que se introducirá o estudante nas cuestións básicas da materia.
Ás anteriores, sumaranse as interactivas/ seminarios, nas que o estudante contrastará a teoría coa práctica dos medios de comunicación, escritos, audiovisuais ou só audios. Tamén analizaranse outras cuestións xurídicas coas que terá que enfrontarse o xornalista na súa práctica diaria en calquera medio de comunicación, blog ou onde desenvolva a súa actividade profesional.
Como complemento arbítrase un sistema de titorías, garantindo unha atención máis individual, preferentemente a través de Teams.
Ademais utilizarase a aula virtual como ferramenta para a resolución de casos prácticos de dereito da información, así como para as prácticas.
Para o caso de activación dos escenarios 2 e 3, vid Observacións.
A nota final será o resultado da suma das cualificacións parciais de acordo co seguinte esquema:
- Asistencia e participación en clases expositivas e interactivas: 10 %
- Tarefas realizadas ao longo do curso: 20%
- Exame final tipo test: 70%
Farase unha avaluación continua. Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas.
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos tres grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
Réximen para o alumnado con exención de docencia: A calificación da materia do alumnado que goce de exención de docencia obterase no exame final que puntuarase cun 10.
Para o caso de activación dos escenarios 2 e 3, vid Observacións.
Tempo de estudo e traballo persoal:
- Horas expositivas: 24
- Horas interactivas: 24
- Horas titorías: 3
Tempo de estudo e traballo persoal a maiores:
- 2 horas á semana para reforzar coñecementos adquiridos nas prácticas a realizar
- 15 horas de repaso exame final
- Recoméndase que dende o inicio do semestre o estudante consiga a bibliografía básica e complementaria que se lle facilitou.
- A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis axeitado para o seguimento da materia.
- O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto se debe memorizar contido ningún se non se entendeu previamente. Para iso a realización das prácticas é indispensable xa que pon de manifesto a comprensión ou non das normas xurídicas.
Plan de continxencia (de acordo co disposto no texto DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021)
Metodoloxía
Escenario 2
A docencia impartirase presencialmente, así como vía Teams (para os supostos de non presencialidade), de acordo cos mecanismos arbitrados polo centro.
Será necesario para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual.
Escenario 3
A docencia impartirase de modo síncrono a través de Teams, respectándose os horarios de docencia establecidos, tanto expositiva como interactiva/seminario.
Será necesario para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual.
Sistema de avaliación
Escenario 2
O sistema de avaliación corresponderase co seguinte:
- Actividades avaliables realizadas en sistema de avaliación continua, tanto individuais como en grupo, entregables a través do Campus Virtual (incluíndo a participación activa, de selo caso): ata 3 puntos
- Proba final presencial ou telemática (test): ata 7 puntos
Escenario 3
O sistema de avaliación corresponderase co seguinte:
- Actividades avaliables realizadas en sistema de avaliación continua, tanto individuais como en grupo, entregables a través do Campus Virtual: ata 3 puntos
- Proba final telemática (test): ata 7 puntos
Marta Otero Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814647
- Correo electrónico
- marta.otero.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Castelán | Auditorio |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Auditorio |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Castelán | Auditorio |
20.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
30.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |